Ourego (Origanum vulgare)

Detalle das inflorescencias del ourego. Santuyano (Mieres) (10/7/2018).

Condo entramos núa pizzeiría, axina notamos el olor rico del ourego (Origanum vulgare), esa especia que s’espolveira por derriba antias de meter a pizza nel forno. A mitoloxía clásica diz que foi Afrodita a primeira que prantóu ourego y que foi ela a que ye deu el olor tan bon que ten. El que s’usa na cocía como condimento son as foyas y, sobre todo, as brácteas secas da pranta, querse dicir, as partes máis verdes y duras que defenden a flor. As flores, pequenías, con xeito de tubo y apeteiradas en inflorescencias, son brancas tirante a rosa, y as brácteas son acolorazadas. Tamén é característico del ourego el rabo leñoso y con pelíos.

Antias da chegada da comida rápida, os usos del ourego seco xa era conocidos nel medio rural. Había quen lo botaba á enayada dos chourizos ou á masa das morciyas, pro máis que nada usábase como pranta melecieira pral catarro, polas propiedades espectorantes y antisépticas que ten, tanto bebendo el fervido como inhalando el vafo. Fernández Vior, nel sou Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga, cunta del uso del augua d’ourego como romedio tradicional prá tosferina.

A forma ourego ta recoyida nos vocabularios de Mántaras, A Veiga, El Franco, Ponticella, Bual y Acevedo y Fernández, mentres que nel d’Eilao a forma que se constata é a que mantén el -n- intervocálico: ourégano. El reparto de variantes d’esta palabra que rexistramos nel ETLEN (Estudio da Transición Lingüística nel Eo-Navia) cartografiámolo nel atlas porque interesábanos comprobar cómo a perda del -n- latín, xeneral en galego-asturiano, é menos sistemática condo ta núa terminación átona núa palabra esdrúxula. Efectivamente, en galego é xeneral a forma ourego (y variantes como aurego, ourogo, urego), pro na parte máis oriental das provincias de Lugo y Ourense xa se recoye en dalgús puntos a forma ourégano. Esa tendencia tamén s’atopa nel Navia-Eo núa escala máis detallada. Ademáis de nos puntos d’encuesta lugueses de máis al norte, recoyémos ourègo nel Valín (Castripol), San Xuyán (El Franco), Armal (Bual), Poxos (Villayón), Zreixido (A Veiga), O Chao (San Tiso d’Abres), Teixeira (Santalla d’Ozcos), Labiaróu (Samartín d’Ozcos), Bustapena (Vilanova d’Ozcos), El Pato y Navedo (Eilao), y Pezós. En Castro (Grandas), rexistróuse a variante aurego. En Mántaras (Tapia) y A Garda (Taramunde), ademáis d’ourego, recoyéuse ourégano. Se amecemos el dato d’ourégano dos Niseiros (Castripol), Vivedro (Cuaña) y El Monte (Navia), vese qu’a forma sin perda de -n- ten presencia nel norte del Navia-Eo, anque unde ta máis claramente estendida é nel metá sur: Vilamayor y Valdeferreiros (Ibias), San Salvador y Corondeño (Ayande), neste caso tamén cua variante aurégano, qu’é a que se recoyéu en Fandovila (Ibias). Nos puntos lugueses meridionales de Negueira y Murias do Camín tamén se rexistróu a variante con –n-. Ademáis del caso d’ourego, nel ETLEN tamén estudiamos outras palabras esdrúxulas con -n- na sílaba final, como arando, unde el resultao con -n- conservao tamén se dá na veira máis oriental. Pral caso da palabra trobo, namáis atopamos a forma tróbano nel punto d’encuestación de Navia, nel Monte (Anlleo).

Ourego nun ribón entre outras prantas ventureiras. Santuyano (Mieres) (10/7/2018).

A palabra prá nosa pranta vén del latín origanum, con –i- largo, col qu’el resultao esperable sería na primeira sílaba un o- (y non ou-) y un e zarrao na segunda, pro a forma xeneral é ourègo, con –è– aberto, que se corresponde col –ie– del resultao asturiano: oriéganu (cuas variantes occidentales ouriéganu, auriéganu). Por eso dalgús estudiosos, máis que falar de resultaos antietimolóxicos, propóin que podese haber en latín vulgar úa forma col diptongo au– inicial y con -i- curtio, aparte dos fenómenos que se puideron dar despóis d’etimoloxía popular y analoxías con outras palabras.

Como se ve nas variantes aurego ou aurégano, houbo un camín d’ir y volver: au– > ou– > –au. Nun é miga raro ese resultao en –au, porque as vacilacióis au-/-ou son ben frecuentes en galego-asturiano por causa da súa posición átona: ougüir / augüir, outeiro / auteiro, aurela / ourela, outono / autono, ougüeiro / augüerio,  aumentar / oumentar

2 opinións sobre “Ourego (Origanum vulgare)

  1. Andrea

    El ourego como todas as aromáticas son prantas ben melíferas que gustan muito as abeyas. Na flor del ourego podemos ver muitas abeyías trabayando, libando néctar y pólen.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario