Bolada (Coleostephus myconis)

Flor de bolada en Mántaras (Tapia) (30/4/2016).

El recordo del brao na marina del occidente asturiano, aló a primeiros dos anos setenta, cos sous trigales esperando a sega y a maya, téñolo asociao á imaxe d’úas flores marelas, as boladas (Coleostephus myconis). Xa nun se labra trigo, pro esas flores marelas y grandes siguen salindo nas veiras d’eiros y praos condo chega a primavera. Outro recordo das boladas é ver as nenas fendo xartas con cualquera herba resistente espetando pol medio as flores úa a úa. Condo digo flores fágolo de xeito coloquial: ta ben aclarar qu’as flores da bolada, igual qu’outras del xeito da margarita, son en realidá úa inflorescencia composta de muitas flores: dende el punto de vista científico son flores cada úa das foyas marelas d’alredor y tamén cada úa das docías ou centos de flores minúsculas qu’amañan el núcleo redondo del medio.

A bolada é úa especie que pinta proceder da rexón mediterránea y que se foi estendendo por toda Europa hasta chegar al noroeste peninsular.

En galego-asturiano namáis recoye a súa denominación vernácula el vocabulario de Mántaras, anque ta mal identificada con outro nome científico, Chrysanthemum segetum, sinónimo de Glebionis segetum, nome aceptao na actualidá polos organismos que s’encargan d’estas cuestióis da taxonomía botánica. Hasta nun hai muito, a especie incluíase nel xénero Chrysanthemum, pro el Congreso Internacional de Botánica decidíu deixalo pras razas de crisantemos que tanta importancia tein na industria floristeira. Sía como sía, Glebionis segetum é úa especie distinta de Coleostephus myconis y máis rara hoi na marina estreooccidental al desaparecer os trigales (segetum significa ‘das terras de cereal’). Así y todo, son mui aparecidas.

Son poucos os datos que puiden axuntar sobre formas populares en galego-asturiano pra chamar esta pranta: bolada nas Campas (Castripol), bollada na Roda (Tapia) y bullada en Valdepares (El Franco). En Sanzo (Pezós) déronme el dato de pampiyo y en Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres), na veira máis occidental del Navia-Eo, dixéronme pampillo, el qu’enlaza cos datos galegos porque así ye chaman alí, ademáis de pampullo, nomes que tamén s’usan pra chamar outra flor aparecida, anque das foyas brancas: Leucanthemum vulgare. En Mántaras tamén constatéi el uso da palabra bolada pras dúas especies, anque se tein qu’estremalas amécenye al nome el adxetivo del color das foyas: bolada marela (Coleostephus myconis) y bolada branca (Leucanthemum vulgare).

Peteiro de boladas na veira d’un camín. Mántaras (Tapia) (15/7/2012).

A flor, col nome de pampillo, é mui conocida en Galicia porque, antias das procesióis del Corpus, andan a elas polos praos pra usar as foyas nas alfombras florales. En Castripol, unde tán promocionando muito esta cuestión seguindo el exemplo galego, hai úa asociación que s’encarga d’amañar as alfombras nese día y que se chama El Pampillo. Nun teño datos de se a palabra é tradicional na vila ou se é sin máis úa copia da palabra galega. A denominación pinta un diminutivo del latín pámpanus (*pampaniculu), polo que, se fora palabra autóctona, a pronunciación correspondente nel galego-asturiano del conceyo tería que ser con –y-, pampiyo, como nel caso del dato de Pezós. A verdá é que nun é este el único exemplo de cómo se van popularizando mediáticamente formas escritas á galega, con –ll-, en zonas unde históricamente el resultao fonético foi –y-. Vese por ei escrito aguillolo, condo a forma de Castripol y As Figueiras é aguiyolo, y xa pra qué falar del feixe de topónimos que nun reflexan a pronunciación autóctona y que mantéin formas escritas arcaicas con –ll-. É el caso de sitos como El Cabiyón, Viyamil ou Viyadún, pronunciaos d’este xeito polos falantes patrimoniales qu’einda estreman ben a pronunciación de y y ll. É el que concuaya cua evolución local dos grupos latinos dos sous étimos: nel primeiro caso (caput + –iculum + on), –c’l- > -y-, igual qu’apícula > apic’la > abeya; nos dous segundos (Viliamiri y vitalione), trátase da evolución de –lj– > –y-, igual que mulier > muyer.

En conto á orixe da palabra bolada, sempre la relacionara intuitivamente con bola, pro al conocer as versióis con –ll– de máis al oriente (bollada, bullada) ta claro qu’a denominación ten que vir de bula (ou bulla), el escremento que bota a vaca. Úa bolada viría ser a pranta que salíu unde a vaca botóu a buleira (tamén pronunciada en muitos sitos como boleira). Esta esplicación sobre cómo sal a pranta nun ten por qué ser científicamente verdá, pro é abondo con qu’os falantes, hai muito tempo, pensaran asina pra darye ese nome. Nun é miga raro este tipo de denominacióis que relacionan el nacemento d’úa pranta cua mexada d’un can ou d’un burro. Nun sei se terá que ver el dato de qu’en Portugal, ademáis d’outros nomes como pampilho das searas ou mal-me-quer, á bolada chámaye erva-mijona ‘herba mexúa’.

Cos nomes populares eonaviegos prá bolada vén cruzarse outro, maraviya, anque sempre mo deron sin muita seguranza. Píntame úa confusión cua caléndula (Caléndula officinalis), raza de xardín y tamén ventureira, de flor aparecida, anque de color naranxa, que tamén recibe ese nome en casteyano (maravilla). Así y todo, el estudio de José García sobre a fala del Franco fala das maravillas como flores bravas d’un marelo chamadeiro, polo que pode tar falando das nosas boladas. Pra complicar máis el asunto, tamén hai unde ye chaman maraviya ou maravilla á panqueixa (Primula acaulis).

É úa pena a falta de datos, pro nun din atopao noticia de cómo ye chaman a esta especie en asturiano. En casteyano recibe el nome, entre outros, de doblones ou giralda.

 

7 opinións sobre “Bolada (Coleostephus myconis)

  1. Andrea González González

    Bus dias, hoi sale na portada da N.E. en Occidente úa foto dun campo florido, alguén da asociación el Pampillo esplica qu’anque este ano nun hai hortensias en flor teín os pampillos, flores que (como dice Arturo) dan nome a súa asociación.

    Gústame

    Resposta
  2. Arturo

    Como sempre prestóume saber algo más das plantas da nosa terra. Desconocía el nome de Pampillo y agora chócame qu’a asociación de alfombras florales de Castripol escoyese el nome Pampillo y non el de bolada.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Non, nía, nun é inorancia. A evolución das denominacióis populares das prantas é asina: cruces, confusióis… Y tamén un feixe de nomes que s’esqueicen. Eso si, agora, condo las vexas por ei, xa sabes un nome máis veyo. 😉

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario