Arquivo por etiquetas: galego-asturiano

Palombo bravo (Columba palumbus)

Palombo nun xardín nel Cristo (Uvieo) (1/05/2023).

Hai un obra de teatro de Manuel García-Galano estrenada en Tapia en 1982 que se publicóu en multicopia pra vender y axudar nas festas del Carme, y que despóis formóu parte del libro Mareaxes tapiegos. Chámase Dous páxaros d’un tiro y acaba precisamente cua frase del título. El protagonista, Marcelo, dizla contento al ver que, despóis de todas as peripecias, él salíu alcalde y ademáis casóu a fiya. Matamos dous páxaros d’un tiro, diz. Sempre que leo ou sinto esa espresión, acórdome d’outra aparecida que temos en galego-asturiano que me pinta máis diferencial: matar dous palombos. Anque falábamos y escribíamonos muito pra comentar cuestióis lingüísticas, como gran conocedor del vocabulario tapiego qu’era el Galano, nunca ye saquéi a relucir este ditame noso de matar dous palombos… É verdá que pra titular el obra era máis tresparente y conocida el outra espresión referida a os páxaros en xeneral, pro el asunto da frase ten os sous veres.

Eso de matar dous palombos, anque nun aparece nos vocabularios d’asturiano, tamén s’usa nesta lingua, alomenos nas variantes occidentales, qu’eu téñolo sentido a naturales del conceyo de Salas. Tamén en galego debe dicirse, porque s’atopan usos literarios da espresión matar dous pombos (ou dúas pombas). En italiano dicen prendere due piccioni con una fava ‘piyar dúas palombas con úa faba’. En portugués cambían el animal y el xeito da morte: dicen matar dois coelhos de (ou com) uma cajadada ‘matar dous conexos d’úa cotapada’. En inglés usan kill two birds with one stone ‘matar dous páxaros d’úa pedrada’ y en francés dicen faire d’une pierre deux coups ‘sacar d’úa pedra dous golpes’. Noutras linguas como el holandés ou el alemán, as víctimas son moscas, que matan d’un soprido os primeiros y con un matamoscas os segundos, mentres qu’en ruso son lebres y morren d’un tiro. Como se ve con estos poucos exemplos, é universal a idea de despachar un asunto aprovetando que se fai outro y muitas linguas botan mao de comparanzas aparecidas.

Toda esta introducción lévanos al ave, al polombo, qu’é el qu’al cabo interesa aquí. En galego-asturiano, un palombo pode ser el macho ou a cría d’úa palomba (Columba livia), pro tamén ye chamamos asina a outra especie del mesmo xénero: Columba palombus. Pr’aforrar confusióis, pra titular escoyín úa denominación con adxetivo que tamén ta mui estendida xeográficamente na nosa lingua: palombo bravo. Al tratar da palomba, esplicóuse qu’el nome procedía del latín vulgar palumba (col sou masculino palumbus), pro qu’en realidá nesta lingua a palabra usábase pra chamar outra especie, Columba palumbus, porque a Columba livia chamábanye columba. Estas variacióis nas posibilidades de denominación a partir d’un étimo y d’outro tamén chegan a dalgúas linguas románicas. Por exemplo, en italiano, al palombo bravo chámanye colombaccio, palombaccio ou palombo. En francés, unde chaman pigeon á palomba (del latín pipione ‘páxaro novo piador’, ‘pichón’), al palombo poinye un adxetivo, pigeon ramier ‘palomba das canas’, anque nel suroeste de Francia tamén ye chaman palombe.

Palombo pousao nun espieiro veyo núa arribada da praya del Recosto, en Serantes (Tapia) (26/07/2020).

A especie Columba palumbus é máis grande que Columba livia y búa d’estremar polas pintas brancas que ten a entrambos laos del pescozo. Condo engala, son chamadeiras as rayas brancas das alas, del xeito d’úa media lúa. A cabeza é pequena en comparanza col corpo, qu’é agrisao, apardazao pol lombo y acolorazao pol peto. Anía nos árboles, unde amaña un nío con canías. É especie sedentaria na nosa terra, anque nel outono chegan tamén bandos a invernar dende el centro y norte d’Europa.

Al palombo chámanye en casteyano paloma torcaz ou torcaza, anque tamén se recoye a variante torcada. Ese adxetivo vén de sufixar el sustantivo latín torques ‘adorno que se pon alredor del pescozo’ y fai referencia ás pintías brancas que ten el ave nesa parte del corpo. El nome máis común en Galicia é pombo a secas, anque tamén ye chaman pombo torcaztorcaza ou turcacia. Como s’ha a ver, en galego-asturiano dáse esa adxetivación a partir del étimo latín, anque con outras variantes. En asturiano, palombu é a denominación máis estendida, anque ás veces amécenye tamén adxetivos como bravutorcaz, turcu, rullón ou montés.

En conto al galego-asturiano, nun s’atopa muita variación, agá nel adxetivo qu’acompañe a palombo, y ademáis esas variacióis tán estragayadas por todo el territorio, incluso convivindo en dalgús puntos. Recóyese palombo nos vocabularios da Roda, Eilao, Bual y Ponticella. Nel da Veiga, palombo bravo. En Mántaras, palombo bravo palomba turcaza ou turcaza sin máis. Eu recoyín a denominación de palombo en Matafoyada (Tapia), Llobredo, San Xuyán y Villarín (El Franco), Cachafol (Eilao), Quintela (Santalla d’Ozcos) y Santolín (Ibias). Col adxetivo bravo, rexistréilo na Ovellariza y Penacova (Vilanova d’Ozcos), Molexón y A Mundiña (A Veiga), Balmonte, A Bouza, El Valín y Presa (Castripol), Penadecabras (Tapia), El Chao das Trabas y Villar (El Franco), Cartavio y Ortigueira (Cuaña) y Navedo (Eilao). En Mourentán (Ibias) dixéronme palombo turcaz; en Cachafol (Eilao), déronme a variante palombo turco; y nel Valín (Castripol) recoyín ademáis el nome a secas de turcaza. Nos adxetivos turcaz y turcaza é evidente el cruce, por etimoloxía popular, col adxetivo turco, favorecido ademáis pola posición átona da primeira vocal, que fai que tire a zarrarse a un u.

Tordo (Turdus philomelos)

 

Tordo nel parque de Vega (Uvieo) (11/1/2021).

El tordo ou malvís (Turdus philomelos), que son os dous xeitos máis populares de chamarye en galego-asturiano, é úa das aves que tein un canto máis melodioso. Igual qu’a merma (Turdus merula) y cuase todas as especies del xénero Turdus, son páxaros que descatan polo guapo que cantan. El macho del tordo ponse nel pico d’un árbol ou d’un louxao y empeza a cantar frases curtias y mui claras, ben veces copiadas d’outros páxaros, que vai repetindo y mudando por outras. Hasta máis de cen pode ter nel sou reportorio.

El tordo é grandín, da feitura da merma, anque un pouquín máis pequeno, pro a coloración é diferente de todo: pardo por derriba y branco amarelao nel papo y por debaxo, unde destacan as pintas marróis con forma de punta de frecha apuntando pra enriba, y del pico escuro cua parte d’embaxo marela. Al rovés qu’a merma, nun ten dimorfismo sexual, querse dicir, que nun cambía a color del plumaxe ou a grandura del corpo dependendo de se é macho ou fema. Os tordos son bus de ver en eiros, praos y parques, picotiando nel tarrén buscando minocas, viermos, frutos, bichíos… É mui característico cómo al andar espurren el corpo pr’adelantre y despóis érguense y poinse a velar alredor. Nel norte peninsular crían y viven todo el ano, anque camín d’outubre empezan a chegan poblacióis del norte d’Europa fuxindo del frío.

Hai outra especie máis de Turdus qu’é residente habitual nas nosas latitudes: Turdus viscivorus, el máis grande d’este xénero, que podemos velo muitas veces erguido y ben teso, cuas alas como colgando. Y hai outros tres que chegan namáis a pasar a invernada: Turdus iliacus, el máis pequeno, chamadeiro pola mancha ferruxenta que ten debaxo das alas; Turdus pilaris, tamén con úa mancha ferruxenta, pro nel papo; y Turdus torquatus, el único d’estos que presenta dimorfismo sexual: os machos son mouros y as femas apardazadas, os dous con un babeiro branco.

Os tordos cazáronse muito y empezaban a escasiar. Nel occidente asturiano comíanse guisaos ou con arroz y tamén se piyaban pra ter en xaulas y sentilos cantar. Ben deitaron, y deitamos, de qu’agora a súa caza ta prohibida.

Nel mesmo parque y el mesmo día. El pico ta dexobao d’andar buscando a comida entre a terra.

Nun é un páxaro nel que repararan os vocabularios dialectales de galego-asturiano. Namáis recoye el sou nome autóctono el de Mántaras, y tamén hai dalgún dato nel ALPI (Atlas Lingüístico de la Península Ibérica), pro teño máis información que puiden xuntar das mías pezquizas. Os rexistros máis abondantes son os de tordo, denominación que me dixeron en Folgueiras, Zreixido y Abres (A Veiga), Busdemouros (Vilanova d’Ozcos), Penafonte (Grandas de Salime), Santolín y Tormaleo (Ibias), Castaedo (Villayón), Anlleo y Andés (Navia), Ortigueira (Cuaña) y Balmonte (Castripol). Datos máis veyos son os das encuestas del ALPI, que recoyeron tordo en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos), Cuantas (Ibias), na villa de Bual y en Freal (Navia).

En conto al nome de malvís, recóyese nel vocabulario de Mántaras y nas Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga de Fernández Vior. Tamén apuntéi malvís nel Valín (Castripol), Bustapena y Penacova (Vilanova d’Ozcos), A Roda y Serantes (Tapia) y Carbueiro (Ibias). En Balmonte (Castripol) y Zreixido (A Veiga) constatéilo convivindo cua denominación de tordo.

Relacionao cua color del ave, déronme dúas denominacióis que quizáis tán mezcradas con nomes conocidos d’outras aves tamén d’esa coloración: pardel en Cartavio (Cuaña) y pardón en Penafonte (Grandas). 

A palabra tordo vén del nome que se ye daba a este xénero d’aves en latín, turdus, anque tamén ye chamaban así a pexes da mesma color. Según destaca García Arias, quizáis xa d’entoncias seña el uso del nome como adxetivo cromático. Qu’eu sepa, como tal en galego-asturiano namáis s’aplica a os cabalos con pelo entre mouro y branco, con pencas escuras. Del mesmo étimo turdus pinta vir el noso verbo tordiar ‘andar entornándose pra un lao y pra outro, andar en ciszás por causa d’un mal ou por tar enfilao’. Y hasta s’usa el término despectivo torda pra chamar a daquén que nun é mui listo. Esas ideas d’andar con dificultá ou tar un pouco afatao tein toda a traza de tratarse de desprazamentos del significao a partir del nome del páxaro. Os estudiosos destacaron xa hai muito tempo el avezo del tordo de fartarse d’olivas ou uvas y quedar despóis tresposto pra esplicar espresióis en casteyano como tener cabeza de tordo, comparanza que s’aplicóu non solo al que taba mariao senón tamén al que nun tía muita listeza, así qu’el verbo casteyano aturdir pode ter esa orixe, como esplica Coromines.

