Pouta loba (Ranunculus repens, Ranunculus globulus)

Flor de pouta loba. Sontolaya (Morcín) (13/3/2016).

A pouta loba é úa herba mui característica pol xeito das súas foyas, que poden recordar a pisada d’un can ou d’un lobo, pro tamén son chamadeiras as flores tan guapías que ten, marelas y brillantes. Trátase d’úa especie que se dá muito nos praos, pro qu’el gao nun quer, qu’é velenosa pol anemonina que contén. Tamén sal muito nas veiras dos camíos y dos eiros.

Hai dúas especies mui aparecidas del xénero RanunculusR. repens y R. globulus. El epíteto del nome científico dá pistas das súas características: a primeira é máis ben rastreira y el outra ten a reiz como úa cebolía. Tamén s’estreman porque a flor d’esta última ten os sépalos reflexos, querse dicir, cuas puntas voltas contra el rabo. Pra os labradores nun hai diferencias na denominación: é todo pouta loba. Hai máis especies del xénero y tamén aparecidas, pro estas dúas son as máis achegadas na traza y por eso nun m’atrevín a escoyer úa ou outra pral título.

Namáis recoyen el nome d’esta herba os vocabularios de Mántaras, A Roda y el estudio de José García sobre a fala del Franco. Todos tres escriben a denominación con dúas palabras porque ten dous acentos al pronunciala (nel o). El única diferencia é el resultao palatalizao ou non: pouta loba en Mántaras y pouta lloba na Roda y El Franco. Da zona de resultaos en -l- tamén teño el mesmo dato nel Valín (Castripol), anque en Montavaro y Brañatruiye (Castripol), y en Busdemouros (Vilanova), apuntéi a palabra con un acento namáis, nel segundo o: poutaloba. Tamén me deron esta forma xunta nas Campas (Castripol). Nel conceyo de Vilanova, na Ovellariza, recoyín úa forma tamén relacionada cua traza da foya: pé de lobo.

Se pasamos al oriente, na zona de -ll-, anotéi a forma pouta lloba en dalgús sitos del conceyo del Franco, como Arancedo, El Chao das Trabas, Llobredo y San Xuyán, anque tamén lo sentín con un acento na Grandella, Godella y Villar: poutalloba. Outra variante, con evolución del diptongo a –au-, apuntéila en Villalmarzo: pautalloba. En Campos (Tapia) dixéronme pouta de lloba.

Foyas de pouta loba condo a pranta xa nun ten flor. Sontolaya (Morcín) (2/10/2014).

Este tipo de denominacióis que xogan col aparecido das foyas da pranta cuas poutas d’un lobo danse tanto al occidente como al oriente da zona eonaviega. Nel asturiano occidental danse as formas poutal.loba ou patal.lobu y máis pral centro úsanse outras como patalloba, pata de llobu, patagarres ou patallán. Ese nome de patalloba ou patalobo sigue muito pral sur, contra as provincias de Lión y Zamora. Tamén se dan en asturiano outras denominacióis que xa nun tein que ver con esa idea: cotel, yerba la grama, yerbagrana, yerbarada

En conto al galego, recóyese a forma pouta loba ben al pé noso: en Cedofeita (Ribadeo) y na Ribeira de Piquín, anque neste caso Otero Pedrayo, qu’é quen publica ese dato, nun ta seguro da identificación y propón a posibilidá del Lycopus europaeus (¿deixaríase influír pol feito de qu’a esta especie chámanye noutros sitos de Galicia amenta de lobo?). A forma máis común na bibliografía galega pra Ranunculus repens ou R. globulus é a de patelo, que tamén pode relacionarse con pata. Outras denominacióis metafóricas galegas sobre a mesma idea son pouta de lobo, pé de galiña, pé de gato, pé de lobo, pé de puldriño… Hai máis nomes en galego, pro xa con outras etimoloxías: herba belida, bugallón, botón de ouro, herba de ouro… En casteyano el nome máis usao na literatura botánica é el de botón de oro ou hierba velluda.

As flores marelas da pouta loba enchen as veiras dos camíos na primavera. Sontolaya (Morcín) (1/5/2015).

A denominación de pouta loba, y outras aparecidas, pinta ser úa comparanza cua marca que deixa nel tarrén a pisada d’un animal. D’ei qu’outros nomes da pranta falen de nel sito de pouta. A palabra pouta ‘garra, gazoupa’ é común en galego y tamén en galego-asturiano. El significao é el de pata con uñas, como as del can, el gato ou as d’un ave de rapiña. Botar as poutas, por estensión, é botar as maos con un sentido peyorativo. Tamén se chama pouta á poutada ‘tipo d’ancla’. A relación semántica cuas garras é evidente se reparamos nos estremos del cepo unde vai atada a pedra, que ye valen pr’agarrarse al fondo del mar igual qu’as uñas del risón de ferro.

Pra Coromines, pouta (y el catalán pota ‘pata’) é resultao del latín pauta, que sería un cruzamento de dúas palabras anteriores, plautus ‘pé plano’ y patta, úa forma onomatopéyica que recordaría el ruido dos pés al pisar na lama y que ta na orixe da palabra pata ou del francés patte ‘pata’.

Advertisement

4 opinións sobre “Pouta loba (Ranunculus repens, Ranunculus globulus)

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      ¿Ese d’ouro é úa adaptación? Dígolo porque ouro é úa forma que na Marina namáis sei que se manteña en topónimos (A Cova d’Ouro y cousas asina), pro non na fala, unde se sustituíu pol casteyanismo oro. El demáis, ese tipo de comparanzas dáse neste nome en casteyano y tamén en galego, anque nun sei mui ben se nun será un nome d’orixe erudita. É úa pura intuición.

      Gústame

      Resposta
  1. Andrea González González

    Bus dias. En Vilarin tamén Pouta Loba. Tamos as dúas variedades, tan mui adaptadas a terra, de reices largas y profundas y flores ben guapas.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s