Herba salada (Rumex acetosa)

Inflorescencia d’herba salada nun prao de Mántaras (Tapia) (2/5/2015).

Esta pranta que nace ventureira nos praos y veiras das terras pode que nun chame muito el atención condo ta verde, pro os nenos si que la conocían ben. Condo a Rumex acetosa taba einda neta, avezaban a mazcala, que ten un sabor acedoso. Esto é por causa del ácido oxálico, del que xa se falóu al referíremonos al herba da maldición (Oxalis latifolia). El que si son chamadeiras son as inflorescencias da pranta, que salen nel pico y que botan como us redondelíos estrapelaos. A especie é dioica, así que ten flores femininas núas prantas y masculinas noutras. Al madurar, esos ramayos piyan un color encarnao que destaca entre el herba. Hai sitos unde se labra en hortos pra comer as foyas en ensalada y hasta hai países en Europa unde fain sopa con ela.

El sabor é el que ye deu el nome d’herba salada nos conceyos costeiros del estremo occidental asturiano, anque esa denominación namáis se recoya nel vocabulario de Mántaras. Así y todo, tamén mo dixeron nas Campas (Castripol) y en Valdepares, Llobredo, Villamarzo, Villar y Miudes, todos lugares del conceyo del Franco. Haberá quen ye choque ese adxetivo de salada pra describir el sabor acedoso que ten, pro, al cabo, esos desprazamentos ou ampliacióis de significao danse muito (tamén se pode chamar branco a un color claro, anque nun sía como a falopa, y mouro a un color escuro, sin falta de que sía como el acebache… ou augua dulce al augua que nun é de mar, anque nun teña azucre).

Chanteira d’herba salada na veira del Camín Veyo, en Mántaras (Tapia) (3/4/2015).

Pode que concuaye miyor col sabor que ten a pranta outra denominación que s’usa máis prá Montaña: aceda, con acentuación cha. El latín acetum ‘vinagre’ (vinum acetum ‘viño acedoso’) ta detrás del adxetivo acedo qu’einda se conserva en casteyano, galego ou asturiano, mentres qu’el latín ácidum deu ácido. Todo vén del verbo latín acere ‘ser acedoso’. Precisamente ese étimo ta tamén nel nome específico da pranta: acetosa. Anque os vocabularios de Bual y de Castaedo y Monón (Ayande), que recoyen a palabra aceda, nun dan datos pra identificáremos a pranta, podemos dar a correspondencia como segura porque tamén se ye chama asina á Rumex acetosa noutros sitos. Teño datos d’aceda prá nosa especie recoyidos en Corondeño (Ayande), Salcedo (Vilanova d’Ozcos), Sanzo (Pezós), Santolín y Villamayor (Ibias). Outra denominación tamén relacionada col sabor é el d’agra, que me dixeron nel Chao das Trabas (El Franco) y que remite a ese matiz gustativo. Como se ve, ás veces nos nomes das prantas consérvanse adxetivos que s’usaron en galego-asturiano y que tán xa mui esqueicidos: acedo y agro (este último recóyenlo Acevedo y Fernández nel sou vocabulario publicao en 1932).

Polos datos dos que dispoñemos, el nome d’aceda é el máis estendido nel estremo occidental asturiano, pro escoyéuse pral título el nome d’herba salada por destacar úa denominación diferencialmente eonaviega, porque as demáis atópanse muito tanto en galego como en asturiano. En Galicia, ademáis de lampaza y d’aceda y acedeira, úsanse outros nomes que tamén tein que ver col sabor, como vinagreira y salgada (aparecido al noso herba salada). En asturiano chámanye aceda, acedera, ayeta, agreta, agrieta, angreta, chupa (pol avezo de mazcala)… y tamén hai un dato de Teberga de que, ademáis de fontana, chámanye yerba salada.

En casteyano chámase vinagrera, acedera, acedilla y agrilla, entre outras denominacióis acedosas.

5 opinións sobre “Herba salada (Rumex acetosa)

  1. I. d. C.

    Eu teño escuitao (últimamente muito a úa muyer da Roda á qu’entrevistéi) cómo os nenos hai úas décadas entretían a fame chupando nesta herba. Esta muyer sempre ye chama “herba salada”. Píntame qu’anque ten el recordo de qu’el sabor del herba salada “é mui bon” á vista da descripción que das sálenme as mías dudas… Haberá que probarlla un día, a ver si la meto na mía dieta.

    Gústame

    Resposta
  2. Andrea

    Bus dias,
    como el resto das entradas gustóume muito.
    Conozo el herba pro nun sabía el nome, anque supoño que pola situación xeográfica en vilarin sería aceda.
    Muitas gracias por tantas cousias que nos enseñas.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario