Perexil (Petroselinum crispus)

Perexil nun horto de Mántaras (Tapia) (15/7/2019).

¿Haberá dalgúa receta da nosa cocía tradicional que nun lleve perexil? É el herba que se bota a todo: al enayada dos chourizos, ás morciyas, a os rustridos, al pito, á carne, al cocido, á sopa, al pescao al forno… Por eso s’avezaba a ter úas chanteiras nel horto ou al pé da casa. «Cóyeme un mañuzo de perexil», dicíame mía bola. Y aló iba, dando volta pola casa, hasta delantre del ventanuxo que dá al Camín Veyo, unde sempre había perexil a esgaya.

É tan común el sou uso na cocía qu’é el único alimento que se regala nas tendas, anque nestos tempos xa se vexan mañuzos envoltos en plástico pra vendelos. Muita xente na ciudá tenlo en macetas: é bon de manter y búa parte del ano ta a disposición pra cortarye úas canías condo las precisamos y ter perexil sin qu’á pranta ye pase nada.

El perexil (Petroselinum crispus) é úa especie bienal, querse dicir, que precisa dous anos pra completar el ciclo: nel primeiro medra y nel segundo bota a flor y el fruto, qu’é el que s’usa pra semar. Nel horto nun se precisaba semalo porque al cayer a semente sempre salían al pé prantas novas. Así y todo, como diz el dito, «Se ques ter perexil todo el ano, sémalo en mayo».

A presencia del perexil en cualquera prebe que s’amañe é el qu’esplica a espresión española de ser perejil en todas las salsas y de seguro que ta detrás de qu’en portugués a denominación usada actualmente pra referirse á pranta y al condimento sía a de salsa.

En galego-asturiano el única forma que conozo pra chamarye é perexil, pronunciao cuas vocales átonas máis ou menos zarradas (perexil, perixil ou pirixil). Os vocabularios da Veiga, Mántaras, A Roda, El Franco, Bual, Castaedo y Monón, y Ponticella recoyen perexil. El da Veiga apunta tamén a pronunciación de pirixil, mentres qu’a variante zarrada que dá el de Bual é perixil. Por criterios normativos habería qu’escribir perexil, forma que constatéi nos Niseiros, Montavaro y Vilarín (Castripol); El Chao das Trabas, Godella, Villar y Llobredo (El Franco); Rozadas (Bual), Sanzo (Pezós) y Villouril (Navia).

Chanteira de perexil xa botando flor. Mántaras (Tapia) (15/7/2019).

Del sustantivo perexil nacéu el verbo emperexilarse ‘aciquilarse, amañarse muito’ y el adxetivo correspondente emperexilao, -ada, ademáis de perexileiro, -a ‘amigo d’emperexilarse’. Tamén hai en galego-asturiano a espresión ser un perexil, que s’aplica á persona froxa y enfermiza. Aparte, ta el verbo esperexilarse ‘esfarelarse, esplicarse con muitos aspaventos’.

Seguindo a esplicación que dá Coromines pral casteyano perejil, a palabra viría de *petrisillu, a partir d’outra forma anterior *petrisilnu procedente de *petrosilenon. Son todo formas hipotéticas del latín derivadas por metátesis de petroselinon (que vén del grego petrosélinon ‘tipo de perexil’). D’ese étimo vein as denominacióis que se dan en muitas llinguas d’Europa: dende el francés persil hasta el ingles parsley, pasando pol italiano prezzemolo ou el alemán petersilie. En portugués, anque hoi dicen salsa, tamén se dixo perrexil, anque na actualidá úsase a palabra pra chamar outra pranta aparecida, Crithmum maritimum, y hasta col significao figurao de ‘aperitivo’.

En asturiano, ademáis de perexil, dáse esa forma perrexil, aparte d’outras variantes fónicas: pirixil, perxil, prixil. Y hasta se rexistra a forma perrexu. En galego as denominacióis máis habituales son pirixel, prixel y perexil.

7 opinións sobre “Perexil (Petroselinum crispus)

  1. migueltxaves

    Un pracer ler estes humildes artigos teus en galego-asturiano. Como fas coa gramática? Que reglas segues para a escrita?

    Unha aperta

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, préstame que che presten. 😉
      En conto á gramática nun teño ningún problema porque soi falante da lingua y estudioso d’ela. Precisamente nel 2017 presentamos un atlas lingüístico da zona del que xa teño falado úas contas veces, el ETLEN, proyecto nel que participéi y que dirixíu el profesor da Universidá d’Uvieo Ramón d’Andrés Díaz.
      En conto á ortografía, sigo as Normas Ortográficas del Gallego-Asturiano, que podes descargar aquí. Son as que sigue el Administración asturiana, as que s’aprenden nel sistema educativo y as qu’usamos muitos dos escritores da zona, anque hai outros qu’usan úas máis achegadas á normativa del galego y hai quen usa outras achegadas á normativa del portugués. 

      Liked by 2 people

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s