Cangrexo (Pachygrapsus marmoratus)

Cangrexo na praya de Penarronda (Castripol). Pode verse a feitura cuadrada del casco.

Se pasiades por cualquera porto de mar, condo a marea ta vazando, ides a ver nas escaleiras al pé del augua ou entre as pedras un feixe de cangrexíos que, se nos achegamos, han a marchar axina esconderse. Se mirades nas regandixas, alí tán elos, botando úa espumía pola boca y mirándonos cos sous oyos, ún a cada esquina da cara. Anque hai úas contas especies de cangrexos qu’avezan a recibir ese nome xenérico, escoyín esta denominación pra referíremonos a Pachygrapsus marmoratus, porque as outras especies, anque poden recibir a etiqueta xeneral de cangrexo, tamén tein en galego-asturiano outros xeitos de chamarye máis específicos dos que podemos botar mao pra diferencialas. El noso cangrexo estrémase ademáis por ser das patas anchas y estrapeladas, y por ter el casco cuase cuadrao y tirante a brando. A color pode variar, máis ben escura y amarronada, ás veces con pintías verdes.

El noso cangrexo páñase muito pra usalo como cebo pra pescar con vara, porque ser nun é comestible. Tamén se poden ver ás veces gaviotas comendo nelos na barba del augua. El Atlas léxico marinero de Asturias, d’Emilio Barriuso, é a fonte máis completa pra consultar a súa denominación nos portos marineiros del estremo occidental. Nas Figueiras recoyéu cangrexo mulieiro ou cangrexo del molín; en Castripol, pixacán ou muxacán; en Tapia y Ortigueira, cangrexo; y nel Porto, cangrexa. En Cartavio (Cuaña), dixéronme cangrexo. Evidentemente, en cada porto cada especie de cangrexo recibe un nome diferente pra poderen estremalas d’outras aparecidas, normalmente de Carcinus maenas. Por exemplo, se nel Porto ye chaman cangrexa, é porque a denominación en masculino xa la tein reservada pra esa especie. Pasa igual nas Figueiras, anque neste caso el sistema nun é cambiar el sufixo, senón poñerye un adxacente: molieiro ou del molín. Nun sei cuál é a razón da denominación figueirola, agá que sía que se pescaba muito nas Acías, unde hai un molín de marea ben chamadeiro nun entrante da Ría del Eo conocido como El Mar Pequeno. Se miramos pral outro lao da Ría, en Ribadeo, frente por frente das Figueiras, tamén alí hai un molín de marea. Pois ben, nun sei se é casualidá ou esto confirma a hipótesis, pro a Pachygrapsus marmoratus chámanye cangrexo do muín (cua perda del -l- intervocálico propia del galego, pro col acabo en -ín típico del asturlionés).

El atlas de Barriuso nun recoye outro nome que me deron nas Figueiras, matahomes. Relacionábanlo alí con que nun é comestible, pro Ríos Panisse, a estudiosa que recoyéu a zoonimia marítima de toda a costa galega y que tamén apuntóu este nome en Ribadeo, pensa qu’é úa denominación humorística polo gafo qu’é el bicho. Y é verdá que condo lo ques coyer axina che bota a capadoira, uña ou zanca (qu’asina chaman ás pinzas dos crustáceos en galego-asturiano), tentando de pelizcarte. El nome de matahomes tamén pode ter que ver con outro tipo de denominacióis que ye dan en galego, como ardecasas ou queimacasas, qu’a estudiosa relaciona col xeito que ten el bicho de fuxir axina a esconderse, como se fora un criminal qu’escapa despóis de fer das súas.

Ríos Panisse recoye en galego a variante de queimacás, que supón un cruce posterior col plural del can, porque súa aparecido. Y tamén canexa, que pode ser un despectivo de can favorecido pol asomeñanza con cangrexa. Así y todo, é chamadeiro el aparición d’ese animal nas denominacióis galegas, como pasa nel nome de muxacán ou pixacán que ta constatao en Castripol.

Como se víu, el nome de cangrexo en galego-asturiano úsase pra outros crustáceos aparecidos, pro os máis dos vocabularios nun entran en matices y definen a palabra como ‘cangrejo’, sin máis. É el caso dos del Franco, A Veiga (Xoán Babarro recoye neste conceyo a variante cangarexo) y A Roda. Eu nel de Mántaras identifiquéilo como Pachygrapsus marmoratus, porque a outra especie tamén ben conocida, pro comestible, Carcinus maenas, chámanye zampeña. É a mesma diferenciación qu’hai en Ortigueira (Cuaña) y que me deron en Serantes (Tapia) y Andés (Navia).

El mesmo cangrexo por delantre. Pódese ver a colocación característica dos oyos nesta especie nas esquinas del casco.

En asturiano el término cangrexu ou cangarexu déixase pra Carcinus maenas. Prá nosa especie quérense miyor denominacióis variadas dependendo dos puntos da costa: chancle, costarañu, sapa (denominación típica de Xixón), sapu, mulata ou cámbaru, y hasta en Avilés ye chaman tamén cabo de mar, pola traza que ten d’andar de patrulla velando pola veira. Aparte, hai portos unde usan el nome de pealla, denominación que tamén ye dan al andarica. El nome de cámbaro debéu usarse noutro tempo nel estremo occidental asturiano, como deixa ver el ribeiro de Llóngara (El Franco) que se chama Cambaredo ou el barrio d’Ortigueira conocido como El Cambaral. Todos son abondativos d’esa especie: viría a significar ‘sito unde se dá muito el cámbaro’.

Al nun ter interés comercial, a denominación estándar en casteyano varía. Aparte dos muitos nomes que recibe en cada porto de mar, vén usándose como etiqueta xeneral a de cangrejo corredor ou zapatero. En galego queren miyor formas a partir de cangrexo ou carangexo máis un adxacente: cangrexo de terra, do demo, do muín, de san Antón, gafe… Y, como resultao, ás veces queda solo el adxetivo: demo, gafe. Tamén recibe outras denominacióis: galo, baieta, cholito, ferreiro, labia… Xa se falóu de nomes como ardecasas, matahomes ou queimacasas, pro hai outras variantes galegas como casarde ou queimaconas.

Coromines y Pascual supóin qu’a palabra casteyana cangrejo é un diminutivo d’úa forma romance cangro, que viría del latín cancer, cancri ‘cangrexo’, ‘tumor canceríxeno’. Pra estremallo del mal y referirse al crustáceo, trunfaría a forma sufixada. Todos os estudiosos consideran que palabras das linguas vecías como cangrexu, cangrexo, caranguexo y el portugués caranguejo son adaptacióis fonéticas veyas da forma casteyana (dalgúas xa aparecen en escritos del siglo XIV). É que se non ese diminutivo tería que dar resultaos autóctonos del tipo *cangreyu, *cangreyo, *caranguello... A realidá é qu’el sufixo -exo, anque poda ser úa adaptación del casteyano, creóu abondos derivaos en galego-asturiano: amarrexo, cortexo, grandexo, lugarexo, portexo, soutexo, zagalexo

Palabras como el galicismo chancro ‘úlcera provocada pola sífilis’, el galego cancro ‘cáncer’ ou el asturiano cáncanu ‘cáncer’, ‘persona ou animal veyo’ tamén proceden del étimo cancer. Como se pode ver, a palabra cáncer pra referirse al mal é un cultismo coyido del latín.

Deixéi pral final outra acepción en galego-asturiano da palabra cangrexo que s’usa nos conceyos costeiros del occidente. Asina chamaban ás cuadriyas de falanxistas que nos últimos meses de 1936 se dedicaban de noite a buscar simpatizantes dos republicanos nas casas ou nas cárceles pr’asesinalos. Pinta qu’el nome vén d’un camión d’úa cetárea que tría un centolo pintao y qu’usaban un peteiro de falanxistas galegos pras súas andanzas pol oriente de Lugo y occidente d’Asturias, pro al cabo a xente chamóuye el cangrexo al coche siniestro que levaba xente anque os fascistas foran locales y non forasteiros. En Navia, sicasí, refírense a ese feito histórico como el centollo.

5 opinións sobre “Cangrexo (Pachygrapsus marmoratus)

  1. Benxa Méndez

    El Carcinus maenas debe ter un hábitat más amplio, incluíndo os estuarios: háilo tamén na ría de Navia (nas escolleras), unde nun s’encontra el cangrexo Pachygrapsus marmoratus qu’abonda por os penedos al pé das arribas…

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Nun sei. Igual ten que ver con carcamal. É verdá qu’en asturiano cáncanu, ademáis d’esas outras acepcióis de ‘veyo’, sigue sendo tamén ‘cáncer’, polo qu’a relación é evidente. Nel caso da palabra tapiega, a pesar del asomeñanza, igual intervén outro étimo (sin descartar, como sempre, os cruces con outras palabras, claro).

      Liked by 1 person

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s