Arbanzolo (Centaurea nigra)

Centaurea nigra na Vegalencia (La Ribera) (26/5/2012).

¿Quén nun reparóu dacondo nas flores moradas del arbanzolo (Centaurea nigra) entre el herba dos praos ou na veira dos camíos? Os rabos da pranta son aroxos y duros y as vacas avezan a refugala. El involucro da flor, a base d’unde salen as foyas, ten xeito de barril y é tirante a mouro; d’ei el nome específico de nigra. Relacionao con ese color ta el nome de mourisco que ye dan á pranta en sitos como El Xeixo, na parroquia naviega de Piñeira. Outros nomes populares que recoyín básanse na traza da flor, como brocha en San Xuyán (El Franco) y broche na Veigadouria (Bual).

El nome d’arbanzolo recoyínlo en Llamabúa (Navia) y en Romeye y Arancedo (El Franco); outra variante, arbancholo, déronma en Sanzo (Pezós) d’úa pranta sin identificar, pro tou na fe de que se trata da Centaurea nigra. Tamén ta a forma garbanzolo, qu’apuntéi nel Caroceiro y nel Chao das Trabas, os dous nel Franco. A variante garabanzolo dixéronma en Balmonte (Castripol). Outras formas que recoyín en galego-asturiano son erbanzolo, en Mántaras (Tapia) y El Valín (Castripol); arbolancio, en Navedo (Eilao); y arbolanzo, nos lugares franquíos de Miudes, Godella y Villar (este nome tamén lo rexistra el libro de José García sobre a fala del Franco).

É posible qu’el nome primeiro en galego-asturiano d’esta especie fora erbanzolo ou arbanzolo y que despóis se cruzara con outras palabras (garbanzoárbol ou, mesmamente, herba) nun fenómeno conocido como etimoloxía popular ou asociativa: os falantes reinterpretan a palabra orixinal, que xa é escura pra elos, relacionándola con outras que si conocen ben y que s’aparecen nel significao y na fonética.

La Vegalencia (La Ribera) (25/5/2012).

Evidentemente, a Centaurea nigra nun ten miga que ver cuas prantas que dan os garbanzos, tanto os garbanzos da terra ou arbeyos (Pisum sativum) como os garbanzos casteyanos (Cicer arietinum), pro a orixe da palabra garbanzo si ten puntos de contacto cua palabra arbanzolo. Según os estudiosos, nel ámbito hispano a leguminosa cua que se fai el famoso cocido chamóuse primeiro sin ese g- inicial: tanto en casteyano antigo como en portugués danse as formas ervanço y arvanço. Tamén en galego se recoyen ervanzo y arvanzo. A palabra pinta tar emparentada col griego erébinthos y col latín ervum (qu’é a reiz d’unde vén arbeyo). Despóis, pol cruce con outras palabras, os falantes ameceríanye ese g- inicial.

El noso erbanzolo ou arbanzolo leva xeito de ser un diminutivo d’úa forma primeira xa desaparecida *erbanzo ou *arbanzo (igual que carneirolo de carneiro ou ameixola d’ameixa). Despóis virían esos cruces por etimoloxía popular con outras palabras, como nel caso de garbanzolo (con garbanzo ou garabanzo). Nel caso d’erbanzolo tamén se pode pensar nun cruce con herba; anque a forma orixinaria fora erbanzolo y evolucionara fonéticamente a arbanzolo, os falantes ben puideron despóis reinterpretar a palabra como un derivao d’herba, col que ta malo de saber se escribir con hache ou non a forma actual erbanzolo.

El nome d’arbolanzo ou arbolancio tamén é bon d’esplicar por etimoloxía popular. En Mántaras, arbolanzos son as herbas grandes que salen nas terras de vaco ou que quedan nos pastóis porque nun las comen as vacas. Polo tanto, noutros sitos (y quén sabe se dacondo tamén en Mántaras) chamarían arbolanzo ou arbolancio á Centaurea nigra, ademáis de pol parecido fonético con arbanzolo, porque as chanteiras da pranta veríanse como árboles pequenos y a terminación –anzo sería como un sufixo despectivo (como freganzo ou crianzo).

En asturiano, ademáis d’outros nomes como mazacorales, llapazu, manzorru, garampayu, pumar, moriscu ou negrón, a pranta chámase tamén garbanzón, garbanzu ou yerba’l garbanzu. Nos diccionarios galegos nun din topao información del nome popular d’esta especie nin formas aparecidas ás del galego-asturiano. En casteyano chámanye cañamones ou aciano negro (neste caso, pra estremala da Centaurea cyanus, de flores azules, que chaman aciano a secas). É interesante recordar que tamén hai el nome popular de garbanzuelo (que sería el equivalente casteyano da nosa palabra garbanzolo), anque s’usa pra chamar outra especie del mesmo xénero, a Centaurea calcitrapa.

7 opinións sobre “Arbanzolo (Centaurea nigra)

  1. Poutaloba Autor/a do artigo

    Préstame lamar qu’el blog poda ter esa aplicación didáctica. Quén me dera que máis institutos ou escolas da zona recoyeran vocabulario das prantas. Íbamos aprender muito.
    El dato xa ta incluído en Fitonimia del Navia-Eo. Espero por máis. 🙂

    Gústame

    Resposta
  2. albiúa

    A lo menos algús d’Andés (Navia) nun ye sabemos el nome, pero sí que é úa pranta ou herba que las vacas nun poden ver.
    En Andés chámaseye arbolanzo a outras prantas, úas que se ven muito entre´l meiz, nos pataqueiros, ya xunta´l cuito. Nun hay úa clase de arbolanzo namás, hay dúas ou tres, úa d´ellas chámase arbolanzo de pesqueiro, supuemos que porque é grandúa p´arriba.
    You penso tamén que ouín algúa vez erbolanzo, con e. Ya, la vecía, dice úas veces arbolanzo ya outras arbolancio.
    Condo lía que por Eilao chámase arbolancio acordéime d´úa bola que, aunque vivío muito tempo en Navia, nacéo nun pueblo de Eilao, ya en ve´de decir “entós” decía “entoncias”, ya en ve´de decir “puer” decía “poñer”. Lo del “poñer” nun ten que ver cu´esto, pero la terminación “-ncio” de arbolancio sonoume al “-ncias”. Nun tendrá que ver, pero asina foi.

    Gústame

    Resposta
    1. poutaloba Autor/a do artigo

      Hei a preparar pra máis alantre úa entrada sobre ese arbolanzo de pesqueiro del que falas, que ten que ser el que chamamos en Mántaras pesegueiro bravo. A ver se condo vexas a foto tamos falando da mesma especie. 😉

      Gústame

      Resposta
  3. conchitaalvarezlebredo

    Eu por “cañamones” entendía outra cousa: a semente del cannabis, pero ta ben saber que se ye chama tamén así a esta flor. En galego y portugués, parece que nun hai forma popular pra esta pranta; namáis el nome ‘centaura’, que ta claro que de popular nun ten muito. É curioso que haxa tantos nomes comúis en asturiano y en galego-asturiano pra ela, y non haxa ningún en Galicia. Na raya ten que haber, peró nun parez tar rexistrao en ningún sito. Pra as outras especies de centaureas si hai, peró non pra a “Centaurea nigra”. ¿Será que nun leva tanto tempo esta pranta na costa atlántica?
    A explicacióis, mui interesantes. A parte filolóxica, como sempre, maravillosa. Muitas gracias y norabúa pol blog.

    Liked by 1 person

    Resposta
    1. poutaloba Autor/a do artigo

      Tou seguro de qu’hai nomes populares en galego pra esta pranta porque é úa especie autóctona que se dá en todo el norte da Península. El que si é chamadeiro é que nun haxa información sobre el nome d’esta especie nos vocabularios galegos, pro tampouco nun la hai nos vocabularios del Navia-Eo agá nel de Mántaras y nel del Franco (os dous sin úa identificación clara). Os demáis datos que dou son inéditos, así que… outro tanto podemos pensar nel caso del galego. Seguro qu’en Galicia hai nomes ambute pra esta pranta. Outra cousa é que nun se publicaran.
      Nun me quixen meter en cuestióis botánicas que se m’escapan, pro hai discusióis taxonómicas sobre as especies del xénero Ceantaurea y hasta se discute se a pranta da que tamos falando nun correspondería miyor cua Centaurea debeauxii máis que cua nigra. Son diferencias qu’el común dos mortales nun somos quén a apreciar. Pro, volvo aló, tanto nos dá pral que nos ocupa, qu’é el nome popular. Sía úa ou outra especie, a xente nun las distingue y chámayes igual.
      Gracias polas flores que botas al blog… y nunca miyor dito pra este tema. 😉

      Liked by 1 person

      Resposta
      1. Tarrelo

        Somos un grupo d’alumnos y alumnas del asignatura de Galego-Asturiano nel instituto da Veiga. El curso pasao tuvemos investigando y imos ir mandando os nosos resultaos.
        Pra esta especie nosoutros atopamos “arbanzolo/garbanzolo” en Castañeirúa (Castripol).

        Gústame

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s