Rinchín (Coccinella septempunctata)

Rinchín nun prao nel Cristo (Uvieo).

Hai poucos bichíos tan queridos por todo el mundo como el rinchín (Coccinella septempunctata). A feitura y colorido d’este insecto coleóptero fainlo inconfundible. Ten dous élitros encarnaos ou anaranxaos que fain de defensa pras outras alas que tán debaxo y, claro ta, pral sou corpín. Pro el máis chamadeiro son as pencas mouras que destacan nel colorao: tres en cada élitro y outra nel medio dos dous, al pé da cabeza. El nome de xénero da especie (coccinella) é un diminutivo del latín coccinu ‘colorao’ y el epíteto (septempunctata) quer dicir que ten sete puntos. A traducción sería ‘a coloradía dos sete puntos’.

É bichín respetao popularmente y tense como animal sagrao, polo que nun hai que ferye mal. Y esto é asina, por exemplo, en toda Europa, como se ve nas súas denominacióis, dende el ladybird inglés (‘páxaro da Virxe’) hasta el petit vache de Dieu francés (‘vaquía de Dios’), pasando pol vacheta de la Madona italiano (‘vaquía da Virxe’) ou el galinha de Nossa Senhora portugués (‘galía da Nosa Señora’). Tamén hai en toda Europa conxuros pra ferye engalar y pra perguntarye, entre outras cousas, pol casamento ou pol tempo que vai fer. Pode qu’agora os máis novos nun lo sepan, pro os máis veyos aprendémos dende sempre a pousar derriba da mao el rinchín y deixarye qu’ande hasta que bote a engalar. Ás veces hasta podes axudar asoprándoye un pouco.

De seguro que terá que ver ese aprecio pol rinchín el feito de que sía un golitrón condo se trata de comer pulgóis y que polo tanto a súa presencia sía beneficiosa prá llabranza. Hasta se ten introducido en países unde nun se daba pra usalo como arma biolóxica na defensa dos cultivos. É posible atopar un rinchín y velo cuas patas encoyidas y sin moverse, como se morrese. Y é que, ás veces, se se sinte en peligro, pode ferse el morto y hasta botar úa sustancia amarelada que torna dalgús dos sous depredadores.

Os nomes que ye damos en galego-asturiano al coleóptero tein en común os máis d’elos el feito de levar diminutivos, cousa esplicable polo pequenín qu’é, pro, sobre todo, pol matiz afectivo que ye dá el sufixo a este bichín tan apreciao. Tamén é chamadeiro el feito de que nun mesmo sito poda usarse indistintamente máis d’úa denominación (por exemplo, en Mántaras recoyín tres xeitos diferentes de chamarye) y qu’as máis xenerales tían estendidas por undequera, sin amañar zonas claras. Presento os datos bibliográficos, que son abondos, completaos cos qu’eu fun recoyendo nestos anos.

Un primeiro tipo de nome é el que parte da palabra rei, concepto que de sou por si xa implica ese trato de respeto col que miran el insecto en tantas culturas. Déronme a forma rei en Bustapena (Vilanova d’Ozcos), Santalla y Nogueira (Taramunde). En Santalla pergúntanye al bichín pol casamento. Dícenye: «Rei, rei, rei, ¿pra únde me casaréi?». Pode que sía úa versión recortada da que me dixeron en Taramunde, unde aprovetan pra ferye máis perguntas: «Rei, rei, ¿casaréi? ¿Cántos anos viviréi? ¿Vintecinco? Eu nuno sei». Jesús Suárez López, nel sou libro Fórmulas mágicas de la tradición oral asturiana. Invocaciones, ensalmos, conjuros, recoye a partir de bibliografía y trabayo de campo muitas das rimas que se ye dicen al rinchín en Asturias. Da nosa zona dá úa ben interesante: «Rei, rei, dime pr’hacia únde me casaréi. Se nun mo dices, cápote con úa gaxola veya qu’encontréi». El estudioso galego Fermín Bouza-Brey tamén xuntóu, nun artículo mui largo y documentao de 1950, os nomes del rinchín en Asturias y el sou folclore, relacionándolos cos das zonas vecías. Y dá muitos datos que ye foron mandando da zona Navia-Eo. Entre elos, el de rei en Santa Colomba (Ayande) y Eirías (Eilao).

Da repetición del nome nel conxuro acabóu nacendo outra denominación: reirréi. Dixéronma en Vilela (San Tiso d’Abres), conceyo unde tamén la recoyéu Antonio Riera nun estudio publicao en 1950 sobre os nomes del rinchín en España. Na Veiga, rexistráronla Xoán Babarro en Paramios y José Antonio Fernández Vior en Abres.

Rinchín á busca de pulgón núa ortiga. Brañanoceo (Mieres).

De poñer diminutivos á reiz rei– pintan vir outras denominacióis pral bichín que se dan en galego-asturiano. A forma reinín dáse de leste a oeste: ta recoyida nel vocabulario de Mántaras, pro tamén ma dixeron en Casarego (nel mesmo conceyo, en Tapia), Obanza (Castripol) y en Santalla. Nel Valín (Castripol), a fórmula que se recita, ademáis de perguntar pol casamento («Reinin, reinín, se me caso a únde iréi, pr’aquí, pr’alí ou prá veira del mar»), pide a súa intercesión pra qu’el padrín traiga comida («Reinín, reinín, vai dicirye al meu padrín que me dían pan y toucín»). Nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo, el favor que se ye pide é trer bon día: «Reinín, reinín, vei al cielo ya diye a tou padrín que mañá faiga solín». Xoán Babarro recoye a mesma denominación de reinín nel Villar de Buyaso (Eilao), Millarado (Santalla d’Ozcos) y Bres (Taramunde). Bouza-Brey dá un dato en Sampol (Bual).

Tamén temos formas como reinía, qu’amecen un diminutivo al sustantivo feminino reina. Recóyelo Xoán Babarro en Zadamoño (Eilao) y tamén mo dixeron a min nel mesmo conceyo, en Cachafol, unde s’amaña de manter a rima cantando «Reinía, reinía, vei diciye a tou padrín y a túa madría que mañá faga bon día». Aparte, déronme outro dato de reinía de Fontescavadas (Bual). Al nome pódenye amecer el complemento de Dios, como vimos que pasa noutras linguas. Así mo dixeron na Ovellariza (Vilanova d’Ozcos).

A forma reichín tamén é mui usada. Ese –ch– pode interpretarse como parte del sufixo diminutivo ou ben tratarse d’outra reiz diferente, reich-, que nun conozo en galego-asturiano máis que pral nome d’un páxaro, reicha ou reichín (Erithacus rubecula, máis conocido como paporrubio), anque ben podía ser neste caso úa palabra d’orixe onomatopéyica arromendando el piar. A consideración popular de respeto y cariño qu’hai hacía esta especie d’ave puido levar a chamarye igual qu’el insecto, ou puido el camín ser al rovés y ser el páxaro el que ye emprestóu el nome al insecto, axudao el proceso pol asomeñanza entre as palabras reichín y reinín. A denominación de reichín pral coleóptero recóyenla os vocabularios de Mántaras, A Veiga, El Franco, y Acevedo y Fernández. Son estos estudiosos os qu’apuntan el conxuro «Reichín, reichín, vai decir a tou padrín que mañá nos traiga un bon día de solín». Bouza-Brey dá tamén a forma reichín na Braña (El Franco), Candosa y Tol (Castripol), Tapia, Santo Miyao y Samartín del Valledor (Ayande), y A Veiga, vila unde alterna cua forma reicho («Reicho, reicho, abre as alas y vaite pral cielo»). Aparte, eu recoyín a palabra reichín nas Campas y As Figueiras, nel conceyo de Castripol, na vila da Veiga y en Serantes (Tapia). Neste mesmo conceyo, en Salave dixéronme a fórmula «Reichín, reichín, vai dicir a tou padrín que mañá nos traiga un día de bon solín» y en Porcía, «Reichín, reichín, sube al cielo y diye a tou padrín que mañá faga bon solín». En Rozadas (Bual), nun pedían sol, senón que namáis perguntaban se lo iba haber: «Reichín, reichón, vei dicirye a tou padrín se mañá fai sol ou non».

Outra denominación en galego-asturiano pinta partir da palabra rancho ‘cocho pequeno’, con variantes diminutivas tanto en masculino como en feminino (ranchín, ranchía) y hasta úa, ranchelía, unde se superpóin dous diminitivos, ún d’elos (-ela) que xa nun é productivo na fala actual, el que supón un argumento pra considerala úa forma veya (rancho + ela > ranchela + ía > ranchelía). A forma ranchín ta recoyida por María del Carmen García nel sou Literatura de tradición oral en Presno («Ranchín, ranchín, vai á casa de tou padrín, comendo pan y toucín» ou «que che dé pan y toucín») y por Manuel Álvarez Rico nun artículo sobre el folklore en Ayande, unde dá a fórmula que dicen en Samartín del Valledor: «Ranchín, ranchín, vei decir a tou padrín que mañá faiga solín». Bouza-Brey dá el dato na vila de Castripol, con este dito ben orixinal: «Ranchín, ranchín, abre as alas pral molín». Tamén me deron el dato de ranchín na vila de Castripol, y nel Trobo y nel Valín, nel mesmo conceyo. Xoán Babarro recoye a forma feminina, ranchía, en Pelóu (Grandas). Eu apuntéila nel mesmo conceyo, anque col amecedura de de Dios, en Castro. Con ese mesmo complemento, anque apegao á forma ranchelía, chámanye al insecto en Penafonte (Grandas), al que ye piden ademáis un labor de contabilidá: «Ranchelía de Dios, cúntame os didos y vaite con Dios». É fórmula que se dá tamén, según recoye Bouza-Brey, en todo el metá sur de Galicia y en Asturias.

Anque costa caro escoyer a forma máis usada en galego-asturiano, a denominación que constatéi en máis conceyos é a de rinchín. Pode que se trate d’un cruce entre reichín y ranchín, se nun tán tamén involucradas outras palabras usuales como rincho, rinchar, etc. Recoyen a forma os vocabularios de Mántaras, A Roda («Rinchín, garrafín, vai decir a tou padrín que mañá haxa bon solín »), Bual («Rinchín, rinchín, vei decirye a tou padrín que mañá faiga bon solín»), Ponticella («Rinchín, rinchín, vei deciye a tou padrín que mañá faiga solín») y El Franco. Xoán Babarro recoyéula en Tol y Obanza (Castripol) y en Sarzol (Eilao). Bouza-Brey dá noticia da palabra en San Xuan (El Franco), Andés (Navia), Sarandías y Bual (Bual), El Vidural y Arbón (Villayón) («Rinchín, rinchín, vei decir a tou padrín que mañá y pasáu faiga bon día de solín») y Matafoyada (Tapia). Tamén me deron esta forma nas Campas (Castripol), Serantes (Tapia), Vivedro, Trelles y Xarrio (Cuaña) y en Andés y Navia. En Valdepares (El Franco) cuntáronme úa fórmula ben guapa: «Rinchín, rinchín, vai á casa de tou padrín: que te vista, que te calce, que che poña os calcetos qu’el outro día che din». Tamén é chocante a qu’apuntéi en Mántaras: «Rinchín, fun al cielo y nun volvín y encontréin a meu padrín comendo pan y toucín. Y pedínye un bocadín y deume col palanquín. Y pedínye un bocadón y deume col palancón». En Lloza (Cuaña) dixéronme rinchín de Dios. Bouza-Brey tamén recoye a forma rincho en San Xuan (El Franco), que, como el xa visto reicho, pinta ser úa reconstrucción a partir da forma diminutiva. Úa denominación que cruza reichín y rinchín é reinchín, palabra que ta rexistrada nel vocabulario de Bual.

Hai un xeito de chamarye, arín, que namáis constatéi en Ortigueira (Cuaña): «Arín, arín del perriquichín, vei buscar al tou padrín, pa que mañá faga bon solín» ou «vei dicirye al tou padrín que mañá vei fer un bon solín». Ocúrreseme que, xa que nel nome se fain tantas comparanzas con animales (con vacas, cais, páxaros, galías…), ¿poderá tratarse d’un diminutivo d’aro, qu’é como ye chaman neste lugar pixoto a dalgúas especies d’álcidos como Alca torda, Uria aalge ou Fratercula arctica? Trátase d’aves marías que recordan de dalgún xeito a os pingüíos, así qu’a súa traza simpática puido favorecer el empréstamo, col diminutivo correspondente, pra chamar al insecto.

Tamén é diferente del todo el nome que ye dan en Tormaleo (Ibias): arzolín. Recóyelo Xoán Babarro y tamén me deron el dato en Fandovila, na mesma parroquia. Pode qu’a orixe da palabra nun teña que ver cua malura que sal nel oyo, senón que sía úa confusión a partir de marzolín, qu’é como ye chaman por exemplo na Estierna, nel mesmo conceyo, pro xa na zona de fala asturiana. El nome viría del mes de marzo, condo cua primavera empeza a verse el bichín.

Condo el rinchín sinte peligro, faise el morto y bota úa sustancia amarelada que torna a dalgús dos sous depredadores. Núa campela nel Aramo (Riosa).

El estudioso galego Bouza-Brey, nel sou artículo, recoye outros nomes máis. Dalgús casteyanizaos, como angelín, en Meiro (Cuaña). Tamén de Cuaña, en Xarrio, dá noticia da forma andarín, que pode ter relación col feito de poñelo a andar na mao hasta qu’engale ou ben col andolía (‘Hirundo rustica’, ‘Delichon urbicum’), páxaro qu’en asturiano tamén chaman andarina. Hai que reparar en qu’al rinchín en asturiano tamén ye chaman andarina de Dios, núa relación máis entre el nome del noso bichín y el de páxaros queridos ou respetaos. Tamén Bouza-Brey dá el dato ayandés de carrachín de Dios, en Monón («Carrachín de Dios, abre as alas y veite con Dios»). El vocabulario de Monón y Castaedo, de Marcelino Lozano, publicao nel 2014, recoye a palabra carrachín y hasta el dito «Carrachín, carrachín, vei deciye a tou padrín que mañá faga solín», pro xa nun lo relaciona col noso rinchín, senón col sou uso como apelativo cariñoso pra falar cos nenos pequenos. É un proceso qu’aveza a darse: esquéicese el acepción orixinal y acaba usándose namáis outra acepción derivada da primeira. Tamén en Ayande, en Berducedo, Bouza-Brey apunta a forma paxaría de Dios, que tamén ye dan como propia de Matafoyada (Tapia), unde alterna con rinchín. Neste caso tamos delantre d’un cruce entre úa das denominacióis en galego-asturiano da paxarela y a del noso coleóptero.

Os nomes propios del galego-asturiano adéntranse tamén pola veira del asturiano occidental. El vocabulario de Tox (Navia) recoye reichín, forma que tamén constata el de Vigu y Santa Marina, nel mesmo conceyo, cua variante de reichu. Xoán Babarro recoye reizulín (outra vez úa mezcra de formas: rei y arzolín) na L.liera (Villayón) y reinín na Rebol.losa (Villayón) y El Rebollu (Ayande). Tamén recoye paparachín en Busmente (Villayón). Tamén Bouza-Brey constata formas como reina en Paredes (Valdés) y reinín en Barcia y Trevías (Valdés) ou en Bourres (Tinéu). Son propias del occidente de fala asturiana, ademáis das xa ditas, outras como rei, reisol, refisol… Pro hai máis nel resto d’Asturias: andarina de Dios, anina de Dios, anxelín del cielu, caracol de Dios, caracol de San Xuan, caracolín de Dios, catasol, catalina, catalinina, catalinina de Dios, cataxina, cogollín del rei, corderín, costudera, cuspitina, nanina, nina de San Antón, paxarina de Dios, palombina de Dious, perrín de Dios («Perrín de Dios, cuéntame los deos y vete con Dios»), perrina de Dios («Perrina de Dios, abri les ales y vete con Dios»), perrín de San Roque, pirina, pirina de Dios, pitina de Dios, pollarina de Dios, santina, tarralina de Dios, vacallorina, vaquina de Dios, zapaterina de Dios

En galego son muitos os xeitos de chamarye, ás veces relacionaos col nome de Xuana (bixaniño, xoana, xoano, xoaniña, xoanitiña): «Xoaniña, voa, voa, que teu pai está en Lisboa e túa nai está na cama a comer pan e cebola»; ás veces cruzándose cos nomes galegos da paxarela (avelaira, avelairiña, subeliña, paxariña, polvoretiña de Dios); ás veces dándoye poderes d’adivía (adiviñón, deviñón, sabiñón): «Adiviña, adiviñón, se mañá hai sol ou non». Tamén se dan denominacióis relacionadas col rei (rei, rei-rei, renrén, casarrei) y outras que tein que ver cos sous poderes teóricos de saber se vai haber sol (pitasol, patisol, catasol, papasol): «Papasol, papasol, vai e dille ó teu señor que traiga cincuenta días de sol». Pro hai máis nomes: caiota, costureiriña de Dios, penoniña, rosiña, barrusiña, barrusiño, pitarrúa… Bouza-Brey estrema dúas zonas: úa nel metá norte unde predominan as formas rei ou ren y outra pral sur que sigue contra Portugal unde mandan as formas relacionadas con xoana. Na veira máis achegada a Asturias, na Ribeira de Piquín, tamén ye chaman reichín.

Nun ten qu’estrañarnos toda esta variedá. Anque nel casteyano dos libros ye chamen al noso bichín mariquita ou vaquita de Dios, tamén hai un nome en cada sito. Un exemplo: José Manuel Fraile, namáis na provincia de Madrid, recoye, ademáis das xa ditas, estas outras denominacióis populares: abejita, antoñito, becerrita, capillita, coca, coquita, gatita, juanita, mariposa, mariquita ciega, mariquita de san Juan, palomita, pastorcillo, San Antón, San Blas y zapatera. Como se pode ver, as motivacióis y tipos son aparecidos a os que se viron na nosa lingua y nas vecías, y queda claro que conviven muitos nomes en territorios ben pequenos.

Advertisements

Abruñeiro (Prunus spinosa)

Abruños maduros núa mata d’abruñeiros na Volta (Tapia), derriba da Xungueira (15/8/2017).

En muitas casas del occidente faise licor d’abruños. Hai discusióis sobre se ta bon ou ta ruin, pro a tradición de botar a macerar estos frutíos del abruñeiro (Prunus spinosa) nel anís ou nel auguardente haila y é conocida. Precisamente con abruños é col que fain el famoso pacharán navarro.

Se partimos da definición d’árbol y arbusto, unde intervéin criterios como el altura que pode chegar a ter y el feito de que teña un tronco definido ou non (con canas salindo dende el couz), hai que chamarye arbusto al noso abruñeiro, anque poda chegar a ter os tres metros d’altura. Pode verse nos valaos y na primavera as súas flores brancas destacan nas canas encoiras, da paraza escura y chías de pinchos. Y é qu’as flores salen primeiro qu’as foyas, que son pequenas y oblongas ou lanceoladas. Pro sin duda el que lo fai máis inconfundible son os sous frutíos entre mouros y azulaos cos que se fai el licor xa dito.

Os máis dos datos publicaos en galego-asturiano fálannos del término abruñeiro, anque as máis das veces os estudiosos acórdanse de recoyer el nome del fruto y non el del arbusto (quizabes poda ser qu’haxa quen chame á pranta col nome del fruto). Rexistran abruñeiro os vocabularios d’Avecedo y Fernández, A Roda, El Franco y Mántaras, lugar unde tamén se dá a forma feminina: abruñeira. El vocabulario de Bual namáis recoye el nome del fruto: abruño. Alberto Calvín, el escritor de Pardiñas (Taramunde), nel sou O canto do carro, ten precisamente úa poesía infantil dedicada a este arbusto: «O meu vecín ten abruñeiros / alí na cima d’un prado, / alí entre unhos penedos / nun tarrén desterrado […]».

En conto a datos inéditos, déronme el nome d’abruñeiro nas Campas, Brañatruiye y Vilarín (Castripol) y en Ortigueira (Cuaña). En Serantes (Tapia) dixéronme abruñeira y agruñeira, con un cambeo xa conocido entre consonantes oclusivas sonoras (groma, agomitar…). Tamén nel Valín (Castripol) recoyín as variantes abruño y agruño. Anque el vocabulario da Veiga nun recoye abruñeiro, si rexistra el nome del fruto: abruño, que define como ‘cirola moura’.

Este tipo de denominación é a que predomina en Galicia (tamén en Portugal), con formas como abruñeiro, bruñeiro, y tamén con -g-: agruñeiro, gruñeiro. Ademáis danse as variantes abruñeira, eguñeiro, ambruñeiro, ambruiñeiro…

A palabra abruño vén del latín prunu ‘ameixa’, anque ese resultao -ñ- en galego-asturiano pide un étimo *pruneu que día pé despóis á yode: nj > ñ. Pra esplicar a sonorización del p- inicial, Coromines pensa qu’houbo un cruce con outra palabra, *brunu ‘escuro’. Esa alternancia nas iniciales exemplifícalas el etimólogo catalán con exemplos dialectales del catalán y el occitano (prunyó, pro tamén brunyó y brunhon), anque tamén lo atopamos nel asturiano (prunal y brunal).

El vocabulario da Veiga recoye as palabras ceroyo y ameixa brava, definidas como ‘cirola brava’. Pintan referirse al fruto del abruñeiro porque eu recoyín el nome de ceroyo nel Valín y Brañatruiye (Castripol) con ese significao. Aparte, nel vocabulario da Veiga rexístranse os sinónimos espieiro y escambrón (neste caso, concretamente en Vixande y Abres): anque a definición que dá, ‘cambrón’, nun recoya el nome científico, si diz que dá cirolas mouras, polo que seguramente se trata de Prunus spinosa (el nome casteyano de cambrón refírese a especies que, ou ben nun dan frutos comestibles ou ben nun las hai nel norte peninsular). Xa se comentóu al falar del espieiro (Crataegus monogyna) que son habituales as confusióis na denominación popular entre esta especie y Prunus spinosa porque as dúas avezan a usarse pra inxertar frutales y tein espías. Ei encaxan dous datos que me deron pra chamar al abruñeiro: espieiro (Grandas) y espieiro mouro (Santalla d’Ozcos). Tamén en galego a Prunus spinosa chámanye en sitos escambrón, escambroeiro ou espiño, denominacióis que normalmente úsanse máis pra Crataegus monogyna.

El dato veigueño d’ameixa brava remítenos a outra posibilidá pra chamar al noso arbusto, qu’é usar denominacióis referidas a especies cultivadas aparecidas. Efectivamente, en Serantes (Tapia), ademáis das formas xa ditas d’abruñeira y agruñeira, déronme el dato de que tamén ye chaman ameixeira brava, forma que se rexistra así mesmo en galego. Hai que recordar qu’entre as especies del xénero Prunus hailas que son cultivadas, como é el caso del ameixeira ou ciroleiro (Prunus domestica), y outras que son bravas: ademáis de Prunus spinosa, ta a especie Prunus insititia, el niseiro, mui aparecido, pro de frutos y foyas máis grandes qu’el abruñeiro. D’esa asomeñanza pode vir el dato d’Acevedo y Fernandez, que rexistran nel sou vocabulario a forma niseiro como sinónimo d’abruñeiro y niso como sinonimo d’abruño. Pro tamén en muitos sitos del Navia-Eo chaman niso ou nisa al fruto de Prunus domestica. Ben veces ta amolao de determinar claramente a qué se tán referindo as denominacióis d’ameixa, niso, nisa y cirola en galego-asturiano, porque varían según a zona. Anque designan el fruto de Prunus domestica, hai sitos unde deixan úa denominación pras razas que dan frutos grandes y redondos, y usan el outra pra chamar a variedades que dan frutas máis pequenas ou máis alargadas. Y xa que se falóu de cirola, a palabra ceroyo del galego-asturiano pra chamar a os abruños ten relación etimolóxica evidente con ela, que vén del latín cereola, un adxetivo pra referirse a un tipo d’ameixa da color da cera (pruna cereola).

As flores del abruñeiro salen condo el arbusto cuase nun empezóu a botar as foyas. Vega (Uvieo) (7/4/2018).

Pra zarrar este recorrido de denominacióis hai que falar d’úa orixinal namáis del estremo occidental asturiano: arrecheiro ou arrecheira (y arrechos os frutos). El vocabulario d’Eilao recoye el nome d’arrecho, y tamén Pérez de Castro rexistra esa forma en Trelles (Cuaña). Polos poucos datos que puiden xuntar sobre el nome del arbusto, pinta usarse na veira máis oriental del Navia-Eo: recoyín arrecheira en Rozadas (Bual) y arrecheiro en Cachafol (Eilao), Trelles (Cuaña) y Salcedo (Navia). Tamén se rexistra a denominación d’arrechu pral fruto na parroquia de La Polavieya, na parte del conceyo de Navia de fala asturiana (anque os vocabularios de Tox y de Santa Marina y Vigu rexistran namáis abruñu y nas encuestas del ETLEN recoyémos abruñeiru en Bárzana). Máis pra enriba, en Oneta (Villayón), según datos tamén del ETLEN, chámanye arrecheiru.

Haberá que relacionar a palabra arrecho con términos propios del galego-asturiano como arrechar ‘salir augua en forma de chorro’ y arrecho ‘chorro d’augua’, ‘pipelo d’úa fonte’. Tamén usamos el adxetivo arrechao ‘decidido, botao pr’alantre’ (que se dá en asturiano y en galego, neste caso tamén cua forma arrichado). Según el estudioso alemán Joseph M. Piel, formas galegas como arrichar, arrixar ‘recuperar a salú, as forzas’, ‘animarse, atreverse’, remitirían a un étimo latín vulgar *erectiare ‘erguerse’. Nun costa caro esplicar el desprazamento semántico dende el idea d’erguerse á de decidirse, atreverse, nin a de chorro que mana con forza. Nel que nun acabo de volar, se é qu’a palabra vén del mesmo étimo, é na motivación pra chamarye asina al noso arbolín.

Como xa se víu, as formas del tipo abruñeiru danse na veira máis occidental del asturiano, na fronteira col galego-asturiano, porque se avanzamos un pouco contra el leste, atopamos xa formas con -n-. Precisamente hai un lugar en Parl.leiru (Villayón) que se chama Los Abruneiros. En Oneta (Villayón), nas encuestas del ETLEN, recoyéuse, ademáis de abruñeiru, a forma abrueiru (< abruneiro), col nome d’abruono pral fruto. É Villayón úa zona interesantísima unde, dependendo das zonas, crúzanse, como se ve neste exemplo, características del galego-portugués (perda ocasional del -n-) con outras del asturlionés (diptongación –uo-). Anque en asturiano pra Prunus spinosa hai variantes occidentales con a- (ablunu, abrunu, abrún), predominan nel resto del territorio as formas sin él: prunal, brunal, prunera, prunacu (pode que d’ei veña el topónimo somedano de La Pornacal), prunu, purunu, perunu, brunu… Outro tipo de denominación común é a d’andrinal ou andrín, ademáis das equivalentes ás xa vistas en galego-asturiano por comparanza con outras especies, como escayu negral, espín, espinal, nisu andrín, nisu bravu, nisu de raposa…

A denominación máis común en casteyano é a d’endrino ou ciruelo silvestre, formas consagradas pol uso escrito, con variantes como andrino, andrina, andrinillo, cirolilla, ciruelica…, pro hai formas dialectales aparecidas ás xa vistas, como abrueño, brunal, abrunal, bruñal, bruno, abruno, bruño ou bruñedo. Tamén espino, espino negro, espino de abrunos, espinillo, arañón, marañón, amargaleja

As denominacióis d’endrino y andrín encaxan nas características, respectivamente, da terminación casteyana y da asturiana, pro as formas rexistradas en galego andrino, andrina, endrino, endriño, agá esta última, tein traza de casteyanismos, como el andrino que recoye el vocabulario de Ponticella (Villayón).

Farinento (Chenopodium album)

Mato de farinentos florecidos na veira d’un camín en Viyadún (Castripol) (4/8/2014).

En Botánica, chaman prantas ruderales a aquelas qu’avezan a salir nos sitos mui alteriaos pol ser humano: veiras dos camíos, terras labradas ou de vaco, sitos al pé das casas ou das cortes… Vaya, herbas ventureiras que, se nacen nos cultivos, considéranse herbas ruías, anque xa sabemos qu’eso é un concepto antropocéntrico, dende el punto de vista del labrador, porque na naturaleza todas as prantas tein a súa función. Son especies ruderales el marcurial (Mercurialis annua), a ciridona (Chelidonium majus), a ortiga (Urtica dioica) ou a malva (Malva sylvestris) , por citar dalgúa das muitas que xa se viron aquí.

El farinento (Chenopodium album) é úa máis d’esas prantas que salen ventureiras y que podemos ver a miudo. Abonda con mirar pra un horto, un meizal ou un pataqueiro y axina la atopamos. As foyas máis netas, por causa dos pelíos microscópicos que tein, pinta que tán chías de farina. Condo a pranta medra, que chega a ser mui ben alta, y florece aló a partir de mayo, as inflorescencias tamén resultan chamadeiras de brancas que son. Tein xeito de panícula, querse dicir, son recimos amañaos por outros recimos máis pequenos que forman un cimón.

A palabra que dá nome al xénero, chenopodium, vén del grego y quer dicir ‘pata de ganso’, pol asomeñanza que tein as foyas de dalgúas especies cua pisada d’esa ave. Hai úas contas especies d’este xénero que se poden dar en Asturias, pro a máis común y conocida é Chenopodium album. El epíteto album ‘branco’ fálanos da súa característica máis chamadeira, el tono claro da pranta y das súas inflorescencias. D’ei el nome de farinento y outras denominacióis populares como a de cenizu en asturiano y cenizo en casteyano. A comparanza sigue féndose con polvo abrancazao, anque sía máis ben cardoxo.

Os datos das monografías locales con vocabulario de galego-asturiano son todos de farinento: Mántaras, Ponticella (Villayón), Bual, Eilao, y Monón y Castaedo (Ayande). Tamén predomina esta forma nos datos orales que teño recoyidos: A Barrosa y Serantes (Tapia), As Campas, Viyadún y Brañatruiye (Castripol), Navedo (Eilao), Llobredo y Valdepares (El Franco), Trelles (Cuaña), El Monte (Navia), Sanzo (Pezós), Xestoso (Vilanova) y Grandas. A variante fariñento déronma como propia de Ventoso (Santalla), anque teño un dato de fariento en Teixeira, nel mesmo conceyo. Tamén me deron a forma fariñento en Penafonte (Grandas) y en Vilela (San Tiso d’Abres). Con resultao nasal palatal, anque con un sufixo diferente, é a forma fariñón, recoyida en Santolín y Fandovila (Ibias).

A motivación del nome de farinento (y variantes) en galego-asturiano, como se dixo, ta na comparanza da traza da pranta cuas características da farina. É, polo tanto, úa sustantivación d’un adxetivo que se formóu amecendo un sufixo (-ento ou –ón) al sustantivo farina. El adxetivo sigue usándose hoi, anque pra definir úa fruta ou úa pataca qu’al cocela ou comela ten a textura da farina. Xa se comentóu daqué da palabra farina al falar del étimo de binoca ou mioca (Lumbricus terrestris). É a forma máis estendida nel Navia-Eo, anque hai outras dúas variantes nel territorio. Ta el resultao fariña del estremo máis occidental (as parroquias veigueñas d’Abres y Guiar, San Tiso d’Abres, Taramunde y a parroquia ibiana dos Coutos). É a terminación esperable alí, porque tamén dicen galiña, miña, neniña… Y ta outro resultao, faría, propio del territorio que ta apegao al leste (conceyos dos Ozcos, Grandas y Ibias). Ademáis, hai conceyos entre medias, como Castripol, Pezós ou Ayande, unde, dependendo da zona, se constataron as dúas formas, faría y farina. Abro aquí un paréntesis pra os lambueiros, recordando que nos Ozcos chaman farías al que noutros sitos chamamos rabuadas, esas tayadas de pan tan ricas bañadas en leite y ovo, tostadas en aceite y espolveiradas d’azucre. Según me cuntaron na Ovellariza (Vilanova), chamábanyes farieiras ás muyeres qu’acababan de parir porque s’estilaba daryes farías pra que recuperaran forzas.

Farinentos medrando nel medio d’un meizal. Pódense ver as foyas máis novas cua traza de tar espolveiradas con farina. Mántaras (Tapia) (15/7/2012).

Pro, volvendo al tema lingüístico, hai que recordar que, agá nas zonas xa ditas, nas demáis terras del Navia-Eo dicen farina, en continuidá col resultao idéntico del asturiano occidental. El qu’é interesante del galego-asturiano é que, sía a que sía a forma del sustantivo, con –n– ou sin –n-, el adxetivo derivao pode manter esa característica (de farina, farinento; y de faría, fariento) ou ben cambiar. Nese caso, son dúas as posibilidades: se nun tía -n-, recuperalo; se tía -n-, palatalizalo en –ñ-. Xa lo comenta Fernández Vior al falar del conceyo da Veiga, qu’esplica qu’a zona unde dicen fariñento (referido al adxetivo, non al nome da pranta) é máis grande qu’a zona unde dicen fariña, reducida ás parroquias veigueñas d’Abres y Guiar. Esa variabilidá vémola, por exemplo, en Vilanova, unde dicen faría y farieira, si, pro chaman fariñolos a os laragotos das papas. Puidemos comprobalo nas encuestas del ETLEN, nesta y noutras palabras unde ta envolta a perda del –n-, y xa se ten comentao daqué al falar del caso das palabras espieiro y espiñeiro (Crataegus monogyna). Dicen xardía, pro nus sitos dicen xardieira y noutros, xardineira; marina, pro maríos, y nus sitos marineiro y noutros, máis al occidente, mariñeiro; molíos, pro nus sitos molieiro y noutros, máis al occidente, moliñeiro; outro tanto pasa con cocía, cocieira y cociñeira. Como xa se dixo antias, é un caso aparecido al de miñoca, mioca, minoca.

A forma faría é a evolución normal en galego-asturiano, cua perda del –n– dende el latín farina, mentres que fariña é el resultao propio de galego y portugués, cua perda del –n– y posterior reposición consonática d’un –ñ– por contexto palatal. Pra esplicar a forma farina da parte norte y oriente del Navia-Eo habería que pensar ou ben nun empréstamo del asturiano occidental ou ben nun étimo hipotético *farinna qu’esplicaría tamén a forma fariña propia del asturiano centrooriental (unde dicen gallina, neñina, cocina…). Todo esto esplícase nel mapa correspondente a farina del obra Estudiu de la transición llingüística na zona Eo-Navia, qu’acabamos de publicar el equipo del ETLEN.

A cousa dá pra muitas voltas, porque nel asturiano central, ademáis de marina ‘terras al pé del mar’ ou tolinaDelphinus delphis, toulía’, hai sitos unde dicen mariña y toliña y, mesmamente, en Santuyano (Mieres), úa parroquia da que conozo ben a fala porque publiquéi un vocabulario hai tempo, anque dicen farina, nos derivaos usan a forma palatalizada: fariñes, fariñosu, enfariñar, enfariñaúra

En galego as denominacióis máis estendidas pra Chenopodium album tamén tán basadas na farina, anque neste caso na variante fariña, con úas contas sufixacióis distintas: fariñento, fariñenta, farnento, farmento, fariñeiro, fariñón, fariñudo, farnelo y farmelo. Outros nomes galegos rexistraos son cenizo, ceñizo, cillo, fiancho y saíncho.

En conto al asturiano, nun conozo denominacióis motivadas na farina, senón que parten da cinza. El étimo ta nel latín cinisia ‘cinza’. Os nomes populares máis comúis son cenizu y ciñiplu. Nas variantes llenizu ou llonizu ten qu’haber cruces con outras palabras. Úa denominación recoyida, mui diferente, é a de panizón. Nun son raros fitónimos con derivaos de pan: xa se falóu del nome de paniega que ye dan en asturiano al carbén (Rumex crispus). Outro nome en asturiano pral farinento é arbolanciu. É palabra conocida en galego-asturiano: arbolancio ou arbolanzo pode referirse, ademáis d’a cualquera herba ruía y alta con muita ramayada, a Centaura nigra (pol cruce con arbanzolo). Pro tamén nos deron datos del uso d’estas formas en Andés (Navia) pra chamar a herbas ruías y altas, anque sin identificar claramente. Outro xeito de chamarye en asturiano é el de beledru, pro ben sei qu’é úa confusión, común tamén en galego y en casteyano, con outra especie ruderal, el beldro ou bledo.

En casteyano, a pranta chámase cenizo ou ceñiglo. Pra ceñiglo, forma ben aparecida al asturiano ciñiplu, Coromines supón a orixe nun diminutivo del latín cinisia: *cinisculu.

Paxarela (Lepidoptera)

Paxaría das berzas (Pieris brassicae) chupando nel néctar d’úa flor nun valao en Viyadún (Castripol).

Condo ás veces se pergunta cuál é a palabra máis guapa d’un idioma, hailas que xogan con ventaxa. Máis que valorar a guapura al pronuncialas, cousa en por si xa ben subxetiva, el que pesa é el asociación que femos cua realidá que representan. Por eso as paxarelas sempre tán ben situadas nesas clasificacióis: bolboreta en galego, borboleta en portugués, mariposa en casteyano, papallona en catalán, papillón en francés, farfalla en italiano, butterfly en inglés… Todos nomes eufónicos, chamadeiros, que presta saboriar al dicilos. Y se col aletiar d’estos bichíos empezan a buligar os recordos nún, entoncias xa ta todo ganao. Mía bola, condo mías irmás eran pequenas, chamábayes de xeito cariñoso paxarías das berzas. ¿Cómo vai competir pra min cualquera outra palabra en guapura? Suoben despóis qu’ese era el nome que ye daban en Rozadas (Bual), el sito unde fora nacida, a úa paxarela mui común (Pieris brassicae) das alas d’un branco amarelao. Como a súa larva s’alimenta básicamente das berzas, d’ei a denominación. Chámanye aparecido en casteyano: mariposa de la col. É esa úa das características d’estos insectos: el asociación que ten cada especie con outra especie vexetal ou con úas contas, normalmente d’un mesmo grupo botánico. É el alimento pra esas larvas que, despóis da metamorfosis, acaban sendo as nosas paxarelas.

Escoyín el nome de paxarela (paxarella na zona oriental de resultaos palatales) como forma común en galego-asturiano pral orde Lepidoptera, anque páxara tamén podía figurar nese primeiro posto pola estensión xeográfica que ten el sou uso. As especies máis conocidas y coloridas dos lepidópteros son as diurnas, evidentemente, pro tamén pertenecen a ese orde as nocturnas, esas apardazadas qu’entran de noite y empezan a engalar alredor das bombillas. Convén aclarar qu’a división entre diurnas y nocturnas nun ta basada en cuestióis filoxenéticas, senón qu’é puramente práctica, basada nos sous avezos, anque muitas das nocturas tamén engalan de día. Hai feixes y feixes d’especies y de mui poucas atopamos un nome popular específico en galego-asturiano.

En casteyano estándar chámanyes mariposas ás qu’engalan de día y polillas ás que lo fain de noite. Y el mesmo fain outras linguas. Por exemplo, en galego avezan a usar bolboreta pras diurnas y avelaíña pras nocturnas. Tamén é ben é verdá qu’el uso estándar das linguas nos medios y nos libros acaba caltrindo nos falantes y amañando divisióis que podía nun haber na súa percepción y, polo tanto, nel sou vocabulario. Polo que sei nel caso del galego-asturiano, en muitas zonas nun s’atopa que na fala popular haxa nomes distintos pra úas y outras. Alomenos nas mías encuestas, el que nun sito me dixeron qu’usaban pra chamar ás da noite, noutro dicíanme que lo usaban pra chamar ás del día y nel de máis aló atesábanme que chamaban d’ese xeito tanto a úas como a outras. Si é verdá qu’a denominación nosa d’avelía aveza a usarse sobre todo pras nocturnas, pro, como s’ha a ver, tamén s’usa pra outras diurnas pequenas. Cuas definicióis de dalgús dos vocabularios de galego-asturiano, el que si dá a impresión dacondo é qu’as denominacióis autóctonas déixanse pras nocturnas, polo qu’haberá qu’entender que pras guapas y coloridas, as del día, guárdase el nome casteyano de mariposas, con máis prestixo. El caso máis claro é el estudio de José García sobre a fala del Franco, unde s’estrema a mariposa (diurna) del avelía (nocturna). Pinta un exemplo evidente das interferencias nas linguas minorizadas por causa da diglosia (querse dicir, el uso social desequilibrao de dúas linguas nun mesmo territorio). As palabras propias, menos valoradas, acaban acantuadas en acepcióis máis coloquiales, rurales, piores ou rancias; as casteyanas, as que se consideran máis finas, coyen as acepcióis máis valoradas: carreira ‘acción de correr’ / carrera ‘estudios superiores’; dereto ‘recto, erguido’ / derecho ‘xusticia’, ‘estudio das leis’, ‘tasa’; cadía ‘cadía pr’atar úa vaca’ / cadena ‘alaxa pra poñer nel pescozo d’úa persona’, etc.

Como resume antias d’espoñer os datos dialectales, hai que dicir que son cuatro os tipos de nomes que se poden ougüir en galego-asturiano pra os lepidópteros (máis aló de qu’haxa denominacióis específicas pra dalgúa especie concreta). El máis estendido por todo el territorio é el que ta basao na comparanza con un páxaro, anque en feminino y ás veces con un sufixo diminutivo (páxara, paxaría, paxarela, paxarella). Outro tipo, propio da parte máis achegada á marina, é el xa dito d’avelía, cuas variantes adelía y adeliya. Tamén recoyín outra denominación en Ayande, pumarega, aparecida a outras da zona vecía del asturiano occidental y motivada seguramente pola súa presencia alredor dos pumares ou maceiros. Y queda outro xeito de chamarye: bruxa, que sentín aplicar sobre todo ás nocturnas, pro tamén teño dalgún dato unde se referían ás diurnas. De seguro qu’ese nome de resonancias máxicas ten que ver cua tradición de que condo parecían engalando de repente na cocía era señal de qu’iba chegar carta del fiyo emigrao en América y d’ei el atribuíryes os poderes d’adivías del futuro.

Un exemplar de Coenonympha pamphilus nun prao de Viyadún (Castripol).

Os datos bibliográficos sobre os nomes populares en galego-asturiano son us contos. El vocabulario de Mántaras recoye bruxa pra chamar ás qu’entran de noite ás bombillas, y avelía y paxaría pra os lepidópteros en xeneral. Avelía é término que recoyen tamén os vocabularios da Roda y El Franco. Con esta mesma denominación constátase úa identificación máis específica dentro del orde Lepidoptera: nel de Mántaras fálase del avelía del meiz, qu’a larva cría nos graos d’ese cereal; y nel da Veiga recóyense as formas avelía y adelía, que define como úa mosca que cría nel trigo, ademáis da variante adeliya  ougüida en Añides, lugar achegao al conceyo, anque xa de Castripol. Nos dous casos ten que referirse al lepidóptero Sitotroga cerealella, que pola traza pode confundirse col insecto díptero.

Paxaría aparece nel vocabulario d’Acevedo y Fernández como palabra recoyida en Bual y tamén se rexistra nos vocabularios de Bual y Eilao. Páxara, sin diminutivo, é a forma que recoyen os vocabularios da Roda, Bual, Eilao, Ponticella y Monón y Castaedo. Paxarela rexístrase nos da Veiga y Eilao, y Xoán Babarro apúntalo en Molexón (A Veiga). Esta forma tamén se constata nas encuestas del Atlas Lingüístico Galego (ALGa) en Pezós, Piantón (A Veiga) y Vilanova, cua forma palatalizada paxarella en Bual. A forma abella que recoye el ALGa en Salave (Tapia) ten que tratarse d’un error de lectura por avelía, porque alí as abeyas, con -y-, son outro insecto.

Eu recoyín a forma avelía nel Valín (Castripol), Serantes (Tapia), Valdepares (tanto pras que salen nel meiz como pras nocturnas), Villar (El Franco) y Ortigueira (Cuaña). Apuntéi páxara na Caridá, Villar, Llobredo y San Xuyán (El Franco), Vivedro y Ortigueira (Cuaña), El Monte, Villouril y Andés (Navia), Navedo (Eilao), Arbón (Villayón) y Santolín (Ibias). A variante paxarela sentínla nel Valín, Obanza y Vilarín (Castripol), A Ovellariza y Bustapena (Vilanova d’Ozcos), Castro y Penafonte (Grandas de Salime), ademáis d’en Mourentán (Ibias) y Pezós; a forma correspondente na zona de palatalización, paxarella, dixéronma na Caridá (El Franco). A estos datos hai qu’amecer a forma paxaría que me deron en Valdepares (El Franco) y Ortigueira (Cuaña); el nome de bruxa, que me deron en Obanza y nel Valín (Castripol); y os xa ditos de pumarega en Corondeño (Ayande) y paxaría das berzas en Rozadas (Bual).

Se ta clara a motivación dos nomes basaos na palabra páxaro (del latín clásico passer ‘gorrión’, al través da forma del latín vulgar passar ‘páxaro’), nun lo ta tanto el nome d’avelía. Antias de meterse en fonduras, como xa se ten dito noutras ocasióis, a ortografía nun ten que confundirnos al hora de buscar el étimo d’úa palabra y tanto nos ten que dar cómo se recoya nos vocabularios ou avecemos a escribila, con –v– ou con –b-. Pois ben, Marcelino Fernández, nel sou vocabulario con Acevedo Huelves, apunta úa etimoloxía intuitiva: un diminutivo d’ave. A dificultá d’esta hipótesis é esplicar d’únde sal ese –l– y por qué nun hai el correspondente *avellía na zona de palatalización. Hai que recordar que noutras linguas romances os páxaros chámanse a partir del diminutivo d’avis (forma que s’usaba en latín clásico pra referirse a os páxaros). D’avicellus, aucellus… veron ucello en italiano, ocell en catalán, oiseau en francés…

Se botamos un oyo á forma galega avelaíña, salta á vista a súa asomeñanza cua nosa avelía, anque col diminutivo característico diferente y esa reducción d’ > –í. Se el nome galego mantén ese -l- intervocálico, a palabra terá que vir d’un étimo con –ll– en latín, porque se non na evolución dende esa lingua perderíase. Coromines apunta qu’avelaíña trátase d’un diminutivo del resultao galego da palabra latina abellana ‘aveyana’. A motivación taría en qu’os falantes poderon asociar a larva del lepidóptero col grao al qu’atacaba nos tempos en qu’ese fruto era muito máis importante na alimentación de cadaldía. Ese hiato –– sería el resultao da perda del -n- propia del galegoportugués . É razonable a esplicación del etimólogo catalán, máis se pensamos noutros resultaos xemelgos en galego: diminutivos como ventaíña, campaíña… Se reparamos noutra variante galega, abelairiña, a relación pinta máis evidente (abelaira é el xeito máis común de chamarye en galego al aveyaneiro).

Pro se tresladamos a esplicación á forma avelía del galego-asturiano, tamén atopamos dificultades pra qu’esta etimoloxía encaxe. A primeira é que nun se conservan en galego-asturiano resultaos de tipo galego (abelá) pral fruto: al rovés, na zona unde se diz avelía, as formas veyas conservadas na toponimia derivadas del latín abellana remiten a resultaos de tipo asturiano (ablana), como Abredo (< ablanetum). El segundo peró é qu’en galego-asturiano, neste tipo de palabras procedentes da perda del -n- nel sufixo, condo se yes amece un diminutivo recuperan el –n-: ventanía, campanía… (y non *ventaía, *campaía…). Tamén é verdá que núa zona de transición como a nosa, unde se deberon superpoñer al largo da historia influencias del galego-portugués y del asturlionés, ta ruía de determinar a secuencia cronolóxica de fenómenos como a perda del -n- ou da súa recuperación, que pode variar según el vocablo ou dependendo de se é na reiz ou nas terminacióis. Por eso, el que pasa na fala actual puido ser diferente noutras etapas da lingua y esos fenómenos arcaicos conservarse en palabras concretas. Pro einda queda outra dificultá: a xa apuntada de que, entoncias, na zona de palatalización el resultao tería que ser *avellía, cousa que nun se dá. É sempre avelía, a un y outro lao da fronteira -l-/-ll-.

Exemplar de Pararge aegeria pousao nun prao en Serantes (Tapia).

En galego hai muitos xeitos de chamaryes a os lepidópteros y con variantes en cada tipo qu’ás veces amañan cruces. Ta a forma bolboreta (barboleta, borboleta…), que pode ter a orixe nel polvo que pintan ter as súas alas y que son as escamas microscópicas que ye dan el color: ei tán as variantes polvoreta y polvoriña. Outras denominacióis básanse na comparanza cua palomba (palomiña) ou col andolía (andola, andoliña). Tán tamén as formas xa ditas d’avelaíña, avelairiña, máis outras variantes unde se debe cruzar el verbo volar ou voar y hasta pode qu’el sustantivo avoa ‘abola’ (volairiña, volaina, voalla, volalla, volaina, voíña, avoíña…). Y despóis tán as formas parentes del papallona catalán y el papillón francés: pampurriña, pampona, papoia… Todas pintan vir del latín papilio ‘paxarela’, que col aumentativo deu despóis papilionem ‘pabellón, tenda’.

Na veira luguesa achegada al occidente asturiano, en sitos como Navia de Suarna ou A Proba de Burón, tamén se constata a forma paxarela. Este término é mui usao tanto en Galicia como nel Navia-Eo (unde tamén se dá a forma correspondente paxarella) pra chamar al bazo ou al páncreas del cocho. El mesmo pasa en asturiano, unde a estos órganos tamén yes chaman páxara, paxareta ou paxarineta.

Os resultaos eonaviegos de páxara pra chamar a os lepidópteros tein a súa continuación contra el leste por todo el asturiano occidental, unde tamén usan as formas páxara y paxarina. Danse ademáis pol occidente formas como papona ou papolina, y outras como pumariel.la, pumarina (qu’empatan cua pumarega ayandesa xa dita) ou pol.larina. Tán aparte en asturiano outras formas como capina, caparina, escapita, escapitina, pirina ou pitina de Dios.

Motivacióis aparecidas ás xa vistas nas denominacióis populares das paxarelas poden atoparse nos nomes casteyanos, porque, por exemplo, tamén s’usan formas como paloma, palomita ou palomilla… y alevilla. Reparo nesta forma porque se ye renembra a ún el adeliya que Fernández Vior recoye en Añides pral sou vocabulario da Veiga. A etimoloxía que s’apunta pra palabra alevilla é a d’un diminutivo del latín leve: levícula (sería como chamarye a lixeiría). ¿Será posible qu’ese sufixo –ía d’avelía nun sía un resultao da perda del -n- senón del -y-? Porque por un proceso normal de metátesis ben puido dar aveliya en galego-asturiano…, pro ta malo d’esplicar úa evolución veya del sufixo iya a –ía, fenómeno del asturiano occidental qu’hoi namáis se dá en galego-asturiano na veira máis oriental del sou territorio (auguadía, morcía, rodía…), precisamente nel lao contrario unde hoi s’usa avelía (pro auguadiya, morciya, rodiya…). Polo tanto, haberá que pensar qu’adeliya é úa variante posterior d’avelía > adelía, con cruces ben sei que col nome de muyer y col sufixo –iya, por exemplo d’úa palabra tan relacionada cua idea del lepidóptero como poliya.

Xestra (Cytisus spp.)

Flores de xestra. Mántaras (Tapia) (6/5/2017).

A xestra ou xesta (Cytisus spp.) é d’esas prantas que forman parte del paisaxe del noso occidente y ás que, como a muitas outras, na sociedá rural sacábaseyes toda a rendedeira posible. Anque é especie del monte, coyíase a súa nabía y semábase, por exemplo, pra zarrar con sebe. Como pasaba col toxo (Ulex spp.), tamén se mulían con xestras camíos y corradas pr’amañar cuito. Con us ramayos de xestras podíase fer nel monte un bon aveiro pra tornar el augua ou el sol se se taba cavando, al herba ou alindando. Con elas fíanse barredoiros y einda hoi os barrendeiros dos servicios municipales de limpeza usan as xestras secas, qu’amarran ben fito elos mesmos con alambre. Tamén con xestras se cubren cabanas y horros en Somiedu y Teberga, os famosos teitos. Son ademáis búas de ver nas autovías porque avezan a prantarse pra reter a terra nos ribóis das veiras y condo tán floridas amañan un estoupido marelo espectacular que contrasta col verde intenso da pranta.

Son úas contas as especies d’este xénero que se dan na zona estremooccidental d’Asturias (Cytisus scoparius, C. striatus, C. cantabricus…) y d’ei qu’a identificación del nome popular cua que s’encabeza sía a xeneral: Cytisus spp. Son todas das flores marelas, anque hai úa especie, C. multifloris, das flores brancas, y outra, C. Commutatus, das flores de color crema y marelo. Ben sei qu’a esas coloracióis diferentes correspondan as denominacióis populares de xesta brancal (ou xesta branca) y xesta moural, anque nun voléi en identificacióis esactas. El xénero Cytisus é da familia Fabaceae y, polo tanto, bota us babuyos mui chamadeiros, peludos, unde ta a semente. Y, claro ta, el que máis chama é a flor, típica d’esta familia, con cinco pétalos: el grande de riba (el estandarte), dous nel medio (as alas) y debaxo outros dous qu’amañan a quilla. É da feitura da flor del toxo (Ulex spp.), que por algo é tamén da familia das fabáceas.

De traza mui aparecida á xestra é a Genista florida, úa especie del xénero Genista que nun ten espías. Tamén ten as flores marelas y os babuyos d’ese xeito tan característico, anque a pranta medra máis. Tanto en Galicia como nel occidente asturiano, por causa del asomeñanza das prantas, avezan a confundirse os nomes populares de Genista florida y das especies de Cytisus. D’ei qu’en muitos sitos s’use a mesma denominación pra todos. Tamén pasará eso seguramente en galego-asturiano, anque en Tormaleo (Ibias) déronme el dato de qu’estreman ben a xesta del piorno, qu’é como ye chaman a Genista florida. Tamén nel vocabulario de Monón y Castaedo (Ayande) describen el piorno como úa pranta distinta da xestra, anque nun queda claro se é Genista ou Cytisus multiflorus (porque diz que ten a flor branca, col que taríamos con outro caso d’uso dos dous términos pral mesmo xénero). En Somiedu y Teberga, unde einda s’usan esas especies pra os teitos, estrémanlas tamén, anque a Cytisus scoparius allí chámanye escoba. Polas súas canas máis deretas y alargadas é máis al xeito pra teitar qu’el piornu. Na mesma toponimia nosa hai sitos como Piorno (Santalla d’Ozcos) ou Xestoso (Vilanova d’Ozcos), que nos falan d’un tempo en que noutras zonas del Navia-eo tamén taría viva esa distinción entre piorno y xestra.

Prantas de xestra en flor al pé da Pontrabiza, en Mántaras (Tapia) (6/5/2017).

A forma xestra, con -r-, é privativa del galego-asturiano, porque a variante xesta, que tamén s’usa en búa parte da nosa terra, é forma común col galego. A palabra xestra ta recoyida nos vocabularios de Mántaras, A Roda, El Franco y nun vocabulario pixoto das Figueiras. Nel vocabulario d’Acevedo y Fernández danla como propia de Bual. Pérez de Castro, nas súas contribucióis léxicas al galego-asturiano, recóyela en Castripol. Na parte máis occidental y nel sur del Navia-Eo, el que se rexistra nos vocabularios é a forma xesta: nos da Veiga, Bual, Eilao, y Castaedo y Monón (Ayande); nel d’Acevedo y Fernández recoyen esta variante como de Castripol. Na veira máis oriental, na parroquia de Ponticella (Villayón), rexístrase a forma trisílaba xiesta.

Outros datos inéditos qu’eu recoyín macizan un pouco máis esas dúas (ou tres) zonas: xestra na Barrosa y Serantes (Tapia), Villarín y Valdepares (El Franco), Vivedro (Cuaña) y As Campas (Castripol). Y xesta, en Vilarín (Castripol), Salcedo y A Ovellariza (Vilanova d’Ozcos), Santalla, Ouria (Taramunde), Corondeño (Ayande), y Mourentán, Santolín y Tormaleo (Ibias). Nas encuestacióis del ETLEN tamén se recoyéu a forma xesta en Cecos y Fanduvila (Ibias). Aparte, en Corondeño déronme outro sinónimo: xesteira, derivao típico col sufixo –eira que xa se víu en máis nomes de prantas. Apurro un dato máis qu’é ben chamadeiro: en Poxos, na parroquia de Ponticella (Villayón), dánse as variantes xiẽsta y xeẽsta, con úa nasalidá na vocal tónica recordo da perda del -n-. É este un fenómeno que constatamos nel curso das investigacióis del ETLEN y que tamén puiden sentir en Villarín (El Franco) (solã, toucĩos, espiãzo…). Nestas zonas de fronteira, y máis en Villayón, pode tar falándonos de qu’a cayida del -n- nun é tan veya como noutras partes. A proba é que nos llugares naviegos del Monte (Anlleo) y Villouril (Piñeira), que tán na parte unde se fala galego-asturiano y que, polo tanto, nel sou vocabulario patrimonial perden normalmente el -n- (campá, llongaíza, gallía…), recoyín pral noso xénero botánico namáis a forma col -n- conservao: xinestra.

Os xeitos populares de chamarye en galego-asturiano vein del latín clásico genista ‘xestra’, a partir de formas latinas posteriores como genesta ou genestra. Da perda del –n– resultóu a forma final xestra ou xesta, con esas outras variantes xa ditas qu’amostran estadios d’evolución intermedios (xiẽsta, xeẽsta, xiesta) y cua posibilidá de derivaos posteriores: xesteira.

En Monón y Castaedo (Ayande) chaman xestal a un sito con xestras, bon pra moscar as vacas. Y en Ouria (Taramunde) chámanye xesteira. Pro, anque nun haxa muitos datos sobre abondativos d’esta pranta nel vocabulario vivo, si los hai na nosa toponimia, que sempre é un espeyo unde ver fases veyas da lingua que se perderon na fala actual. Ei temos el lugar xa dito de Xestoso (Grandas, Vilanova d’Ozcos) y tamén el de Xestoselo (Grandas), que nos falan d’un sito con muita xesta y d’outro sito, tamén xestoso, máis pequeno, col sufixo diminutivo –elo.

Babuyos de xestra subindo dende Busloñe (Morcín), chegando a Viapará (3/7/2016).

Del verdor da pranta dá fe a comparanza común en galego-asturiano de verde como a xestra ou como as xestas, máis ben referida al acepción de ‘sin madurecer’: Esas mazás tán verdes como a xestra. Nese matiz emparenta cua comparanza que s’usa en galego: amargo como as xestas.

Se seguimos el camín contra el leste que leva de xestra ás formas naviegas de xinestra, atopámonos con que na parte dos conceyos de Navia y Villayón que fala asturiano occidental, y tamén en Valdés y Tinéu, usan a palabra xiniestra (equivalente, diptongao y con -n-, á nosa xestra, que pronunciamos con è aberto). Este resultao esténdese muito pol asturiano occidental, anque hai zonas unde convive cuas variantes xinesta y xiniesta. Outras denominacióis nesta lingua son as xa ditas de piornu y escoba, ademáis d’outras como codoxu ou gromu.

En galego, el xéneru Cytisus recibe el nome popular xeneral de xesta (cua variante xesteira). A pesar de muitos datos contradictorios, pinta que chaman xesta branca ás especies das flores brancas y negral, negra ou rubia á das flores marelas. Y, dentro d’estas últimas, xesta molar, marela, mansa ou de vasoiras a Cytisus scoparius. Outras denominacióis galegas pra este xénero son as de codeso y piorno.

A forma popular máis usada na literatura botánica en casteyano é a de retama negra, pra estremala da retama blanca (Genista florida). Pro hai outras denominacióis nel casteyano dialectal irmás das xa vistas, como codeja, escoba, escoba bermeja, escoba rubial, hiniesta ou hiniestra.

 

Maceiro (Malus domestica)

Flores de maceiro. Mántaras (Tapia) (2/5/2015).

Sempre me cuntaron historias de rapacíos qu’entraban nos hortos a roubar fruta y hasta d’amos escorréndolos armaos d’escopeta. Einda se poden ver cercas rematadas con cachos de cristales pra que nun entraran ladróis a os frutales. Eran outros tempos y costa caro figurarse qu’úas contas mazás verdes chamaran tanto daquela como pra merecer el peligro que se corría ben veces. El Galano, nel sou libro Parzamiques, ten un relato mui chocante titulao «A falcatrúa» unde cunta úa aventura d’esas: «[…] y un pouco máis embaxo taba aquel maceirín pequeno, inxertado de pouco, que daba a primeira anada d’úas mazás coloradas que yes fóramos vendo grumar y medrar, pero qu’agora eran úa tentación pra nosoutros que nos fía babar. Xa nun tarían alí si nun fora el medo que ye tíamos al Respingo. ¿Quén s’atrevía a tocalas sabendo el mal xenio que tía el padre de Pepín? […] Pero aquela tarde atorbuada calentóunos a seseira porque inda ben Antonín nun acabóu de dicir “¿vámosye ás mazás al padre d’este”, todos á vez dixemos que si. Hasta Pepín».

El que si é verdá é qu’esos incidentes cua fruta poden darnos úa idea da súa valía como lambisque pol que devecía el máis d’úa población que vivía cua privación y a escasez como compañeiros de cadaldía. A mazá era entre toda a fruta a máis común y nun era raro qu’houbera nos hortos dalgún maceiro (Malus domestica). A mazá, como xa se dixo, supoñía úa lambuada en cru, pro tamén se podía asar, fer compota ou dulce. Y fer sidra con ela. Anque é conocida de sobro a tradición y a afición sidreira da zona centroriental d’Asturias, tamén nel Navia-Eo houbo lagares de sidra pra consumo familiar. Máis aló dos tópicos y dos estereotipos culturales, é úa realidá que nas zonas unde a producción de viño tía menos peso sempre se buscaron outros xeitos de producir bebidas alcohólicas.

Col despoblamento del medio rural y a perda del patrimonio cultural asociao a él, tamén se perdéu muita información sobre el mundo da mazá y del feixe de razas que foron amañándose despóis de centos d’anos de labranza y inxertos. Porque el epíteto doméstica del nome científico fálanos de que tamos delantre d’úa especie cultivada pola mao del ser humano a partir d’outras razas del xénero Malum, entre elas el maceiro bravo que naz nel monte (Malus sylvestris). En asturiano chámase carozal y a mazá brava, caruezu. D’ei pode vir el topónimo del Franco El Caroceiro, anque en galego-asturiano chamamos carozo al corazón da mazá ou da pera, y tamén al da espiga de meiz.

Os estudios sobre el galego-asturiano nun apurren muitos datos sobre variedades de mazá. Condo fixen el vocabulario de Mántaras esforcéime en recopilar nomes de razas, pro pouco máis puiden fer qu’apuntar a descripción curtia que me deron d’elas, anque nun las vin nin muito menos las retratéi (eran outros tempos). Faláronme da mazá carbayega ou de carbayo, da rosada, d’aceituna, de rabo de can, de Ramonín, de repinaldo branco, de repinaldo de mingán, de san Xuan, del Carme, raxada… Nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo, cuntáronme da de mollarín, de focico de cocho, de Santiago... El vocabulario d’Acevedo y Fernández cita tamén as de Ramonín y as de repinaldo, y outras razas máis: raneta, moural, de picón, reinales. Son denominacióis referidas al sou xeito y color, al tempo en que salen y hasta pode qu’al nome del sou cultivador. É este das razas de mazá un tema, dende un punto de vista botánico, pro tamén lingüístico, ben interesante pra pescudar nél y pral que, como cuase todo neste campo, chegamos un pouco tarde.

El Serida, organismo público asturiano encargao da investigación y desenvolvemento agroalimentario, que ten entre os sous antecedentes a Estación Pomolóxica de Villaviciosa, fai un gran labor cos maceiros. Nas súas instalacióis guardan un banco de xermoplasma con centos de razas d’este árbol: entre elas, 540 variedades asturianas tanto de sidra como de mesa. Entre os anos 1995 y 1997 recorreron as hortas asturianas, unde muitos d’esos árboles iban xa mui veyos, y recoyeron y inxertaron despóis 425 razas. Anque muitas rexistráronse col nome, outras nun imos saber cómo yes chamaban os sous cultivadores.

Maceiros na cortía d’úa casa. Mántaras (Tapia) (11/7/2012).

É a de maceiro a denominación máis común en galego-asturiano pral árbol, cua estructura típica dos nomes de frutales: el nome da fruta na reiz (mac-) seguido del sufixo –eiro. Nun é como en casteyano, que quer miyor el uso del sufixo masculino -o pra estremar el árbol da fruta: manzano / manzana. Condo se falóu da figueira (Ficus carica), víuse cómo nel estremo oriental y nel metá sur del Navia-Eo ta presente a sufixación propia del asturlionés (figal). Nun pasa esto nel caso del maceiro, que sempre se rexistra con este sufixo propio del galegoportugués pra os frutales. Outro asunto é a reiz á que s’amece el sufixo, qu’ás veces na nosa zona nun é mazá senón ma(n)zana, y d’ei a palabra híbrida mazaneiro ou manzaneiro. Ten que tratarse d’un casteyanismo, é evidente, pro é ben chamadeiro que núa fruta tan común s’acabara impoñendo en muitas partes esa forma. Anque por influencia del casteyano s’ouzca muito manzá, nel sito de mazá, ta claro qu’esta segunda é a forma patrimonial (mesmamente, en casteyano antigo dicíase maçana).

En latín, a mazá chamábase malum, anque despóis tamén ye chamaron poma, a partir del sustantivo pomum ‘fruta’. Úa raza de mazás (mala mattiana), adxetivada asina recordando a un tratadista d’agricultura, Caius Mat(t)ius, acabóu dando nome ás mazás en xeneral. D’ese adxetivo proceden a palabra mazá, cua perda del –n– intervocálico propia del galegoportugués (mattiana > mazáa > mazá), y, como derivao, el nome del árbol: mattianariu > mazaeiro > maceiro.

A forma maceiro ta recoyida nos vocabularios de Mántaras, El Franco, Bual, Eilao y Acevedo y Fernández. A palabra mazaneiro aparece nos da Veiga y A Roda. Os del Franco, A Roda y Bual tamén constatan a variante manzaneiro. Outra forma a medio camín é el manzaeiro que recoye el vocabulario de Ponticella (Viyallón). El llibro sobre Monón y Castaedo (Ayande) de Marcelino Lozano dá como propio del primeiro lugar a forma mazaeiro y como resultao del segundo, maceiro. En Mántaras úsase ademáis outra forma, mazueiro, que tamén me dixeron nel Valín, na parroquia castripoleña de Piñeira. É un resultao unde houbo úa confusión de vocales favorecida pola analoxía con outros sufixos aparecidos: nel caso de Mántaras recorda a outras denominacióis locales de frutales que tamén constatéi alí como fatueiro y ameixueira. Tamén recorda ese -u- outro sufixo propio del galego-asturiano en palabras como cachuada, patuada, oyuada… Máis pral sur, nel conceyo d’Ibias, Xoán Babarro recoye as denominacióis mazagüeiro, en Liares (Santolín), y mazaqueiro, en Boiro (Cecos).

Teño máis datos propios pra enriquecer este panorama de formas. En Ibias dixéronme mazaqueiro (Marentes) y mazagüeiro (Santolín). A forma maceiro apuntéila en San Xuyán (El Franco), Vivedro (Cuaña), Armal (Bual), Pezós, Castro (Grandas), Corondeño (Ayande), Poxos (Villayón) y Santolín (Ibias). A forma mazaneiro déronma en Bustapena y A Ovellariza (Vilanova d’Ozcos), Os Niseiros y El Valín (Castripol), y en Zreixido (A Veiga). Nel Monte (Navia) recoyín manzaneiro. No Chao (San Tiso d’Abres), Poxos y El Couz (Villayón) dixéronme mazaeiro.

A del nome popular de Malus domestica foi tamén úa das perguntas que fixemos nel ETLÉN (Estudio da Transición Lingüística del Eo-Navia), polo que se pode completar einda máis este reportorio de variantes. En Ibias rexistróuse mazagüeiro (Villamayor, Fanduvila) y mazaqueiro (Fanduvila). A forma mazaeiro recoyéuse na Garda (Taramunde) y Navedo (Eilao); mazaneira y mazaneiro, en Labiaróu (Samartín d’Ozcos) y Teixeira (Santalla d’Ozcos); maceiro, en San Salvador (Ayande); y manzaneiro nel Pato (Bual). Na punta máis occidental d’Ibias, en Valdeferreiros, recoyéuse úa denominación típica del asturiano: pumar, forma que se constatóu nos puntos d’escuestación vecíos de Galicia, no Pando (A Fonsagrada) y Murias (Navia de Suarna). No Pando tamén se recoyéu a variante mazueiro, qu’haberá que relacionar col resultao ibiano xa dito de mazagüeiro. A consonante -g- funciona como antihiática despóis da perda del -n- (mazaeiro > *mazagueiro > mazagüeiro), anque el aparición posterior d’ese –u– pode ser analóxica con outras terminacióis (augueiro, augüeiro). Tamén el -u- de mazueiro pode ser anterior á presencia del -g- antihiático, como se demostra nos datos de mazueiro da marina tapiega y castripoleña. Pral outra variante ibiana, mazaqueiro, pódese pensar núa analoxía con outros sufixos a partir d’un hipotético primeiro *mazagueiro.

El espectáculo da floración na primavera dos maceiros nun ten miga qu’envidiar a outros que son fonte de recursos turísticos noutros sitos. Les Bolíes (Morcín) (13/4/2015).

Se tresladamos todos estos datos a un mapa del Navia-Eo pódense dibuxar úas contas zonas. A forma maceiro coye el territorio máis grande, núa franxa de norte a sur, dende Tapia hasta Ibias, contra el leste. Aquí tamén conviven ás veces formas con –n– (mazaneiro, manzaneiro). Pral oeste, núa tira que piya Castripol, A Veiga y os tres Ozcos, a forma que se recoye é mazaneiro. D’a cabalo d’estas dúas zonas ta a parte pequena na costa unde tamén dicen mazueiro. Pra os estremos del Navia-Eo, tanto nel occidental (Taramunde y San Tiso d’Abres) como nel oriental máis aló del río Navia (Villayón, Eilao y Ayande), dáse a forma mazaeiro. Nel esquino máis norooriental (Navia) recóyese manzaneiro, mentres qu’en Villayón esta forma convive cos resultaos con cayida de -n- (maceiro, mazaeiro, manzaeiro). Nos datos ibianos predominan as variantes mazagüeiro y mazaqueiro, con úa zona pequena, na parroquia dos Coutos, que ten continuidá nas terras luguesas vecías, unde dicen pumar.

Na veira oriental, as formas con -n- como mazaneiro ou manzaneiro al pé das que perderon el -n- y mantéin el hiato (mazaeiro) pódense esplicar pola cercanía del asturiano y ben sei que son mostra d’influencias nún y noutro sentido da fronteira lingüística na zona entre galegoportugués y asturlionés al largo dos últimos tempos. Tamén é chamadeira a franxa curiosa de mazaneiro al oeste da zona de maceiro pra pasar despóis outra vez a mazaeiro na punta máis occidental pegando con Lugo, qu’é resultao que se dá pr’aló da fronteira con Galicia. É evidente que nel Navia-Eo funcionaron focos d’influencia lingüística innovadora qu’introduciron esas formas con -n-: mazan-, manzan-. Pro tuvo que ser un fenómeno abondo veyo como pra que, así y todo, el sufixo seguise sendo –eiro (y non –ero, como noutros casteyanismos máis de pouco como minero, camarero, fontanero…). Ocúrreseme pensar na influencia lingüística que tuveron que ter sobre a súa contornada vilas como A Veiga ou Castripol, capital esta del partido xudicial. Xa hai tempo que lo suxerimos nun artículo al esplicar cómo pintóu avanzar el resultao unha contra el leste eonaviego por derriba da forma xeneral úa. Tamén se pode relacionar este fenómeno da presencia grande de ma(n)zaneiro con outras palabras que s’oin con -n- nesa mesma franxa occidental, como gana(d)o, menudo, amontonar… nel sito dos esperables ga(d)o, miudo y amontuar que si s’oin na zona vecía máis al leste, unde dicen, claro, maceiro.

En galego a forma máis común é en feminino: maceira, cua variante mazaira (xa se víu qu’en galego-asturiano nun temos máis qu’un par de datos nos Ozcos de resultaos d’ese xénero: mazaneira). Hai tamén variantes galegas unde entran en xogo evolucióis a partir da perda del –n-, con asimilacióis y disimilacióis posteriores (macieiro, maciñeira) y hasta con consonante antihiática (anque s’escriba en galego con –i-) na parte de Lugo fronteiriza con Ibias: mazaieiro, mazaieira.

En asturiano occidental, en continuidá cos resultaos del galego-asturiano, úsanse as denominacióis mazaneiru, manzaneiru, ás veces convivindo con formas como el ma(n)zanal, la ma(n)zanal, que se dan muito na zona centro-oriental. É aquí unde máis se da a forma pumar, que pode ser masculina ou feminina. D’ei vén el término asturiano pumarada, pra referirse á prantación de maceiros. En galego a forma correspondente é pomar. Nel Navia-Eo, pra este concepto úsase a palabra horta, que normalmente aplícase a úa prantación de frutales grande y zarrada con cerca y portalada. Pola marina chámanye muito col casteyanismo güerta ou buerta. Así y todo, como se víu, hai úa parte pequena en Ibias unde chaman pumar al árbol y na nosa toponimia hai mostras de que foi palabra viva, como Pumares (Santalla d’Ozcos) ou Pumarín (A Veiga, Cuaña), y que deu pé a derivaos como A Pumarega (A Veiga, Castripol), que se referiría a úa terra unde se daban ben os maceiros.

Hai vocabulario en galego-asturiano relacionao cua mazá y os maceiros, anque ás máis das veces tamén é común col referido a outras frutas aparecidas. Condo se fai a coyeta da mazá, pódese pañar del tarrén ou coyer del árbol, unde sale en peteiros ou piñolos. Como os maceiros son veceiros, un ano dan máis qu’el outro. Se deixache sin úa mazá el árbol, depenáchelo (trátase d’un uso metafórico del sentido recto del verbo depenar, qu’é quitar as plumas a un ave). As máis ruías que quedaron nel tarrén y nel árbol son el restroyo. Condo nun levas miga pra guardalas, pódeslas meter entre el corpo y a camisa y levar entoncias úa folecada de mazás. A mazá pode ter muita augua, pro tamén tar farinenta (fariñenta, farienta, según as zonas). Se as mazás tán mui verdes y son úa verdiayada, pódense meter nun madureiro, entre paya, pra que vayan madurecendo. Xa se falóu del carozo, a parte central que deixamos condo comemos úa mazá, que tamén se pode chamar cazouto. Pr’acabar, tamén hai úa outra acepción propia del galego-asturiano da palabra mazá, qu’é a de ‘óso dos que sobresalen nos cadriles da vaca’ y que ben sei qu’é un uso metafórico pol xeito arredondiao del óso. Condo s’escadrila a vaca, dizse que s’esmazuóu. Outra vez un resultao patrimonial con perda del -n- (en asturiano occidental é esmazanase).

Corriola (Plantago lanceolata, Calystegia sepium, Convolvulus arvensis)

Prao al pé del Cortaficio (Mántaras) chen de corriola en flor (3/4/2015).

É chamadeiro el caso da palabra corriola en galego-asturiano: úsase en dúas zonas distintas y en cada úa dá nome a prantas mui diferentes (ben Plantago lanceolata, ben Convolvulus arvensisCalystegia sepium). Pra detrás, na parte unde chaman corriola a estas convolvuláceas hai alomenos trés zonas con denominacióis populares diferentes pra Plantago lanceolata. Pro imos miyor pouco a pouco.

Nel metá occidental del Navia-Eo, corriola é el nome que ye damos a úa herbácea mui común, Plantago lanceolata. É el herba típica dos praos, que sal en peteiros, con úas foyas alargadas en forma de punta de lanza (d’ei el epíteto de lanceolata) recorridas por us nervios. Tamén son características na primavera as inflorescencias, úas espiguías unde destacan na base as anteras brancas ou amareladas dos estames. Ademáis salen nel pico d’us rabos el dobre de largos qu’as foyas.

Na marina noroccidental, condo pasamos pral metá oriental del galego-asturiano unde os resultaos son col ll- (llimueiro, llabaza, llin…), el nome que ye dan xa nun é corriola: chámanye llanzola ou llanzoleta. Así y todo, na parte del conceyo de Tapia que fala col ll- constatéi el uso de corriola en puntos fronteirizos, polo qu’haberá de seguro máis sitos al sur unde esta denominación entre nel lao oriental da fronteira l- / ll-. Tampouco nun sería descartable que pase al rovés, qu’usen lanzola en puntos al occidente d’esa fronteira, pro de momento nun teño ningún dato bibliográfico ou de campo pra confirmalo.

A denominación de corriola ta recoyida nel vocabulario de Mántaras, mentres qu’os da Veiga, A Roda y Eilao recoyen a forma cua vocal átona máis zarrada: curriola. Eu tamén teño datos inéditos, as máis das veces con esta realización curr-, da Barrosa y Salave (Tapia), El Valín, As Campas, Montavaro y Vilarín (Castripol). El estudioso galego Xoán Babarro, que perguntóu pol reparto d’esta palabra nel sou estudio Galego de Asturias, recoye estas mesmas formas en Campos y A Grandela (Tapia).

A palabra corriola procede del latín corrigia ‘mayolo, corda pr’atar el calzao’, con un diminutivo feminino –ola amecido á reiz (hai que recordar que con ese sufixo, pro el masculino, temos nomes de prantas como amorolo, curuxolo, arbanzolo…). Nun sei a comparanza con qué parte da pranta é, se cuas foyas chías de nervios ou cos rabos das espigas que bota. El caso é que la boutizaron asina. Pois ben, na veira máis occidental del galego-asturiano atopamos variantes de corriola unde se perdéu el –l– intervocálico nel sufixo, anque sía en sitos unde hoi mantéin en xeneral ese -l- (molín, xelar, fiyola…). Por exemplo, en Zreixido (A Veiga) dixéronme curriá. En Busdemouros (Vilanova d’Ozcos) apuntéi herba de corrá, mentres que Xoán Babarro recoyéu nel mesmo punto corrá, a secas, igual qu’en Piantón (A Veiga). Xa en zona de perda xeneral de -l-, en Goxe (San Tiso d’Abres), a forma que me dixeron foi corroá, variante que Babarro tamén recoye en Abres (A Veiga) y Abraído (Taramunde).

Outro estudioso galego, Paulo Martínez Lema, analizóu topónimos que presentan continuadores del sufixo –ola en fases diferentes d’evolución. En todo el territorio de lingua galegoportuguesa temos exemplos d’esa variedá de resultaos: dende el noso Figueirola, pasando por Figueiroa, hasta chegar a Figueiroá. Pro hai topónimos nel sur de Lugo, como Maciñeirá ou Pereirá, unde, despóis da perda del –l– y el desprazamento posterior del acento, deuse a perda da vocal velar. Ta claro qu’algo aparecido tuvo que pasar cuas variantes máis occidentales da nosa herba: corriola > corrioa > corrioá , y d’ei corroá, curriá ou corrá. Ademáis, según esplica Martínez Lema, pola fecha dos datos documentales dos topónimos xa ditos, estos pasos da evolución final son dos últimos douscentos anos (Maciñeirá aparece escrito nel Castastro d’Ensenada, de mediaos del XVIII, como Maciñeiroa).

Destacan os estames amarelaos nas inflorescencias da corriola. Mántaras (3/4/2015).

Imos agora cuas formas orientales en galego-asturiano pra Plantago lanceolata. Como xa s’esplicóu, é común el nome de llanzola, tamén col sufixo –ola, anque d’esta volta el étimo latín témolo en lanceola ‘lanza pequena’, pola comparanza col xeito das foyas. Nel estudio de José García sobre a fala del Franco recóyese llanzola y tamén lo fai Xoán Babarro en Sarandías (Bual). A min déronme ese nome en Valdepares, Carbexe, El Chao das Trabas, San Xuyán, Llobredo, Miudes, Villar y Godella, todos nel conceyo del Franco. Tamén lo apuntéi nas Mestas, Vivedro y Cartavio (Cuaña), Rozadas y Armal (Bual), y Llamabúa (Navia). Vén a complicar a cousa el dato que recoye Acevedo nel sou vocabulario, porque define llanzola como ‘herba viciosa que naz entre el meiz’ y esa nun pode ser a nosa herba. Nel sur de Lugo ta rexistrada a forma lanzoa, con perda del -l- intervocálico, sin máis datos (‘herba que naz nos praos’), anque os especialistas galegos identifícanla como Ranunculus flammula, especie con flor marela como a poutaloba (Ranunculus repens), pro das foyas alargadas y con nervios como a corriola; así y todo, esta especie tampouco nun concuaya cua definición d’Acevedo. Costa caro saber se será un apunte mal tomao pol estudioso bualés, pro chama el atención que nun recoya el acepción eonaviega tan común de llanzola como ‘Plantago lanceolata’.

Nel vocabulario de Ponticella (Villayón) y nel de Monón y Castaedo (Ayande) recóyese a variante llanzoleta, con outro sufixo amecido máis (-eta), de carácter entre diminutivo y despectivo. É palabra que me deron tamén nel Monte (Navia), anque cua pronunciación yeísta (yanzoleta). Tamén neste conceyo, pro xa en zona d’asturiano occidental, recoyese l.lanzoleta nel vocabulario de Santa Marina y Vigu, y nel de Tox; en realidá é resultao xeneral en toda úa franxa norte-sur que vai de Valdés a Cangas, pasando por Tinéu y Ayande. Pol centro d’Asturias tamén se constata a forma llanzuela, que sería el resultao en asturiano equivalente al noso llanzola. Por certo, mía bola de Rozadas (Bual), que chamaba á pranta llanzola, usaba llanzoleta como adxetivo apricao a úa cara larga y dalgada: Era úa nena da cara llanzoleta.

Einda nun rematamos el recorrido polas denominacióis na zona oriental del Navia-Eo, porque se avanzamos escontra el sur atópase outro xeito de chamarye que debe piyar un bon territorio. En Sanzo (Pezós) dixéronme lingua d’oveya, sin identificala, pro de seguro qu’é a nosa herba, porque en Santolín (Ibias), unde apuntéi lingua d’ovella, col resultao consonántico palatal propio d’alí, identificáronma claramente. Tamén en Navedo (Eilao), unde recoyín a forma llingua d’ouveya. Babarro constatóu a forma lengua de ovella en dous puntos da Fonsagrada (Lugo) y é palabra qu’aparece nos diccionarios galegos como úa variante máis pra chamar á nosa herba. Nun hai qu’esqueicer qu’é tamén el nome común qu’usan en portugués: lingua de ovelha. Esta denominación pode compartirse dacondo, tanto en galego como en galego-asturiano, con outra especie del mesmo xénero da que xa temos falao: el chantaxe (Plantago major).

Pr’acabar, en Godella (El Franco), ademáis de llanzola tamén ye chaman herba de grillo. Y é verdá qu’era el herba que buscábamos pra daryes a os grilos condo los piyábamos.

As denominacióis en galego son variadas, ben d’elas orixinadas noutro étimo: na reiz del nome del xénero (plant-): chantá, chantán, chantasia, chantaxe y tantaxe. Como se ve, outra vez se volve confundir con Plantago major.  Pro tamén s’usa corriola y variantes: correola, curriola, corroa, corruá, porroá… Outras denominacióis son lingua de ovella, herba leiteira, sete costas…  En portugués, aparte del xa dito língua de ovelha, úsanse formas continuadoras del latín corregiola: carrojó, carrijó, corrió

En asturiano tamén hai variantes a partir de plant– pra chamar a Plantago lanceolata. Por exemplo, llantén, denominación que comparte nesta lingua con Plantago major. Outras mui comúis son formas como llantaina (ou l.lantaina na zona máis occidental y nel centro-sur) y cruces cos resultaos de lanceolata: l.lanzaina. Aparte, pol centro d’Asturias tamén ye chaman panizu y paniciera.

En casteyano a forma máis xeneral é llantén ou llantén menor, pra estremalo del llantén mayor (Plantago major). Hai un feixe máis de formas na bibliografía fitonímica, pro, como xa teño apuntao máis d’úa vez, costa caro saber se son casteyanizacióis dos estudiosos de formas das linguas vecías ou variantes usadas en territorios fronteirizos con elas.

Exemplar de Convolvulus arvensis estendéndose pola terra, cuas súas flores brancas tirantes a rosa. Mántaras, Tapia (5/7/2015).

Toca falar agora das outras prantas qu’entran en xogo pra disputar el nome popular de corriola: Convolvulus arvensis y Calystegia sepium. Son dúas especies da familia das Convolvulaceae mui aparecidas, das foyas y as flores máis grandes a segunda. Salen nos hortos y entre el meiz, con foyas da feitura da punta d’úa frecha y úas flores con xeito de campá y de color branco (ou tamén tirante a rosa nel caso de Convolvulus arvensis). Ingre muito, pode ir rastreira ou engarabitar por outras prantas y é malísima de descastar. A comparanza cuas correas é búa d’entender. Hai que recordar qu’é del metá oriental del Navia-Eo d’unde hai datos de corriola pra chamar esta especie, porque, como xa se víu, pra Plantago lanceolata usan outros nomes. Ta recoyida nel vocabulario de Ponticella (Villayón) como curriola, mentres que nel de Monón y Castaedo (Ayande) recoyen dúas formas: corriola y correyola (con -y- antihiático). Tamén eu apuntéi curriola nel Monte (Navia) y en Navedo (Eilao).

¿Y cuál é a denominación popular de Convolvulus arvensis y Calystegia sepium nel meta occidental del Navia-Eo, alí unde el nome de corriola xa ta ocupao pra chamar a Plantago laceolata? Os vocabularios locales nun dan datos y as veces que perguntéi déronme el casteyanismo enredadera. En galego chámase corriola, corregola, corregota y corroá, qu’é el dato bibliográfico máis achegao al occidente del Navia-Eo qu’atopéi, en Riotorto, nel sur de Lugo. El que ta claro é qu’a palabra sempre s’usará en zonas unde ese nome nun lo usen xa pra chamarye a Plantago lanceolata. Outras denominacióis galegas son capelo, rubideira ou herba roqueira, de roca ‘instrumento unde se colga a rocada de la pra filala’, por comparanza cos avezos engarabitadores da pranta, ben sei.

A zona de corriola en galego-asturiano pras convolvuláceas ten continuidá territorial nel asturiano, col resultao diptongao correspondente nesta lingua: corrigüela. Hai outras variantes dependendo da consonante antihiática, del mayor ou menor zarramento das vocales átonas y hasta del aparición d’úa nasal por cruce con outras palabras derivadas de correr: corriyuela, curruyuela, curruduela, corribuela, curruela, curringüela, correnduela… Pol xeito d’estenderse aparecido al hedra (Hedera helix), tamén se constata el nome d’hedrera. Aparte, en asturiano corrigüela tamén pode significar ‘cagaleira’ y usarse como adxetivo col acepción de ‘ralo, brando’. Corrigüelu é el andiocheiro, el que nun para na casa y ye gusta salir.

En casteyano a pranta chámase correhuela, anque tamén s’usan outras variantes como corregüela, correruela, correyuela, corriduela, correvuela… As formas vulgares estándar pras dúas especies, Convolvulus arvensis y Calystegia sepium son, respectivamente, correhuela menor y correhuela mayor, pola diferencia de tamaño xa comentada antias.

Pro einda nun acaba aquí el tema da corriola. Hai úa terceira especie, anque nun é pranta senón ouca, que se chama corriola en galego-asturiano (y tamén en galego): Himanthalia elongata. É úa raza d’ouca con foyas aparecidas a correas, col qu’a xustificación del nome é tresparente. Precisamente, el franquín Marcelino Fernández recoye nel sou vocabulario a palabra curriolas con esta acepción y non cua de cualquera das dúas especies de prantas das que se falóu. Nel Atlas Léxico Marinero de Asturias, d’Emilio Barriuso, constátase el sou uso nos portos d’Ortigueira y El Porto. Nas Figueiras y Tapia el nome que ye dan é correa, y d’ei topónimos da costa mantarega como El Corrial.

 

Minoca (Lumbricus terrestris)

Minoca na terra d’un horto en Santuyano (Mieres).

Piyábamos un garrucho y íbamos escarrapatar un pouco nel horto de Ca el Mónico. Axina parecían entre a terra moura y húmeda. Metíamolas nun bote y tirábamos pral Río de San Antonio cuas nosas varas de pescar a ver se con aquel engado nel anzolo cayía dalgúa anguila despistada. A aquel bichín qu’usábamos de cebo chamábamoye binoca (Lumbricus terrestris). A pesar da mía crianza urbana, pra min sempre foron binocas, anque despóis en Uvieo foran meruques. Y eso nel camín ou nel barrio, porque na escola, nos libros en casteyano, eran lombrices. Alí aprendías que son anélidos (porque tein el corpo segmentao en aniyos) y que s’alimentan de materia orgánica procesando un feixe de terra que botan despóis en forma d’humus, polo que fain úa laboría ecolóxica importante. A verdá é qu’a palabra lombriz sempre me suóu a condo tabas malo. É irmá d’outro término, lombriga (ou llombriga), qu’é el qu’usamos en galego-asturiano pra referíremonos a os parásitos del intestino humano. Por certo, vén del mesmo étimo latín que ta nel nome del xénero del noso anélido da terra (lumbrica).

Botando un oyo a os vocabularios, vese que recoyen a forma binoca os de Mántaras, A Roda, El Franco, Bual y el d’Acevedo y Fernández. A estos datos podo amecer outros máis de binoca que me deron nas Figueiras, As Campas y El Valín (Castripol), Serantes (Tapia) y Valdepares (El Franco). Fernández recoye a variante binocra nas Figueiras, como asina me confirmaron alí. Sendo como é lugar marineiro, nun podo evitar recordar esa mesma vacilación -ca / –cra nel nome da nocra (Cancer pagurus), crustáceo que nel porto vecín de Tapia chaman noca.

Pinta evidente qu’el galego-asturiano binoca é úa evolución a partir de minoca por confusión de bilabiales sonoras (como pasa en buñuelo/muñuelo, bilango/milango). A variante minoca ta máis estendida territorialmente. Recóyese nos vocabularios d’Acevedo y Fernández, ademáis de nos d’Eilao y A Veiga, unde diz qu’é resultao propio d’Abres. Aparte, tamén me deron esta forma nos conceyos del Franco (Samarfún, Villar, San Xuyán), Castripol (Vilarín, Os Niseiros, Tabes), Santalla d’Ozcos, Samartín d’Ozcos, Grandas (Penafonte, Castro), Eilao (Cachafol) y Pezós. En dalgús sitos a palabra convive cua variante sin -n- intervocálico: mioca. É el caso d’Abres, como señala el vocabulario da Veiga, ou de Santalla, como me dixeron alí. En Vilela (San Tiso d’Abres) y Teixeira (Santalla d’Ozcos) namáis me deron a variante mioca. É esta a denominación usada nel oriente da provincia de Lugo y na d’Ourense, anque a xeneral en galego é miñoca (tamén se pode dar en dalgún punto a forma biñoca).

El última variante d’esta clas é miroca, qu’aparece nel vocabulario d’Acevedo y Fernández como propia de Grandas. Na reiz hai úa consonante líquida -r- que recorda al outra forma que temos pra chamar al anélido y qu’é a que s’usa en todo el metá oriental del Navia-Eo, en continuidá cos resultaos de tipo asturiano: meruca. Esta palabra rexístranla os vocabularios d’Acevedo y Fernández, El Franco, Ponticella, Monón y Castaedo y El Valledor (aquí cua realización zarrada miruca), y Xoán Babarro recóyela en Sarandías (Bual). Tamén la incluye Braulio Vigón nel sou vocabulario de Colunga (1896) entre un mañuzo de palabras del galego-asturiano que ye apurriran, neste caso señalándola como de Navia. En conto a datos inéditos, recoyín meruca en puntos del conceyo del Franco unde alterna con binoca ou minoca: Valdepares (cua pronunciación miruca), San Xuyán y Villar. Aparte, constatéila nos conceyos de Cuaña (Lloza, Ortigueira, Trelles) y Navia (Andés, Villouril).

A partir d’este tipo oriental amáñanse en galego-asturiano outras variantes cua labialización da vocal pretónica: moruca, qu’é a que me deron en Santolín (Ibias), y a correspondente col zarramento d’esa vocal (muruca), qu’é a forma que recoyín en Tormaleo y Mourentán, tamén nel conceyo d’Ibias.

Anque todas estas palabras pinta que naceron pra chamar al anélido, hai que señalar tamén el significao figurao posterior de minoca y meruca como ‘pene’, sobre todo como término usao cos nenos.

Como xa se dixo, a palabra habitual en asturiano é meruca ou merucu, con todas as variantes posibles resultao das evolucióis xa apuntadas na vocal pretónica (mir-, mor-, mur-). Ademáis, danse as formas moluca, molucu, con úa vacilación esplicable entre consonantes líquidas. Úa variante mui oriental, recoyida en Peñamellera, moruga, presenta úa sonorización da oclusiva velar.

En resume, outra vez el territorio eonaviego é sito d’encontro entre as formas galegoportuguesas y as asturlionesas. Según os datos qu’acabo d’espoñer, a fronteira entre as dúas zonas, con partes intermedias grandes de convivencia dos dous resultaos, vai pol medio del conceyo del Franco y entra en Bual, únde alomenos na parte máis nororiental hai datos de meruca. Sigue por Eilao, unde sabemos que na veira esquerda del Navia dicen minoca, y baxa deixando dentro d’este resultao el conceyo de Pezós y nun sabemos se todo Grandas. Ayande y Ibias quedan pral lao de meruca, moruca, muruca. A raya podíamola seguir escontra el sur, pol Bierzo (unde dicen mioca y meruca), hasta chegar al sur da península, porque a forma miñoca sigue por Portugal (escrito minhoca) y hasta entra en Estremadura (con variantes como biñoca ou miñocla, parente esta na terminación del binocra figueirolo), ademáis de constatarse mioca nel occidente zamorano (en continuidá con Ourense) y albiñoca en Andalucía. Hai qu’apuntar qu’os diccionarios de casteyano, ademáis de lombriz, poin como sinónimo miñosa, pro nun puiden volar en ningún dato d’únde se diz esa palabra, que quizabes sía úa variante máis del tipo occidental miñoca en territorios vecíos col portugués. Se pasamos pral lao oriental, en zona lingüistica asturlionesa, tamén atopamos variantes del tipo meruca: en Aliste (Zamora), dicen meluca, igual que nas Hurdes, nel estremo nororiental de Cáceres. Índonos pral norte peninsular, moruca ou moruga oise en Santander y en Palencia.

Nun primeiro retento, podía pensarse que dous tipos léxicos tan aparecidos (minoca y meruca) podían vir del mesmo étimo, pro son muitos os perós: a estabilidá na vocal da reiz nel primeiro caso (min-) en comparanza cuas variacióis nel segundo (mer-, mir-, mor-, mur-) y esa evolución diverxente da consonante nasal –n– y a líquida –r– tan mala d’esplicar. Nun se m’ocurren casos d’ese paso nel noso léxico, agá na terminación verbal dos perfectos –eron > –enon que se dá en zonas del gallego, del asturiano y tamén del gallego-asturiano: fixenon, tuvenon, cantanon… Aparte, a cada tipo de reiz asocíase un sufixo diminutivo diferente: –n + oca / –r + uca (el miroca grandalés pode ser sin máis un cruce entre entrambas formas).

Hai quen apunta como étimo prá reiz da forma miñoca el latín miniu ‘cinabrio’, ‘sustancia mineral acolorazada’, palabra d’orixe hispánico que dicen que ta detrás del hidrónimo Miño. A denominación galega pral anélido, con ese diminutivo –oca, podía entenderse como úa descripción del sou color y tamaño: sería como chamaye a coloradía. Ese grupo latín -nj- (miniu) esplica a evolución romance a -ñ- (como calcaneu > calcanio > calcaño ou vinea > vinia > viña), pro pinta incompatible col resultao mioca del galego oriental, qu’implica que primeiro tuvo qu’haber un -n– que se perdéu. Recórdame este caso el da palabra farina, qu’é solución xeneral en galego-asturiano, con úa forma faría máis al occidente pra chegar xa, se seguimos máis aló, al resultao galego fariña. Anque nun coincide a estensión territorial das variantes, si lo fai a secuencia xeográfica: fariñamiñoca, faríamioca hasta chegar al noso farinaminoca.

Pra esplicar miñoca tamén se falóu del étimo mina, pol avezo escavador na terra que ten este bicho, pro mina é úa palabra que chegóu mui tarde á península ibérica (alredor del s. XVI), procedente de Francia, y polo tanto os sous derivaos actuales en galego mantéin el -n- intervocálico. Nun é razonable pensar que miñoca veña d’un continuador de mina que namáis deixóu el nome del anélido y que tuvo que ser anterior á chegada da palabra francesa: daríaye tempo a perder el –n– y despóis, en parte de Galicia y en todo Portugal, a repoñer úa consonante palatal –ñ– (é el que pasóu nos demáis casos d’esta clas en galego, mentres que nel máis del Navia-Eo el proceso quedóu parao na perda del -n-: vecía, molieiro, dieiro…). En Brasil, unde tamén dicen miñoca (minhoca), tein dao úa esplicación errada, buscando a orixe núa palabra d’úa lingua amazónica, esqueicendo todo el reportorio de variantes que temos nel noroeste peninsular con úa perda del –n– que nos fala de periodos anteriores á chegada a América, condo se taba formando a lingua qu’hoi conocemos.

Coromines apunta qu’a palabra miñoca é afín a outras que se dan nas máis das linguas romances y que deron pé a términos como meniño, menino, miñón, minyó ‘neno’, mignon ‘pequeno, guapo’ y tamén monín, moñín, menín, meñín, meñique… ‘dido máis pequeno da mao’. Todos remitirían a úa reiz céltica minn- que ta detrás de muitos términos espresivos cos qu’as madres chamaban a os sous nenos pequenos. Esta sería outra posibilidá, anque el etimólogo catalán nun entra en detalles pra esplicar ese -ñ-, condo el esperable en Galicia sería que dera -n- (como nel galego-asturiano binoca, minoca); muito menos encaxa a perda de -n- en mioca. Sempre queda a posibilidá pra esplicalo de pensar en analoxías ou ultracorreccióis, pro nun cayo en qué outros casos aparecidos poda haber.

Seguindo cuas elucubracióis, einda queda outra palabra interesante qu’entra en xogo y que se podía relacionar con minoca. Trátase del sustantivo bioco ou mioco ‘mimo, capricho’. Reparéi nél porque en Mántaras, unde dicen binoca y bioco, recoyín el adxetivo minoqueiro ‘mico, repunante pra comer (un neno)’. Se amecemos a este dato que nel Lugo fronteirizo con Asturias ese adxetivo é mioqueiro (y os sustantivos son mioco ‘mimo’ y mioca ‘minoca’), é tentadora a relación posible de mioqueiro-mioca con minoqueiro-minoca (ou binoca). En Mántaras os falantes nun relacionan binoca y minoqueiro, pro ben sei que se pode tratar de resultaos da mesma reiz. En conto á relación semántica entre mioqueiro, mioca y mioco, nun la vexo ruía d’esplicar. En galego, andar á miñoca ou á mioca é ser mui probe y nun ter qué comer. Y, en asturiano, ser un merucu ou tar como un merucu úsase pra referirse a un neno pequeno y froxo. Pra chegar al adxetivo que tamos analizando, ben puido ferse úa comparanza cua minoca d’un xeito aparecido a os exemplos del galego y del asturiano pra falar d’un neno mimao, caprichoso, repunante, que nun come nada y que ta froxo por eso. Puido ser primeiro el adxetivo mioqueiro ‘mimoso’ a partir de mioca y d’él derivar un sustantivo masculino mioco ‘mimo’, ou quizabes puido dárseye esa acepción a úa forma masculina de mioca y por derivación nacer despóis el adxetivo. En conto a ese baile de formas en estaos evolutivos diferentes en Mántaras (binoca, bioco, minoqueiro), nun é miga raro que convivan na fala d’un mesmo sito palabras procedentes d’un mesmo étimo anque tían en fases distintas d’evolución y máis núa zona de transición como el Navia-Eo unde se cruzan tantos fenómenos y empréstamos d’un y d’outro lao. Na fala de Mántaras úase el sustantivo marina ‘terra achegada á costa’ y el adxetivo feminino maría ‘del mar’, anzolo y amucelo, enhalar y engalar, inda y einda, pranteira y chanteira, traba y tableiro

Se hai dudas sobre el étimo de minoca, einda máis pral de meruca. García Arias relaciónalo col latín merus ‘puro’, ‘abrancazao’ (que viría d’úa hipotética reiz indoeuropea *mer- ‘relumar’) y esplica el nome de meruca pol color claro da panza del anélido. Con ese sufixo diminutivo –uca é como se ye chamáramos a branquía. Así y todo, é raro qu’el feito de qu’a minoca sía máis abrancazada por debaxo poda ser a característica máis chamadeira pra darye nome, sendo como é úa cousa común a ben bichos ter a panza máis clara. Tamén se pode pensar nel latín merulus ‘merbo’, ‘pexe da familia Labridae’, qu’os estudiosos dicen que pode tar detrás del nome de pexes como el mero. Pinta qu’a merucaMolva molva’, pexe que chaman asina nas Figueiras y Tapia, y maruca en Ortigueira, debe ser un cruce col nome asturiano da minoca, porque, anque nos portos marineiros del centro tamén ye chaman meruca, noutros el nome é merúa ou morúa.

Folgueirón (Polypodium spp.)

Folgueirón nacido nel mofo del tronco d’un carbayo en Casielles (Uvieo) (2/4/2017).

Se miramos pra úa parede veya, é fácil que nas regrechas entre as pedras véxamos prantas especializadas nesa clas d’hábitat. D’úa d’elas, el couxelo (Umbilicus rupestris), xa se falóu aquí. Tamén hai ben razas de folgueira que nacen nas paredes. Úa das máis conocidas y que ten muitos nomes populares nel estremo occidental asturiano é el folgueirón (Polypodium spp.). Pódese ver tamén nas regandixas dos penedos, nos louxaos, nel mofo dos árboles y da terra. Da súa reiz salen frondes pequenas, normalmente de non máis d’úa cuarta de largo, cuas pinnas (as foyías en que se dividen as frondes) anchas, alargadas y separadas. Se yes damos a volta, pódense ver os soros redondíos y marelos, unde se guardan as esporas, en dúas fileiras a entrambos laos del nervio central de cada pinna.

