Colobrón (Arum italicum)

Fruto del colobrón nun valao al pé das arribadas en Viyadún (Castripol) (1/8/2017).

Condo nel brao íbamos ás amoras, entre os valaos sempre descubríamos cousas novas: papóis de todos os colores y granduras, arañas de traza amenazadora y, ás veces, úa pranta que, nun sei por qué, impoñía respeto: el colobrón (Arum italicum). Xa el nome poñía el peleyo de pita, porque as colobras sempre tuveron mala prensa na cultura tradicional. Quizabes pola feitura tan chamadeira que ten condo madurece, con esas bolías encarnadas arrodiando el rabo da pranta, a xente deuye ese nome que fai que se renembren ideas de peligro, d’amenaza. Y é verdá é qu’os frutos contéin sustancias velenosas, así qu’é miyor nun tocalos.

El colobrón aveza a salir en sitos nitrificaos, revoltos pol gao, en ribóis, valaos, al pé das paredes… Nel inverno vense namás as foyas, grandes, ás veces apintaradas, con manchas moradas ou d’un verde máis claro, y que tein forma de punta de frecha. Condo a pranta bota a inflorescencia, qu’é marela, as foyas arrodíanla amañando úa especie de conca, aparecida á das calas dos xardíos (as que chaman en muitos sitos col casteyanismo cuernos). Condo a inflorescencia madurece y se tresforma en fruto, queda nel pico como un recimo de bolías verdes que despóis van poñéndose marelas y al cabo coloradas. É el máis chamadeiro da pranta.

Nel vocabulario de Mántaras (Tapia) documéntase el nome de colobrón, pro os demáis vocabularios locales nun repararon nesa especie, agá el de Monón y Castaedo (Ayande), que recoye a forma herba da culobra, anque sin identificar claramente, pro debe ser a nosa por outros datos orales que me deron. A zona d’uso da palabra colobrón é meirande porque tamén me dixeron ese nome en dous puntos del conceyo de Castripol: Piñeira y As Figueiras. Outras formas que puiden recoyer oralmente siguen relacionando a pranta cua colobra: en Santolín (Ibias), comida de culobra y herba de culobra, mentres qu’en Ortigueira (Cuaña), Serantes (Tapia), Vilarín (Castripol) y nas Figueiras dixéronme pan de colobra. Pol caso figueirolo, vese qu’é posible qu’haxa puntos unde conviva máis d’un nome prá especie, anque sempre cua colobra como denominador común. Nun é qu’ese reptil comese el fruto da pranta, que nun é vexetariano, pro a presencia da palabra xa é abondo pra funcionar como letreiro d’aviso de peligro. Este nome de pan de colobra é polisémico, porque se comparte en galego-asturiano con outras especies, como os fungos con xeito de sombreiro, que tamén chamamos pan de sapo ou pan de raposa. Con esas denominacióis é entendible que nun houbera el avezo de pañalos y fer úa tortiya con elos na tixela.

A forma da palabra colobra ou culobra é chamadeira en galego-asturiano porque, como noutros casos, el resultao amóstranos úa ponte evolutiva entre os resultaos galego-portugueses y asturlioneses. Al occidente del Navia-Eo temos cobra, cua perda del -l- intervocálico (el nome de cobra prá famosa colobra velenosa dos faquires é un empréstamo chegao al noso ámbito cultural a partir del portugués), y al oriente atopamos culuebra (variante del asturiano occidental) ou culiebra. Neste último resultao, como esplica García Arias, houbo úa disimilación das velares -u-, col asimilación da vocal velar pola palatal que vén despóis: -ue- > –ie– (igual qu’en culiestru < lat. colostru ‘primeiro leite da vaca qu’acaba de parir’, equivalente al galego-asturiano colostro, calostro ou calestro).

Todas estas formas (cobra, colobra, culuebra, culiebra) parten del latín clásico cólubra, que deu despóis a forma vulgar cólobra. Pra esplicar os resultaos asturlioneses que s’acaban de comentar (y tamén el casteyano culebra), hai que supoñer qu’houbo un cambeo del acento da palabra, que pasóu d’esdrúxula a cha, col qu’a segunda vocal –o-, qu’era breve en latín, puido diptongar na evolución romance (-o– > –ue-), col paso xa dito de -ue- a -ie-.

En galego os nomes d’Arum italicum que tán recoyidos nas fontes bibliográficas botan mao d’outras motivacióis, máis ben referidas al xeito da inflorescencia: herba do xaro ou do xerro, xaro, charo, corno, cartucho, xairo, herba das anadas, herba dos candiles… y tamén dalgún un pouco máis medoso: velas do diaño. Pola súa parte, nel asturiano si hai máis denominacióis populares referidas á colobra: fueya la culiebra, pan de culiebra, quemadura de culiebra, comida de culiebres, anque tamén outras como foyanca, mantega, mantegona ou vela. A forma casteyana académica é aro, adaptación da forma latina, anque popularmente ten outros nomes como cala, candil, yaro, jaro, jarro, rejalgar, rabiacán, pie de burro, pie de becerro, llave del año, vela de diablo

5 opinións sobre “Colobrón (Arum italicum)

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Al ver el tou comentario, acordéime qu’esqueicera meter el dato de Vilarín, que recoyín el outro día precisamente gracias á informante tan búa que me presentache condo nos acoyiche tan ben ;-). Xa ta correxida a entrada y metido el dato en Fitonimia Navia-Eo. En conto a cobra , efectivamente, en Taramunde xa é un resultao de tipo galego, con perda de -l-.

      Gústame

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Emma, pol dato. Así y todo, chámame el atención ese cornos, porque precisamente sempre reparéi en que, polo menos en Mántaras (y tamén ta asina recoyido nel Habla del Franco, a xente chámaye cuernos ás calas del xardín y outras aparecidas, col casteyanismo. ¿Ese cornos úa adaptación que fixiche ou é efectivamente así?

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario