Vacaloura (Lucanus cervus)

Exemplar macho de vacaloura. Santuyano (Mieres).

Se hai un insecto qu’impón respeto namáis velo ese é a vacaloura (Lucanus cervus). Pol tamaño que ten, muito máis grande que cualquera das outras especies de coleópteros que se conocen nestas latitudes, y sobre todo polos sous cornos impresionantes, que son en realidá as mandíbulas. Hai qu’aclarar qu’estas características corresponden al macho da especie, porque a fema é máis pequena y ten us corníos pequeníos. Se reparamos máis de cerca, imos a estremar tamén as tonalidades diferentes d’esta especie tan chamadeira, cos élitros y os cornos acolorazaos y a cabeza moura.

A vacaloura vive el máis da súa vida como larva, alimentándose muitos anos da madera podre de troncos veyos, mentres qu’a vida del macho adulto dura mui pouco, úas poucas semanas. Normalmente é al escurecedín condo os machos engalan en busca das femas, d’ei que te podan asustar al ver como che pasa rumbando un bichón tan grande sin saber mui ben qué é. Y nun hai por qué terye medo, porque nun fai miga. Él aliméntase del zume dos árboles y as prantas.

Al ser un insecto tan característico, os autores que recoyeron vocabulario del galego-asturiano nun esqueiceron rexistrar el sou nome popular. A denominación de vacaloura recóyenla os vocabularios d’Acevedo y Fernández (por certo, definida mal con outra especie diferente), Mántaras y A Veiga, y tamén Xoán Babarro la constata en Abres (A Veiga), Millarado (Samartín d’Ozcos), Bres (Taramunde), Obanza (Castripol) y Tormaleo (Ibias). Nel ETLEN perguntamos pol sou nome y déronnos ese resultao nel Pato (Eilao) y na Garda (Taramunde), aquí cua variante vacalaura. El estudio sobre a fala d’Eilao de José Carlos Álvarez Blanco recoye vacaloura y el correspondente con –ll-, vacalloura, al tar el conceyo repartido en dúas zonas según teñan resultaos en -l- ou en -ll-. Compróbase que tamén ye chaman vacalloura nos vocabularios de Monón y Castaedo (Ayande) y Bual, ademáis de recoyelo Babarro en Sarceda (Bual) y Trabada (Villayón). Podo macizar un pouco máis a rede de datos con outros que fun xuntando nestos anos: nel conceyo de Castripol apuntéi vacaloura nel Valín, Os Niseiros, Obanza, Vilarín y As Figueiras; nel da Veiga, en Abres, A Veiga y Zreixido; nel de San Tiso, en Vilela de Baixo y O Chao; nel de Taramunde, en Ouria; nel de Vilanova, na Ovellariza; nel de Grandas, en Castro y Grandas; nel d’Ibias, en Santolín, Carbueiro y Tormaleo. Tamén sentín este nome, pro con dous acentos, vaca loura, en Bustapena (Vilanova) y Penafonte (Grandas); así mesmo, recoyéuse esa pronunciación separada nel ETLEN nos puntos de Villamayor (Ibias) y Teixeira (Santalla d’Ozcos). De vacalloura, teño un dato d’Armal (Bual), máis a forma pronunciada separada, vaca lloura, que sentín en Corondeño (Ayande).

Fema de vacaloura. Brañanoceo (Mieres).

Outra variante da denominación vén dada por incluír un -i- na sílaba final: vacalouria. É forma que me deron en Cachafol (Eilao). Da variante correspondente con -ll- hai máis datos, tanto bibliográficos como inéditos: rexístranla os vocabularios da Roda, El Franco y Bual, ademáis d’Acevedo y Fernández. El ETLEN recoyéula en Navedo (Eilao) y Xoán Babarro, en Campos (Tapia). Eu teño datos cuañeses de vacallouria de Vivedro, Lloza, Cartavio, Xarrio, Villacondide, Cuaña y Ortigueira, ademáis de constatalo en Valdepares (El Franco), na villa de Navia y en Poxos (Villayón). En San Xuyán (El Franco) y en Anlleo (Navia) téñolo apuntao con dous acentos: vaca llouria.

García Arias estudióu a denominación de vacalloria que ye dan al bicho en asturiano y interprétala como el xuntoiro d’un nome y un adxetivo. El nome, vaca, sin duda vén da comparanza cos cornos del insecto (anque ta ben recordar a denominación de vaquina de Dios que se ye dá en asturiano a outro bicho sin cornos, el rinchín (Coccinella septempunctata) nun é este el único caso de desprazamentos de denominacióis populares entre insectos aparentemente mui diferentes). El adxetivo, lloria, sería un participio forte del verbo alloriar ‘volverse tolo’, ‘ter mareos’, ideas que recordan el xeito tan errático d’engalar que ten a vacaloura. Nel noso caso, falaríamos del verbo equivalente en galego-asturiano alouriar ou allouriar, col mesmo significao. García Arias busca a orixe nel latín laurus ‘loureiro’, partindo da importancia ritual d’esa pranta. Xa se víu al falar del loureiro (Laurus nobilis) el papel que ten en conxuros y bendicióis. Según García Arias, crearíase un verbo alloriar a partir del latín laureare (que viría de laurea ‘corona de loureiro’) col significao de ‘usar el loureiro pra tornar’, pr’acabar significando ‘escapar de xeito atolarao’, como lo feirían as tormentas, as enfermedades, as bruxas, etc. É conocida en Asturias a crencia de qu’os cornos da vacaloura valían pra tornar as bruxas, dato que corrobora nel occidente asturiano Marcelino Lozano, nel sou libro sobre Monón y Castaedo (Ayande).

Nel predominio en galego-asturiano da terminación –loura sobre –louria (a forma con -i- redúcese al cuarto nororiental del Navia-Eo) puido ter peso el cruce col adxetivo louro, -a ‘roxo’, palabra usada en portugués y galego que nun ta recoyida na nosa zona, pro que tuvo que dicirse antano, como demostra el uso conocido del verbo louregar (ou llouregar) ‘volverse roxo’.

Partindo das ideas propostas por García Arias, nun costa caro interpretar outro xeito que temos de chamarye al insecto en galego-asturiano, pro neste caso botando mao d’outro animal con cornos, a cabra, y d’un adxetivo ben aparecido en significao a alouriao: lolo ou llollo ‘balleiro (un fruto)’ y, d’ei, ‘abobao’, ‘con mareos’. A denominación de cabrallolla pral noso insecto recóyela el vocabulario da Roda, mentres qu’en Valdepares (El Franco) déronmo con dous acentos: cabra llolla. En Tapia, tar como úa cabralola (ou cabrallolla) é tar mui tolo, así que seguimos cua mesma idea de ‘alouriao’. El sustantivo cabralola recoyínlo en Mántaras, pro pra chamar esas rodas eneixadas nun mango que se compran a os pequenos y qu’agora son de plástico y de colores chamadeiros, anque nun tempo fíanse na casa todas de madera d’un xeito muito máis artesano. Nun costa caro relacionar el andar malcurioso da roda col recorrido sin rumbo nin xeito del que ta aloliao, incluida úa vacaloura engalando, claro. El equivalente en asturiano del adxetivo lolo é lluellu y ten el mesmo significao. Tamén dá voltas de xeito atolarao el molín de vento feito con un papel y espetao a un paliquín con un alfiler qu’en Cadavéu (Valdés) chaman viral.luel.lu. As relacióis entre enredos infantiles y esta clas de denominacióis son ben suxerentes: Apolinar de Rato describe un xogo infantil asturiano que consistía en atarye un lazo de papel á vacaloura y espetar con un alfiler úa das patas nun palo pra darye voltas despós.

Macho de vacaloura. Brañanoceo (Mieres).

Nun acaban aquí os nomes da vacaloura en galego-asturiano. Xoán Babarro recoye en Zadamoño (Eilao) un nome híbrido con un elemento de cada denominación: vacallolla. Outra forma híbrida, pro col outro nome y el outro adxetivo, é cabraloura, que me dixeron en Serantes (Tapia). Y, pra rematar este recorrido de variantes, ta vacaloula, cruce posible entre loura y lola, favorecido por tratarse na sílaba final de dúas consonantes líquidas. El cruce entre aloliar y alouriar, con significaos iguales, quizabes esplique formas que sentín en galego-asturiano como alouliar (y alloulliar). A denominación de vacaloula recóyela Babarro en Pelóu (Grandas) y el ETLEN en Labiaróu (Samartín d’Ozcos); tamén la ougüín eu en Pezós. En conto á forma vacalloira que rexistra el vocabulario de Ponticella (Villayón), se nun é un error de trescripción (nesa mesma parroquia eu apuntéi vacallouria), pode tratarse d’un cruce col sufixo –oira, tamén propio da fala da zona (cobertoira, rapadoira…).

Como se víu, en asturiano a denominación máis común é a del tipo vacalloria, con variantes na veira máis occidental como vacal.loura ou vacal.louria, y outras centro-orientales como vacallora ou vacaloria. Tamén se dan variacióis cua segunda parte da palabra, vacamora, y cua primeira, botando mao del macho da vaca, el boi: güe de les vacallories, buelloru, buemoru… y rei moru. A denominación puido piyar outras acepcióis, como en Babia, nel norte de Lión, unde vacal.loira designa un xogo infantil unde un neno fai de vaca pra defender el sou rabaño del ataque d’outros, como el noso xogo del lobo lobiquín.

En galego, ademáis das formas vacaloura y vacaloira, danse outras como caroucha, carouca y tamén nomes relacionaos cos cornos, como escornabois, escornacabras, cornide, cornetán, corneteira, alicornio, alicorne… É chamadeiro este nome d’alicornio, porque se trata d’úa palabra que designa obxetos, normalmente pedazos de cornos d’un animal, que na sociedá tradicional pensábase que tían poderes benefactores contra bruxas y males d’oyo. Esto enlaza col que se dixo sobre el uso como amuleto dos cornos da vacaloura en Ayande. Pra rematar este recorrido polas variantes galegas, hai que resaltar que na veira máis oriental de Lugo, en Cedofeita (Ribadeo), ta recoyida a denominación de cabraloura, qu’enlaza col dato serantego. Del nome casteyano pouco se pode amecer porque é ben claro: ciervo volante.

2 opinións sobre “Vacaloura (Lucanus cervus)

  1. Luis

    Guapísimo. En lleendo el to párrafu caberu viénome a la cabeza la Naturalis Historia de Plinio el Vieyu (11.XXXIV): “Quibusdam pinnarum tutelae crusta supervenit, ut scarabaeis, quorum tenuior fragiliorque pinna. his negatus aculeus, sed in quodam genere eorum grandi cornua praelonga, bisulca dentatis forficibus in cacumine, cum libuit, ad morsum coeuntibus, infantium etiam remediis ex cervice suspenduntur; Lucanos vocat hos Nigidius […]”. Del pescuezu de los rapacinos colgábense yá daquella pa torna-yos los males…

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Luis. Anque namáis apuntéi cuatro datos etnográficos, a pouco que s’afonde na bibliografía, tou seguro de que tein que salir muitas máis noticias. El tema dá pra tirar del filo, pro eu déixolo ei. 😉

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s