
Florías de romeiro nun xardín en Sontolaya (Morcín) (8-9-2014).
Núa escena d’A empanada y a tarta, úa traducción al galego-asturiano feita en 1934 d’úa farsa medieval francesa, ún dos personaxes díceye con muita gracia a úa muyer que ta queixando dos cadriles: «Débeye ser reuma, qu’hai unha andancia d’él por ei. ¿Por qué non dá unhas fregas d’auga de romeiro cocido?». Esta adaptación teatral fixéronla Vicente Loriente Cancio y María Ramona Penzol pra representar nas Figueiras y Castripol dentro das actividades da Biblioteca Popular Circulante. El obra formaba parte, con outras máis, del conocido como Teatro Aldeano, unde, aparte de ferse na lingua del país, sempre había referencias al mundo rural, ás crencias y os saberes tradicionales. El uso melecieiro del romeiro (Salvia rosmarinus) é úa d’esas referencias. Nel vocabulario d’Acevedo y Fernández, publicao en 1932, cúntase qu’el augua de cocer romeiro tomábase pra sanar el catarro. Adelina Fernández y Susina Pérez, nel sou libro Cousas de Bual, falan das fregas d’alcohol de romeiro pral artrosis y prá cayida del pelo. Cuntóume úa muyer da Ovellariza (Vilanova d’Ozcos) que pra esos problemas capilares era bon botar viño branco fervido con romeiro. Tamén María Teresa López, nel sou Cousas d’entoite pa pasado mañá, esplica romedios naturales a base de vapores ou cataplasmas de romeiro pra sanar golpes ou escordaduras. Son namáis us poucos exemplos de qu’esta especie vexetal sempre tuvo presente na melecía tradicional. Pro tamén é conocido el sou papel na cocía y pra perfume porque é úa pranta mui aromática.
Todas as propiedades que sempre se ye buscaron á pranta esplican el epíteto específico que levaba a súa denominación científica hasta el ano 2017: Rosmarinus officinalis. A palabra officinalis, derivada d’officina, quer dicir qu’é propia del cuarto del mosteiro unde s’amañaban y guardaban melecías. Y de seguro que nesa officina habería us ramayos da nosa pranta. El caso é qu’hai pouco, con análisis d’ADN, descubríuse qu’el romeiro ten muito parentexo cua salvia y outras especies, así qu’houbo que reorganizar toda a clasificación y volver poñeryes nomes novos. D’ei a denominación actual de Salvia rosmarinus, anque é un cambeo qu’einda nun trunfóu de todo y aveza a verse máis el sou sinónimo Rosmarinus officinalis.
A pranta é d’orixe mediterránea y nun é autóctona das nosas latitudes, así que se ve en xardíos y labrada adrede pol sou olor y vistosidá. El nome de romeiro é el que recoyen todos os vocabularios dialectales de galego-asturiano: A Veiga, Mántaras, A Roda, Castaedo y Monón, Ponticella, Bual, Eilao y El Franco, ademáis del d’Acevedo y Fernández xa dito. Eu tamén recoyín esa palabra en Bustapena y, como dixen, na Ovellariza (Vilanova d’Ozcos). A denominación deriva del nome latín da pranta, qu’os autores clásicos chamaban ros maris ou ros marinus ‘rosada del mar’. A forma del latín vulgar evolucionóu a romaris y variantes como romariu, d’unde vein el noso romeiro, el romeru asturiano y el romero casteyano.

Romeiro aporondando d’úa parede en Brañanoceo (Mieres) (12-10-2020).
En galego a denominación máis popular é romeu, anque tamén se rexistran outros nomes como romanín ou rosmariño, aparte das formas rosmaniño y alecrín, como as portuguesas rosmaninho y alecrim. Según el estudioso galego Navaza Blanco, a forma bisílaba pode que veña de qu’a xente entendera como diminutivo a palabra romaniño y d’ei reconstruíra úa reiz romeu. Axudaría, claro, el cruce cua palabra romeiro ‘pelegrín’, nome que ten outra orixe, romaeus, relacionao con Roma, capital del imperio romano y centro de pelegrinaxe, y que deu el nome de Romeo.
Condo vía as películas ou series americanas nunca penséi qu’as Rosemary que salían nelas tían relación col noso romeiro. Pois si, é como ye chaman á pranta en inglés: rosemary. Sobre el mesmo étimo rosmarinus amañóuse a denominación estándar italiana (rosmarino) y francesa (romarín), mentres qu’en catalán danse romaní y romer.
En galego tamén ye chaman romeiro á nosa pranta, pro, como pasa muitas veces nesta clas de vocabulario, é variante que se recoye nos puntos máis orientales de Lugo, testando con Asturias: Cedofeita (Ribadeo), Suarna y A Proba de Burón, anque neste último sito tamén se recoye rumeu. Anque nun hai datos de que se diga romeo nel estremo occidental d’Asturias, en Serantes (Tapia) hai un Río del Romeo. El que nun sabemos é se mantén a denominación antiga da pranta ou dos pelegríos ou de daquén con ese nome, anque chama máis a hipótesis del viaxeiro a Santiago.
Esos romeiros que pelegrinaban pra ver a tumba del apóstol tamén acabaron compartindo el nome con aquelos que fían viaxes máis curtios, a igresias da contornada como a de Pastur (Eilao), Villouril (Navia) ou A Braña (El Franco). A revista Asturias del Habana publica esta cuarteta en 1915, según dicen, recoyida en Brañamayor (El Franco): «Nuestra Señora da Braña / taba sentada na porta / mirando pra os sous romeiros / cómo subían a costa». Esas festas que se fain alredor d’igresias ou capiyas son el que se conoce en galego-asturiano como romeirías, anque nos puntos máis occidentales dáse a variante específicamente galega romaría.