Outro tordo nel parque de Vega (Uvieo) (13/1/2021).

En conto a malvís, os etimólogos búscanye a orixe nel nome del ave nel francés antigo, malvis, qu’hoi é mauvis. El caso é que tuvo fortuna na península, sobre todo nel norte. Xa se víu qu’a denominación atópase por muitas partes del territorio del galego-asturiano, anque sin amañar úa zona compacta y ás veces convivindo cua máis xeneral de tordo. En asturiano úsase muito: hai datos dende Cangas del Narcea hasta Llanes y dende el Cabo Peñes hasta Quirós, y tamén nel noroeste de Lión. Como pasa col galego-asturiano, malvís compite col nome de tordu. A cousa complícase porque en muitos sitos d’Asturias chaman tordu non a Turdus philomelos, senón a Turdus merula, querse dicir, á nosa merma, así que nun é raro que nesos sitos ye chamen tordu malvís ou torda malvís, pra estremalo del outro tordu. As confusióis tamén se dan en galego-asturiano: citéi máis atrás el dato de tordo pra Turdus philomelos que me deran de Castaedo, en Ponticella (Villayón), pro nel vocabulario d’esa parroquia recóyese tordo aplicao claramente a Turdus merula

A distinción entre tordo y tordo malvís recóyela Aníbal Otero nel galego máis oriental, pro nun dá máis datos d’a qué especies corresponden. A denominación de tordo ou torda é a máis xeneral en Galicia, anque é verdá que malvís ta recoyido en muitos diccionarios galegos, aplicao sobre todo a Turdus iliacus. É chamadeira el aplicación d’este nome a úa das especies de Turdus que chegan de fóra nel inverno, porque tamén hai datos d’esto en puntos del norte peninsular como en Palencia (malvís) ou en Cantabria (malvís francés).

Francisco Bernís, ornitólogo y estudioso dos nomes vernáculos das aves na península, chega á conclusión de que nel ámbito lingüístico casteyano tordo especializóuse sobre todo pra referirse a outros páxaros, os estorníos, y que foi nas demáis zonas lingüísticas (y enténdese que tamén nas de contacto) unde s’aplicóu ás especies del xénero Turdus. Así y todo, el panorama é mui complexo y hai confusióis entre especies del xénero ou xeneralizacióis a todo el xénero. A denominación estándar en casteyano, mui estendida, é zorzal, qu’é palabra d’orixe árabe y que ten variantes como zarzal, torzal, zarzalero… Eso si, en toda a xeografía del casteyano úsanse outros xeitos de chamarye como tordo, tordo pardo, tordo blanco, torda, torda parda, torda francesa, tordilla, tordeja, malvís, malviz, charra, merla parda, mierla blanca 

Noceira (Juglans regia)

Al altura de setembre, os conchos unde tán as noces xa empezan a arregañar. Penanes (Morcín) (8/9/2015).

A noceira (Juglans regia) é un árbol qu’el ser humano pranta dende el Antigüidá pra pañarye el fruto y, anque pinta ser orixinaria d’úa zona que coye dende os Balcáis hasta China, naturalizóuse despóis en búa parte d’Europa. Así que, técnicamente, ser é un árbol alóctono na nosa terra, pro ta entre nosoutros dende hai muitos centos d’anos.

Ei camín d’agosto, a noceira xa bota el fruto, con úa paraza verde que vai arregañando da que vai madurecendo y que deixa ver, asomando, a noz. É alredor d’outubre condo as noces xa tán a punto pra coyer. Esa paraza verde, qu’hai que quitar pra chegar a elas, chámase concho en galego-asturiano, anque recibe outros nomes menos específicos como paraza, casca, cáscara ou cascarón. Dalgúas d’estas denominacióis, y outras, tamén s’usan pra referirse al outro recubrimento duro que ta debaxo y que guarda a carne da noz: casca, cáscara, casco, cosco… A parte comestible pódese chamar de muitos xeitos descriptivos como carne, pupio, corazón…, anque hai nomes concretos pra esos lóbulos que salen al cascar a noz: carneiro, dente, pata ou perna, palabras que tamén s’aplican dalgúas d’elas pra referíremonos a os gayos dos cítricos. Seguindo con comparanzas anatómicas, hai que recordar que chamamos noz ademáis á parte que sobresal da larinxe nel pescozo.

En búa parte d’Asturias son tradicionales les casadielles, conocidas máis al occidente como bollinas, postre a base de noces molidas con azucre y anís. Anque é evidente qu’el árbol querse muito pol fruto, tamén na cultura rural se valoraba pola súa madera: búa de trabayar, resistente y d’úa color y úa veta ben guapas. Aparte, a noceira tía aplicacióis melecieiras. Por poñer un caso, en Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga, Fernández Vior recoye el uso tradicional de cocementos das súas foyas pra sanar a disipela usando aquela augua pra lavar el peleyo. Outra tradición ben estendida é a qu’atesa que nun se pode botar a sesta á solombra d’úa noceira, que senta mal, qu’alouría a ún. Dicen qu’esa crencia popular ten que ver con úa sustancia que bota el árbol, igual que fain outras especies, pra tornar competidores vexetales al sou alredor. Pro, pasando a avezos tradicionales máis chocantes, tamén se pode recordar que con media cáscara d’úa noz faise un xuguete, a pitarronsoña. Tápase con úa badana y méteseye úa crina ou un breimante pol medio pra qu’al ferye dar voltas rumbe como se fora un abeyón.

Núa colección inédita d’adivianzas recoyidas pol escritor Alejandro Sela, atópase esta: «Altos como a iglesia, baxos como a mesa, amargos como fel y saben como mel». A solución á cousilía é a noceira y as noces. Sela, como era de Vilavedeye (Castripol), pon nogueira, qu’así é como ye chaman alí. Qué miyor qu’aprovetar este dato pra entráremos en farina cuas denominacióis de Juglans regia en galego-asturiano.

Noceira al pé del camín en Calambre (Tapia) (27/7/2022).

É muita a información da que dispoñemos, entre publicada y inédita, anque non tan dafeito como quixera pra poder trazar en detalle el mapa de distribución dos nomes que ye dan. Empezo pol acabo, porque pode alouriarnos el feixe de datos (y non a solombra del árbol) y quitarnos de ver el conxunto: dibúxanse nel territorio tres zonas con cadasúa clas de denominación, sobre todo en feminino, anque tamén se recoyen as correspondentes en masculino.

El primeiro nome é noceira, que podemos considerar el máis característico del galego-asturiano. El territorio unde s’usa pinta meterse como úa cuña dende el norte: coye dende Cuaña hasta Tapia y vai estretando hasta chegar a Pezós, abracando os conceyos del Franco, Bual y Eilao. Así y todo, pode qu’a zona sía máis grande: hai datos islaos de noceira en conceyos como A Veiga ou Ibias (y hasta en Negueira, ese conceyo galego que s’enxerta entre Grandas y Ibias). Anque estas referencias pintan tar xebradas del triángulo embrocao que describín, ben poder ser por causa de que faltan datos dos territorios que quedan entremedias.

Hai úa segunda denominación, nogueira, de distribución xeográfica occidental: dende Castripol hasta Grandas, pasando pola Veiga, San Tiso, Taramunde y os tres Ozcos, incluíndo dalgún punto d’Ibias. Falaba de qu’a denominación de noceira pintaba úa cuña que se metía nel territorio y é que todo apunta a que se superpuxo y ganóu tarrén á zona de nogueira, como se comproba na parte occidental y sur de Tapia, nel sur de Cuaña y nos conceyos de Bual, Eilao y Pezós, unde se recoyeron as dúas denominacióis, nogueira y noceira. Ademáis, en dalgún caso sabemos qu’é máis veyo el dato del primeiro nome. Tamén a toponimia é úa pista, como hei a comentar máis alantre.

El terceiro xeito de chamarye al árbol é nogal, palabra de distribución oriental y sureña nel noso territorio: Navia, Villayón, Ayande y Ibias, con dalgún conceyo como Cuaña ou Bual unde se constata tamén en puntos fronteirizos. Ademáis trátase d’un nome ás máis das veces feminino: a nogal. A pena é que dalgús datos nun dicen el xénero, así que, en caso de nun figurar, considerámolo masculino. Quen teña a tentación de velo como un casteyanismo puntual, pode reparar na continuidá territorial d’este resultao de norte a sur y ademáis en feminino. Tampouco nun se poden poñer perós ás respostas masculinas porque a variación de xénero dase tamén na denominación asturiana: dizse tanto la nozal como el nozal. El nome de nogal recóyese en puntos del occidente de fala asturiana, pro debéu considerarse casteyanismo porque nun s’aceptóu nel diccionario normativo del Academia da Llingua agá pra referirse á madera, avezo este que tamén se dá en galego-asturiano. Tou na fe de qu’é un uso enfático del casteyano pra darye máis importancia, fenómeno ben conocido: al árbol poden chamarye castañeiro ou noceira, pro el houcha dicen qu’é de castaño y el almario, de nogal. Na veira oriental de Lugo ta constada a denominación de nogal pral árbol, y en muitos puntos da provincia da Coruña tamén, pro, así y todo, nun se considera variante patrimonial nos diccionarios galegos.

Noceiras cargadas de noces en Calambre (Tapia) (27/7/2022).

Imos agora al detalle dos datos. Como avezo a fer, as variantes recoyidas con -u- por causa de tar en posición átona (nuceira, nugueira…) regularízolas en -o-. El nome de noceira ta recoyido nos vocabularios d’Acevedo y Fernández, Mántaras, A Roda, El Franco, A Veiga, Eilao y Bual, mentres que noceiro rexístranlo os d’Acevedo y Fernández y El Franco. Esta variante masculina dixéronma nas Figueiras, Mántaras y Ortigueira, pro é da forma feminina da que teño máis datos inéditos, dalgús d’elos recoyidos da que fía as encuestas pral ETLEN. Constatéi a palabra noceira nos conceyos de Tapia (Serantes, Casarego, El Viso, Tapia, Salave), El Franco (Valdepares, Arancedo, San Xuyán), Cuaña (Cartavio, Mouguías, Ortigueira), Bual (Armal), Eilao (Cimadevila), Pezós (Sanzo) y Ibias (El Chao da Abelleira).

