Panqueixa (Primula acaulis)

Flores de panqueixa nun valao de Sontolaya, Morcín (25/2/2015).

Chega a primavera y ben antias da entrada oficial el 21 de marzo xa s’empezan a ver as manchas clarías das flores da panqueixa (Primula acaulis) nos ribóis y noiros das veiras dos camíos. Case se manexa máis pra esta especie el nome científico de Primula vulgaris, pro é un tema entre botánicos nel que nun merece a pena entrar pral que nos interesa.

As foyas da pranta, mui engurriadas, medran arrentes del tarrén. As flores, d’un color marelo mui pálido ou abrancazao, máis intenso nel centro, salen xuntas nel medio da pranta amañando un peteiro ben chamadeiro. El fruto comíanlo os nenos y asina esplican muitos ese nome tan orixinal del pan y el queixo. A palabra panqueixa xa la recoye como propia de Cuaña el vocabulario d’Acevedo y Fernández, con úa definición que fai pensar que se trata da nosa especie. Ademáis confírmase col dato que me dixeron de Sarandías (Bual), unde ye chaman asina á Primula acaulis. El vocabulario de Bual d’Adelina Fernández y Susina Pérez fala tamén das panqueixas. Déronme como usada nel Valledor (Ayande) a palabra panqueixo, anque nun m’identificaron a pranta. Ten que ser esa, que tamén en Santolín (Ibias) ougüín pan queixo pra chamar a nosa especie.

As denominacióis relacionadas col pan y el queixo son mui comúis na Península Ibérica, tanto pra esta especie como pra outras. Nel aragonés úsase úa palabra aparecida, paniquesa, pro pra chamar a un animal, a nosa donicela (Mustela nivalis). El gran etimólogo Coromines, al comparalo col nome catalán de paniquella y ver qu’ese mustélido chámase con diminutivos en muitas linguas (tamén na nosa), pensa que se trata máis ben d’un caso d’etimoloxía popular. Os falantes reinterpretaron a palabra paniquella, resultao d’úa metátesis (úa confusión ou cambeo de sílabas, como pasa con recudir y decurrir) a partir de pequinella ‘pequenía’. Outra estudiosa, Castañer, recordando que paniqueso tamén s’aprica a realidades vexetales, apunta se nun podería ser un diminutivo del latín panicum ‘paízo’. Son pistas interesantes pra buscarye xeito al noso nome.

Dúas chanteiras de panqueixa: a de riba, de flores brancas; a de baxo, de flores amareladas. Les Bolíes, Morcín (16/3/2015).

Outra denominación mui estendida, pode qu’a costa d’outras máis veyas y que s’escuita abondo, é a de primavera. Por exemplo, déronme datos de Miudes y de Valdepares, nel Franco. É un nome que compartimos con outras linguas vecías y que nos fala del época condo nace. Precisamente el nome del xénero, Primula, vén del latín y quer dicir eso, ‘a primeira’, a qu’antias bota a flor. Nun é del todo verdá, qu’hai outras especies que florecen maís cedo nel ano, pro si deberon considerarse como as máis chamadeiras y delicadas pra merecer ese título.

Nel vocabulario de Mántaras recoyín el nome de maravillas, pro puxen mal el nome científico y uséi el d’outra especie aparecida, a Primula veris, con flores mui marelas y que salen todas d’un rabo que bota pra riba a pranta. Así y todo, tamén é verdá qu’en muitos sitos as dúas especies comparten el mesmo nome popular, anque nun teño datos del galego-asturiano. El vocabulario del Franco chama tamén maravillas a úas flores que supoño que serán as nosas. Como contrapunto, identificáronma en Serantes (Tapia) col nome popular de maraviyas. Einda hai xente non yeísta qu’estrema perfectamente os dous sonidos y qu’é fiable pra saber cuál é a pronunciación popular, anque tamén é normal qu’haxa cruces y confusióis cua pronunciación casteyana.

En galego, os datos xeográficos que s’atopan de panqueixo son sobre todo da franxa máis oriental de Lugo, porque el nome máis común en Galicia, ademáis de primavera, é el de cáncaro. En portugués tamén se ye chama, entre outros muitos sinónimos relacionaos con cousas comestibles, pão-e-queijo, quejadilho, y pão-de-leite.

En asturiano chámanye, entre outras denominacióis, paniquesu, panquesa, flor de pan y quesu, roses de pan y quesu y hasta flor del mazapán, que de pan vai sempre a cousa. Tamén yes chaman, relacionao col tempo del ano en que florecen, primaveres y tempranines.

En casteyano, primavera é a denominación máis común, anque tamén s’usa muito el nome culto de prímula, popularizao polas razas de xardín, que tein flores de todos os colores. El nome de paniqueso aplícase máis ben a outra especie abondo distinta, Capsella bursa-pastoris, y formas como pan y quesillo ou bellorita úsanse prá Primula veris. Como sempre, el panorama das denominacióis populares das prantas mialma é ben arrevesao.

Advertisements

5 thoughts on “Panqueixa (Primula acaulis)

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Vaya nome máis guapo. En casteyano tamén se chaman matrimonios ou flor del matrimonio. Supoño que terá que ver col sou uso tradicional nas bodas, qu’hai datos etnográficos por ei d’usalas pr’adornar a roupa das novias.

      Gústame

      Resposta
  1. Poutaloba Autor/a do artigo

    Gracias pol tou comentario. Penso que sei a qué flores te tas referindo con esas outras maraviyas marelas. ¿Serán el Chrisantemum segetum? Mira a ver fotos por ei a ver se son esas. D’esa especie teño pensao falar en conto poda sacar búas fotos en Mántaras, pro son máis tardeiras, pral brao (y ademáis teño poucas denominacióis populares y sigo investigando).

    Liked by 1 person

    Resposta
  2. conchitaalvarezlebredo

    É curioso esto dos nomes populares das flores y prantas, cómo un mesmo nome s’usa pra flores diferentes en sitos distintos. Nunca ouguira el nome “panqueixa” y pra min as “maravillas” ou “maraviyas” son outra flor distinta, asomeñada á margarita y de color marelo. Conozo os nomes “prímula” y “primavera”, peró tampouco sei se referidas a estas flores ou non. As prímulas aparecen nomadas muitísimo nas novelas inglesas, peró como hai tantos tipos de prímulas distintos, nun creo que señan precisamente estas flores nosas. As panqueixas téñolas visto muito pola zona de Tapia, peró nun yes sabía dar nome. Agora xa lo sei. Muitas gracias.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s