
Oliveira cultivada en flor. Mántaras (Tapia) (26/3/2013).
Mía bola recitábame con voz sentencieira, como dicindo «éche búa verdá», úa cuarteta que sempre me gustóu, quizabes pola comparanza botánica y el sou aire amable: «Oliveira ben prantada sempre parece oliveira. A muyer del bon marido sempre parece solteira». Nun sei se será escesivo fer úa interpretación d’estos versos populares como un canto pioneiro al respeto nas relacióis de parexa ou se daquén ye verá detrás máis ben úa actitú paternalista, pro, al cabo, nun tán tan mal nun cancioneiro sempre chen de letras denigrantes pras muyeres qu’hoi rínchannos nos ougüidos.
Anque é un árbol raro nas nosas latitudes atlánticas, el autor ou autora popular que discurríu ou axeitóu a cuarteta decidíu botar mao da figura da oliveira (Oliva europaea) pra rimar con solteira. Sicasí, noutras partes d’Asturias unde nun se dá ese diptongo –ei– nas terminacióis femininas, a cuarteta cántase con arboleda, pra que rime con soltera.
É verdá qu’a oliveira é un árbol escaso nel occidente asturiano, pro en muitos sitos era tradición prantala al pé da casa, pra levar nas procesióis os sous ramayos bendicidos el día de Ramos. Nun hai qu’esqueicer el papel simbólico que sempre tuvo esta especie na cultura occidental: dende a canía d’oliveira que tría nel pico a palomba que Noé mandara fóra del arca despóis del diluvio hasta a súa presencia na mitoloxía grecorromana. Pra min a oliveira é familiar, porque na mía casa de Mántaras sempre conocín úa. A primeira taba prantada arrentes del payar y, condo chegaba Semana Santa, a xente vía a ela a cortar us ramayos. Condo aprovetamos parte da edificación pra fer úa casa, el árbol tuvo que tumbarse, anque úa troza del couz da oliveira veya usóuse muito tempo como picadeiro y einda anda por ei. Así y todo, meu padre, quizabes como desagravio pra manter a tradición, prantóu úa canía al pé da ventá da cocía da casa veya. D’eso hai xa treinta y cinco anos y alí sigue medrando.
Todo el mundo conoce as oliveiras, anque máis ben polas razas cultivadas noutras latitudes prá producción d’aceitunas (ou olivas, se escoyemos el nome d’orixe latín y non el d’orixe árabe) y aceite. As oliveiras bravas son menos conocidas, pro son autóctonas en Asturias: danse miyor nos sitos de tarrén calizo y ben asoleyaos, como na costa centrooriental ou dalgúas partes abrigadas del interior. Considéranse seis subespecies d’Oliva europaea, mui aparecidas y con distribucióis xeográficas estremadas en zonas d’Europa, África y Asia. Dentro da subespecie Oliva europaea subsp. europaea hai dúas variedades: var. sativa, qu’é a cultivada, y var. sylvestris, qu’é a brava y que se conoce en casteyano como acebuche y en portugués como zambujo. Cos cruces entre elas por selección artificial al largo dos anos, amañáronse os centos de variedades labradas qu’hoi se conocen.

Oliveira en Mántaras (Tapia) (15/7/2019).
Como se dixo, é especie escasa en Asturias, pro a súa presencia na toponimia fálanos da súa antigüidá: dende el barrio d’Olivares en Uvieo ou outros como Olivar (Villaviciosa) ou La Oliva (Salas, Villaviciosa), hasta topónimos menores ben cerquía, en Tapia, como el d’úa pedra qu’hai nel mar, na punta del Toxal, que se chama Oliveira. Nun sei se tería nun tempo campo nel pico que puidera esplicar el nome por nacer alí úa oliveira ventureira, anque, botando a engalar a imaxinación, tamén pode ser un caso d’etimoloxía popular dende outra orixe. Hai un artículo de Fernando Álvarez-Balbuena que fala das muitas pedras na costa occidental que levan nel nome a palabra oliu ou ulio, referido quizáis a un ave del mar. ¿Puido ser a pedra tapiega el pousadoiro d’aves conocidas noutro tempo como olios ou ulios y recibir por eso el nome (*olieira > oliveira), igual qu’outros topónimos costeiros como El Corveiro ou El Gavioteiro?
Pro, volvendo al árbol, tamén é un señal da súa difusión que se recoya a palabra patrimonial oliveira en muitos vocabularios da nosa zona: Acevedo y Fernández, Mántaras, A Roda, A Veiga, El Franco, Bual y Ponticella. Outros datos d’esta mesma denominación déronmos en Cachafol (Eilao), Sanzo (Pezós) y Carbueiro (Ibias). El nome en galego-asturiano é tresparente: á reiz oliva, fruto del árbol, améceseye un sufixo típico del galegoportugués pr’amañar nomes d’especies vexetales: –eira. Esa é precisamente a denominación común tanto en galego como en portugués. Por certo, el vocabulario del Franco recoye amáis a variante masculina, oliveiro, y esplica qu’el árbol nun dá fruto, y é verdá qu’á nosa oliveira de Mántaras nun ye vin nunca úa olivía, por pequena que fora. Cousas del noso clima costeiro, húmedo y fresco. En conto al asturiano, os datos rexistraos sobre el sou nome popular son oliva y olivar, en feminino as dúas. En Ca Calvario d’Andés (Navia) hai úa oliveira que dicen que ten 140 anos y na casa sempre ye chamaron oliva, así qu’aquí temos outra denominación da parte máis oriental del galego-asturiano.
¡Qué guapo é el díto! y pouco conocido, nunca lo ouguíra nunca. É búa verdá que son poucas as oliveiras mansas na nosa zona, nun se dan ben, pro, como ben dices, sempre había algúa en cada poblo, pra coyer úa ramía pra ir bendecíla, xunto col laurel.
GústameGústame