
Xeixebre florecido núa regandixa d’úa parede. Brañanoceo (Mieres) (16/7/2017).
As prantas sempre s’usaron como romedios pra os males. Nun me tou referindo al uso dos sous principios activos na farmacoloxía industrial, senón al conocemento tradicional das súas propiedades melecieiras, por exemplo, en fervidos ou en cataplasmas. Anque este conocemento, alomenos nel noso ámbito cultural, foi perdéndose pouco a pouco na tresmisión de veyos a novos, einda hoi se toma manzanilla condo dol a barriga y hai quen bota ciridona ás verrugas, por poñer namáis dous casos.
Cunto esto porque hai muitos anos faláronme en Argul (Pezós) d’úa pranta, a xinxebra, que se pañaba pra mulir os xatos porque se dicía que yes quitaba as lombrigas. Recoyera en Mántaras a palabra xeixebre y tamén me dixeran que s’usaba pr’acabar con esos parásitos intestinales, anque nun din identificao a qué especie vexetal se referían. El romedio d’estrar a corte cua pranta chamóume daquela el atención. Dudéi se sería efectivo deitarse derriba dos ramayos ou se sería máis ben porque se cuntaba con qu’os animales los comeran. En realidá pode ser que fora un recordo deformao pol paso del tempo. El caso é que despóis souben qu’é ben conocido el uso de Teucrium scorodonia (que d’esa especie me taban falando sin eu sabelo) pra luitar contra as lombrigas. El padre Sarmiento, estudioso da botánica, entre outras muitas disciplinas, escribíu que «en sólo el vegetal seixebra tienen los pobres una botica entera» y esplicóu que «la semilla, molida, y dada a los becerritos, los cura de las lombrices». Máis de 250 anos despóis, en Pezós seguía viva de dalgún xeito aquela tradición d’albeitres. Pro nun é namáis nel occidente d’Asturias ou en Galicia, evidentemente, porque son ben d’elas as fontes escritas que recoyen a propiedá melecieira da pranta contra ese parásito. Se botamos un oyo a vocabularios unde recoyen a palabra ou formas aparecidas, igual nun acertan con qué especie de pranta é, pro é habitual que mencionen el dato das lombrigas, cousa qu’axuda á súa identificación.
El xeixebre é úa pranta da familia inmensa das Lamiaceae que se dá muito en sitos avesíos, nas veiras dos camíos y ribóis con pedra. As foyas son entre triangulares y lanceoladas y a superficie d’elas é engurriada y con pelíos. Ten un aire á ortiga mansa (Lamium maculatum), anque ergue máis qu’ela y as florías, máis pequenas, salen todas nel pico da pranta y son brancas ou amareladas. Se la ulimos notamos un recordo al olor del amentón y, se degrumamos as foyas, recórdanos al ayo. Como pasa con outras muitas prantas, a súa venta en herboristeirías ta regulada pra evitar problemas: pola toxicidá da súa parte aérea ta prohibido vendela y namáis se deixa usala en especialidades farmacéuticas.

Chanteira de xeixebre nun ribón á solombra al pé d’un camín. Brañanoceo (Mieres) (22/7/2012).
Con un nome tan chamadeiro é palabra recordada en muitos sitos, anque, como se dixo, ás veces falta saber a qué especie se ta referindo. Os máis dos vocabularios de galego-asturiano publicaos nun repararon muito nela, así que boto mao de datos inéditos que fun recoyendo nestos anos y que se poden resumir nestas variantes qu’ás veces conviven nun mesmo sito: con palatalización ou non del s- inicial (xeixebre, seixebre), cua presencia na reiz d’un elemento nasal nel sito del diptongo (xinxebre) y cua creación d’un acabo feminino en -a (xinxebra). A forma qu’escoyín pra titular como principal, xeixebre, déronma en Tremiado (A Veiga), Obanza, El Valín y Trigo (Castripol), Mántaras (Tapia), El Chao das Trabas y Bargaz (El Franco) y Nadóu (Cuaña). A variante seixebre rexistréila nos Niseiros (Castripol), El Chao das Trabas y Villar (El Franco) y As Mestas (Cuaña). En conto a xinxebre, sentínlo en Ouria (Bual), mentres que xinxebra apuntéilo, como dixen, en Argul (Pezós) y tamén na Ovellariza (Vilanova) y Navedo (Eilao). Esta última forma feminina pinta ser a propia del metá sur del estremo occidental d’Asturias.
A palabra é común en toda Galicia, con variantes como seixebra, seixebre, xeixebro, xeixebre, seixébrega, seixubre, sinxebra, xinxebra y xenxébrega. Muitas fontes galegas, que teño medo que tían copiadas úas d’outras, identifícanla non con Teucrium scorodonia senón con outras especies del xénero Saxifraga que nun s’asomeñan en miga á nosa pranta y qu’avezan a darse entre pedras y penedos nel monte. Este xénero nun pinta ter ningún poder contra as lombrigas senón máis ben pra desfer os cálculos renales (a palabra latina saxifraga vén a significar ‘rachapedras’). Se a identificación botánica ta ben constatada con informantes populares, nun digo máis, y nun tería miga de raro qu’a mesma palabra s’usara pra especies distintas. Agora ben, estráñame que, sendo asina, nun haxa úa repartición xeográfica entre a zona unde s’usa pra úa y prá outra especie (como pasa, pro exemplo, nel caso xa visto da corriola nel occidente d’Asturias, unde pral metá máis oriental chámanyo a Convolvulus arvensis y Calystegia sepium, y pral estremo occidental, a Plantago lanceolata).
Se se trata d’un error d’identificación, pode buscarse a esplicación nel asomeñanza fónica que xa levara a Sarmiento a apuntar a posibilidá de que seixebra derivara del latín saxifraga. A partir d’ei puido vir a confusión col outro xénero vexetal.

Inflorescencias d’un xeixebre. Brañanoceo (Mieres) (22/7/2018).
Volvendo á filoloxía y á d’únde vén el nome de xeixebre, ta ruin de xustificar que veña del latín saxifraga. É posible prá reiz da palabra, porque saxum ‘pedra’ deu, alomenos na toponimia, formas como xeixo ou seixo, pro de frangere ‘rachar, romper’ nun pode vir el acabo xebre.
De seguro que quen empezara a ler estas renguileiras repararía nel asomeñanza fónica con outra palabra, tamén referida a úa especie vexetal: esa pranta asiática da que s’usa el rizoma ou tubérculo y qu’axina chegóu a Europa col comercio das especies. Falo del que se conoce como jengibre en casteyano, gingebre en catalán, gingembre en francés ou ginger en inglés. Antias que buscar a esplicación en saxifraga, García Arias quer miyor pensar, seguindo a proposta d’estudiosos como Coromines pral casteyano jengibre, nel latín zingíber ou zingíberi, lingua á que chegóu al través del grego dende el sánscrito sringavera ‘corno’ (pola forma del rizoma). Ei temos que buscar a orixe da forma xinxebre. Outra cousa é qu’a nosa palabra acabara usándose pra chamar úa pranta diferente, pro xa se ten visto casos de nomes qu’en latín designaban úa especie y os sous continuadores romances, por cruces ou analoxías ás veces desconocidos hoi, acabaron usándose pra referirse a outra (amorolo, labaza, cochín…).
El asomeñanza del xeixebre con outras lamiáceas levóu a que muitos la confundan con dalgúas especies da familia, como a xa mencionada ortiga mansa (Lamium maculatum). Eu mesmo m’engañéi cos primeiros datos que recoyera sobre a palabra nel Franco y por eso propuxera esa identificación nel vocabulario de Mántaras, unde me deran a forma sin identificar a especie. Y é verdá qu’en muitos sitos confúndenla ou danye un nome relacionao con lamiáceas aromáticas como esta. En galego chámanye por eso tamén ourego bravo, sarxa brava, amenta da cobra, salva brava ou salva bastarda. En asturiano, anque el padre Sarmiento diz a mediaos del s. XVIII qu’en Asturias chámanye gengebra (¿xenxebra, quizabes?), hoi nun se recoyen variantes d’esta clas, senón qu’as denominacióis actuales crúzanse cos nomes d’outras especies aromáticas: hortolana, hortolana montés, poleos… Pasa outro tanto nel casteyano, unde, aparte dos nomes d’orixe culta como camedrio (pola especie Teucrium chamaedrys) ou escordio (por Teucrium scordium), tamén se constatan denominacióis populares como salvia sencilla ou ortiga muerta.
Xeixebra en Eilao, (na Montaña y Cachafol), dicen d’ela qu’é úa das herbas “ruias” pos nun la come el gado, peró ten muitas propiedades, úa d’elas e como cataplasma pal remoyo das vacas; condo se yes pon duro, inflamado,colorado, con mamitis ou anabado (duro, redondo, como un nabo) faise úa pasta machacando unto, xeixebra y ayo y úntaseyes el remoyo pa tratar de baxar a inflamación.
GústameGústame
Gracias, Tere, pola información. Vese qu’en Eilao tamén sabían das súas propiedades melecieiras. Apunto el dato, qu’ademáis xeixebra vén a ser úa forma de transición entre el xeixebre del norte y a xinxebra del sur.
GústameGústame