Zapateiro (Gerris lacustris)

Zapateiro nel Río de San Antonio, en Mántaras (Tapia).

Ta claro que pra qu’úa especie teña un nome popular ten que ser conocida pola xente. Se nun se repara nela, nun ye han a chamar miga ou han a darye un nome xeneral que valirá pra muitas especies aparecidas. Condo úa pranta ou un bicho se ve muito ou ten úa traza mui reconocible, normalmente ha a ter úa denominación tradicional. Como xa se ten dito ben veces, a vida tan urbana que tein os nenos enguano, a desaparición ás carreiras da cultura rural y a casteyanización progresiva da xente tán levando á perda del vocabulario patrimonial relacionao col mundo natural. Así que, condo un pequeno se poña a mirar pral remanso d’un regueiro y vexa us insectos das patas largas pousaos nel chao del augua, nun ha a saber cómo se chaman. Y igual se yo pergunta al bolo ou á bola tampouco nun lo saberán.

A denominación máis común d’ese insecto en galego-asturiano é a de zapateiro. A especie, Gerris lacustris, é búa de reconocer: oyos grandes, antenas, corpo alargao y tres pares de patas. Cuas d’alantre piya os insectos cos que s’alimenta; col segundo par, máis largo, móvese pol agua; y col par traseiro, vai poñendo el rumbo al avance. Nas puntas das patas ten us pelíos microscópicos que nun rompen a tensión superficial del augua y fain que poda tar pousao na superficie y moverse por ela. A imaxe del zapateiro sempre ta asociada a os redondelos qu’amaña nel chao del augua cada úa das cuatro patas máis grandes y al reflexo nel fondo. Tamén é chamadeira a velocidá cua que se move y el rumbo cambiante que sigue, fendo guiñadas. Nel época del apariamento vense as parexas copulando y movéndose igual de rápido pol augua como se foran un solo insecto. Pro é a súa capacida cuase milagrosa d’andar por derriba del augua el que sempre chamóu el atención. Cuntábame úa amiga de Serantes que sou padre, condo de neno na misa falaban del milagre de Xesucristo andando derriba del mar, sempre s’acordaba dos zapateiros (como amecería mía bola neste tipo de comparanzas, fóra del alma, claro).

É úa especie da que s’ocuparon pouco os estudios locales de galego-asturiano: namáis recoyen zapateiro el vocabulario da Veiga y Conchita Alvarez Lebredo na súa contribución tapiega al léxico del galego-asturiano.

Déronme ese nome tamén en Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres), Mántaras (Tapia), Valdepares (El Franco), Bual, El Monte (Navia) y Carbueiro (Ibias). Úa variante d’esa denominación é a que me dixeron en Trelles: zapatón. Sin duda, este tipo de nomes relacionaos cos zapatos tein que ver cua capacidá das puntas das súas patas pra nun romper a tensión superficial del augua, como se el insecto tuvera un calzao con superpoderes. Así se chama noutras linguas vecías: en asturiano, zapateru; en casteyano, zapatero; en catalán, sabater. En casteyano tamén ye chaman con outro nome d’oficio: tejedor, igual qu’en portugués: alfaiate ‘xastre’.

É característico el reflexo nel fondo del augua dos redondelos qu’amañan as patas del zapateiro na superficie.

Os sous movementos rápidos derriba del augua pra un lao y pra outro esplican outras denominacióis que me deron en galego-asturiano: saltón, en Carbueiro (Ibias), y saltón del augua, en Cachafol (Eilao). Nel primeiro lugar, como xa se víu, comparte el nome col de zapateiro, y nel outro amécenye el complemento del augua pra evitar confusióis col saltón terrestre (Caelifera). Tamén dos sous avezos andiocheiros nel augua remansada nos fala el nome que ye dan en Penafonte (Grandas): correpozas.

A comparanza cos sous movementos rápidos ten qu’esplicar el nome de cabra ou cabralola que ye dan en Casarego (Tapia). É un animal a cabra que se caracteriza por brincar a sitos imposibles y que deu pé a espresióis como tar como úa cabra, encabritarse… que se moven nese campo semántico da tolura. Y xa se falóu dos usos de cabralola y tar como úa cabralola al falar da vacaloura (Lucanus cervus), sempre con acepcióis relacionadas cua traza d’atolarao. Tamén nos conceyos máis fronteirizos de Lugo con Asturias (Cedofeita, Burón, Suarna, A Ribeira de Piquín) ye chaman cabralola al zapateiro, como el dato que me deron de Casarego. Outras denominacióis galegas, ademáis de zapateiro y cabralola son as de cabra (que tamén s’usa en portugués) ou cabra cega (cua variante craba) y pita cega. Volven salir os enredos infantiles cruzándose cuas denominacióis de bichos, como se víu al falar de Lucanus cervus. A pitacega, ese xogo unde un neno ou nena cos oyos tapaos tenta de piyar a ún dos que lo arrodían en corro, chámase en portugués cabracega.

Del sou arte pra navegar tuvo que nacer a denominación barquín, que recoye Aníbal Otero nel Mazo de Mon (Samartín d’Ozcos). Tamén en galego se dán nomes relacionaos, como mariñeiro ou barqueiro.

Quédanos úa denominación máis, grade, que recoyín nel vocabulario de Mántaras, anque a identificación que dou é con outro insecto, d’esta volta un coleóptero, Gyrinus natator, un bichín redondo y brillante que tamén se move mui rápido na superficie, anque fendo círculos (d’ei el nome casteyano d’escribano de agua). Así y todo, éntranme dudas sobre se será úa identificación de despacho feita por min a posteriori cos libros, porque tamén me deron esa denominación, pro aplicada a Gerris lacustris, en Serantes (Tapia) y na Peruyeira y Tol (Castripol). Pra buscar úa esplicación al nome de grade podemos pensar na estela que vai deixando nel augua como el rastro da grade nel eiro, ou na figura d’esa arabía pousada cos dentes pra baxo, como el insecto pousao nel augua. Como hai máis insectos qu’andan por derriba del augua, pode haber confusióis nas identificacióis: Hydrometra stagnorum é outro hemíptero aparecido a Gerris lacustris, cua diferencia de qu’as patas d’alantre y as antenas son máis largas, y el corpo y a cabeza tamén son máis dalgaos y alargaos; aparte, el xeito de desprazarse é muito máis lento qu’as retrincadas que pegan os exemplares de Gerris lacustris. Así y todo, dalgúa fonte galega define as cabras cegas como Hydrometra stagnorum.

En muitos sitos hai a crencia de qu’estos insectos son un señal de qu’el augua unde se pousa ta limpa y por eso hai denominacióis en Salamanca y Estremadura como enclaraor, aclaraor o enclaraaguas, ou en Galicia como limpafontes.

6 opinións sobre “Zapateiro (Gerris lacustris)

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Ta ben esa aclaración. Xa verías que nun me metín nas fonduras da Física pra esplicar os “superpoderes” del zapateiro y outros insectos ;-). Quixen máis destacar el chamadeiro qu’é prá xente ver ese insecto cuas patas pousadas nel augua sin fundir. Así y todo, cambiéi un pouco a redacción pra que nun s’esmilagren os científicos. 😉

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario