Freisno (Fraxinus excelsior)

IMG_5164

Freisnal na veira del río Gafu cerca de La Premaña (Uvieo) (8/9/2014).

Núa visita al Valín (Castripol), Felipe del Gobelo deuye al meu fiyo un freisno (Fraxinus excelsior). Arrincóulo con reigón y todo d’al pé d’outros grandóis qu’hai indo prá vía del tren. Levamos el noso freisnín pra Mántaras y prantámolo nel fondal da cortía, al pé del río de San Antonio, mentres meu padre miraba al fiyo y al netín con sonrisa burlúa y escéptica. ¡Únde se víu prantar un freisno núa cortía! Cada brao eu sacábaye úa foto al neno al pé del arbolín col idea de ter un recordo da medría dos dous al son del tempo. Pro foi fendo anos y, al rovés del que pensábamos, el meu fiyo chegóu a comerye as papas na cabeza al freisno. Nun debía ser sito al xeito pra que medrara el árbol, solo y batido pol nordés todo el tempo, así que quedóu pequeno y nun trazaba d’escotrolar d’úa vez. Un brao chegamos y el freisno nun taba. Quitáralo meu padre. «Nun poñía xeito y nun daba máis que foya, qué querías eso ei…», díxome. Asina acabóu a historia del noso freisno. Nin poesía nin carayadas.

¡Pro mira qu’el freisno é un árbol elegante! A imaxe da cabana nel monte á solombra d’este árbol é das estampas máis guapas que poda haber. Y, aparte del ben que se tía al aveiro d’él, hai outra esplicación: a rama del freisno frádase y aprovétase a foya pra dar ás vacas condo al último del brao el herba empeza a faltar. A leña tamén é apreciada, que dá un lume muito bon, y qué dicir da madera, dura y resistente, que s’usa pra fer mangos de ferramentas y, condo los había, xugos, eixes y rodas de carros.

El xeito das foyas compostas é el que ye dá esa traza peculiar á redoma del árbol y é el qu’amaña ese efecto tan guapo da luz peneirada entre elas. As foyas son imparipinnadas, querse dicir, tán formadas por varios foliolos que nacen pariaos a os dous laos del eixe ou raquis, pro con ún foliolo na punta que fai que sían impares. Esos foliolos son lanceolaos y un pouco aserraos polas veiras.

Hai outra especie, Fraxinus angustifolia, que podíamos chamar freisno da foya dalgada, qu’é propia de máis al sur del cordal, pro que ten poblacióis conocidas en Asturias, por causa del sou microclima, nel valle alto del Navia y dos ríos que van dar a él.

IMG_7193

Freisnos nel xebre entre dous praos cerca de Penanes (Morcín) (8/9/2015).

Deixamos a bioloxía y pasamos á filoloxía. Na evolución da denominación latina fráxinu ‘freisno’ al galego-asturiano, a vocal postónica desaparecéu: perdéuse el -i- (el -x- pronunciábase -ks-): fráksinu > fraks’nu. Despóis d’esa síncopa vocálica, el resultao puido manter el diptongo decrecente (fraisnu > freisno) ou perdelo (fraisnu > freisno > fresno).

A forma freisno recóyenla os vocabularios da Veiga, Bual, Monón y Castaedo (Ayande), Mántaras y A Roda (Tapia), y tamén ma deron na Grandela, nel mesmo conceyo. El de Ponticella (Villayón) rexistra fresno. El dato de freixo del estudio sobre a fala del Franco ten que tratarse d’un equivoco se reparamos na distribución territorial das variantes qu’imos ver.

Nas encuestas del ETLÉN (Estudio da transición lingüística na zona Eo-Navia) perguntamos por esta palabra porque sabíamos qu’era un fenómeno contrastivo entre el galegoportugués y el asturlionés. Neste caso, atopamos qu’el galego-asturiano vai col resultao asturlionés, con síncopa da vocal postónica, frente al resultao galegoportugués, freixo, que mantuvo el -i- postónico, palatalizóu y perdéu el -n-.

El ETLEN constata freisno nos puntos d’encuesta de Bustapena (Vilanova d’Ozcos), El Valín y Os Niseiros (Castripol), Mántaras (Tapia), San Xuyán (El Franco), Vivedro (Cuaña), El Monte (Navia), Poxos (Villayón), Armal (Bual), Pezós, Navedo (Eilao) y Corondeño (Ayande).

Sicasí, contra el oeste y el sur d’esa zona é fresno, con puntos d’encuesta unde conviven as dúas solucióis, como Armal. Este dato bualés de fresno ben sei qu’é un casteyanismo, porque ta en plena zona de resultaos con –ei-. Recoyémos fresno en O Chao (San Tiso d’Abres), A Garda (Taramunde), Teixeira (Santalla d’Ozcos), Labiaróu (Samartín d’Ozcos), Zreixido (A Veiga), Castro (Grandas), San Salvador (Ayande), y Valdeferreiros, Fandovila y Vilamayor (Ibias), neste último sito cua variante con rotacismo: frerno. Neste conceyo eu tamén apuntéi fresno en Mourentán.

IMG_6055

A rama del freisno vista al tresluz amaña un efecto ben guapo. Pódese ver a feitura imparipinnada das foyas.

D’esta volta, a esplicación del mapa de freisno nel atlas lingüístico del ETLEN danos el trabayo feito. Boto mao d’ela pra resumir el panorama d’esta palabra nel esquino noroccidental da península. Empezando pol asturiano, hai que dicir qu’os resultaos con rotacismo (frernu) tein continuidá pol suroccidente, nel Vau (Ibias) y Degaña, y hasta chegan a Los Argüeyos (Lión) y Casu. Pro as formas sin diptongo qu’hai nel metá sur del Navia-Eo (fresno) nun siguen nel territorio vecín d’asturiano occidental, unde dicen freisnu. Noutras partes del asturiano non solo se dá el rotacismo del -s-, senón tamén a perda: frenu. Hai máis variantes, unde s’atopan un feixe de fenómenos fonéticos variaos, tanto con diptongo decrecente (fleisnu, freinu, fleinu) como sin él (friesnu, freñu, frédenu, fresñe, freñe…).

Se miramos pral oeste, pódese comprobar qu’as formas de tipo asturlionés fresno danse na veira máis oriental de Galicia, en continuidá col área asturiana de fre(i)sno. Tamén úa forma frexo, sin diptongación pro con palatalización, ta recoyida en Courel (Lugo), y a variante freno constátase entre Ourense y Pontevedra. Nel resto da comunidá vecía a forma habitual é freixo, como en Portugal, anque hai partes na costa occidental unde se deu úa despalatalización y dicen freiso. Outras variantes danse nel suroriente y siguen pola zona de Siabra (Zamora), como afreixo y afereixo.

Costa caro ver un monte de freisnos, pro hai palabra pra referirse a esa realidá: freisnal, según apuntéi en Bustapena (Vilanova d’Ozcos). Outros xeitos de chamarye nel pasao quedaron na toponimia, con lugares como Freisnedo, nas parroquias de Miudes (El Franco) y Santo Miyao (Ayande).  Dalgún topónimo tamén nos fala de condo na zona, noutras etapas históricas, se dicía freixo, como un paraxe nos Coutos (Ibias), na veira del Navia, que se chama A Freixueira.

Recóyese en Tapia el término freisnuada ‘golpe’, con ese sufixo –uada tan típico del galego-asturiano pr’amecer a sustantivos referidos a partes del corpo que reciben un golpe ou ben a obxetos ou partes del corpo cos que se pega: cachuada, brosuada, cabezuada, chiscuada… Neste caso haberá qu’entender qu’a palabra vén d’un uso veyo de freisno como ‘palo de freisno’.

Advertisement

3 opinións sobre “Freisno (Fraxinus excelsior)

  1. Félix Martín Martínez

    Ben trabayao, encantóume como sempre. Non lo vexo n´ El Bando de la Rula”. Has poñerlo (no sé si “has” es o no con “ache”. Nun encontro qué quer dicir “Sicasí”. Saludos carbayones: Félix Martín.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s