
Folgueirón nacido nel mofo del tronco d’un carbayo en Casielles (Uvieo) (2/4/2017).
Se miramos pra úa parede veya, é fácil que nas regrechas entre as pedras véxamos prantas especializadas nesa clas d’hábitat. D’úa d’elas, el couxelo (Umbilicus rupestris), xa se falóu aquí. Tamén hai ben razas de folgueira que nacen nas paredes. Úa das máis conocidas y que ten muitos nomes populares nel estremo occidental asturiano é el folgueirón (Polypodium spp.). Pódese ver tamén nas regandixas dos penedos, nos louxaos, nel mofo dos árboles y da terra. Da súa reiz salen frondes pequenas, normalmente de non máis d’úa cuarta de largo, cuas pinnas (as foyías en que se dividen as frondes) anchas, alargadas y separadas. Se yes damos a volta, pódense ver os soros redondíos y marelos, unde se guardan as esporas, en dúas fileiras a entrambos laos del nervio central de cada pinna.
Son trés as especies d’este xénero que se dan na nosa terra: Polypodium interjectum, P. cambricum y P. vulgare. Son mui aparecidas, anque as pinnas, dependendo da especie, poden ser acabadas en punta, arredondiadas ou máis oblongas, pro son as diferencias nel xeito dos soros as qu’axudan definitivamente á súa identificación.
Agá el vocabulario de Mántaras (Tapia), lugar unde dicen folgueirón, y nel de Ponticella (Villayón), unde ye chaman foleta, ningún outro estudio local del galego-asturiano reparóu nel nome popular d’este xénero de folgueira, así qu’hai que botar mao de datos inéditos. É ben aclarar qu’escoyín el nome de folgueirón como etiqueta xeneral porque é a denominación que recoyín en máis sitos y núa zona máis grande: dende Tapia (Serantes, Casarego, Mántaras, Salave) hasta El Franco (San Xuyán, Villalmarzo), pasando por Obanza (Castripol), unde el qu’apuntéi foi a forma folgueirón manso. A esplicación a este adxetivo manso pode tar en qu’el gao cómelo (cousa que nun fai cuas folgueiras grandes como Pteridium aquilinum, Dryopteris spp., Athyrium filix-femina…, das que xa falamos aquí). Asina me xustificaron folgueira mansa, el nome que ye dan en Villares d’Arriba, na parroquia de Tormaleo (Ibias). El que nun concuaya con esto é qu’en dalgús sitos del Franco recoyín a denominación de folgueira brava (Arancedo, El Caroceiro, Mendóis) ou folgueira montesa (Arancedo, El Chao das Trabas), querse dicir, con un adxetivo qu’é todo el contrario de manso. Volvo aló neste tema máis adelantre.

Os soros del folgueirón repártense a os dous laos del nervio central de cada pinna. Penanes (Morcín) (19/12/2015).
El demáis, vese qu’estos nomes populares pral xénero Polypodium amáñanse en galego-asturiano por contraste cuas folgueiras grandes, pras que se reserva a denominación común de folgueira ou, na zona nororiental, foleto. El xeito de diferenciar as folgueiras pequenas das paredes é amecéndoye á palabra un sufixo aumentativo (-ón), un adxetivo (mansa, brava, montesa) ou un adxacente. Esta terceira vía de formación del nome é a que se dá nas denominacióis folgueira da raposa, que recoyín en Molexón (A Veiga) y Vilarín (Castripol), y foleta de carrachos, que me dixeron nas Mestas (Cuaña), cua variante tamén de foleta carracheira. Nun atopo esplicación á presencia da raposa nel nome da nosa folgueira máis aló de tradicióis veyas xa esqueicidas, qu’é animal habitual na denominación de muitas prantas na península ibérica, y tamén en galego-asturiano pra referirse a os fungos con xeito de sombreiro (pan de raposa). En conto á presencia das carrachas na denominación popular, é verdá qu’é normal atopar estos arácnidos parásitos por detrás das foyas das folgueiras, pro andan por todas y non solo polas especies del xénero Polypodium. ¿Terá que ver entoncias cua disposición y feitura tan chamadeira dos soros nel rovés del folgueirón, que podan pintar carrachas nel imaxinario popular?
Como xa se víu cua denominación de foleta en Villayón y cuas de foleta carracheira y foleta de carrachos en Cuaña, na veira máis nororiental del Navia-Eo el nome fórmase por contraste con foleto, qu’é como ye chaman alí á folgueira. Neste caso, el que fain é amecerye á reiz folet– el sufixo feminino. Tamén constatéi el uso da forma foleta en Valentín (Cuaña) y nel Monte y Llamabúa (Navia). Máis chamadeira é a denominación de foleto, en masculino, que recoyín en Llobredo y Nadóu (Cuaña), unde usan a palabra folgueira pra chamar ás grandes. Estos dous lugares tán al pé da fronteira entre a zona de folgueira y a de foleto y, nel sito d’haber úa oposición folgueira/folgueirón (como fain na primeira zona) ou foleto/foleta (como fain na segunda), aquí a oposición faise deixando el término autóctono prá denominación xeneral y botando mao del que pinta empréstamo dos vecíos, foleto, pra chamar al xénero da folgueira pequena.
Pro einda temos en xogo outra denominación máis pra Polypodium spp., anque a reiz da palabra xa nun procede dos derivaos del latín filix (filictu > foleto, filicaria > folgueira). En Corondeño (Ayande) usan el nome de forceya (ou tamén forcea, cua cayida del -y- típica d’esta zona: abea, calea). En Cachafol (Eilao) chámanye fronceya. Y, pra completar este panorma de variantes, hai qu’amecer un par de datos del asturiano occidental: faceya en Tinéu y facecha en Cangas (unde dicen abecha, calecha, etc.). Todas estas formas tein en común as consonantes nel marxe prenuclear das dúas sílabas da reiz (f-, c-) y ese sufixo diminutivo –eya (< –icula), pro pinta que nelas pode haber cruces entre étimos diferentes.

As dunas da praya de Xagón máis achegadas a terra tán chías de folgueirón. Xagón (Gozón) (10/9/2017).
El étimo máis evidente é el de fronceya, que viría de fronza, del latín vulgar frondia (< frons, frondis ‘foya, ramaxe’). En galego-asturiano chámase fronza a úa xota ou guía d’un árbol y en galego ten el significao de ‘ramaxe dalgao del árbol, da xesta, das avías’. Polo tanto, con ese diminutivo fronceya taríase comparando el folgueirón cua rama ou as canías d’un árbol. A forma de Corondeño podería esplicarse por metátesis del -r- (fro– > for-).
Prá forma asturiana faceya é máis fácil pensar que sía resultao del latín fascis ‘mañuzo’ máis el sufixo diminutivo –eya (< –icula) xa dito (fascícula > faceya). En asturiano nun hai dificultades nesa evolución fonética: el grupo –sce-, –sci– pode dar pé a –c-, como en pacer (< pascere), faza (< fascia), facina (< fascina). Tampouco nun hai problemas col significao: as foyas del noso folgueirón veríanse como un mañucín qu’asoma nas regrechas das paredes. Ademáis d’estos nomes, en asturiano é mui común chamarye felecha, contraposto al felechu grande. Tamén hai outra denominación del asturiano occidental, concretamente en Somiedu, ben interesante: fleitariel.la brava, unde atopamos outro diminutivo distinto, –iella (equivalente al noso –ela, –ella, según a zona), amecido á reiz fleitar- (a equivalente al noso foletal) y col adxetivo brava xa comentao. ¿Por qué ye poin en Somiedu ese adxetivo? Porque hai outra folguería que sal nas paredes, Asplenium trichomanes, que ten as frondes pequenías y estretas, y as pinnas tamén mui pequenías y arredondiadas, que ye chaman alí fleitariel.la albar. Nesta denominación, albar pinta ter el sentido de ‘de búa clas’, ‘fina’. Pra esta especie nun conozo el xeito de chamarye en galego-asturiano, pro ocúrreseme pensar qu’esos nomes que recoyín pral folgueirón formaos cos adxetivos manso y bravo, que pintan tan contradictorios pra designar un mesmo xénero de prantas, poden tar falándonos de que nun tempo a xente estremaba máis d’úa especie de folgueiras d’esta clas usando manso pr’Asplenium trichomanes y deixando bravo ou montés pra Polypodium spp. Esos nomes recoyidos na actualidá serían el resultao d’úa confusión dos falantes entre dúas denominacióis pra folgueiras pequenas diferentes ou d’úa igualación con un nome namáis pra chamar al xénero máis común, Polypodium spp: nus sitos igualaríase con formas col adxetivo manso y noutros, con formas con bravo. Anque seguro qu’haberá sitos del Navia-Eo unde s’estremen esas razas de folgueiras pequenas, fáltanos ese dato, que podía confirmar ou refugar esta hipótesis.
En galego, el nome que ye dan al folgueirón é fento, fenta, fenteira ou fento das pedras. É chamadeiro el nome portugués da pranta, fentelha, porque volvemos atopar el mesmo diminutivo qu’en fronceya, anque amecido á reiz fenta (< filicta).
Fieita en femenín o que eu sei nalgún lugar do Bierzo baixo.
dáme vergoña dicircho dada a túa rigorosidá ia grande ia valiosa información pero bótalle unha ollada ás secciois de pañando palabras que básicamente é igual cá túa intención namais que máis modestina ia pa divulgar entre a paisanaxe xa que hai moi moi pouca consciencia ling.
(sou o berciano da mioca do outro día ia animeime a escribir neste blog no que asino).
saúdos de admiración !
GústameGústame
Gracias, ho. Mui guapo el blog. 😉
GústameGústame
En Cartavio chámaseye “fuleta” ou “fuleto de augua.
GústameGústame
Ben, coincide cos poucos datos cuañeses que tía. El qu’é máis interesante é ese adxacente “d’augua”. ¿Perguntache se sabían darche úa esplicación a por qué ye chaman asina?
GústameGústame