Saltón (Caelifera)

Saltón nas dunas da praya de Xagón (Gozón).

El medio natural, máis antias qu’agora, sempre foi sito pra que nenos y nenas xugaran y conoceran prantas y animales. Os que nos criamos nas ciudades dos anos setenta nun tíamos qu’aguardar polas vacacióis nel medio rural porque nel barrio sempre tíamos cerca dalgún solar chen de maleza, dalgún prao ou dalgún regueiro qu’esplorar. Igual que fíamos con muitas prantas y flores, qu’arrincábamos, enxartábamos, esmiuzábamos, esfoyicábamos…, tamén os probes dos bichíos ou papóis que cayían nas nosas maos sufrían as nosas investigacióis. Aquelas patías, antenas ou alías, tan froxas y delicadas, eran demasiada tentación pras os nosos didos infantiles. Os desgraciaos dos saltóis, se los dábamos cazao, eran candidatos seguros. Alí taban pousaos núa herba y, condo ibas piyalos, ¡zas!, saltaban axudaos polas alas, con ese rumbido tan característico que fain.

Hai feixes d’especies diferentes ás que chamamos saltóis y por eso voume conformar con falar del suborde Caelifera pra identificalos en xeneral (baxando na escala taxonómica hai despóis superfamilias, familias, subfamilias, xéneros… hasta chegar ás especies, y eso vai sumando miles de razas distintas). Os celíferos pertenecen al orde Orthoptera y estrémanse d’outro suborde d’ortópteros aparecidos, os ensíferos, entre outras cousas, porque tein as antenas curtias y el fémur das patas traseiras mui nembrudo. Dos tres pares de patas que tein, é ese terceiro par traseiro el que yes deixa, axudaos polas alas, pegar esos brincos tan grandes cos que recorren os praos en busca alimento. D’eso viven, de mazcar nas foyas, non solo nos praos senón tamén nos cereales. Precisamente dalgúas especies dos celíferos qu’emigran en enxames desadormes de grandes, de muitos quilómetros cuadraos, poden amañar dexobeiros terribles na agricultura como os que temos visto ben veces en África.

Saltón malo d’estremar entre as herbas secas d’un prao en Viyadún (Castripol).

Os datos dos vocabularios de galego-asturiano sobre estos ortópteros nun son muitos. Nel del Franco recóyese saltamontes, mentres qu’el da Veiga rexistra as formas saltón y saltapayares. El d’Eilao dá tres denominacióis populares: saltón, saltamontes y saltapraos. Se lo completamos cos datos orales que puiden recoyer, pinta qu’a forma máis estendida é a de saltón, en orixe un adxetivo descriptivo da súa característica máis chamadeira (saltón, que salta). Constatéi este nome na Ovellariza y Bustapena (Vilanova d’Ozcos), Vilarín (Castripol), Castro (Grandas), Cachafol (Eilao), y Santolín, Marcellá, Tormaleo, Fandovila y Villarín (Ibias). Úa variante ben guapa é el xeito que tein de chamarye en Penafonte (Grandas): saltón d’alas. Nun sei se ese d’alas será un xeito d’estremalo d’outro bichín branco máis pequeno, conocido en galego-asturiano pol nome de saltón ou besa, que sal en carne salada como xamóis y toucíos. É en realidá el verme d’úa mosquía (Piophila casei) y ten a capacidá de saltar como un resorte, col que pode invadir outras pezas de carne.  

En galego a forma máis común pra chamar al noso ortóptero é saltón, denominación que tamén s’atopa en asturiano. Así y todo, nesta lingua querse miyor outra palabra, saltapraos, composta a partir del verbo saltar y del sustantivo da cousa que salta: os praos. É forma que, col dato d’Eilao xa dito antias y outros dous que podo amecer, recoyidos en Anlleo y Andés (Navia), pinta ser máis ben propia del metá nororiental del Navia-Eo, en continuidá territorial col asturiano occidental de Navia, porque tamén se recoye nel vocabulario de Tox (Vil.lapedre). En conto al nome de saltapayares que recoye el vocabulario da Veiga, apuntéi outra variante, saltapayales, nel Valín (Castripol). Un payal ou payar é a terra que tuvo de trigo ou centén y que se segóu. Nesos payales saltarían os nosos bichíos y eso valiría pra qu’houbera xente que los boutizara d’ese xeito. A forma casteyana saltamontes, como se víu, tamén ten presencia, nun sabemos se por casteyanismo ou é porque coincide asina nas dúas linguas. En Vivedro (Cuaña) dixéronmo en singular: saltamonte.

10 opinións sobre “Saltón (Caelifera)

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Vaya, é a segunda vez que me pasa con Vilarín. Nun sei cómo amañéi que volvín esqueicer meter el dato que recoyín el día que tuven ei. Y túa tía díxome saltón, así que pinta qu’a forma saltamontes ta estendéndose nas xeneracióis máis novas sobre a forma patrimonial, alomenos en zonas unde inda se recoye a palabra saltón.

      Gústame

      Resposta
  1. Rafa Cascudo

    Eu sempre te chaméin saltamontes. Y de pequeno xogaba a coyelos coa Mao y eso que me daba abonda congoxa condo se movían dentro del puño y me fían telergas pos al nun apretar el puño pra nun estrapelalos quedábayes abondo sito pra moverse.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario