
Dúas prantas de carola salindo entre el meiz. Mántaras (Tapia) (15/7/2012.
Hai un herba mui briza, brillante, de color verde claro, qu’aveza a salir nos meizales condo tán medrando y contra a qu’os labradores luitan. É un herba que chegóu de pouco á marina del estremo occidental asturiano. Dicíame un labrador que vera condo se deixara de labrar el trigo, aló a primeiros da década dos setenta del siglo pasao; outro cuntóume que chegara mezcrada cuas patacas de semente. Nun sei se é tan nova por estas terras, pro el que ta claro é qu’é úa especie alóctona, querse dicir, que nun é del país, que chegóu de fora. Así y todo, temos un nome popular pra ela. Os vocabularios de Mántaras, A Roda y El Franco recóyenlo: carola (Cyperus esculentus). En Mántaras tamén se pode ougüir herba carola. Outros sitos unde sentín el nome de carola foi nel Valín (Castripol) y en Salave (Tapia).
A carola ten a mesma traza qu’a xunga (Cyperus longus) y condo florece tamén bota úas espiguías aparecidas a ela, que por algo son del mesmo xénero, pro diferencíase da xunga, sobre todo, en qu’a carola bota us tubérculos nas puntas da reiz. Seguramente como descripción d’esas reices, ademáis del de carola, constatéi el nome d’herba da pera nas Campas y nas Figueiras (Castripol).
Tanto a carola como outra especie parente, Cyperus rotundus, tán consideradas prantas mui dañibles pra outros cultivos porque compiten con elos condo tán medrando y botan compostos bioquímicos que yes frenan a medría, ademáis de ser mui malas de descastar.
El que nun sabe muita xente é qu’a carola, anque os nosos labradores la consideren un herba ruía, noutros sitos lábrase. Esos tubérculos na reiz, que recordan nel sabor á noz ou al aveyana, úsanse pra fer a conocida horchata de chufas. El nome científico da especie, Cyperus esculentus, significa precisamente eso: ‘xunga comestible’. A carola, igual qu’outros cultivos que xa se comentaron como el azafrán ou el limón, trouxéronla á península ibérica os árabes. Foi na rexón mediterránea, con un clima al xeito prá pranta, unde s’estendéu. Y d’ei nacéu, despóis de secar os tubérculos das reices, a elaboración da horchata de chufas, bebida típica de Valencia. A palabra chufa con esa acepción é un empréstamo, porque chufa en galego-asturiano quer dicir ‘alabanza, palabras cuas que se chufa’ (Botóuye muitas chufas, chufóulo muito).
¿D’únde salíu a palabra carola pra chamar a úa especie alóctona? É evidente qu’el vocablo tía qu’esistir xa nel noso vocabulario pra chamar a outras cousas, pro aplicóuse al herba condo parecéu por estas terras y houbo que referirse a ela con dalgún nome. Nel léxico galego, anque pinta que nun s’usa carola pra chamar á pranta, si s’usa pra realidades aparecidas: carola refírese al bulbo d’úa pranta, sobre todo del nabo, y á piña que ten piñóis comestibles. Hasta ten outras acepcióis en galego ben emparentadas semánticamente cua idea de ‘coda dura’: úsase pra chamar ás bolas de bula apegadas al pelo das vacas y pra referirse al ampola seca d’úa mancadura. Y einda hai relación clara con outras variantes da palabra: carolo ‘carozo da espiga de meiz’, ‘cosco verde na noz’, ‘corteyo da parte de riba del pan’, ‘toira seca de terra’; corola ‘noz sin el cosco verde’, ‘noz col cosco verde’, ‘cosco verde da noz’; y corolo ‘grouña da fruta’. D’este reportorio de variantes, en galego-asturiano namáis ta documentada el vocablo carolo ‘carozo da espiga de meiz’ en Ayande. Aníbal Otero relaciona todas estas palabras col latín caryon ‘nuez’ y ten toda a traza de que tamén tía detrás da nosa herba carola cuas súas chufas duras na reiz.
En casteyano, a pranta conócese como juncia avellanada. En galego, ademáis de chufa, castañeta y herba da bola, chámase xuncia ou xunca doce. Nun puiden volar en ningún dato de cómo ye chaman en asturiano.
Uf, la carola. En Andés chámase asina tamén. ¡Cónto se ten arrancada en casa d´entre el meiz! ¡Vaya xeiras nas tardes de calor! Despós de tanto tempo aprendo que la horchata que tomaba you nos bares de Madrid taba feita de carola, ¡qué cousas!
GústameGústame
Eu tamén tardéi en sabelo. 😉
Queda apuntao el dato naviego de carola, qu’é el máis oriental dos que conozo.
GústameGústame
Teño en conta a observación de Miguel de Viladefondo. Condo poda, vou amañar de crear a páxina en Facebook.
GústameGústame
En Cartavio chámaseye carola á planta y téñoye sentido a un vecín chamaryes “carolas” a os pedazos de buya seca pegados a os rabos das vacas.
GústameGústame
Pois si qu’é interesante ese dato que das sobre as carolas de bula, porque é úa acepción da palabra que ben sei que nun ta recoyida nayundes en Asturias. Como ye dixen a Miguel, este tipo de palabras ou d’acepcióis inéditas podíades mandalas al blog amigo da Salvadeira.
Ah, el dato sobre el nome da pranta xa lo incluín en Fitonimia del Navia-Eo. Gracias. 😉
GústameLiked by 1 person
Nun sei qué herba pode ser aiquí en Grandas. Lo más parecido as chufas que hai na terra, son d’uas herbas nos praos aveyentaos a os que aiquí yes chamamos alforxoes, aunque penso que é outra herba. Nesta parte decimos corozos, y as bulías de excremento que se apegan a os pelos dos animales, chamámoslles cazcarras ou cotoxos.
GústameGústame
A verdá é que nun sei da distribución da carola pol occidente asturiano nin se la hai por ei enriba por Grandas. Na marina si que se ve muito nos meizales y é fácil de ver decolorada por efecto dos herbicidas condo ta medrando el meiz.
En conto a os alforxóis, xa me falaran d’elos. Houbo quen me dixo qu’eran como as trufas, pro pinta qu’en realidá son reices, tubérculos, d’un xénero de prantas, Conopodium, del qu’hai dalgúas especies nel norte peninsular, entre outras, Conopodium majus. Has a buscar fotos da pranta por Internet, a ver se son os tous alforxóis. 😉
En conto á palabra cotoxo, nun la conocía con esa acepción nin penso que tía en ningún vocabulario (con outras acepcióis, como a de cotomelo das maos ou a parte d’atrás dos colmos, si). Ben podías mandala al blog A Salvadeira.
GústameLiked by 1 person
Vou axudar nel que poda nesa página, mui boa idea, é ua pena que nun teña ua página en Facebook como a túa, podía enlazala cúa de Grandas, que as veces faemos recopilación de palabras y expresióis da zona.
GústameLiked by 1 person
Tomo nota das palabras. Muitas gracias.
GústameGústame