Son trés as especies d’este xénero que se dan na nosa terra: Polypodium interjectum, P. cambricum y P. vulgare. Son mui aparecidas, anque as pinnas, dependendo da especie, poden ser acabadas en punta, arredondiadas ou máis oblongas, pro son as diferencias nel xeito dos soros as qu’axudan definitivamente á súa identificación.

Agá el vocabulario de Mántaras (Tapia), lugar unde dicen folgueirón, y nel de Ponticella (Villayón), unde ye chaman foleta, ningún outro estudio local del galego-asturiano reparóu nel nome popular d’este xénero de folgueira, así qu’hai que botar mao de datos inéditos. É ben aclarar qu’escoyín el nome de folgueirón como etiqueta xeneral porque é a denominación que recoyín en máis sitos y núa zona máis grande: dende Tapia (Serantes, Casarego, Mántaras, Salave) hasta El Franco (San Xuyán, Villalmarzo), pasando por Obanza (Castripol), unde el qu’apuntéi foi a forma folgueirón manso. A esplicación a este adxetivo manso pode tar en qu’el gao cómelo (cousa que nun fai cuas folgueiras grandes como Pteridium aquilinum, Dryopteris spp., Athyrium filix-femina…, das que xa falamos aquí). Asina me xustificaron folgueira mansa, el nome que ye dan en Villares d’Arriba, na parroquia de Tormaleo (Ibias). El que nun concuaya con esto é qu’en dalgús sitos del Franco recoyín a denominación de folgueira brava (Arancedo, El Caroceiro, Mendóis) ou folgueira montesa (Arancedo, El Chao das Trabas), querse dicir, con un adxetivo qu’é todo el contrario de manso. Volvo aló neste tema máis adelantre.

Os soros del folgueirón repártense a os dous laos del nervio central de cada pinna. Penanes (Morcín) (19/12/2015).

El demáis, vese qu’estos nomes populares pral xénero Polypodium amáñanse en galego-asturiano por contraste cuas folgueiras grandes, pras que se reserva a denominación común de folgueira ou, na zona nororiental, foleto. El xeito de diferenciar as folgueiras pequenas das paredes é amecéndoye á palabra un sufixo aumentativo (-ón), un adxetivo (mansa, brava, montesa) ou un adxacente. Esta terceira vía de formación del nome é a que se dá nas denominacióis folgueira da raposa, que recoyín en Molexón (A Veiga) y Vilarín (Castripol), y foleta de carrachos, que me dixeron nas Mestas (Cuaña), cua variante tamén de foleta carracheira. Nun atopo esplicación á presencia da raposa nel nome da nosa folgueira máis aló de tradicióis veyas xa esqueicidas, qu’é animal habitual na denominación de muitas prantas na península ibérica, y tamén en galego-asturiano pra referirse a os fungos con xeito de sombreiro (pan de raposa). En conto á presencia das carrachas na denominación popular, é verdá qu’é normal atopar estos arácnidos parásitos por detrás das foyas das folgueiras, pro andan por todas y non solo polas especies del xénero Polypodium. ¿Terá que ver entoncias cua disposición y feitura tan chamadeira dos soros nel rovés del folgueirón, que podan pintar carrachas nel imaxinario popular?

Como xa se víu cua denominación de foleta en Villayón y cuas de foleta carracheira y foleta de carrachos en Cuaña, na veira máis nororiental del Navia-Eo el nome fórmase por contraste con foleto, qu’é como ye chaman alí á folgueira. Neste caso, el que fain é amecerye á reiz folet– el sufixo feminino. Tamén constatéi el uso da forma foleta en Valentín (Cuaña) y nel Monte y Llamabúa (Navia). Máis chamadeira é a denominación de foleto, en masculino, que recoyín en Llobredo y Nadóu (Cuaña), unde usan a palabra folgueira pra chamar ás grandes. Estos dous lugares tán al pé da fronteira entre a zona de folgueira y a de foleto y, nel sito d’haber úa oposición folgueira/folgueirón (como fain na primeira zona) ou foleto/foleta (como fain na segunda), aquí a oposición faise deixando el término autóctono prá denominación xeneral y botando mao del que pinta empréstamo dos vecíos, foleto, pra chamar al xénero da folgueira pequena.

Pro einda temos en xogo outra denominación máis pra Polypodium spp., anque a reiz da palabra xa nun procede dos derivaos del latín filix (filictu > foleto, filicaria > folgueira). En Corondeño (Ayande) usan el nome de forceya (ou tamén forcea, cua cayida del -y- típica d’esta zona: abea, calea). En Cachafol (Eilao) chámanye fronceya. Y, pra completar este panorma de variantes, hai qu’amecer un par de datos del asturiano occidental: faceya en Tinéu y facecha en Cangas (unde dicen abecha, calecha, etc.). Todas estas formas tein en común as consonantes nel marxe prenuclear das dúas sílabas da reiz (f-, c-) y ese sufixo diminutivo –eya (< –icula), pro pinta que nelas pode haber cruces entre étimos diferentes.

As dunas da praya de Xagón máis achegadas a terra tán chías de folgueirón. Xagón (Gozón) (10/9/2017).

El étimo máis evidente é el de fronceya, que viría de fronza, del latín vulgar frondia (< frons, frondis ‘foya, ramaxe’). En galego-asturiano chámase fronza a úa xota ou guía d’un árbol y en galego ten el significao de ‘ramaxe dalgao del árbol, da xesta, das avías’. Polo tanto, con ese diminutivo fronceya taríase comparando el folgueirón cua rama ou as canías d’un árbol. A forma de Corondeño podería esplicarse por metátesis del -r- (fro– > for-).

Prá forma asturiana faceya é máis fácil pensar que sía resultao del latín fascis ‘mañuzo’ máis el sufixo diminutivo –eya (< –icula) xa dito (fascícula > faceya). En asturiano nun hai dificultades nesa evolución fonética: el grupo –sce-, –sci– pode dar pé a –c-, como en pacer (< pascere), faza (< fascia), facina (< fascina). Tampouco nun hai problemas col significao: as foyas del noso folgueirón veríanse como un mañucín qu’asoma nas regrechas das paredes. Ademáis d’estos nomes, en asturiano é mui común chamarye felecha, contraposto al felechu grande. Tamén hai outra denominación del asturiano occidental, concretamente en Somiedu, ben interesante: fleitariel.la brava, unde atopamos outro diminutivo distinto, –iella (equivalente al noso –ela, –ella, según a zona), amecido á reiz fleitar- (a equivalente al noso foletal) y col adxetivo brava xa comentao. ¿Por qué ye poin en Somiedu ese adxetivo? Porque hai outra folguería que sal nas paredes, Asplenium trichomanes, que ten as frondes pequenías y estretas, y as pinnas tamén mui pequenías y arredondiadas, que ye chaman alí fleitariel.la albar. Nesta denominación, albar pinta ter el sentido de ‘de búa clas’, ‘fina’. Pra esta especie nun conozo el xeito de chamarye en galego-asturiano, pro ocúrreseme pensar qu’esos nomes que recoyín pral folgueirón formaos cos adxetivos manso y bravo, que pintan tan contradictorios pra designar un mesmo xénero de prantas, poden tar falándonos de que nun tempo a xente estremaba máis d’úa especie de folgueiras d’esta clas usando manso pr’Asplenium trichomanes y deixando bravo ou montés pra Polypodium spp. Esos nomes recoyidos na actualidá serían el resultao d’úa confusión dos falantes entre dúas denominacióis pra folgueiras pequenas diferentes ou d’úa igualación con un nome namáis pra chamar al xénero máis común, Polypodium spp: nus sitos igualaríase con formas col adxetivo manso y noutros, con formas con bravo. Anque seguro qu’haberá sitos del Navia-Eo unde s’estremen esas razas de folgueiras pequenas, fáltanos ese dato, que podía confirmar ou refugar esta hipótesis.  

En galego, el nome que ye dan al folgueirón é fento, fenta, fenteira ou fento das pedras. É chamadeiro el nome portugués da pranta, fentelha, porque volvemos atopar el mesmo diminutivo qu’en fronceya, anque amecido á reiz fenta (< filicta).

Figueira (Ficus carica)

Figos einda verdes na figueira de Ca Diaguín, en Mántaras (Tapia) (11/7/2012).

A fruta era úa lambuada prá sociedá rural d’antano, unde el dulce nun era cousa de cadaldía como agora. Y, entre a fruta, os figos eran ben apreciaos, porque ademáis el anada ta pouco tempo nel árbol. As figueiras (Ficus carica) prantábanse al pé das casas, guardadas del vento, pra que, chegada a maduración, os figos tuvesen a mao y lonxe d’amigos dos frutos ayíos.

Se penso unde nacín, en Mántaras (Tapia), vénme el olor dulzón dos figos estrapelaos alredor da figueira da mía casa, que se prantóu en 1930, condo os amos volveron d’América. A os sous 87 anos, el árbol podía ser máis grande, se nun fora porque meu padre, pra que nun asolombrara muito a casa, cortóuye úa das dúas canas grandes que tía. Pro tamén se me renembra a figueira de Ca Estebanín y el sol entrando pola ventá da cocía peneirao polas foyas del árbol, que medrara col agua que salía fora pol pipelo del auguadeiro. Tamén me vexo enredando con outros nenos buscando gorrióis na figueira de Ca el Bourio. Al cabo, é un árbol sempre presente na casa, como el cabanón, a corrada ou a cortía. Veu ás nosas terras hai muito tempo: vén prantándose dende antigo y pinta que chegóu da zona mediterránea dende el sur da península ibérica.

A xente sempre fala de figos de San Xuan y figos de San Miguel, porque hai exemplares de figueira que son bíferos, querse dicir, que dan dúas anadas: úa al empezar el brao y outra al acabar este y empezar el outono. A primeira anada son frutos que saliron das flores femininas del árbol y que quedaron sin madurecer nel outono anterior. El que fain é madurecer cua primeira calor da primavera del outro ano. Son as brevas, moradas por fora, máis grandes y alargadas y menos dulces qu’os figos. A palabra breva vén del latín bífera ‘que dá dúas anadas’ (> bebra > breva). Tamén breva pode referirse a un tipo de cigarro puro grande y nel vocabulario da Veiga recóyese a espresión tar feito unha boa breva, querse dicir, ser un elemento de cuidao. Al árbol chámanye en galego-asturiano breveira, anque sía a mesma especie.

Tamén son Ficus carica os exemplares ventureiros que botan ademáis flores masculinas, normalmente árboles bravos que nacen nel monte, entre as penas, como as cabras. Son os que se conocen en casteyano como cabrahigos y en asturiano como cabrafigales (d’ei vén el topónimo Cabrafigal, lugar da parroquia naviega de Vil.lapedre).

En conto a os nomes de Ficus carica en galego-asturiano, son el resultao da evolución romance del nome latín del árbol (ficus) máis el sufixo típico pra os frutales: dependendo da zona, ben el sufixo galegoportugués (-eira), ben el asturlionés (-al). Recóyese a palabra figueira nos vocabularios da Veiga, Mántaras, A Roda, El Franco, Bual y Eilao. Nel de Ponticella (Villayón), figal, mentres que máis al sur, nel vocabulario de Monón y Castaedo (Ayande), recóyense as dúas formas. En Ibias dixéronme figal en Castaosa y Mourentán (nas parroquias de Sena y Seroiro, respectivamente) y figueira en Marentes. En Andés (Navia) dicen figueira, pro máis al leste, en Tox, na parroquia naviega de Vil.lapedre, dicen figal, según recoye el vocabulario publicao d’este lugar.

Figos maduros a primeiros d’outubre, al pé d’outros sin madurecer. Mántaras (Tapia) (7/10/2016).

Anque con estos datos xa se pode osmar el reparto territorial qu’hai entre os dous resultaos, podemos afinalo muito máis cua información que nos deu el ETLÉN (Estudio da transición lingüística da zona Eo-Navia), unde precisamente perguntábamos pola palabra. En continuidá con todo el territorio galego-portugués, recoyéuse figueira nos puntos d’encuestación de Vivedro, San Xuyán, Mántaras, El Valín, Zreixido, O Chao, A Garda, Bustapena, El Pato, Os Niseiros, Armal, Navedo, Pezós, Labiaróu, Teixeira, Castro y Valdeferreiros. Y recoyéuse figal nel Monte, Poxos, Corondeño, San Salvador, Vilamayor y Fandovila, en continuidá territorial cuas formas asturianas figal y figar. Polo tanto, xa sabemos qu’a fronteira entre os resultaos galegoportugueses y asturlioneses ta nel Navia-Eo: baxa en dirección norte-sur deixando prá veira oriental parte del conceyo de Navia y vai desviándose axeitín en sentido suroeste, quedando na zona de figal os conceyos de Villayón, cuase todo Ayande (na parte noroccidental pinta que convive con figueira) y cuase todo Ibias, cua escepción da parroquia dos Coutos y a parte que pega con Grandas por Marentes, que xa cain na zona del resultao figueira. Ese territorio de resultaos asturlioneses sigue contra el sur pol Bierzo (Lión) y Seabra (Zamora), y hasta entra en Galicia nel estremo sureste da provincia de Lugo y nel máis oriental d’Ourense.

Figueiras y figos deixaron dalgúa marca na fraseoloxía en galego-asturiano. Ún dos ditos populares, que, el demáis, é común cuas linguas vecías, é el que diz ¿Amigos? Pol tempo dos figos, usao pra dar a entender qu’el interés é a causa d’esa amistá y que dura tanto como el anada nel árbol. Al cabo, vén ser úa proba del apreciaos qu’eran os frutos. Acevedo y Fernández recoyen un ditame muito máis completo: Nel tempo dos figos somos amigos; en acabándose os figos, adiós amigos. Outro dito é el de Figos na figueira, farros na ribeira (en Mántaras tamén me dixeron a variante farros na farreira), que fala del tempo miyor pra pescar ese pexe (Symphodus melox).

Ben sei que por comparanza con un figo pequeno hai en galego-asturiano outras palabras cua mesma reiz: figueira ou figa é úa verruga nel teto ou nel ventre d’un res. Pra quitalas, antano atábanse con úa serda ben preta hasta que secaban y cayían. Tamén se ye chama figa (ou cigua) al amuleto d’acebache cua forma d’un puño.

Sitos unde ten habido muitos exemplares del noso árbol poderon dar pé a topónimos. Na nosa zona el exemplo máis conocido é el lugar pixoto d’As Figueiras, del que nacéu el xentilicio figueirolo. Pro hai máis lugares eonaviegos, como A Figueira (Cuaña), A Figueiría (Ayande) y, con outro sufixo diminutivo, A Figueirola (El Franco), equivalente al Figueiroa galego. Col nome del fruto, ta a famosa na contornada A Fonte del Figo, nel ribeiro del mesmo nome en Salave (Tapia).