Abruñeiro (Prunus spinosa)

Abruños maduros núa mata d’abruñeiros na Volta (Tapia), derriba da Xungueira (15/8/2017).

En muitas casas del occidente faise licor d’abruños. Hai discusióis sobre se ta bon ou ta ruin, pro a tradición de botar a macerar estos frutíos del abruñeiro (Prunus spinosa) nel anís ou nel auguardente haila y é conocida. Precisamente con abruños é col que fain el famoso pacharán navarro.

Se partimos da definición d’árbol y arbusto, unde intervéin criterios como el altura que pode chegar a ter y el feito de que teña un tronco definido ou non (con canas salindo dende el couz), hai que chamarye arbusto al noso abruñeiro, anque poda chegar a ter os tres metros d’altura. Pode verse nos valaos y na primavera as súas flores brancas destacan nas canas encoiras, da paraza escura y chías de pinchos. Y é qu’as flores salen primeiro qu’as foyas, que son pequenas y oblongas ou lanceoladas. Pro sin duda el que lo fai máis inconfundible son os sous frutíos entre mouros y azulaos cos que se fai el licor xa dito.

Os máis dos datos publicaos en galego-asturiano fálannos del término abruñeiro, anque as máis das veces os estudiosos acórdanse de recoyer el nome del fruto y non el del arbusto (quizabes poda ser qu’haxa quen chame á pranta col nome del fruto). Rexistran abruñeiro os vocabularios d’Avecedo y Fernández, A Roda, El Franco y Mántaras, lugar unde tamén se dá a forma feminina: abruñeira. El vocabulario de Bual namáis recoye el nome del fruto: abruño. Alberto Calvín, el escritor de Pardiñas (Taramunde), nel sou O canto do carro, ten precisamente úa poesía infantil dedicada a este arbusto: «O meu vecín ten abruñeiros / alí na cima d’un prado, / alí entre unhos penedos / nun tarrén desterrado […]».

En conto a datos inéditos, déronme el nome d’abruñeiro nas Campas, Brañatruiye y Vilarín (Castripol) y en Ortigueira (Cuaña). En Serantes (Tapia) dixéronme abruñeira y agruñeira, con un cambeo xa conocido entre consonantes oclusivas sonoras (groma, agomitar…). Tamén nel Valín (Castripol) recoyín as variantes abruño y agruño. Anque el vocabulario da Veiga nun recoye abruñeiro, si rexistra el nome del fruto: abruño, que define como ‘cirola moura’.

Este tipo de denominación é a que predomina en Galicia (tamén en Portugal), con formas como abruñeiro, bruñeiro, y tamén con -g-: agruñeiro, gruñeiro. Ademáis danse as variantes abruñeira, eguñeiro, ambruñeiro, ambruiñeiro…

A palabra abruño vén del latín prunu ‘ameixa’, anque ese resultao -ñ- en galego-asturiano pide un étimo *pruneu que día pé despóis á yode: nj > ñ. Pra esplicar a sonorización del p- inicial, Coromines pensa qu’houbo un cruce con outra palabra, *brunu ‘escuro’. Esa alternancia nas iniciales exemplifícalas el etimólogo catalán con exemplos dialectales del catalán y el occitano (prunyó, pro tamén brunyó y brunhon), anque tamén lo atopamos nel asturiano (prunal y brunal).

El vocabulario da Veiga recoye as palabras ceroyo y ameixa brava, definidas como ‘cirola brava’. Pintan referirse al fruto del abruñeiro porque eu recoyín el nome de ceroyo nel Valín y Brañatruiye (Castripol) con ese significao. Aparte, nel vocabulario da Veiga rexístranse os sinónimos espieiro y escambrón (neste caso, concretamente en Vixande y Abres): anque a definición que dá, ‘cambrón’, nun recoya el nome científico, si diz que dá cirolas mouras, polo que seguramente se trata de Prunus spinosa (el nome casteyano de cambrón refírese a especies que, ou ben nun dan frutos comestibles ou ben nun las hai nel norte peninsular). Xa se comentóu al falar del espieiro (Crataegus monogyna) que son habituales as confusióis na denominación popular entre esta especie y Prunus spinosa porque as dúas avezan a usarse pra inxertar frutales y tein espías. Ei encaxan dous datos que me deron pra chamar al abruñeiro: espieiro (Grandas) y espieiro mouro (Santalla d’Ozcos). Tamén en galego a Prunus spinosa chámanye en sitos escambrón, escambroeiro ou espiño, denominacióis que normalmente úsanse máis pra Crataegus monogyna.

El dato veigueño d’ameixa brava remítenos a outra posibilidá pra chamar al noso arbusto, qu’é usar denominacióis referidas a especies cultivadas aparecidas. Efectivamente, en Serantes (Tapia), ademáis das formas xa ditas d’abruñeira y agruñeira, déronme el dato de que tamén ye chaman ameixeira brava, forma que se rexistra así mesmo en galego. Hai que recordar qu’entre as especies del xénero Prunus hailas que son cultivadas, como é el caso del ameixeira ou ciroleiro (Prunus domestica), y outras que son bravas: ademáis de Prunus spinosa, ta a especie Prunus insititia, el niseiro, mui aparecido, pro de frutos y foyas máis grandes qu’el abruñeiro. D’esa asomeñanza pode vir el dato d’Acevedo y Fernandez, que rexistran nel sou vocabulario a forma niseiro como sinónimo d’abruñeiro y niso como sinonimo d’abruño. Pro tamén en muitos sitos del Navia-Eo chaman niso ou nisa al fruto de Prunus domestica. Ben veces ta amolao de determinar claramente a qué se tán referindo as denominacióis d’ameixa, niso, nisa y cirola en galego-asturiano, porque varían según a zona. Anque designan el fruto de Prunus domestica, hai sitos unde deixan úa denominación pras razas que dan frutos grandes y redondos, y usan el outra pra chamar a variedades que dan frutas máis pequenas ou máis alargadas. Y xa que se falóu de cirola, a palabra ceroyo del galego-asturiano pra chamar a os abruños ten relación etimolóxica evidente con ela, que vén del latín cereola, un adxetivo pra referirse a un tipo d’ameixa da color da cera (pruna cereola).

As flores del abruñeiro salen condo el arbusto cuase nun empezóu a botar as foyas. Vega (Uvieo) (7/4/2018).

Pra zarrar este recorrido de denominacióis hai que falar d’úa orixinal namáis del estremo occidental asturiano: arrecheiro ou arrecheira (y arrechos os frutos). El vocabulario d’Eilao recoye el nome d’arrecho, y tamén Pérez de Castro rexistra esa forma en Trelles (Cuaña). Polos poucos datos que puiden xuntar sobre el nome del arbusto, pinta usarse na veira máis oriental del Navia-Eo: recoyín arrecheira en Rozadas (Bual) y arrecheiro en Cachafol (Eilao), Trelles (Cuaña) y Salcedo (Navia). Tamén se rexistra a denominación d’arrechu pral fruto na parroquia de La Polavieya, na parte del conceyo de Navia de fala asturiana (anque os vocabularios de Tox y de Santa Marina y Vigu rexistran namáis abruñu y nas encuestas del ETLEN recoyémos abruñeiru en Bárzana). Máis pra enriba, en Oneta (Villayón), según datos tamén del ETLEN, chámanye arrecheiru.

Haberá que relacionar a palabra arrecho con términos propios del galego-asturiano como arrechar ‘salir augua en forma de chorro’ y arrecho ‘chorro d’augua’, ‘pipelo d’úa fonte’. Tamén usamos el adxetivo arrechao ‘decidido, botao pr’alantre’ (que se dá en asturiano y en galego, neste caso tamén cua forma arrichado). Según el estudioso alemán Joseph M. Piel, formas galegas como arrichar, arrixar ‘recuperar a salú, as forzas’, ‘animarse, atreverse’, remitirían a un étimo latín vulgar *erectiare ‘erguerse’. Nun costa caro esplicar el desprazamento semántico dende el idea d’erguerse á de decidirse, atreverse, nin a de chorro que mana con forza. Nel que nun acabo de volar, se é qu’a palabra vén del mesmo étimo, é na motivación pra chamarye asina al noso arbolín.

