Corvo (Corvus corax, Corvus corone)

Corvo (Corvus corax) na praya del Recosto en Serantes (Tapia), despóis de tar picotiando nun pexe morto na veira del río (30/7/2020).

A xente nun clasifica a variedá dos seres vivos col mesmo detalle qu’os biólogos. Esto nun precisa de muita esplicación. Evidentemente, as clasificacióis biolóxicas manexan criterios científicos y non impresióis, y atenden ás características morfolóxicas, si, pro tamén al anatomía, á fisioloxía y, col avance dos estudios xenéticos, ás asomeñanzas nel ADN. Xa se ten falao máis d’úa vez d’especies diferentes que popularmente considéranse a mesma y que polo tanto namáis las conocen por un nome. Hai casos en qu’esto é entendible porque son as personas especialistas as que tein a formación al xeito pra poderen distinguilas, pro hai exemplos unde, se reparamos un pouco na feitura, as diferencias resultan evidentes.

É el caso del corvo, nome col que chamamos en galego-asturiano a dúas especies diferentes: Corvus corax y Corvus corone. A primeira especie é máis corporenta, ten el pico máis grande y ancho, y véseye un pouco de barbía debaxo. Outro detalle que las estrema vese ben condo engalan, porque el rabo de C. corax fai a figura d’úa cuña, mentres qu’el de C. corone ten el xeito d’un abanico. Tamén nos sitos unde aveza a aniar hai diferencias: C. corone anía nos árboles, mentres qu’a C. corax chámanye tamén os penedos y as arribadas. El gusto dos corvos al hora de comer é mui variao, dende frutas pequenas y semente hasta coscos, minocas, ovos d’outros níos y carnada, aparte de buscar na basura pra papar el que poda interesaryes. Nel caso del corvo grande, C. corax, anque proba de todo, é máis ben carniceiro y enancha a dieta con animalíos pequenos, como ratos, ras y largatixas, ademáis de pitos d’outras aves.

Pro tanto dan as diferencias: que sépamos, os falantes de galego-asturiano históricamente nun viron necesario estremar os corvos grandes dos pequenos dándoyes nomes distintos. De seguro qu’haberá quen yes chame diferente amecéndoyes dalgún adxetivo pra distinguir úa especie d’outra, pro os datos dos que dispoñemos na actualidá dícennos qu’a denominación popular é sempre a mesma: corvo. É el que recoyen os vocabularios d’Acevedo y Fernández, Mántaras, A Roda, El Franco, A Veiga, Bual, Eilao, Ponticella, y Castaedo y Monón. Os máis modernos incluyen na definición as dúas especies, pro os máis nun entran en detalles. Nas mías pezquizas namáis atopéi el nome de corvo, tanto pra C. corax como pra C. corone. Os datos que xuntéi son de Serantes (Tapia), San Xuyán (El Franco), Vivedro (Cuaña), El Monte, en Anlleo (Navia), Rozadas (Bual), Navedo y Cachafol (Eilao), Sanzo (Pezós), Castro y Grandas (Grandas de Salime), Mourentán (Ibias), Penacova y Batribán (Vilanova d’Ozcos), y El Valín, Vilarín y Balmonte (Castripol).

Corvo (Corvus corone) nun prao de La Premaña (Uvieo) (27/3/2021).

Conto máis grande é el territorio d’úa lingua ou máis estudiada ta a realidá dialectal, máis posibilidades hai d’atopar nomes diferentes. Nel caso del casteyano, anque en xeneral tamén yes podan chamar cuervos a todos, pra C. corone tein el nome de corneja; miyor, corneja negra, porque del mesmo xénero hai outra, C. cornix, que ye chaman corneja gris. Pra C. corax, el corvo por antonomasia, queda entoncias el nome de cuervo. Así y todo, como hai máis especies del xénero Corvus, a nomenclatura especializada precisa de recompoñer el panorama de denominacióis en casteyano y, d’este xeito, a Corvus corax deron en deixarye a etiqueta de cuervo grande, condo hasta nun hai muito chamábanye cuervo común.

En galego, unde os nomes populares nun estreman as dúas especies, hai, así y todo, datos de dalgún punto del sur d’Ourense unde chaman corvelo, col dimunitivo, a C. corone, así que poden botar mao d’esa denominación pr’amañar el problema terminolóxico. En asturiano en xeneral tampouco nun se chama diferente ás dúas especies, pro, como nel galego, hai dalgún dato dialectal que si diferencia a especie col nome de cuervu carniceru, d’ei qu’el Atlas de aves nidificantes de Asturies, da Coordinadora Ornitolóxica d’Asturies, propoña deixar cuervu a secas pa C. corone y usar el sustantivo col adxetivo pra C. corax.

Como se ve polos resultaos del casteyano y del asturiano, a partir del nome latín del ave, corvus, a vocal tónica curtia evolucionóu nestas linguas diptongando (cuervo, cuervu), mentres que nel ámbito galegoportugués a evolución foi a úa vocal o semiaberta: corvo.

Pro inda se pode tirar máis del filo d’esta palabra. Hai úa segunda acepción, figurada, de corvo: úsase pra chamar despectivamente a os curas. Einda nos nosos tempos ta constatao nos barcos de pesca: dicen que trai mala sorte dicir a palabra cura, así que se bota mao d’eufemismos como corvo. Nas primeiras décadas del XX, os máis anticlericales referíanse a os curas con ese nome porque daquela todos vestían de mouro. Pro a motivación nun era namáis pola color, senón pol comportamento de dalgús sacerdotes, nos que yes vían características ruías asociadas a os corvos, carroñeiros comendo na súa presa. Einda hoi s’usa a comparanza mouro como un corvo con un matiz de desprecio, porque condo se quer chufar a color escura dizse mouro como el acebache.

Os avezos carroñeiros del corvo quizáis espliquen úa crencia popular que se recoye nel Atlas Sonoru de la Llingua Asturiana, núa grabación feita en Lixóu (Pezós) unde se cunta qu’os corvos avisaban a os pigureiros da presencia del lobo por alí cerca: Condo vexas el corvo, regálaye el oyo. Querse dicir, que tían que tar atentos y regalar ben os oyos pra ter el rabaño libre dos ataques.

Dous corvos da especie Corvus corone escorrendo úa gaviota nel Cabo Sebes, en Mántaras (Tapia) (28/8/2020). Pódense ver os rabos con forma d’abanico, detalle que val pra estremar de lonxe esta especie del outra, Corvus corax.

El corvo tamén é protagonista de dalgús contos tradicionales. Al falar da pega (Pica pica), recordéi un conto que recoyera en Villarín (El Franco) unde un corvo axuda á pega a librarse da raposa. Pro, de resultas d’este conto, a escritora cuañesa Emma Méndez falóunos d’outro ben guapo que se cuntaba na súa casa unde el corvo enseña á pega a fer el nío:

«Taba un corvo fendo el sou nío y chegóu úa pega:

—¡Qué ben sabes fer os níos! ¿Ques ensinarme a fellos?

El corvo, conocendo á pega, nun quería, peró tanto porfióu qu’acabóu convencéndolo. Y empezóu a esplicarye:

—Escoyes ún cepo axeitao.

Y díceye a pega:

—Xa sei.

—Buscas ús carrochos grandes y deretos.

Y a pega:

—Xa sei.

—Fais a base pra poñer el níu.

Y a pega:

—Xa sei.

—Despós vas escoyendo carrochíos máis pequenos.

Y a pega:

—Xa sei.

—Vas poñéndolos cruzaos pra qu’aguanten el peso.

Y a pega:

—Xa sei.

—Pos xa que tanto sabes, failo tu sola —díxoye el corvo.

Y por eso os níos de pega parecen a medias de fer».

Pro hai máis ditames referidos al corvo, como Condo el corvo vai pral mar, vai nevar; condo vai prá serra, xa nun neva. É úa clas de refrán meteorolóxico mui repetido, anque tamén hai versióis unde a protagonista é a gaviota. Según Fernandez Vior nas súas Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga, dicíase que condo grayaban os corvos barruntábase qu’iba haber vento.

El ditame El corvo xa máis negro que polas alas nun é dá a entender resignación: condo xa es sabedor de que tas núa situación mui ruía, a pior nun pode ir y outras desgracias sempre han verse máis pequenas. Tamén hai outro refrán ben conocido cua nosa ave de protagonista, Nace el corvo na pena y tira pra ela, que viría a ser el equivalente del casteyano La cabra siempre tira al monte.

4 opinións sobre “Corvo (Corvus corax, Corvus corone)

  1. Alberto

    Primeiro de todo, toca felicitar pol centenar d’entradas, admirable constancia la túa. ¡Óxala outras tantas!

    Xa que salíu el tema de la toponimia, dúas cousas:

    *A Pena del Corvo, chámase a un caseirío que ta nel camín que vei de Cecos a Santolín pola veira del Río Ibias.

    *Núa salida que fixemos nel cole pola costa del Franco, al pasar por Castello, falaba úa compañeira del nome d’algúa de las penas más chamadeiras, entre las que taba “el Corveiro”. Sorprendíu, comentéiye que “El Corveiron” é tamén un islote qu’hai en Soirana.
    Chegando axina los dous a relacionar las penas col páxaro ¿Llevamos bon camín ou tamos adelantándonos muito?

    Gústame

    Resposta
    1. Xose Miguel Suárez Fernández Autor/a do artigo

      Gracias, Alberto, polas felicitacióis. Retomando el que ye comentaba a Andrea sobre outra aportación que fía d’un topónimo en Vilarín, é evidente que se son topónimos interiores tein que ver col ave del xénero Corvus. Pro se son pedras da costa, xa se tán referindo a os corvos maríos, del xénero Phalacrocorax, el que chaman noutros sitos cuzoveyos.

      Gústame

      Resposta
  2. Andrea

    Gracias pol tou artículo, como sempre é ben interesante. En Vilarín hai un topónimo referente a estos páxaros “A Pena dos Corvos”, un penedo que yes gusta muito y nel que sempre hai algún pousado.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s