Folgueira (Pteridium aquilinum, Dryopteris spp., Athyrium filix-femina, Blechnum spicant)

Folgueiral da especie Pteridium aquilinum na Manxoya (Uvieo) (18/7/2012).

Hai tempo, falando con un home de Mieres que taba limpando un prao, esveirando y quitando as herbas ruías, cuntóume qu’as folgueiras tríanlo tolo y que probara de todo pra descastalas. Hasta botóu mao d’un romedio que ye cuntaran a sou padre: había que cortar as folgueiras pol rabo pegándoyes úas vardascuadas con úa varía d’aveyaneiro. A solución máxica nun funcionóu y, al cabo, tuvo qu’ir arrincando pranta por pranta, mirando de que salira toda a reiz.

É verdá qu’a folgueira é úa especie que coloniza axina as terras. Condo queimóu el monte ou se rozóu, é a primeira pranta que se ve verdegar. Axina asoman arrentes del tarrén esos xermolos tan característicos da folgueira, todos enroscaos, que despóis van estirándose y medrando hasta amañar úa pranta briza y alta. Os praos al pé dos montes que xa nun se segan lougo se ven chíos de folgueiras, como úa avanzada que volve polas terras que yes roubóu a mao amansadora del ser humano. Y al faltar os labradores, os praos vólvense monte. Se reparamos en qu’as máis das razas de folgueira son canceríxenas y qu’os animales nun las comen, ou cómenlas mui mal, y qu’ademáis a reiz resiste muito ben el lume, nun costa caro entender por qué tán tan estendidas por todo el mundo.

Pr’aclaráremonos miyor na variedá d’estas especies convén conocer daqué del sou vocabulario específico. As foyas das folgueiras chámanse frondes y tán divididas en foyas máis pequenas, as pinnas ou foliolos. Polo tanto, nun son prantas de foyas simples, senón que son foyas pinnadas. As pinnas poden dividirse ou pinnarse noutras pínnulas, col qu’a pranta sería bipinnulada, y, se as pínnulas tán divididas, sería tripinnulada, etc. Tamén son mui característicos das folgueiras os órganos reproductores, os esporanxos, que s’apeteiran en soros nel rovés das foyas. D’ei salen as esporas, que vein a ser a semente.

Hai un feixe d’especies, todas clasificadas botánicamente dentro da clas Filicopsida. Son úas contas as que se dan nel estremo occidental asturiano y qu’a xente chama en xeneral folgueira (ou foleto, como imos a ver). Deixamos fora dalgúas razas que tein un nome popular específico en galego-asturiano; anque tamén muita xente yes chame folgueiras, nun las incluímos aquí.

Entre as especies de folgueira, quizabes a máis común sía Pteridium aquilinum, qu’é a que bota un rabo en vertical del que salen as frondes, que poden tar pinnadas tres ou cuatro veces. Podemos vela undequera porque aguanta ben el sol, non como outras folgueiras que queren miyor sitos avesíos. É el caso das del xénero Dryopteris, que se caracterizan porque as frondes, pinnadas dúas veces, salen nun peteiro arrentes del tarrén y espárranse. Na nosa zona danse especies como Dryopteris filix-mas, qu’é a máis común, y outras como D. afinnis ou D. oreades. Tamén hai outra folgueira, Athyrium filix-femina, qu’é aparecida a Dryopteris filix-mas. Hai qu’aclarar qu’eso de que nel nome científico yes chamen fema (femina) y macho (mas) sigue úa tradición popular que vía máis fina a primeira qu’á segunda, pro nun é qu’as especies teñan esos xéneros. Un bon xeito d’estremalas é mirando as frondes por detrás y reparando na forma dos soros, ovalaos nel Athyrium y redondos nel Dryopteris. El outra especie de folgueira característica é Blechnum spicant, propia de ribóis de monte mui avesíos, búa d’estremar porque namáis ta pinnada úa vez y as pinnas son arredondiadas na punta. Outra traza característica d’ela é que ten frondes fértiles, que salen deretas y cuas pinnas mui separadas, y frondes estériles, que son as que s’esparran pra os laos.

Folgueira da especie Dryopteris_filix-mas na Manxoya (Uvieo) (18/2/2012). Á esquerda vese deitada úa folgueira de Pteridium aquilinum.

As folgueiras, sempre presentes nel noso paisaxe, tían un uso fundamental como parte del mulido das cortes del que despóis iba salir el cuito. Tanta falta fía el esterco que s’estraban corradas y camíos con folgueiras pra despóis pañalo todo xunto mezcrao cuas bulas das vacas y a lama. Tamén, al seren prantas tan brizas, as folgueiras usábanse pr’amañar con elas el bazcayo, basaxe ou barredoiro col que se barría a cinza del forno despóis de roxar y retirar el remole.

 Se reparamos nel nome popular, como xa se dixo, é folgueira el término máis común nel territorio del galego-asturiano, con úa zona máis pequena nororiental unde se diz foleto. Convén deixar claro que nun tuven en conta a vacilación que s’atopa nos datos orales entre fol– y ful-, normal al tar esa vocal en posición átona. Polo tanto, pra nun amañar un xareo de variantes qu’al cabo son secundarias, aténdome a criterios normativos unifico os datos igualando todo en fol-. Recóyese folgueira nos vocabularios tapiegos de Mántaras y A Roda, nos da Veiga, Eilao, El Franco, Bual y nel ayandés de Monón y Castaedo. Tamén aparece a palabra nel Atlas Sonoro da Rede de Museos Etnográficos d’Asturias, nel lugar de Cornoyo (Samartín del Valledor, Ayande).

Amáis, teño datos de folgueira de Bustapena (Vilanova d’Ozcos), Zreixido (A Veiga), O Chao (San Tiso d’Abres), El Valín y Vilarín (Castripol), Serantes (Tapia), Valdepares y San Xuyán (El Franco), Nadóu (Cuaña), Cachafol (Eilao), Pezós, Castro (Grandas), Corondeño (Ayande) y Villares d’Arriba (Ibias).

El sito unde se dá a folgueira é el folgueiral (evidentemente tamén cua posibilidá d’úa pronunciación máis zarrada da vocal átona: fulgueiral), polo que se poden amecer á zona de folgueira os datos de folgueiral sacaos das encuestas del ETLÉN: A Garda (Taramunde), Labiaróu (Samartín d’Ozcos), Teixeira (Santalla d’Ozcos), San Salvador (Ayande), El Pato y Navedo (Eilao), Valdeferreiros, Villamayor y Fanduvila (Ibias).

Hai menos datos de foleto, tamén porque se dá núa zona xeográficamente máis pequena. Acevedo, por exemplo, recoye a palabra como propia de Cuaña. Tamén ta nel vocabulario de Ponticella (eu apuntéila nel Couz, nesa mesma parroquia) y dixéronma nel Monte, Villouril y Andés (Navia), ademáis d’en Vivedro (Cuaña). El abondativo máis habitual na zona unde se diz foleto é foletal, anque en Vivedro dixéronme foleteiro.

Folgueira da especie Blechnum spicant núa ladeira avesía en Brañanoceo (Mieres) (10/6/2014).

¿D’únde vein os nomes qu’usamos pra chamar estas prantas? En latín, a folgueira chamábase filix, pro, pra referirse al ‘sito chen de folgueiras, folgueiral’, amañáronse derivaos como filictu y filicaria, formao este amecéndoye á reiz el sufixo abondativo –aria (el qu’evolucionóu al noso –eira). Pinta qu’ese significao colectivo dos derivaos foi desgastándose y acabaron usándose pra chamaren á pranta individual. É d’esas dúas palabras d’unde vein, respectivamente, os nosos foleto y folgueira. Pro esa acepción colectiva debéu manterse einda nas primeiras etapas da lingua romance: folgueira tuvo nun tempo que significar ‘folgueiral’, como deixan ver topónimos como A Folgueira Redonda nos Coutos (Ibias), Folgueiramayor en Castriyón (Bual), Folgueirarrubia en Santa Ufemia (Vilanova d’Ozcos) ou El Río da Pontafolgueira (< a ponte da folgueira) en Casarego (Tapia). Ta claro qu’úa sola pranta de folgueira nun puido dar nome a un paraxe y qu’esos topónimos fálannos d’un folgueiral con dalgúa característica chamadeira (redondo, grande, cuas prantas secas…). Einda hoi, en lugares del galego-portugués como Dragonte (El Bierzo), ta constatao ese uso de folgueira como colectivo. Xa se comentóu este mesmo fenómeno al falar da bidureira y del castañeiro, que tamén son nomes formaos amecendo á reiz el sufixo –eira, –eiro (< –aria, –ariu). A palabra castañeira significa ‘sito chen de castañeiros’ y bidureira tamén debéu significar ‘bidureiral’, como deixan ver dalgús topónimos.

Aparte, son muitos máis os lugares eonaviegos que deben el nome a ser sitos unde se daban as folgueiras: A Folgueirosa (Taramunde), Folgueiras (Os Coutos, Cecos, Seroiro, Cuaña, Piantón), A Veiga de Folgueiras (Balmonte), As Folgueiras (Salave), A Folgueiriza (Bustantigo), El Folgueiral (A Veiga), Folgosa (Trabada)…

Del étimo latín primeiro, filix, virían formas actuales del galego como felgo ou felga (anque us dicen qu’estas palabras proceden d’un hipotético *fílica y outros atesan qu’en realidá trátase d’úa especie de volta atrás, al reconstruíren os falantes esas formas a partir de felgueira < filicaria).

Del derivao filictu vein as formas galegas fieito, feito, fento, fenta… (cua perda del -l-), as asturianas felechu, folechu… y a casteyana helecho. A galego-asturiana foleto ten a particularidá d’esa disimilación da vocal pretónica (fol-) y da reducción del diptongo (-eto): filictu > feleito > foleto.

De filicaria virían as formas galegas filgueira, felgueira, folgueira y el asturiana folguera (ademáis de topónimos como La Felguera o Felgueres). A disimilación na vocal pretónica (que xa se comentóu pral caso de foleto) amaña úa zona que piya el asturiano máis occidental (unde dicen folguera), el galego-asturiano y, como muitas veces xa temos visto con outros nomes de prantas, a veira máis oriental de Lugo (folgueira): Ribadeo, Trabada, Riotorto, A Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Navia de Suarna…

Advertisements

5 thoughts on “Folgueira (Pteridium aquilinum, Dryopteris spp., Athyrium filix-femina, Blechnum spicant)

  1. Alberto

    En Navia é foleto/fuleto (entendo que sigue el fenómeno del que falas más enriba). Y vou compartir úa anécdota ben chamadeira , que pode que teña relación ou non col tema a tratar: tando de maestro en Ibias, dábaye clase a un neno al que chamaban pol mote de “Foleto”, el caso é qu’el neno nun é natural d’Ibias, si non de Vilanova. Eso si, nun fun quen a enterarme si el mote puxéronyo nel colexio ou xa vía d’Ozcos.

    Nun sei si tamos ante un dato xeográficamente interesante ou trátase d’un simple xogo de nenos, el caso é qu’acordeime al ver el artículo.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Como nun conocemos ben a estensión da forma foleto, nun se pode acertar con úa solución pral enigma del mote ;-). Pode qu’esa banda oriental de foleto chegue máis al sur por Ibias, anque d’este conceyo namáis teño el dato de folgueira de Villares d’Arriba (dos outros puntos ibianos trátase d’hipótesis razonables a partir del abondativo folgueiral). A saber cuál é a motivación del mote, pro tamén é verdá qu’os nenos poden ser mui crueles y gústayes fer burla de palabras qu’outros dicen ou repiten muito ou que yes chaman el atención. A mía madre, dalgúas nenas ruías ríanse d’ela y chamábanye puella porque mía bola, que vera de Rozadas (Bual), nun dicía poñela, como en Mántaras.

      Gústame

      Resposta
  2. Andrea

    A verdá e que nun hai quen acaben con elas, pro como ben dices son tan brizas y verdes que da gusto velas. Un paisano entendido díxome un día qu’os sitos nos qu’había folgueiras eran bus pra prantar, a súa presencia indica terra algo miyor y máis soliada.

    Gústame

    Resposta
  3. Emma Méndez

    Por Cartavio úsase el nome de “foleto” pra planta y “folgueira” ou “folgueiral” pral sito unde abunda. Tamén hai úa zona d’eiros que se chama “a folgueirosa”.

    Liked by 1 person

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Déixasme descolocao. Primeiro, por ese dato tan interesante del uso actual en galego-asturiano de folgueira como colectivo. Y segundo, por ese desaxuste entre el nome da pranta (foleto) y el del abondativo (folgueiral). A esplicación ten que tar en que Cartavio ta na fronteira mesma de folgueira / foleto y tuvo qu’haber solapamentos y empréstamos entre os dous laos. El dato máis occidental que temos de folgueira é de Valdepares. Taría ben saber cuál é forma propia da Caridá y de Castello, que quedan entremedias.

      Liked by 1 person

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s