Como xa se víu, as formas del tipo abruñeiru danse na veira máis occidental del asturiano, na fronteira col galego-asturiano, porque se avanzamos un pouco contra el leste, atopamos xa formas con -n-. Precisamente hai un lugar en Parl.leiru (Villayón) que se chama Los Abruneiros. En Oneta (Villayón), nas encuestas del ETLEN, recoyéuse, ademáis de abruñeiru, a forma abrueiru (< abruneiro), col nome d’abruono pral fruto. É Villayón úa zona interesantísima unde, dependendo das zonas, crúzanse, como se ve neste exemplo, características del galego-portugués (perda ocasional del -n-) con outras del asturlionés (diptongación –uo-). Anque en asturiano pra Prunus spinosa hai variantes occidentales con a- (ablunu, abrunu, abrún), predominan nel resto del territorio as formas sin él: prunal, brunal, prunera, prunacu (pode que d’ei veña el topónimo somedano de La Pornacal), prunu, purunu, perunu, brunu… Outro tipo de denominación común é a d’andrinal ou andrín, ademáis das equivalentes ás xa vistas en galego-asturiano por comparanza con outras especies, como escayu negral, espín, espinal, nisu andrín, nisu bravu, nisu de raposa…

A denominación máis común en casteyano é a d’endrino ou ciruelo silvestre, formas consagradas pol uso escrito, con variantes como andrino, andrina, andrinillo, cirolilla, ciruelica…, pro hai formas dialectales aparecidas ás xa vistas, como abrueño, brunal, abrunal, bruñal, bruno, abruno, bruño ou bruñedo. Tamén espino, espino negro, espino de abrunos, espinillo, arañón, marañón, amargaleja

As denominacióis d’endrino y andrín encaxan nas características, respectivamente, da terminación casteyana y da asturiana, pro as formas rexistradas en galego andrino, andrina, endrino, endriño, agá esta última, tein traza de casteyanismos, como el andrino que recoye el vocabulario de Ponticella (Villayón).

8 opinións sobre “Abruñeiro (Prunus spinosa)

  1. César

    Nos Oscos eu sempre escuitéi “abruñeiro”. As ameixeira bravas son as que salen dos osos das ameixas e crecen sin inxertar, e poden ser muy diferentes uas d’outras.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Si, neste tipo de denominacióis por contraste ás veces nun podes tar seguro da identificación, pro os datos son os que son, y se hai falantes que ye chaman asina porque lo aprenderon na casa, hai que tomalo como úa denominación popular. Os datos dos vocabularios galegos tamén lo corroboran. 😉

      Gústame

      Resposta
  2. Emma Méndez

    Por Cartavio chámanse abruño y abruñeiro al fruto y al arbusto y distínguensen das cirolas bravas por el tamaño y por usarse os pes d’estas ciroleiras pra inxertar outros frutales.

    Gústame

    Resposta
  3. Andrea

    Dou fé de qu’el fruto é mui conocido. Nel brao vendo arandos nel mercao da Veiga, y como son mui grandes porque son variedades de cultivo, hai xente que los confunde cos abruños.
    Úa das leiras de Vilarín, chámase “Os Abruñeiros”, núa época habería alí abruñeiros. Agora xa nun quedan, pro quedóu el nome.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Conocidos son. Tanto, que muita xente xa nun s’acorda del nome del arbusto y chámanye a todo abruños, al fruto y al arbusto. Por quedan de testigos topónimos como el que dices. 😉

      Gústame

      Resposta
  4. Alberto

    Meu padre ten claro qu’el fruto chámase “abruño” y que con él, fía mermelada úa parente. El árbol xa nun lo ten tanto “sera abruñeiro” me dixo.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario