Amorolo (Fragaria vesca)

Amorolos na veira del camín de Retroncos, Les Bolíes (Morcín) (4/6/2015).

Hai poucas cousas que teñan un sabor tan natural como os amorolos, a fruta da pranta del mesmo nome (Fragaria vesca). Son pequeníos, pro tein un gusto incomparablemente máis intenso qu’as fresas. Esas grandes que mercamos nas tendas (Fragaria x ananassa) son híbridos de cruzar outras especies americanas del xénero Fragaria. Cua raza labrada tamén entróu el empréstamo fresa, palabra qu’é un galicismo que trunfóu mesmamente en casteyano, unde había outras denominacióis populares pra chamar al amorolo, como mayueta, qu’einda s’usa en sitos como Palencia, Cantabria ou A Rioxa.

Os amorolos atópanse nas veiras dos camíos, unde hai arboleda pro tamén dá el sol dacondo. Na primavera, a pranta bota úas florías mui guapas, pequenías y de foyas brancas, d’unde salen despóis, condo ta chegando el brao, as frutas, qu’empezan a madurar y a destacar entre as foyas pol sou brillo colorao. É condo xa podemos ir a elas. ¡Y mialma son ben gustosas!

Pra chamar a pranta y el fruto, se reparamos nos datos publicaos del Navia-Eo, tanto el vocabulario d’Acevedo y Fernández como el de Mántaras y el da Veiga recoyen a forma amorolo (nel da Roda poin a pronunciación máis zarrada da vocal pretónica: amurolo). El vocabulario de Bual recoye dúas variantes: amorolo y amorodo. El d’Eilao fala d’amerodo y amerodeira. Alberto Calvín, de Pardiñas (Taramunde), nel sou O canto do carro, fai úa poesía a os amorodos. Tán ademáis as variantes máis orientales abrodo (qu’Acevedo recoye como de Sarandías, en Bual), abroldo (que recoye el vocabulario de Ponticella) y agrobo (del que temos dous datos d’esa parroquia: el del mesmo vocabulario y el del vocabulario del Cuarto de los Valles, de Tinéu, qu’avisa de qu’é palabra de Valdedo, na parroquia de Ponticella). Pra rematar cos datos publicaos, hai que reseñar a forma amorógano, de Monón y Castaedo (Ayande), unde se mantén el –n– nesa palabra a pesar de falaren en galego-asturiano (xa se viron estas escepcióis á evolución xeneral da lingua en dalgún caso naviego como cinoyo, nel sito da forma común cioyo).

Aparte, eu sentín a forma amorodo na Ovellariza (Vilanova), Llobredo (El Franco), Corondeño (Ayande) y Santolín (Ibias), y dixéronme amorolo en Serantes (Tapia), El Valín (Castripol) y Valdepares (El Franco). Na Barrosa (Tapia) apuntéi a forma amurolo. Xuntando todos estos datos, pinta qu’el resultao con –l– é el propio del metá máis costeiro del Navia-Eo, mentres qu’os que tein –d– danse pral interior. Ademáis tán esas outras formas da veira oriental xa ditas: abrodo, abroldo, agrobo y amorógano. Aparte, el adaptación popular freseira dixéronma en Mántaras (Tapia).

Úa flor d’amorolo en Cuna (Mieres) (31/3/2013).

Antias de metéremonos en fonduras etimolóxicas, taba ben botar un oyo á variedá de nomes qu’hai en galego y en asturiano pra chamar esta pranta porque, a pesar del xareo de variantes, dános un panorama das formas qu’entran en xogo. Compartimos col galego dúas das nosas denominacióis: dicen tamén amorolo, forma esta que ta recoyida en dous puntos da marina luguesa, Cedofeita y O Valadouro (en continuidá col resultao da marina eonaviega); y dicen amorodo, ademáis de variantes como morodo, amoridio, morodeira ou amorodeira. Aparte hai outros xeitos de chamarye, como morogo (qu’é a versión galega da forma ayandesa amorógano), morogueiro, morongueiro, morote, amorote, amarón, amorillón, amorillote, amorilloteira, maroteiro, cacareixón, morangueira (qu’enlaza col morango portugués) y freseira.

En asturiano tou na fe de qu’é el nome d’especie vexetal que ten máis variantes. Tentando de sistematizar toda esa variedá, podémolo resumir dicindo qu’hai variantes alredor de meruédanu (muruédanu, amuruédanu), con repercusión de nasal (miruéndanu, moriéndanu, maruéndanu…), con cambeos na reiz (mairuéndanu, meiruéndanu) y con alteracióis na sílaba tónica (mirúndanu, mirándanu, meriéndanu, miringüéndanu…). Sobre el tipo meruéganu (con –g– nel sito de –d-), danse dalgúas d’esas mesmas variacióis (moruéganu, muruéganu, amuruóganu…; meruénganu, muruénganu…; meiruénganu). Pra detrás, as confusióis das bilabiales sonoras (b, m) y das fricativas sonoras (b, g) enriquecen ese reportorio de variantes: miruébanu, biruébanu, biruéganu, biduéranu, bidruéganu… A forma amuruóganu que s’acaba de citar, qu’é un dato da Estierna (Ibias), zona de fala asturiana, empata col amorógano que dixemos de Castaedo y Monón (Ayande). El meruédanu del asturiano enlaza col amerodo y el amerodeira d’Eilao, cua perda del –n– y amecéndoye os prefixos (a-) y sufixos (-eira) correspondentes.

Deixo pral final outra variante del asturiano occidental, abruóganu, recoyida en Valdés y en Somiedu, qu’enlaza cua reiz abr- das formas orientales nosas. Cua diptongación –uo– y a conservación del –n– propias del asturiano, abruóganu sería a forma correspondente ás variantes en galego-asturiano de Ponticella, anque, como xa s’aseñalóu tantas veces, éste conserva a vocal tónica o y perde el -n-, col que teríamos úa forma hipotética *abrogo. Sobre esa forma puido darse despóis úa metátesis ou cambeo dos sonidos d’úa sílaba pral outra: agrobo; ou ben un cambeo entre –g– y –d-, como el que xa se víu nas formas asturianas meruéganu y meruédanu: así chegaríamos d’abrogo a abrodo.

Se empezamos a buscar d’únde pode vir a palabra amorolo, úa esplicación intuitiva primeira podería atoparse nel latín morum, qu’é a orixe da palabra amora. Nese sentido, amorolo ben podía ser un diminutivo d’amora (igual que carneirolo de carneiro ou ameixola d’ameixa). Así y todo, seique é posible que na palabra atopemos un fenómeno del que xa se falóu outras veces, a etimoloxía popular. Nel tempo en qu’en galego-asturiano einda taba vivo el uso del diminutivo –olo pra formar palabras novas, os falantes puideron reinterpretar a palabra orixinal amorodo como un diminutivo asociándolo cuas amoras: d’amorodo pasarían a chamarye amorolo porque, al cabo, as frutías da pranta son como amoras coloradas pequenas.

Todo apunta a qu’a forma amorodo sería a máis veya y é unde habería que buscar a etimoloxía da palabra. Coromines propoñía úa forma latina hipotética *morótanu qu’esplicaría as formas asturianas del tipo moruédanu y a correspondente galega morodo. A diferencia nas dúas linguas ta nel resultao da vocal tónica y en se se perde ou non el –n-. García Arias, sicasí, propón partir del latín abrótonum, palabra que designaba outra pranta, a Artemisia abrotanum, dato que nun é ningún obstáculo prá hipótesis porque se dan muitos desprazamentos d’esta mena nos nomes populares das especies vexetales. A evolución que levóu a resultaos del tipo abrogo ou abruóganu, ou del tipo morango ou muruénganu, é búa d’esplicar (xa s’apuntaron dalgús dos fenómenos fonéticos que puideron darse). Así y todo, vendo todas as variacióis qu’hai nel nome popular da Fragaria vesca tanto en galegoportugués como en asturlionés, pode pensarse qu’en dalgús d’esos resultaos crúzanse dacondo os dous étimos.

El máis, el qu’importa é saber da pranta, qu’é búa de reconocer. É úa oportunidá ben al xeito, antias de que s’acaben, pra salir a os amorolos y disfrutar d’un sabor escaso pro ben intenso.

Advertisement

12 opinións sobre “Amorolo (Fragaria vesca)

  1. Eleni Arenaz y no Eleni Aretaz

    En Castropol (Asturias), frontera con Galicia, había dos zonas en el mismo pueblo que se daban los amorolos, cuando éramos pequeños los recogíamos y los tomábamos solas o en casa con leche y azucar. Me alegro ver aqui la acepción de la palabra Amorolo, ya que tengo un diccionario gallego que solo pone Amorodo.Muchas gracias.

    Gústame

    Resposta
  2. Marisa

    Presta ben ver todas as variantes prá mesma pranta. En Grandas chamámosyes “amorodos”.
    Na zona de Cangues d’Onís chamábanyes “gurbiétanos”.

    Muitas gracias por este trabayo tan interesante del qu’aprendemos tantas cousas.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias a ti, nía. Sempre lo digo y nun canso de repetilo: úa das finalidades principales d’este blog é recoyer os datos que pódades dar os lectores y eso é parte fundamental. Se non, toda esa información ei quedaría esqueicida. Agora témola aquí, aberta a todo el mundo.

      Gústame

      Resposta
  3. F.

    Pregunté como dicen nel Valledor y é amorodos. Y n’asturianu, faltóte nun sé si a costafecha o non, rebeyón, a la que llegué pel DGLA buscando rubión que ye la que me suena de Las Montañas.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Efectivamente, deixéi adrede ese tipo de formas nel asturiano occidental porque xa era abondo col xareo de variantes que trato na entrada. As formas das linguas vecías trátolas sobre todo condo tein relación cos resultaos eonaviegos. Así y todo, gracias pola observación (vese que tas al tanto de todo ;-)) y pol dato ayandés.

      Gústame

      Resposta
  4. Poutaloba Autor/a do artigo

    El que son as cousas: ás veces as elucubracióis etimolóxicas confírmanse ;-).
    Escríbeme Alfredo Álvarez de Ponticella dicíndome qu’a forma qu’él conoce é abrogo, anque tamén se sinte a variante agrobo. Eso quer dicir qu’a forma abrogo qu’eu poñía con asterisco por ser hipotética (y qu’esplicaba un resultao posterior agrobo, por metátesis) é real, el que confirma a evolución que se propoñía.

    Gústame

    Resposta
  5. Andrea

    Bus dias. Mil gracias por todo lo que nos levas enseñado neste ano. Esperamos muitas florias y muitos anos máis.
    En Vilarin nun se dan os amorodos, pro ouguín chamálos así condo vivía en Grandas. Tamén polos Oscos.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s