Labaza (Apium nodiflorum)

Labaza nel Río de San Antonio, en Mántaras (Tapia) (2/5/2015).

É abondo con mirar pra cualquera regueiro pra ver a labaza (Apium nodiflorum), qu’é pranta acuática qu’aveza a salir nos sitos con augua dulce remansada. Como indica el nome científico, é parente del apio labrado qu’usamos na comida (Apium graveolens). A labaza enreiza nel fondo y vai medrando hasta asomar as foyas por derriba del augua, anque tamén pode tar en sitos enchagozaos ou namáis mui húmedos. Na primavera y brao, bota úas flores brancas en forma d’umbela que salen del medio del forcao qu’amaña a cana col rabo da pranta, d’ei el epíteto nodiflorum, que viría a significar ‘flor nel nougo’.

A labaza nun foi quén a chamar el atención a os vocabularios eonaviegos anque sía especie conocida de sobro nel medio rural. Si recoyen a palabra lavaza ou llavaza ‘caldada, lavaduras que se dan a os cochos’, pro a pesar de que súan igual y de qu’as dúas realidades tein que ver col augua, el étimo da nosa pranta remite a outra cousa.

A forma labaza namáis se recoye nel vocabulario de Mántaras (Tapia). Os datos inéditos que fun xuntando por ei son poucos: labaza en Piñeira (Castripol) y Zreixido (A Veiga), sito este unde dicen tamén labarza, qu’é úa variante que recoyín igual no Chao (San Tiso d’Abres). A forma esperable con ll-, llabaza, dixéronma en San Xuyán y Villar (El Franco).

En galego xa se víu al falar del carbén qu’as palabras labaza y labarza úsanse pra chamar a dalgúas variedades de Rumex, pro tamén se conoce d’ese xeito al Apium nodiflorum. Anque nun atopéi datos d’en qué parte de Galicia é, pinta un uso minoritario, porque os máis dos datos por todo el territorio galego son pra chamar al carbén. Outras denominacióis son brizo, brinzo, berraza y berro femia, ademáis d’alfaciña de río.

Flor en forma d’umbela da labaza. Mántaras (Tapia) (4/7/2015).

En asturiano chámanye berriu, anque ás veces comparte este nome popular con outra especie acuática aparecida cua que femos ensaladas (Nasturtium officinalis), y tamén perexilón (el perexil é outra apiácea, y por eso s’asomeña de dalgún xeito).

En casteyano recibe nomes como berro, berra, berrera o berraza, pro tamén hai outras variantes como rabaza y robaza.

A orixe de labaza ten que tar na palabra latina (que vén del grego) lapathium ou lapathum ‘pranta del xénero Rumex’, que despóis acabóu designando nel estremo occidental asturiano y en Galicia al Apium nodiflorum. Xa se víu cómo muitos nomes populares de prantas vein del nome latín que se ye daba a outra especie distinta, polo qu’este tipo de desprazamentos nun son raros. Y despóis xa vein os cruces entre úas palabras y outras: en galego chaman labaza y lampaza al carbén, pro tamén chaman lampaza al Arctium lappa, qu’en casteyano chaman lampazo. Y son todas especies ben diferentes. Ás veces a relación ta en dalgún detalle formal que las fain asomeñarse, pro outras é porque vein d’étimos aparecidos y por eso se dan as confusióis entre os falantes: labaza, lampaza, rabaza, robaza, romaza, berraza

Advertisements

12 thoughts on “Labaza (Apium nodiflorum)

  1. conchitaalvarezlebredo

    Muitas gracias pola información. Conocía a palabra y conocía a pranta, peró por separao, haha… Nun las asociaba. Eso pásame con muitas prantas y páxaros. Sentín nomalas, peró nun teño nin idea de cuáles son, hasta que nun vexo a túas fotos y digo: Aaaaaaah, ¡era esa…! ; )

    Gústame

    Resposta
  2. Por whatsapp era abondo

    Dicen en Armal que xa nun hai llabaza como la había y que ta desaparecendo del Regueiro del Mazo (regato debaxo d’Armal), como os xungos y as agras, que cada vez se ven menos por esa parte.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias pol dato, querido amigo Por whatasapp era abondo ;-). Xa lo incluín na lista.
      Teis qu’entender qu’hai que guardar certas formalidades y quero miyor qu’os datos qu’aportedes se conozan d’este xeito: mandando información al blog pra que tían a disposición dos que tanto nos interesa esta lingua. Como soi mui inxenuo, penso qu’igual dalgún día cunde el exemplo tou y d’outros amigos como Andrea, Moncho, Aurora, Marián, Manuel, Conchita, Cazarón, Alberto, Luisa, Tere, Belén, Marisa, Héctor, F. ou os alumnos da Veiga (Tarrelo).

      Gústame

      Resposta
  3. Iván de Cazarón

    Como é esperable, “llabaza” en Valdepares y en Prendonés (San Xuan de Prendonés). Os dous llugares del conceyo del Franco.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      É el esperable, pro son datos qu’estenden el territorio d’usa d’esta palabra. Como todos, benvidos. Xa tán metidos na lista.

      Gústame

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Pois alomenos xa sabemos d’un sito concreto de Lugo, al outro lao del río Eo, unde ye chaman asina. Así imos fendo el mapa da palabra. 🙂

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s