Ciridona (Chelidonium majus)

Flor de ciridona. Sontolaya (Morcín) (21/5/2015).

A ciridona (Chelidonium majus) é úa pranta ben conocida polas súas propiedades melecieiras y pódese ver a miudo al pé das paredes veyas. Son ben chamadeiras as súas flores marelas, de cuatro foyas, y el zume amarelao que bota a pranta y que s’usa, entre outras cousas, pra curar as verrugas. Os vocabularios del estremo occidental asturiano recoyen el nome de ciridona en Mántaras, A Roda, A Veiga, Bual, Ponticella (Villayón) y El Franco, ademáis de nel d’Acevedo y Fernández; nel vocabulario de Castaedo y Monón (Ayande), a forma que se rexistra é a de ceridona. Nel vocabulario inédito d’Eilao d’Álvarez Blanco recóyese el nome de cilidona. As máis das definicióis d’estas obras falan del sou uso popular pra curar mancaduras, verrugas y úlceras d’estómago. Einda muita xente usa a ciridona con esa finalidá, anque hai qu’avisar de que, dependendo da dosis, pode ser peligrosa.

El nome da pranta vén del latín chelidonia, que procede del grego chelidón ‘andulía’ porque se pensaba daquela qu’esta ave usaba el zume da pranta pr’abriryes os oyos as crías que nun podían abrilos.

En conto a datos léxicos inéditos, teño recoyidas úas contas variantes pral nome, muitas por causa da vacilación nel abertura das vocales átonas, típica del galego-asturiano y común al galego y al asturiano occidental: ciridona na Barrosa (Tapia), Obanza y Brañatruiye (Castripol), Villar, Arancedo, Llobredo y El Chao das Trabas (El Franco), y Corondeño (Ayande); ceridona en Salave (Tapia) y Navedo (Eilao); y ceredona en Godella (El Franco). Outras variantes son por causa da confusión entre l y r, qu’as dúas son consonantes líquidas: por exemplo, cilidonia en Sanzo (Pezós). Y despóis ta a posibilidá da palatalización d’ese n: ciridoña en Santolín (Ibias).

Chanteira de ciridona na veira d’úa parede en Penanes (Morcín) (13/5/2012).

El galego estándar recomenda celidonia y refuga outras variantes populares galegas como ciridonia, ciridoña ou celidoña. Tamén se ye chama en Galicia d’outros xeitos: ceruda, herba da anduriña, herba das verrugas… En conto al casteyano, hai máis nomes populares aparte del conocido celidonia: chámanye verruguera, hierba de las verrugas, hierba de las golondrinas, hierba golondrinera y outras variantes como celidueña.

En asturiano tamén hai un feixe de variantes a partir d’ese mesmo étimo: ademáis de celedonia, rexístrase cerigoña, cirigoña, cirgüeña, cisgüeña, cirigüeya y, a máis común, cirigüeña. Xa testando cua nosa zona, en Valdés, danse formas como ciridueña y ciriduena, que concuayan cua nosa ciridona, anque cua diptongación propia del asturiano. Das propiedades melecieiras fálannos outros nomes que ye dan en Asturias como fueya ou yerba la cortaúra.

Advertisements

7 thoughts on “Ciridona (Chelidonium majus)

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Escuitarías, ho, escuitarías. Ademáis concuaya col dato de Pezós. Bótase en falta máis información dos conceyos del sur, así qu’agradécense estas aportacióis.

      Gústame

      Resposta
  1. Poutaloba Autor/a do artigo

    Gracias pol dato valdeparego . Nun canso de repetir que cualquera información, anque sía namáis confirmar úa forma conocida, é importante.

    Gústame

    Resposta
  2. I. d. C.

    Según puiden recoyer en Valdepares a dous ganadeiros mayores, pinta qu’a forma más estendida é “Ceridona”. De feito recordaba cuntar hestorias a meu padre sobre xente que sabía d’herbas melecieiras y abenzuábaseme más esta forma que “ciridona” ou outras.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s