Forcadela (Forficula auricularia)

Forcadela correndo por úa foya. Brañanoceo (Mieres).

El vocabulario en galego-asturiano ten muitos campos unde el peso das palabras casteyanas qu’aprendemos na escola, nos libros, nos medios… ta fendo esqueicer as tradicionales. Y, como xa se víu máis veces, os nomes cos que sempre se chamaron os bichos son candidatos claros a desaparecer. Un exemplo d’este fenómeno pode ser el da forcadela (Forficula auricularia), ese insecto acolorazao tan característico que pinta levar úas tenazas ou tixeiras na parte traseira del corpo y qu’é bon de ver debaxo das pedras, entre a fruta ou debaxo da paraza dos árboles. Chámanye en casteyano tijereta, cortapicos, cortapichas, cortatijeras… y un feixe de variantes alredor del acción de cortar ou del instrumento pra felo. Hoi muita xente del occidente asturiano nun conoce outro xeito de chamarye máis que tijereta.

Así y todo, ta ben saber qu’el nome máis común en galego-asturiano é el patrimonial de forcadela (ou forcadella, nas zonas con resultaos palatales laterales). Nos vocabularios da zona Navia-Eo namáis ta recoyida a forma forcadella: nel de Monón y Castaedo (Ayande), nel de Ponticella (Villayón) y nel de Bual. Y tamén Acevedo rexistra ese dato nel vocabulario d’él y de Marcelino Fernández. Aparte, d’esta variante con -ll- xuntéi informacióis orales de San Llouguís (Bual), Andés (Navia), Trelles (Cuaña), Valdepares y A Caridá (El Franco). Datos de forcadela déronmos nel Valle de San Agustín (Tapia), en Vilarín y Vior, os dous da parroquia de Balmonte (Castripol), y tamén nel lugar vilanovés da Ovellariza.

A comparanza qu’hai detrás d’esta denominación en galego-asturiano é evidente. Parte del término forcada, pola asomeñanza cos cercos ou pinzas del insecto, y a ese sustantivo amecéuseye un diminutivo: –ela (ou –ella). Xa se falóu máis veces d’este sufixo pra esplicar qu’hoi nun é productivo na fala, querse dicir, que nun se forman derivaos novos con él. Atópase, eso si, en palabras patrimoniales que demostran que nun tempo si valíu pra crear diminutivos (de barbada, barbadela; de cama, camela; de capa, capela; de manta, mantela; de páxara, paxarela… y de forcada, forcadela).

El vocabulario de Bual de María Teresa López tamén recoye outra variante, forcadía, que repite el esquema de forcada máis un diminutivo, –ía, este si ben productivo na actualidá, porque é un recurso vivo qu’usamos pra crear derivaos.

Neste mundo moderno qu’esqueice a realidá rural, convén recordar qu’úa forcada é úa peza de madera en forma d’uve que vai dereta unde empeza a canzuaya del carro del país. Tamén é úa ferramenta de madera con dous ou tres dentes pra mover el herba (y, por estensión, a mesma ferramenta con mango de madera, pro con dentes de ferro). Así y todo, pra estos instrumentos manuales é máis común a variante masculina, forcao ou forcado, palabra que tamén s’usa pra chamar el instrumento pra mover cuito, gancela…, ter mao de canas de frutales ou abalar as fogazas nel forno, dependendo da forma. Trátase d’un derivao del latín furca ‘forcada’, qu’é el que tamén deu palabras casteyanas como horca ou horquilla.

Chámame el atención qu’os datos que puiden xuntar na zona del –ll– son todos de forcadella, mentres que na zona del -l- a denominación de forcadela convive con outras formas. Déronme os datos de cortapicos en Piñeira (Castripol) y na Viguía (Tapia), cortatixeiras en Vilarín (Castripol) y cortapixas y tixeiras en Penafonte (Grandas). El nome de tijereta, por causa d’ese –j-, nun hai duda de qu’é forasteiro, pro condo úa denominación nun ten elementos tan diferenciales y coincide cua forma casteyana, como pasa con cortapicos, ta ruin d’opinar sobre a súa autoctonía. Noutros casos, fai dudar el feito de que conviva cua denominación de forcadela, qu’esa si é palabra claramente patrimonial, anque tampouco nun é un argumento determinante porque xa se ten visto ben veces a convivencia de sinónimos nun mesmo sito prá mesma especie.

Por toda Galicia predominan os nomes basaos na palabra cadela ‘canza, cuza’: cadela de frade, cadela frádiga, cadela de abade, cadela labada, formicadela, romica cadela, cadela ladreta, calabreta, cadela faldrexa, cadela de faldras, faldra cadela, faldrica, cadeliña do demo… Nun sei se el nome poda vir da comparanza del insecto, que nun ten úa parada, con úa canza ulindo y dando voltas por todos os sitos, ou máis ben por causa dos cercos ou pinzas que ten nel final del abdome, que se poden ver como os dentes d’úa canza que te pode trabar. En realidá, a forcadela usa esos elementos como disuasión pra os enemigos y prá cópula, pro son inofensivos pra os humanos: nun ten forza abonda pra mancar con esas pincías, máis aló de que che poda dar un pelizquín. ¡Pois hai a crencia popular de que pode entrar nel ougüido mentres durmes y furarche el tímpano! En conto á presencia dos frades nas denominacióis galegas, pode esplicarse quizabes pol color acolorazao da roupa qu’avezaban a levar os fraires, que recorda el tono del insecto. As demáis formas son evolucióis y interferencias con outras palabras, por cercanía nel significao y/ou na pronunciación (abade, faldra). Tamén en portugués botan mao da cadela pra chamar á forcadela: cadela barbeira, cadela loira, cadela raiboza….

De seguro qu’a daquén xa ye fexo pensar a coincidencia fónica entre cadela y forcadela. Nun é descartable que podese haber empréstamo ou cruce entre úas denominacióis y outras. É na veira oriental de Lugo unde s’atopan outros xeitos de chamarye distintos al tipo xeneral en toda Galicia: forcadela rexístrase na Ribeira de Piquín, unde tamén se constata el sinónimo cortatiseiras, y na veira oriental de Lugo, en Monforte, recóyese rapacarallas. Son todos nomes aparecidos ás outras formas eonaviegas que xa se comentaron de cortatixeiras y cortapixas.

En conto al asturiano, el nome común, sobre todo nel occidente, é el de forcadiella (ou forcadiel.la), anque tamén ta recoyida a denominación de tixera, como el tixeira grandalés que xa s’apuntóu.

2 opinións sobre “Forcadela (Forficula auricularia)

  1. César

    Na mía casa eran tamén fortalezas. Acórdome que de pequeños dabannos algo de medo e que había multas nas huchas del pan. ¡El que recordá ún col tou blog!

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s