En conto a nogueira, recóyenlo os vocabularios da Veiga, A Roda y Bual, ademáis de tar nel manuscrito d’Alejandro Sela que xa comentéi. Tamén se recoyéu na encuesta feita en Bual en 1931 pral Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI), y nas feitas en 1947 en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos) y As Campas (Castripol). Nel ETLEN, os meus compañeiros xuntaron datos d’esta forma nos puntos d’encuestación da Garda (Taramunde), Labiaróu (Samartín d’Ozcos), Teixeira (Santalla d’Ozcos), El Pato y Navedo (Eilao). En conto á forma masculina, nogueiro, ta rexistrada nun vocabulario inédito das Figueiras de Francisco Fidalgo Villaveirán, variante que me confirmaron oralmente alí, ademáis d’en Trelles (Cuaña). Pro volve ser da forma feminina da que xuntéi máis datos inéditos: nos conceyos de San Tiso d’Abres (O Chao), A Veiga (Zreixido), Castripol (As Figueiras, Berbesa, El Valín, Os Niseiros), Tapia (El Valle, Tapia), Taramunde (Nogueira, Ouria), Vilanova d’Ozcos (Bustapena), Santalla d’Ozcos (Santalla), Eilao (Cachafol), Pezós (Pezós), Grandas (Castro) y Ibias (Marentes).

Y queda detallar os datos de nogal. É palabra que recoyen os vocabularios de Ponticella (Villayón) y de Monón y Castaedo (Ayande), aparte das encuestas feitas pral ALPI en 1947 en Freal (Navia) y Cuantas (Ibias), anque namáis nel primeiro punto se señala qu’é feminina. Nas encuestas del ETLEN apuntóuse nogal, sin marca de xénero, en Valdeferreiros (Ibias) y, col xénero feminino, en Vilamayor y Fandovila (Ibias), y en San Salvador (Ayande). Eu teño datos, anque sin perguntar pol xénero (descuido imperdonable), d’Andés y El Monte (Navia), Vivedro y Ortigueira (Cuaña), y Corondeño (Ayande). Si me constan como femininos os datos que me deron de Castriyón (Bual) y Carbueiro (Ibias). Queda úa variante de nogal, a forma nogaleiro que me dixeron nas Figueiras. Trátase d’un derivao qu’amece el sufixo occidental característico pra os árboles (-eiro) á forma xa incrementada primeiro col sufixo oriental (-al).

Esta noceira nacéu ventureira nel suqueiro d’úa terra al pé del Camín Veyo en Mántaras (Tapia) (7/7/2021).

Estas tres zonas que s’apuntaron tein continuación a entrambos laos, nel galego y nel asturiano vecíos, como se comproba nas encuestas del ETLEN. Nel primeiro caso, recoyéuse o nogal no Rato (Ribadeo), nogueira na Vilapena (Trabada) y Neipín (A Pontenova), noceira en Negueira, nogal y nogueira no Pando (A Fonsagrada), y o nogal, a nogal y nogueira en Murias (Navia de Suarna). Aparte d’estos datos de nogal, xa comentéi que se constataba noutros puntos de Galicia, sobre todo na provincia da Coruña. Dos vocabularios galegos sácase que nogueira é a denominación máis estendida, anque el nome de noceira tamén se rexistra en dalgús puntos estragayaos: na parte máis oriental de Lugo, como Crecente ou Pedrafita, y outros nel sur da Coruña y norte de Pontevedra. A forma noceda, usada tamén como colectivo d’estos árboles, ta recoyida nos diccionarios referida al exemplar individual, pro nun se cita ningún punto xeográfico concreto. Outras denominacióis galegas, relacionadas col nome da paraza verde del fruto, son as de coucheira, concheiro, concheira, caroleira, carroleira, carroleiro, que se dán núa zona del sureste de Lugo que s’alarga contra el sur pola provincia d’Ourense y qu’entra nel Bierzo con nome de conchal, con ese sufixo pra nomes d’árboles propio del asturlionés. Esa clas de denominación sigue pol suroccidente asturiano, na Estierna (Ibias), y nel norte de Lión, en Babia y L.laciana, como conxal. Nel suroccidente del Bierzo recóyese tamén a denominación de nogueiro.

Na veira del asturiano, el ETLEN rexistróu el nogal en Bárzana (Navia), la nogal en Riumayor (Outur), el nogal y la noceira en Oneta (Villayón), el nogal en Berbegueira (Villayón), nocéu en Prada (Ayande) y conxal nel Rebol.lal (Degaña). Nos vocabularios dialectales asturianos compróbase el uso de nogal, y en feminino, en Busmente (Villayón) y nos conceyos de Degaña y Candamu. Pol Bierzo oriental, de fala asturiana, tamén se dan estas formas. Aparte, hai datos de noceiru en Tox (Navia) y puntos de Valdés achegaos. A forma nocéu esténdese pol centro occidente dende Valdés, Ayande y Cangas hasta Les Regueres ou Quirós como conceyos máis orientales unde se constata, anque tamén se recoyéu en dalgún punto solto del centro d’Asturias. A denominación máis estendida en asturiano nel centro y nel oriente, pro tamén nel centro occidente, é nozal (ou ñozal), tanto en feminino como en masculino.

Muitas d’estas variacióis de nomes tamén se dan nel casteyano, dependendo das zonas, porque, ademáis de nogal, tamén se recoyen variantes como anogal, nogala ou noguera.

A etimoloxía das denominacióis qu’entran en xogo vai darnos pistas sobre el antigüidá de cada resultao. En latín, nux, nucis usábase pra chamar á noz, pro tamén a cualquera fruto con cáscara (nux abellana, nux castanea…). D’ese étimo vein tanto noz como nuez, cos resultaos vocálicos correspondentes dependendo da lingua. Anque en latín clásico nux tamén deu nome al árbol (en italiano, noce), máis tarde popularizáronse en latín outras denominacióis a partir del adxetivo nucalis ‘da grandura d’úa noz’, qu’é d’unde vén el resultao nogal. Outro adxetivo tardín, nucaria, aplicao al árbol, é el que deu pé a os resultaos nogueira ou noguera. Del latín nucetum ‘sito poblao de noceiras’ salíu el asturiano nocéu, anque referido a un exemplar namáis. En conto a nozal, pódese pensar que vén directamente del latín a partir del adxetivo nuceum ‘das noceiras’ col sufixo –alem. Outra posibilidá é que seña úa formación xa d’época romance a partir da palabra nuez máis el sufixo –al. Outro tanto se pode dicir de noceira: que veña d’ese adxetivo máis el sufixo -ariam ou que s’amañara en tempos posteriores dende a noz máis –eira. En favor da formación romance de noceira frente a máis veya nogueira, que viría directamente del latín, pode tar el argumento de qu’hai muitos topónimos de nogueira frente a ningún, que conózamos, de noceira. Hai toponimia d’entidades de población como Nogueira (Taramunde), Nogueiróu (Grandas), A Nogueira (El Franco), y tamén de paraxes, como As Nogueiras (Serantes), As Nogueirías (Pezós), El Río de Nogueiras (Pezós), As Nogueiriñas (Os Coutos), Nocedo (Campos y Salave), El Valle as Nogales (Villayón)…

Despóis de dito todo esto, por se nun quedóu abondo claro, volvo aló: altos como a igresia, baxos como a mesa, amargos como fel y saben como mel, ¿qué cousa cousilía é?

Arizo (Paracentrotus lividus)

 

Dous arizos nel fondo d’úa poceira da vazamar nel ribeiro da Louxeira, en Mántaras (Tapia) (13/8/2017).

Mete medo cóndo cambían as modas gastronómicas. Dalgús productos qu’antias namáis comían os probes agora ofrécense nos restaurantes máis caros y son ingrediente nos pratos máis elaboraos. É el caso dos arizos (Paracentrotus lividus), qu’antano comíanse crus nel propio ribeiro ou cocidos despóis nas casas. Acórdome de neno en Mántaras d’ir comelos en casas vecías de pescadores de vara que los coyían. Máis atrás, nus tempos marcaos pola fame, sempre nel límite da subsistencia, todo s’aprovetaba, así qu’as cáscaras baleiras dos arizos pisábanse y dábanse ás pitas ou botábanse nos hortos, pra cuitar. En Asturias, al rovés que nas comunidades vecías, sempre foi tradición consumilos y hasta tían salida comercial: a producción dos portos del noso occidente iba cuase toda pra os chigres y sidreirías del centro.

El arizo que conocemos de ver nos ribeiros y de comer nos chigres é úa raza máis das del grupo Equinoidea, unde se clasifican úas 950 especies, todas de xeito globoso y con un esqueleto esterno con pinchos. El noso arizo ten úa coloración mui variable: dende el morao hasta el castaño máis ou menos escuro, pasando pol verde. Ten un feixe de penquíos como se foran raxos con úa ventosa na punta y que ye valen pra moverse mui axeitín y pr’agarrarse á pena, ademáis de pra taparse con pedriquías, cáscaras y ouca, porque nun ye gusta a luz. Cuas espías y os dentes, pouco a pouco vai escavando os furaos unde los podemos atopar. Vive dende a veira del mar hasta os 30 m de fondura, así que son bus de ver nas poceiras que deixa a vazamar entre as pedras, muitas veces todos colocadíos en cadasóu furao. Tamén poden tar ben escondidos entre el ouca das pedras, que bus sustos daban, y ben doliosos, condo te pinchabas nelos nas maos al ir nel brao al pelín (Chondrus crispus).

A os arizos íbase cua sacadoira ou sacadoiro, un gancho como el da cocía de leña. Os marineiros tamén los coyían dende os botes, usando pra poder velos nel fondo un caxón con cristal, el espeyo ou lupa. Os arizos, aparte de pral consumo humano, valían de macizo, mazándolos y botándolos nel augua pra chamar el pexe ou pra sacar el pulpo da cova. Hai úa pedra en Salave (Tapia) que chaman A Sesta, pro qu’os marineiros tapiegos conocen como El Ariceira, así que tamén na toponimia menor podemos atopar a presencia d’estos equinoideos. En Ortigueira (Cuaña) dicíase un refrán que falaba das diferencias na dificultá de pañalos dependendo del sito: «Os arizos del Fornel nun los come quen los quer. Os arizos da Cabana cómelos quen ye dá a gana». Hoi el ditame xa nun ten aplicación porque nun se pode ir a elos, que tán vedaos sine die.

Os arizos avezan a amañar furaos unde viven, ás veces enchendo dafeito el fondo d’úa poceira como esta nel ribeiro del Mayolo en Serantes (Tapia) (9/8/2017).

A sobresplotación, tanto nos ribeiros como máis pra fóra con buceo, puxo en peligro a especie en Asturias, que leva vedada dende el ano 2016. El Centro d’Esperimentación Pesqueira (CEP) de Castripol amañóu un plan de repoblación y as autoridades asturianas, d’emparzao cua Universidá d’Uvieo, controlan cómo vai el proceso despóis de soltar cada ano, dende el 2009, miles y miles d’exemplares novos criaos nel CEP. As conclusióis son qu’a veda ten que seguir einda porque as poblacióis tán estancadas. Ademáis da presión da estracción humana, tampouco nun axudan os cambeos ambientales que se deron nel mar nestos anos y qu’afectaron ás microalgas das que s’alimentan os arizos. Falaba antias del pelín y xa costa caro ver dalgún exemplar.

Galicia, que nun ten tanta tradición gastronómica de comer estos bichíos, esporta muito arizo a Francia, Cataluña y Asturias, unde baban por elos. Os precios subiron lamar y, al chegar os meses bus, de xeneiro a abril, condo os arizos tán a punto, vense nas sidreirías y restaurantes a precios por unidá que nun hai muitos anos chegaban pra mercar un quilo.

Según el Atlas Léxico Marinero de Asturias de Barriuso chámanse arizos en todos os portos unde se fala galego-asturiano, anque a denominación tamén entra na zona del asturiano, nel porto de Veiga (Navia). Precisamente aquí dicen el refrán «En xineiru, l’arizu nel caldeiru». A partir de L.luarca xa empezan a chamaryes oricios, nome que nos portos del Cabo Peñes alterna col d’alezna. Nos que tán máis al oriente d’Asturias, danse outras denominacióis: aricia (Tazones), arancín (Llastres), arcín (La Isla, Ribesella), anque en Llanes volve rexistrarse oriciu. Hai outro arizo (Sphaerechinus granularis) de color morada y das espías curtias que se dá máis pra fóra y que, según datos del Atlas, en Tapia chaman arizo d’altura

A parte comestible del arizo son as súas gónadas, as glándulas xenitales, cua súa color característica condo tán maduras: marela nos machos y tirante a anaranxada nas femas. É condo se diz qu’el arizo ta chen ou chen como úa uva. A reproducción da especie é con fecundación esterna, querse dicir, fainla nel augua d’alredor botando fóra un líquido como leite unde se xuntan os óvulos y os espermatozoides. É el qu’os pescadores chaman parir, momento que marca pra elos qu’el arizo xa nun ta bon pra comer: dizse que ta malo ou parío.

El nome d’arizo prá especie maría en galego-asturiano tamén ta recoyido nos vocabularios de Mántaras, A Veiga, El Franco y Acevedo y Fernández. Aparte, dixéronmo en Serantes y Salave (Tapia), Valdepares (El Franco), Andés (Navia) y Cartavio (Cuaña), unde chaman ariza a os exemplares de color máis clara, ben sei porque se pensaría popularmente que son as femas da especie.

Arizos núa poceira nel ribeiro da Louxeira, en Mántaras (Tapia) (13/8/2017).

Según os datos de Ríos Panisse pra os portos galegos, compróbase qu’a denominación en galego-asturiano nun entra en Galicia: nos portos lugueses máis achegaos, dende Ribadeo pral oeste, chámanye orizo. Este nome sigue pola costa coruñesa cua variante con seseo oriso y, condo a costa vira y vai en dirección norte-sur, empeza a recoyerse a denominación d’ourizo y, sobre todo, con seseo: ouriso. Otras variantes máis puntuales son cachauriso, auriso y euriso.

A etimoloxía da palabra ta nel latín ericius, nome col que conocían al animal terrestre (Erinaeceus europaeus) qu’en galego-asturiano chamamos normalmente rezcacheiro. Nel máis del noso territorio nun hai úa correspondencia entre el nome del animal marín y el terrestre, cousa que si pasa noutros sitos. Como recoye Antoni Corcoll nun estudio sobre el arizo de mar, dalgúas linguas europeas, por comparanza col animal de terra, botaron mao del sou nome: erizo de mar (casteyano), ouriço de mar (portugués), eriçó de mar (catalán), hérisson de mer (francés), riccio di mare (italiano), etc. Noutras linguas usaron a comparanza cua castaña (anque non col arizo que las recubre): castagno de mar (occitano), châtaigne (francés), castagna de mar (veneciano) ou castanya de mar (catalán). A forma castaña de mar que se ve na literatura científica como sinónimo casteyano d’erizo de mar píntaye a Corcoll un uso libresco introducido dende el catalán.

É chamadeira esa coincidencia de tres realidades mui aparecidas, úa bola con pinchos, que deberon recibir el nome a partir del que daban al animal terrestre. En casteyano, galego y asturiano, a palabra erizo/ourizo/oriciu ten as tres acepcióis, mentres qu’en galego-asturiano, al ser un territorio máis pequeno, nun dá pé a tantas posibilidades: en toda a costa dicen arizo, tanto pral equinoideo como prá envoltura das castañas, mentres qu’outras variantes como ourizo ou orizo, que son as propias del estremo máis occidental y del suroccidente, aplícanse á envoltura das castañas y, menos, al animal terrestre. Se comparamos esta distribución col nome del arizo das castañas en asturiano, é al rovés qu’en galego-asturiano: grosso modo, as formas oriciu danse máis na veira norte, mentres qu’as formas arizu ou ariciu ocupan a franxa sur. 

Carrizo (Troglodytes troglodytes)

Carrizo nun valao en Brañanoceo (Mieres) (28/3/2021).

«Nun son home nin neno, senón un ser extraordinario que nunca se ve veyo. Son máis carrizo qu’el máis pequeno de vosoutros y, anque no lo creades, son tan poderoso que fago lo que se m’antoxa. Pódome trasformar nel que quira: lo mismo nun caldeiro veyo, qu’en alparagata comida dos ratos, qu’en burro ou en vaca, ¡ji, ji, ji!». Así falaba un trasno aló nel ano 1935 al presentarse a os sous lectores pra úa revista infantil que cuntaba sacar a Bibilioteca Popular Circulante (BPC) de Castripol. El orixinal taba escrito en casteyano por Paco Marinero cua colaboración de Vicente Loriente. Alejandro Sela, outro dos rapaces qu’axudaban nos labores da BPC, qu’era de Vilavedeye, encargóuse de traducilo al galego-asturiano porque nesa lingua iba salir a publicación. A quen ye entrara el arela de saber máis, pode ler el documento completo nun blog ben interesante sobre Alejandro Sela ou nel libro qu’escribín sobre a cuestión y unde recoyín esos escritos inéditos: El Teatro Aldeano da Biblioteca Popular Circulante de Castripol.

Pro se trouxen aquí este párrafo, ademáis de pra chufar el labor pioneiro d’aquelos mozos, é pra reparar nun detalle lingüístico. Sela botóu mao con muita gracia da palabra carrizo, un xeito chamadeiro y guapo d’espresalo en galego-asturiano. É acepción recoyida en dalgús vocabularios: nel de Mántaras, apunto a frase ¿A quén quererá pegar ese carrizo de nada?, sentida núa situación unde un neno pequeno quería fer máis del que podía pola súa edá y estatura. Trátase neste caso d’un sinónimo de cagarroso, término tamén usao nestos contestos. Nel vocabulario de Bual recóyese col mesmo significao cagarrizo, nel que pinta ser un híbrido entre cagarroso y carrizo. Nel vocabulario da Veiga, aparece a comparanza máis pequeno qu’un carrizo ou qu’un ovo de carrizo. Y d’este xeito xa chegamos al que vai ser protagonista d’estas renguileiras: el carrizo (Troglodytes troglodytes), un ave pequenía qu’en Mántaras describíronme como un paxarín pequeno como un ovo de quica. Como s’acaba d’esplicar, tan muido é qu’el sou nome acabóu usándose en galego-asturiano como paradigma da pequenez. Pro tamén noutras linguas: en italiano, a comparanza come uno scricciolo úsase pra dicir que daquén é mui pequeno ou que come mui pouco, igual qu’en asturiano: en Ayer recóyese a espresión comer menos qu’una cerl.lica.

Carrizo fendo equilibros nun loureiro nel monte de Mirayos, en Mántaras (Tapia) (21/8/2021).

Efectivamente, el carrizo é ún dos páxaros máis pequeneiros que pódamos ver por ei, d’us nove ou dez centímetros. Da cabeza grande, del pico dalgadín y un pouco curvao, con plumaxe acastañao, el que máis chama el atención é el rabín que ten, curtio y recachao. Anía nas arteiras, entre a bouza mui mesta y al pé de fontes ou ríos. El nío, que dalgún me describíu como un forno dos d’antano, é outro dos elementos característicos del carrizo, redondo, con un furadín mui pequeno pra salir y entrar. Aproveta regandixas ou furaos nos penedos, nos couces dos árboles ou nel tarrén que vai enchendo de mofo y herbas. El nome científico de Troglodytes remite precisamente al ave como habitante d’úa cova. Sempre anda esqueirando nos furaos buscando insectos pra comer, que tal pinta un ratoncín. Canta mui ben y mui alto pral pequenayo qu’é. Acórdome a primeira vez que vin un carrizo, que sentín pirlar núa arteira y, condo din localizao al amo d’aquel canto tan potente, pasméi de ver qu’era un paxarín tan miudo.

¿Qué datos dan sobre a súa denominación popular os reportorios locales de galego-asturiano? Recoyen carrizo os vocabularios d’Acevedo y Fernández, A Veiga, Mántaras, A Roda, El Franco y Bual. Neste último y nel de Castaedo y Monón (Ayande) recoyen a forma feminina, carriza, que tamén se dá en Mántaras. A denominación máis oriental documentada na bibliografía é el dato da parroquia de Ponticella (Villayón), zarrica, qu’é ún dos nomes que ye dan en asturiano. Precisamente, en Tox, na parroquia naviega de Vil.lapedre, ta recoyida esta forma, anque tamén se fala del furasebe, pro non como sinónimo, y del que se diz que fai os níos con mofo. Sicasí, nel vocabulario de Santa Marina y Vigu, nel mesmo conceyo y con úa fala aparecida, namáis se recoye el furasebe, con úa descripción del nío con xeito de bola que concuaya col noso paxarín.

Podo macizar máis a distribución territorial da denominación en galego-asturiano pral noso paxarín con un bon feixe de rexistros que fun xuntando nestos anos perguntando aquí y aló. A falta d’outros datos que podan afinar el detalle d’estas informacióis, adelanto a repartición que dibuxan: el nome en masculino é el máis usao en galego-asturiano, mentres qu’a forma feminina dáse sobre todo nel metá nororiental, nos conceyos d’Eilao, Bual, Navia, Cuaña, El Franco y Tapia, anque cuase sempre compartindo territorio cua variante masculina. A forma zarrica, cua variante zarrico, recóyese en Navia y Villayón, resultaos que siguen hacía el asturiano y qu’ademáis entran hacía conceyos como Eilao ou El Franco en convivencia cuas variantes carrizo y carriza.

Carrizo pousao nun zarramento d’un prao en Brañanoceo (Mieres) (28/3/2021). Estrémase muito ben a ceya claría que tein.

Vou al detalle dos meus datos inéditos. Rexistréi carrizo nel conceyo de San Tiso d’Abres en Vilela de Baixo; nel da Veiga, na Mundiña, Molexón y Penzol; nel de Castripol, nas Figueiras, Barres, A Bouza, As Campas, El Valín, Granda, Sabugo, Presa, Trigo, A Veiga dos Molíos, Brañatruiye, Obanza, Os Niseiros, Vilarín y Santa Colomba; nel de Vilanova d’Ozcos, en Busdemouros, Bustapena, A Ovellariza y Batribán; nel de Taramunde, en Bres; nel de Santalla d’Ozcos, en Quintela y Santalla; nel de Grandas, en Castro, Grandas y Penafonte; nel d’Eilao, en Cachafol; nel de Bual, en Cova; nel de Tapia, na Roda y Xarias; nel del Franco, en Miudes, Villar, Arancedo, El Castro de Riba, El Chao das Trabas, Villarín y Llobredo; nel de Cuaña, en Cartavio, Lloza y Ortigueira; nel d’Ibias, en Carbueiro, Mourentán, Santolín y Tormaleo. A forma con diminutivo, carricín, déronma tamén en Cachafol (Eilao).

Apuntéi carriza nel conceyo de Tapia, en Serantes, Penadecabras y Salave; nel del Franco, en Villar, Villarín, San Xuyán, Villalmarzo; nel de Cuaña, en Lloza, Vivedro y Trelles; nel de Navia, en Salcedo; y nel d’Eilao, en Eirías. En conto a zarrica, rexistréila en Villar (El Franco), nel Monte (Navia) y Navedo (Eilao), mentres qu’en Sante (Navia) dixéronme zarrico.

A denominación en Galicia é carrizo ou carriza, mentres que nel Bierzo tán documentadas formas como carriza ou carrucín. En portugués danse denominacióis como carriça, carricinha ou carruíra. En asturiano, ademáis de zarrica, danse formas como cerrica, cerica (cua vibrante simple) ou cenrica, zanrica (con úa nasal), cerl.lica y certica, aparte das correspondentes variantes en masculino (zarricu, cerl.licu) y con diminutivo (cerriquina, ceriquina, zarraquina). Tamén se recoyeron nomes como fornu, pioyina y el humorístico abangavigues.

El nome estándar casteyano é chochín, anque tamén ten úa chía de nomes populares nesta lingua como almendrica, aujeruco, caracolero, cierrapuños, guta, hornilla, mortiruela, mosquilla, mosquita, ranera, ratilla, ratonera, ratonero, ruisi, sieterreldes, sieterrezne

Anque avezan a tar entre a bouza ou al pé del tarrén, tamén se ven ás veces emporondaos núa cana cantando. Neste caso, nun espín al pé da Capía de Riba, na Malena (Morcín) (2/7/2022).

¿D’únde vén a denominación de carrizo ou carriza? Pra empezar hai qu’aclarar qu’a palabra é polisémica: hai úas prantas que tamén se chaman asina en galego-asturiano. Son especies del xénero Carex, herbas cortantes que se dan nas veiras dos ríos y lagúas, qu’hai que recordar que son sitos unde anía el noso paxarín. Pois ben, pral fitónimo carrizo os estudiosos propóin como etimoloxía el latín carex, caricis, que s’usaba pra chamar ás prantas del xénero Carex y del que s’amañaría un adxetivo *cariceus ‘chen de carriza’. En casteyano, carrizo ou carriza designa outra especie vexetal, Phragmites australis, pro tanto nos dá pral caso da etimoloxía porque son mui normales cambeos entre a raza que designaba el étimo en latín y a raza á que s’aplicaron as evolucióis del étimo nas linguas romances. En dalgún momento, nel noroeste peninsular a palabra debéu pasar a designar tamén al paxarín y sin problemas aparentes por causa d’esa sinonimia: en galego-asturiano alomenos, as dúas acepcióis inda chegaron convivindo hasta el presente. Vendo a continuidá territorial nel occidente asturiano das denominacióis d’oeste a leste (carrizo/carriza/zarrica), pódese pensar qu’el resultao del asturiano veña d’úa metátesis, querse dicir, un cambeo de sito de dalgús sonidos na palabra (carriza > zarrica > cerrica), con variantes tanto en feminino como en masculino. Así y todo, García Arias pinta que nun reparóu nesta relación da forma del asturiano col resultao galegoportugués y busca úa esplicación a cerricu dende el latín cereus ‘da color da cera’, ‘marelo’, ‘suave’, ‘dellicao’ con un sufixo amecido –iccus, aparte da influencia del verbo zarrar pra esplicar as formas del tipo zarricu, zarrica.

Umeiro (Alnus glutinosa)

Foyas d’umeiro. Veira del Ríu d’Esqueiru, cerca da desembocadura na praya da Ribera (Cuideiru) (11/9/2022).

Penso nos umeiros y nun recanto da mía acordanza renémbraseme úa escena: eu indo camín de Tapia y mirando pral Río de San Antonio en Mántaras, al pé de Ca Pernayo. Nese treito del río había úa fileira mui guapa d’umeiros que lo escoltaban un bocadín pola veira y a imaxe debéu quedarme grabada nel recordo como se fora un caltre nel peleyo. Nun sei por qué, pro a memoria ten esas cousas. Recordo el río condo en realidá trátase d’un regueiro que se cruza d’un lao al outro dando úa pasuada, pro como é el río máis grande del lugar, el río por antonomasia, nun precisaba diminutivos. A verdá é que nun m’acordo de cóndo tumbaron os umeiros aquelos, pro el caso é qu’agora el río nun ten outra solombra qu’as espadainas y dalgún qu’outro salgueiro hasta que morre nel ribeiro de Represas, en Tapia, xa como Río de San Martín. Antias d’eso recibe el nome de Río dos Córrigos, palabra que se conserva en dalgús sitos del galego-asturiano pra referirse a úa poza unde se deixaban os feixes de lin amolecendo pra despóis trabayalo y poder fer tela con él.

Pro xa me fun del asunto que quería tratar, qu’é falar del umeiro (Alnus glutinosa), esa especie que forma parte inseparable del paisaxe das veigas, cos sous árboles al son del río, ás veces xuntando a rama d’úa y d’outra veira hasta amañar un túnel. Núas terras con tan pouca arboleda autóctona como as da marina noroccidental, dá gusto ver ríos con umeiros nas ourelas. Podo recordar agora el Porcía, al altura del Alameda, ou outros máis pequenos como el da Ponteveya en Mántaras ou el d’Esteiro en Serantes. ¡Cóntas sestas nun se botarían á solombra d’un umeiro nos días d’herba seca, despóis d’úa mañá de trabayo y úa búa xanta nel prao!

El Río Porcía al pé del Alameda, na fronteira entre Tapia y El Franco, cos umeiros na veira amañando un túnel vexetal. (19/8/2022).

Da familia Betulaceae, igual qu’a bidureira (Betula pubescens), el umeiro ten un sistema de reices que lo afixan ben al tarrén, así qu’aguanta sin muito problema as enchentes dos ríos. É un árbol caducifolio, bon de reconocer, cuas súas foyas arredondiadas y as súas inflorescencias aporondando nas canas. Esta clas de flores del umeiro técnicamente chámanse amentos: os femininos son como piñas pequenas, primeiro verde claro y despóis de color escura, y os masculinos son largos, cilíndricos y poinse acolorazaos. As foyas novas del árbol son pegañosas y d’ei el epíteto específico del nome científico, glutinosa, qu’eso significa en latín.

A madera del umeiro é clara, anque, despóis de cortala, ferruyece y piya úa color acolorazada. Tamén se pon asina se s’enceta a paraza. Ese cambeo de color, talmente cuase como se sangrara, asocióuse tradicionalmente col idea d’úa maldición contra el árbol. Einda se sinte el ditame de «Umeiro maldito, arto bendito». El escritor Manuel Garrido Palacios recoyéu en Bual úa historia qu’esplicaba esa frase: dixérala nada menos qu’a Virxe María. Resulta qu’el arto aveiráralos mentres fuxían d’Herodes y nas súas espías quedara enganchao el manto de María condo ye cayera al río, mentres qu’el ruin del umeiro nun fixera miga por paralo cuas canas. D’ei a maldición al noso árbol.

Como el umeiro aguanta muito ben a humedanza, en carpinteiría a madera usábase pra fer pezas qu’iban tar en contacto col augua. Tamén con ela se fían galochas. Ademáis, Fernández Vior recoye el uso das foyas, pasadas primeiro pol lume, pra curar os malucos ou bieitas ‘ántrax’.

Amentos femininos del umeiro. Les Caldes (Uvieo) (3/5/2021).

El nome d’umeiro ta recoyido nos máis dos vocabularios de galego-asturiano: Acevedo y Fernández, Mántaras, A Roda, A Veiga, El Franco, Bual, Ponticella, y Castaedo y Monón. Nel d’Eilao aparece como omeiro, forma que me dixeron nese mesmo conceyo en Cachafol (Eilao) aparte d’umeiro. Xoán Babarro recoye umeiro en Sarandías (Bual). Eu teño datos inéditos d’umeiro de Tormaleo (Ibias), Grandas, Sanzo (Pezós), Rozadas (Bual), Paramios (A Veiga), Vilarín (Castripol), Serantes (Tapia), Arancedo (El Franco), Cartavio (Cuaña) y Andés (Navia). Nel vocabulario da Veiga recóyese en Vilameitide, Presno y Guiar outra denominación que coincide cua galega: amieiro. Efectivamente, esa forma dáse na parte del estremo occidental asturiano máis achegada a Galicia, como puiden constatar en Tremiado (A Veiga), El Mazonovo (Santalla), A Ovellariza (Vilanova) y Vilela (San Tiso). Tamén Babarro recoye esta variante en Millarado (Santalla). Hai un lugar santallés que se chama Os Amieiros, mentres qu’hai outro sito no Chao (San Tiso), Amaído (< *aminetu ou *amenetu), que sería un abondativo d’este árbol (igual qu’outros topónimos como Abraído, Zreixido ou Lourido lo son de cereixeiras, aveyaneiras ou loureiros). Queda un terceiro nome en galego-asturiano pral árbol que vén ser un cruce entre entrambos, umieiro, forma que constatéi en Penafonte (Grandas) y Carbueiro (Ibias).

Por se daquén xa lo pensóu, convén aclarar que, anque el árbol se día en sitos enchagozaos, na veira de ríos y lagúas, el sou nome nun ten miga que ver cua humedanza y muito menos col humo del casteyano, así que nun precisa ningún hache pr’adornar a palabra.

Fileira d’umeiros al pé del Río d’Esteiro al paso por Calambre, en Serantes (Tapia) (26/7/2022).

En galego chámase amieiro ou ameneiro, col -n- conservao, con variantes con -b- esplicables por confusión de bilabiales: abeneiro. Pro na punta máis nororiental d’Ourense, en Valdeorras, rexístrase a forma umeiro, resultao que tamén se dá nel Bierzo vecín y que sigue contra el sur por Cabreira y Seabra. Pra buscarye a etimoloxía al resultao galego, fálase d’úa orixe prerromana: Coromines propón un étimo *aminarius, quizáis parente del latín amnis ‘río’. Isidoro Millán, pola súa parte, esplica umeiro (< *umeriu) dende úa reiz hidronímica *um– que se dá en nomes de ríos como el Umia, mentres que pr’amieiro propón *ad-umineriu, derivao de *ad umina ’al pé del río’. Pro pinta máis fácil pensar nel latín ulmariu, derivao d’ulmum, el nome que ye daban en latín a outro árbol distinto, a lameira ‘Ulmus minor’. Ese ulmum é el étimo que ta detrás del casteyano olmo. Dende esa interpretación máis sinxela, García Arias entende qu’a forma galega viría d’un cruce d’ulmum y del nome que ye daban en latín al umeiro, alnus, máis el sufixo –ariu.

A palabra umeiro ten continuidá xeográfica cos conceyos de fala asturiana: os máis occidentales dicen umeiru, mentres qu’os centroorientales dicen umeru. Xa máis al oriente, dáse a denominación d’alisu. Testigos da forma occidental son topónimos como os dos lugares de Los Umeiros, en Outur (Valdés), ou El Val.le los Umeiros, en Bimeda (Cangas del Narcea). Pro nun é el único rastro que deixóu este árbol na toponimia asturiana: un abondativo umeral ou umedal ta detrás del nome da famosa praza xixonesa.

En casteyano chámase aliso, cuas variantes d’alisa y alisio, pro tamén recibe outros nomes dependendo das zonas y ás veces del contacto con outros dominios lingüísticos peninsulares: omero ou umero, vinagrera, pamblando, pantierno y hasta hai unde ye chaman abedul.

Corvo marín (Phalacrocorax aristotelis, Phalacrocorax carbo)

Corvo marín pousao núa pedra nel muelle de Tapia (25/7/2022).

É úa gozada velos engalando como un rayo al son da superficie del mar, mui ben arrentes, dibuxando nel aire úa raya paralela perfecta. Presta mirar cómo chumban pra pescar y quedar adiviando por únde van volver xurdir despóis d’un bon pedazo de tempo. Son os corvos maríos (Phalacrocorax aristotelis, Phalacrocorax carbo). Na costa máis occidental d’Asturias hai muitas islas y pedras unde avezan a pousarse. Dalgúas foron boutizadas con nomes alusivos a esta ave, como El Corveiro, en Valdepares (El Franco), ou A Pedra dos Patos, en Mántaras (Tapia). Desque dou un paseo pol monte de Mirayos, baxo a miudo hasta A Puntúa pra ver se tán nesa pedra á que deron el nome, pra fóra del Arenal, pousaos cuas alas estendidas, enxugando as plumas despóis d’úa búa xeira pescando.

Nas nosas arribadas y penedos máis costos pódense ver os corvos maríos que viven aquí todo el ano y qu’anían y crían os sous pitos. Son da especie Phalacrocorax aristotelis, el que chaman cormorán moñudo en casteyano porque os adultos, nel tempo del cortexo, tein erguidas as plumas del pico da cabeza y véseyes como úa moña. Esta raza é máis pequena qu’el outra que podemos ver nel inverno nel mesmo territorio, Phalacrocorax carbo, conocido como cormorán grande en casteyano. Esta segunda especie é migrante y os exemplares que vemos en Asturias chegan fuxindo del frío del norte y centro d’Europa pra pasar esos meses nun clima máis bon, hasta que volven pr’aló al empezar a primavera. Ademáis de verse nos mesmos sitos costeiros que P. aristotelis, el corvo marín grande entra pra terra polos ríos hasta mui dentro, cousa que nun fai el pequeno. Nos últimos anos, P. carbo tamén empezóu a criar aquí, sobre todo en dalgúas presas grandes del interior da península. Pra estremar as dúas especies, aparte de na grandura, podemos reparar en qu’en P. aristotelis el pico por embaxo acaba antias del oyo, mentres qu’en P. carbo acaba despóis del oyo. Ademáis, éste último nun ten plumas delantre del oyo y resáltaye el peleyo marelo.

Dou corvos maríos da raza grande nel Río Caudal al altura de Santuyano (Mieres). (3/1/2022).

Por causa da contaminación y del embalse dos ríos, y tamén pola pesca d’arrastre, entre outros factores, a población de salmónidos baxóu muito, pro dalgúas asociacióis de pescadores empezaron a botaryes a culpa da falta de capturas a os corvos maríos migrantes. As presióis levaron al Administración asturiana a partir del 2005 a autorizar matar un cupo anual d’elos (control poblacional foi el eufemismo). Nestos anos, que se sepa, matáronse máis de 3.300 exemplares. Según colectivos conservacionistas, estas matanzas vulneran as directivas europeas y xa demostraron ser inútiles: en Francia mataron alredor de 40.000 y en miga miyoróu alí a situación da pesca fluvial. Ademáis, nun hai estudios científicos que demostren que con estas medidas aumentara a población de salmóis ou truitas nin que menguara a población de corvos maríos que chegan.

El númaro d’exemplares de P. aristotelis baxóu muito en Asturias y Galicia, as dúas comunidades da península ibérica unde máis individuos hai censaos. Anque tían protexidos por ser especie amenazada, nun acaban de xurdir. As causas son muitas, como a sobrepesca, a contaminación del mar ou as molestias da xente nos sitos unde anía, pro úa das principales é a chía de corvos maríos que morren embolortaos nos apareyos de pesca, sobre todo os de pouso, os que se largan al fondo, como os tresmayos. Chumban en busca del pexe, nun ven as redes, meten el pescozo por úa maya, nun se dan ceibao y morren afogaos.

Un peteiro de corvos maríos na conocida como Pedra dos Patos, en Mántaras (Tapia). Na veira esquerda vense dous exemplares inmaduros, con plumaxe cardoxo (21/8/2021).

¿Cómo se chaman estas aves en galego-asturiano? Escoyín el nome de corvo marín como principal porque teño anotacióis d’us contos sitos, pro danse máis denominacióis y en cada porto de mar chámanye distinto. Como xa teño comentao, tuven a sorte d’acompañar a Fernando Álvarez-Balbuena hai muitos anos condo encuestóu os nomes da fauna volátil nos portos máis occidentales pral Atlas Lingüístico Marinero de Asturias d’Emilio Barriuso. Os datos recoyidos daquela foron pata maría (As Figueiras), pata (Tapia), cuzuveyo y cuzo (El Porto) y corvo marín (Ortigueira). El estudio de José García sobre a fala del Franco recoye cozobeyo y corvo marín. Defínelos como ‘pato de mar’ y ‘corvo de mar’ respectivamente, pro é evidente que son sinónimos y ta falando das mesmas especies. Nel meu vocabulario de Mántaras rexistréi tamén dúas denominacióis indistintas: pato marín y corvo marín.

A color moura d’estas aves emparentóulas na imaxinación popular cos corvos de terra. A especie xa se chamaba en latín corvus marinus y d’esa denominacion vén el nome francés cormoran, que pinta qu’outras linguas piyaron emprestao, como el casteyano cormorán, el italiano cormorano ou el inglés cormorant. Noutros sitos seguiron máis al pé da letra el étimo latín, como el catalán (corb marí) ou el portugués (corvo-marinho), igual qu’el galego, como imos ver.

Así y todo, os sous avezos al nadar y chumbar, ademáis das patas palmípedas y ese pico con dalgún toque marelo, debéu fer qu’á xente vira nelos asomeñanzas cuas aves del xénero Anas, os curros. Precisamente, en Navia recoyín el nome de curro marín y en Andés, nel mesmo conceyo, curro sin máis, que se sumarían nesa comparanza ás patas marías figueirolas y ás patas / patos maríos tapiegos. El demáis, hai en Andés úa posta de pesca que chaman El Penedo de los Corvos, así que seguramente habería esa outra denominación. Se el adxetivo habitual qu’acompaña al sustantivo é marín ou maría, en Granda (Castripol) dixéronme pata moura, d’esta volta con un adxetivo referido á color y non al hábitat. Volvendo á denominación específica del Franco, en Valdepares constatéi cuzo y cuzoveyo. É chamadeiro ese cuzo, que, cua variante cuz, significa ‘can’ ou ‘cadelo, cría de can’. Nun dou atopao úa relación posible das nosas aves cos cais, agá que s’interpreten como ladridos os sonidos roucos qu’emiten. Os datos inéditos que podo ofrecer de corvo marín son de Cartavio (Cuaña), da Veiga y Abres (A Veiga) y de San Tiso d’Abres, unde me deron a forma acasteyanada de corvo marino.

Os corvos maríos tán bus de ver hasta nas prayas máis visitadas. Estos dous taban pousaos na pedra qu’estrema El Mayolo y Os Friales, en Serantes (Tapia) (18/8/2022).

Deixo pral acabo d’este recorrido polas denominacióis en galego-asturiano outra que ye dan en Ortigueira. Pra eso, qué miyor que botar mao d’us versos d’un gran poeta del lugar, Babel Gayol, publicaos nel sou libro El mar que m’enchumaza: «Volvede a estrobar el remo / encima da talameira, / y a todo ful nel imada / deixar por popa a ribeira, /  unde anda el chumbiaperico / polos penedos y prayas / llevando un pexe nel pico». É chocante este nome de chumbiaperico. Trátase d’un composto de chumbiar ‘tirarse al augua’ y perico, hipocorístico de Pedro que deu pé tamén al adxetivo usao pra chamar a os nenos y nenas que nun tein parada. Pode recordarse aquí outro animal, a pega (Pica pica), tamén conocida dayundes como marica, hipocorístico de María.

El chumbiaperico d’Ortigueira ten un parente galego nel porto coruñés de Pontedeume, porque alí chámanye perico zambullo. Como se pode ver, pinta ter úa estructura denominativa aparecida (se nun interpretamos zambullo como el adxetivo galego que significa ‘baxo y regordeto’). Seguindo con estos datos marineiros de Galicia que dá a estudiosa Ríos Panisse, é interesante botar un oyo a os portos lugueses máis achegaos ás Figueiras. Chama el atención el dato de Ribadeo, patamaría (plural patamarías), porque sería esperable a forma patamariña según el galego da zona (alí dicen galiña y non galía). Polo tanto, pinta ser un empréstamo figueirolo, quizáis interpretando –maría como el nome de muyer. Anque en Rinlo recoyéu corvaraxo (relacionao con corvo), en Cangas, Burela y Viveiro constatóu pata (entremedias, en San Cibrao rexistróu patamariña). A partir del porto de Bares danse outras denominacióis como coca, mobella, canilla, canilonga, chíscala, sichapata, pato, galo mariño, gouma, bambiñeira… anque predominan os nomes como corvo, corvo do mar ou corvo mariño (ás veces acasteyanao como corvo marino). A palabra composta sichapata leva el verbo galego cichar ‘chiscar’, anque col seseo propio da zona, y, sumao al nome de chíscala, iría nel peteiro de denominacióis relacionadas col comportamento del ave, como perico zambullo ou chumbiaperico. En conto al nome de mobella, pode haber errores d’identificación, porque en galego avezan a chamarye asina ás especies da familia Gaviidae, que tein abondo parecido a os corvos maríos condo tán pousadas nel augua y chumban pra pescar.

En asturiano el nome de mobeya, cua variante mabea, si que ta claramente identificao cos corvos maríos. Pro hai máis xeitos de chamaryes nesta lingua, dalgús relacionaos con cagar (¿terá que ver cómo tán de perdidas as pedras unde avezan a pousarse?): dende el pucagón de Veiga hasta el cagoche de Llanes, pasando pol cagón ou cuervu cagón d’Ouviñana y Cuideiru. Outras denominacióis son cuervu, cuervu marín, curru calón, coría y coríu (qu’é el nome máis común pra chamar en asturiano a os curros).

Lámpara (Patella spp.)

Lámparas apegadas a úa pedra del ribeiro de Represas (Tapia). Tán arrodiadas de cascarín.

Condo vexo os cascareiros das escavacióis arqueolóxicas, con montueiras de cáscaras de moluscos tiradas polos seres humanos en etapas prehistóricas, renémbraseme condo atopábamos cascarías de lámparas (Patella spp.) alredor da casa en Mántaras (Tapia), al escavar na terra. Abrancazadas de todo, medio desfeitas, tríannos á cabeza a imaxe d’antepasaos nosos indo al ribeiro a elas y tirando al horto as cáscaras despóis de comelas. Eran os tempos en que da cocía nun salía cuase basura porque todas as sobras dábanse a os cochos y nun había envoltorios de plástico. Nun soi tan veyo, pro acórdome de mía madre mandándome ir buscar á tenda úas galletas de canela pra convidar a úa visita que chegara. El tendeiro abría a caxa das galletas, sacaba úas poucas, pesábalas y metíamas nun paquetín de papel. Nin faraguyo de plástico.

Pois ei ta a lámpara, un molusco humilde que sempre tuvo presente na dieta da población dos sitos achegaos al mar. Agora nun s’usa tanto na cocía porque se considera mui duro en comparanza con outros máis apreciaos como as ameixolas ou os carneirolos, pro alomenos na mía contornada as lámparas avezaban a comerse sobre todo con arroz. Aparte, condo éramos nenos tamén xugábamos cuas súas cascarías: afurancándolas, fíanse xartas enfilándolas nun cordelín ou nun breimante. Y tamén, espetadas nel cabo d’un paliquín, eran úas cuyares bárbaras pra xugar a fer a comida.

Íbamos ás lámparas al ribeiro con un cuitelo veyo pra fer palanca meténdolo pola regandixa que deixan mentres tán tranquilas apegadas ás pedras, porque, se las tocas, agárranse a elas como úa ventosa. Anque pinten tar paradías, móvense axeitín pra pacer ouca por alredor. Pra evitar úa pesca incontrolada qu’acabe cua especie, en Asturias ta regulao y tasao: nun se pode fer se nun se ten licencia de pesca de recreo. Así y todo, siguen véndose nas prayas braniantes emporondaos nas pedras col sou caldeirín pañando nelas como se fora un supermercao de baldre.

Hai cuatro razas de lámparas que se dan na zona y que son ruías d’estremar se nun se yes dá a volta y se ve el corpo. Einda é máis difícil se son exemplares novos, porque hai muita variación na cáscara dependendo del hábitat. A especie máis común é Patella vulgata, que ten úa cáscara ovalada non mui picuda y que vive unde cubre a marea. Hai Patella depressa (tamén conocida como P. intermedia), qu’é máis estrapelada, da punta da cáscara mui descentrada, con costelas irregulares, tirante a triangular, un pouquín máis pequena y da color clara; Patella ulyssiponensis (tamén conocida como P. aspera), cónica y qu’é a que chega a ser a máis grande; y Patella rustica (tamén conocida como P. lusitanica), de feitura cónica, a máis picuda das cuatro, cuas estrías mui dalgadías, que se dá un pouco máis prá terra, unde chega el folaxe pro non sempre a marea.

A erosión del mar y el arena, ademáis del acción de microorganismos, pode acabar cuas estrías y el pico das cascarías das lámparas. Represas (Tapia).

En conto al nome, os vocabularios da zona rexistran lámpara (Mántaras y A Veiga) y llámpara (A Roda, El Franco), formas as dúas que recoyen Acevedo y Fernández. Barriuso dá nel sou Atlas Léxico Marinero de Asturias os nomes de lámpara nas Figueiras y en Tapia, y de llámpara, cua palatalización lateral característica d’esa zona, nel Porto y Ortigueira. Nun recoye nomes distintos pras cuatro razas, agá pra os exemplares de P. rustica con ouca na cascaría, que chaman gavioteira en Tapia, como noutros portos da zona del asturiano, unde ye chaman gaviotera. Así y todo, esta denominación aplícase en dalgús sitos a esta especie en xeneral, sin falta de que teña vexetación. Como viven el máis del tempo fóra del augua, dizque valen d’alimento ás gaviotas, y d’ei el nome que ye dan. En Mántaras, un marineiro veyo díxome el nome de lámpara vaca. En portos como Xixón ou Llastres, chámanye llámpara de la lluna.

A min, ademáis, dixéronme a forma llámpara en Cartavio (Cuaña) y en Andés (Navia), anque ésta con yeísmo, yámpara.

A denominación en asturiano xa se víu qu’é llámpara, cua variante l.lámpara nos sitos da costa occidental unde se dá esa pronunciación. Según os datos de Ríos Panisse, nos portos galegos máis achegaos al occidente asturiano, Rinlo y Ribadeo, dicen lámpara, pro máis al oeste, en todos os portos hasta Cariño, xa na provincia da Coruña, dicen lámparo. A partir d’ei éntrase na zona de lapa, nome qu’alterna con outros como cuco, cunco, cuncón, arneirón, conchela, conchelo, copo… Pro, en pasando Fisterra, contra el sur, en dalgús sitos chámanye lamparón y, xa nel outra veira del Miño, nel porto de Caminha (Portugal), volve recoyerse el nome de lámparo. Así y todo, tamén s’escuitan na costa atlántica denominacióis como lampra y lampro que tein que proceder d’úa síncopa da vocal postónica en lámpara y lámparo. Tamén se diz en galego llápara y a correspondente forma sincopada llapra, núa palatalización ben chamadeira pra esta lingua.

Aparte, Ríos Panisse, que tamén encuestóu nas Figueiras, recoye alí lámpara y lamparilla. Nun din constatao esta segunda denominación, pro seguramente a pronunciación sería lampariya. Dalgús estudiosos nun atenden a ese detalle por consideralo yeísmo ou quizabes por seren elos yeístas y nun estremar os dous sonidos. A forma lampariya, anque con outro significao, el de ‘lámpara d’alumar pequena’, ta recoyida na zona xa nel vocabulario d’Acevedo y Fernández, publicao en 1932. Nun é descartable que se trate d’un cruce col nome del utensilio.

Tanto lámpara como llámpara pra chamar al molusco pintan vir del nome latín lappaArctium lappa, pranta que ten us frutos con us ganchíos que fain que s’apeguen á roupa’, como comparanza cua capacidá d’agarre á pedra que ten el molusco. Coromines escoye esta opción etimolóxica y non a del latín lapis ‘pedra’, anque García Arias propón a posibilidá de que llámpara se trate d’un diminutivo *lappula ‘pedriquía’.

Arandeira (Vaccinium myrtillus)

Arandeiras cerca de Vegabaño, en Sayambre (Lión) (20/8/2020).

El arando ta de moda nel campo del alimentación. A especie autóctona que dá esos frutos, a nosa arandeira (Vaccinium myrtillus), podemos atopala nel monte, sobre todo nas zonas altas. É úa pranta rastreira, que nun ergue muito, y que dá us arandíos pequenos que primeiro son acolorazaos y que despóis, desque madurecen, piyan úa color azulada mui escura. Máis escasa é outra especie, Vaccinium uliginosum, que, al revés que V. myrtillus, que ten as canas verdes y as foyas son das veiras aserradas, ten canas cardosas y as foyas tein as veiras lisas. Hai qu’aclarar qu’os arandos que vemos nas tendas y supermercaos son de razas forasteiras especializadas pral uso comercial pola súa muita producción, calidá y resistencia.

En Asturias, por ser especies al xeito pral clima del norte peninsular, lábranse Vaccinium corymbosum y Vaccinium ashei, raza ésta qu’é seroda y vén ben pra que dure máis a temporada dos productores. As dúas son arandeiras autóctonas de Norteamérica. Cruzando estas y outras especies del xénero Vaccinium, foron obténdose un feixe de variedades pra que s’axeiten miyor ás condicióis de frío de cada sito y pra que dían frutos en determinao tempo y con úas características concretas. Nun hai tanto que s’empezaron a labrar con fines comerciales, así qu’a súa historia de domesticación y busca d’híbridos nun ten muito máis de cen anos. Foi en 1912, en Nova Jersey, condo col axuda de nativos se prantaron as primeiras arandeiras cultivadas obtidas a partir da selección de razas bravas.

Á península ibérica as especies forasteiras nun chegaron hasta 1967: foi en Bourres (Tinéu), unde primeiro se probóu de xeito esperimental a labrar arandeiras tridas d’Estaos Unidos. Houbo qu’aguardar a últimos dos 80 y primeiros dos 90 pra que s’estenderan as prantacióis comerciales en Asturias y tamén en Huelva. Hoi hai máis d’un cento de productores na nosa comunidá, que ta nel segundo posto da producción estatal, a muita distancia por detrás da provincia andaluza. El máis da producción asturiana d’arandos vai prá esportación a Europa, anque ta medrando el consumo local gracias á difusión das súas propiedades beneficiosas prá salú. Eso si, dáse a paradoxa de qu’en muitos sitos véndense frutos tridos d’Andalucía y costa caro atopalos producidos y envasaos en Asturias. Evidentemente, sempre é muito miyor prá economía local y pral medio ambiente comprar productos de quilómetro cero.

Arandos einda sin madurecer na veira d’un camín porriba de Grandiel.la (Riosa), na ladeira del Aramo (5/5/2018).

El consumo del arando é tradicional nel medio rural alí unde se daba, igual que se comían as amoras ou outros frutos bravos: indo a elos nel monte y coméndolos nel momento. Ademáis, nel estremo occidental asturiano fíase en muitos sitos auguardente cos frutos da pranta. En ben de culturas, a especie aprovetábase polas súas propiedades melecieiras y tamén como colorante. Como xa s’apuntóu, os arandos autóctonos son muito máis pequenos qu’as razas labradas. Tan pequenos son qu’en galego-asturiano úsase a comparanza pequeno como un arando, qu’anotéi nel Valín, na parroquia castripoleña de Piñeira. Algo aparecido, que tamén ten que ver cua pequenez, ta recoyido nel galego máis oriental, unde é conocida a espresión non vale un arando.

Coromines pensa qu’a palabra arándano é d’orixe prerromana, relacionada col vasco aran ‘abruño’, ‘ameixa, cirola’. García Arias, sicasí, busca a esplicación pral asturiano arándanu nel latín tardío lorandrum, que viría del grego rodódendron ‘adelfa, Nerium oleander’. Propón un posible continuador en asturiano *llorándaru > *llorándanu, esplicable pola asociación cos derivaos asturianos del latín laurum ‘loureiro, Laurus nobilis’. Como noutro tempo el asturiano tuvo artículos palatalizaos, os falantes puideron interpretar a palabra *llorándanu como artículo máis sustantivo (ll’orándanu) y d’ei crear *orándanu > arándanu. Tamén el resultao galegoportugués arando lo esplica d’este xeito, evolucionao nas primeiras etapas del idioma condo einda funcionaba el artículo lo-, anque neste caso cua perda característica del -n- intervocálico.

Este arando y outros achegaos foron os frutos nacidos a máis altitú del estremo occidental asturiano condo saquéi a foto: tán al pé del pico del Filso (1.197 m), el máis alto da Serra da Bovia (27/8/2021).

Al falar del ourego (Origanum vulgare), xa se comentóu cómo en galego-asturiano y na parte máis oriental de Galicia se daban resultaos esdrúxulos unde se mantía el -n- (ourégano). Pois outro tanto pasa con arando/arándano nel estremo occidental d’Asturias: nos puntos máis nororientales y achegaos al asturiano manténse el -n- intervocálico. Hai máis casos d’estos en galego-asturiano, como tróbano (por trobo). Por eso nas encuestas del ETLEN perguntamos polas palabras arando, ourego y trobo. É razonable pensar que nel caso das respostas arándano puido pesar a influencia da palabra casteyana, sobre todo en zonas unde nun é especie búa d’atopar nel monte y polo tanto aprendéuse a denominación al través dos medios de comunicación ou da escola. É daqué que ta ruin de determinar: as respostas d’arándano nas encuestacióis en Mántaras, Vivedro y Corondeño fain pensar nesa hipótesis porque, por exemplo, nos tres sitos dicen trobo, pro, se miramos el mapa de respostas d’ourego, vemos qu’en Vivedro y Corondeño recoyéuse a forma ourégano y en Mántaras apuntáronse as dúas, con -n- y sin -n-. El único punto d’encuestación (dos da zona del galego-asturiano, claro) unde se dá sistemáticamente a resposta con -n- é nel punto naviego del Monte (Anlleo), unde dicen arándano, tróbano y ourégano.

Pro hasta agora tuvemos referíndonos al dato del nome en galego-asturiano del fruto y non del da pranta, qu’é el arandeira. Nel ETLEN nun se perguntaba pola denominación da pranta anque pinta que, se dicen arando, dirán arandeira y, se dicen arándano, dirán arandaneira. Así y todo, hai que ser rigorosos y nun deducir os datos, por mui lóxicos que parezan. En conto a os vocabularios locales que recoyen el nome, son namáis os da Veiga y Ponticella. Rexistros propios inéditos da palabra arandeira teño del Chao das Trabas (El Franco), Os Niseiros (Castripol), Bustapena (Vilanova), Armal y Rozadas (Bual), Poxos (Villayón), Cachafol (Eilao), Castro (Grandas), y Santolín y Tormaleo (Ibias). En San Xuyán (El Franco) dixéronme arandeiro, mentres que nel Monte (Navia) y Vivedro (Cuaña) recoyín arandaneira.

Corvo (Corvus corax, Corvus corone)

Corvo (Corvus corax) na praya del Recosto en Serantes (Tapia), despóis de tar picotiando nun pexe morto na veira del río (30/7/2020).

A xente nun clasifica a variedá dos seres vivos col mesmo detalle qu’os biólogos. Esto nun precisa de muita esplicación. Evidentemente, as clasificacióis biolóxicas manexan criterios científicos y non impresióis, y atenden ás características morfolóxicas, si, pro tamén al anatomía, á fisioloxía y, col avance dos estudios xenéticos, ás asomeñanzas nel ADN. Xa se ten falao máis d’úa vez d’especies diferentes que popularmente considéranse a mesma y que polo tanto namáis las conocen por un nome. Hai casos en qu’esto é entendible porque son as personas especialistas as que tein a formación al xeito pra poderen distinguilas, pro hai exemplos unde, se reparamos un pouco na feitura, as diferencias resultan evidentes.

É el caso del corvo, nome col que chamamos en galego-asturiano a dúas especies diferentes: Corvus corax y Corvus corone. A primeira especie é máis corporenta, ten el pico máis grande y ancho, y véseye un pouco de barbía debaxo. Outro detalle que las estrema vese ben condo engalan, porque el rabo de C. corax fai a figura d’úa cuña, mentres qu’el de C. corone ten el xeito d’un abanico. Tamén nos sitos unde aveza a aniar hai diferencias: C. corone anía nos árboles, mentres qu’a C. corax chámanye tamén os penedos y as arribadas. El gusto dos corvos al hora de comer é mui variao, dende frutas pequenas y semente hasta coscos, minocas, ovos d’outros níos y carnada, aparte de buscar na basura pra papar el que poda interesaryes. Nel caso del corvo grande, C. corax, anque proba de todo, é máis ben carniceiro y enancha a dieta con animalíos pequenos, como ratos, ras y largatixas, ademáis de pitos d’outras aves.

Pro tanto dan as diferencias: que sépamos, os falantes de galego-asturiano históricamente nun viron necesario estremar os corvos grandes dos pequenos dándoyes nomes distintos. De seguro qu’haberá quen yes chame diferente amecéndoyes dalgún adxetivo pra distinguir úa especie d’outra, pro os datos dos que dispoñemos na actualidá dícennos qu’a denominación popular é sempre a mesma: corvo. É el que recoyen os vocabularios d’Acevedo y Fernández, Mántaras, A Roda, El Franco, A Veiga, Bual, Eilao, Ponticella, y Castaedo y Monón. Os máis modernos incluyen na definición as dúas especies, pro os máis nun entran en detalles. Nas mías pezquizas namáis atopéi el nome de corvo, tanto pra C. corax como pra C. corone. Os datos que xuntéi son de Serantes (Tapia), San Xuyán (El Franco), Vivedro (Cuaña), El Monte, en Anlleo (Navia), Poxos (Villayón), Rozadas (Bual), Navedo y Cachafol (Eilao), Sanzo (Pezós), Castro y Grandas (Grandas de Salime), Mourentán (Ibias), Penacova y Batribán (Vilanova d’Ozcos), y El Valín, Vilarín y Balmonte (Castripol).

Corvo (Corvus corone) nun prao de La Premaña (Uvieo) (27/3/2021).

Conto máis grande é el territorio d’úa lingua ou máis estudiada ta a realidá dialectal, máis posibilidades hai d’atopar nomes diferentes. Nel caso del casteyano, anque en xeneral tamén yes podan chamar cuervos a todos, pra C. corone tein el nome de corneja; miyor, corneja negra, porque del mesmo xénero hai outra, C. cornix, que ye chaman corneja gris. Pra C. corax, el corvo por antonomasia, queda entoncias el nome de cuervo. Así y todo, como hai máis especies del xénero Corvus, a nomenclatura especializada precisa de recompoñer el panorama de denominacióis en casteyano y, d’este xeito, a Corvus corax deron en deixarye a etiqueta de cuervo grande, condo hasta nun hai muito chamábanye cuervo común.

En galego, unde os nomes populares nun estreman as dúas especies, hai, así y todo, datos de dalgún punto del sur d’Ourense unde chaman corvelo, col diminutivo, a C. corone, así que poden botar mao d’esa denominación pr’amañar el problema terminolóxico. En asturiano en xeneral tampouco nun se chama diferente ás dúas especies, pro, como nel galego, hai dalgún dato dialectal que si diferencia a especie col nome de cuervu carniceru, d’ei qu’el Atlas de aves nidificantes de Asturies, da Coordinadora Ornitolóxica d’Asturies, propoña deixar cuervu a secas pa C. corone y usar el sustantivo col adxetivo pra C. corax.

Como se ve polos resultaos del casteyano y del asturiano, a partir del nome latín del ave, corvus, a vocal tónica curtia evolucionóu nestas linguas diptongando (cuervo, cuervu), mentres que nel ámbito galegoportugués a evolución foi a úa vocal o semiaberta: corvo.

Pro inda se pode tirar máis del filo d’esta palabra. Hai úa segunda acepción, figurada, de corvo: úsase pra chamar despectivamente a os curas. Einda nos nosos tempos ta constatao nos barcos de pesca: dicen que trai mala sorte dicir a palabra cura, así que se bota mao d’eufemismos como corvo. Nas primeiras décadas del XX, os máis anticlericales referíanse a os curas con ese nome porque daquela todos vestían de mouro. Pro a motivación nun era namáis pola color, senón pol comportamento de dalgús sacerdotes, nos que yes vían características ruías asociadas a os corvos, carroñeiros comendo na súa presa. Einda hoi s’usa a comparanza mouro como un corvo con un matiz de desprecio, porque condo se quer chufar a color escura dizse mouro como el acebache.

Os avezos carroñeiros del corvo quizáis espliquen úa crencia popular que se recoye nel Atlas Sonoru de la Llingua Asturiana, núa grabación feita en Lixóu (Pezós) unde se cunta qu’os corvos avisaban a os pigureiros da presencia del lobo por alí cerca: Condo vexas el corvo, regálaye el oyo. Querse dicir, que tían que tar atentos y regalar ben os oyos pra ter el rabaño libre dos ataques.

Dous corvos da especie Corvus corone escorrendo úa gaviota nel Cabo Sebes, en Mántaras (Tapia) (28/8/2020). Pódense ver os rabos con forma d’abanico, detalle que val pra estremar de lonxe esta especie del outra, Corvus corax.

El corvo tamén é protagonista de dalgús contos tradicionales. Al falar da pega (Pica pica), recordéi un conto que recoyera en Villarín (El Franco) unde un corvo axuda á pega a librarse da raposa. Pro, de resultas d’este conto, a escritora cuañesa Emma Méndez falóunos d’outro ben guapo que se cuntaba na súa casa unde el corvo enseña á pega a fer el nío:

«Taba un corvo fendo el sou nío y chegóu úa pega:

—¡Qué ben sabes fer os níos! ¿Ques ensinarme a fellos?

El corvo, conocendo á pega, nun quería, peró tanto porfióu qu’acabóu convencéndolo. Y empezóu a esplicarye:

—Escoyes ún cepo axeitao.

Y díceye a pega:

—Xa sei.

—Buscas ús carrochos grandes y deretos.

Y a pega:

—Xa sei.

—Fais a base pra poñer el níu.

Y a pega:

—Xa sei.

—Despós vas escoyendo carrochíos máis pequenos.

Y a pega:

—Xa sei.

—Vas poñéndolos cruzaos pra qu’aguanten el peso.

Y a pega:

—Xa sei.

—Pos xa que tanto sabes, failo tu sola —díxoye el corvo.

Y por eso os níos de pega parecen a medias de fer».

Pro hai máis ditames referidos al corvo, como Condo el corvo vai pral mar, vai nevar; condo vai prá serra, xa nun neva. É úa clas de refrán meteorolóxico mui repetido, anque tamén hai versióis unde a protagonista é a gaviota. Según Fernandez Vior nas súas Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga, dicíase que condo grayaban os corvos barruntábase qu’iba haber vento.

El ditame El corvo xa máis negro que polas alas nun é dá a entender resignación: condo xa es sabedor de que tas núa situación mui ruía, a pior nun pode ir y outras desgracias sempre han verse máis pequenas. Tamén hai outro refrán ben conocido cua nosa ave de protagonista, Nace el corvo na pena y tira pra ela, que viría a ser el equivalente del casteyano La cabra siempre tira al monte.