Estoupóis (Digitalis purpurea)

Flores d’estoupóis en Sontolaya (Morcín) (22/6/2015).

Chámanse estoupóis tanto as prantas como as flores da especie Digitalis purpurea. Ese nome tan sonoro vénye de qu’os nenos arrincaban as flores, que tein xeito de campá, zarrábanlas pola boca y estampábanlas cua mao. Eran us estoupidos pequeníos, caseiros, á espera del día da festa, qu’el estrombeiro dos cuetes si qu’era un estoupido de verdá.

Condo os estoupóis florecen, a pranta destaca nos suqueiros y nas veiras dos montes, col sou peteiro de campanías arrosadas (d’ei el epíteto de purpurea que ten el nome da especie), cua boca da flor chía de pelos y úas pencas de color máis intenso y arrodiadas de branco. Nel segundo ano da pranta, bota pra riba úa vara que pode pasar del metro y medio, y qu’é d’unde salen as flores todo porriba d’ela.

Trátase d’úa especie conocida de sempre prá farmacoloxía polas propiedades da súa toxina, a dixitalina, pro el sou uso é peligroso porque hai qu’acertar cua dosis. Polo tanto, é miyor quedar cua idea de qu’é velenosa. A os estoupóis tamén se ye atribuían poderes máxicos relacionaos cua noite de San Xuan: en Galicia poñíanse ramos d’esta pranta nas portas pra tornar as bruxas, tradición que nos cuntaron como propia dos lugares del conceyo de Castripol al pé da Bovia, na parroquia de Balmonte. De seguro que tía que ferse en máis sitos del noso occidente.

Os vocabularios de galego-asturiano recoyen a forma estoupóis en Ponticella (Villayón), balloco nos conceyos del Franco, Cuaña y Bual (Dámaso Alonso cita concretamente el lugar de Prelo), estallóis en Bual y en Monón y Castaedo (Ayande), y campanías ou campaniyas en Mántaras (Tapia). Neste lugar da marina tapiega, chamábamos estoupóis ou estalóis a algo un pouco máis moderno, a os esplosivos pequenos que vían naquelas tiras de papel colorao que se poñían nas pistolas y que despóis veron en aríos de plástico pra encaxar nel cargador: era úa pistola d’estoupóis ou d’estalóis. Pro condo nun había estas modernidades, de seguro qu’a palabra tuvo qu’usarse prá pranta. Tamén Dámaso Alonso fala da denominación estoupóis como propia dos nenos en Samartín d’Ozcos.

Ás flores da Digitalis purpurea tamén yes chaman con outro nome en Monón y Castaedo: gallopos, úa denominación que pinta tar formada pola reiz gallo máis un diminutivo –opo, -opa (como se dá en galego-asturiano en manxopo ou en raopa). Anque nun deixa de chamar el atención el asomeñanza fónica con ballocos

Outra forma que recoye a bibliografía é a que dá Dámaso Alonso pral conceyo de Samartín d’Ozcos y qu’Aníbal Otero apunta como propia del lugar samartiego del Mazo de Mon: estrincóis, palabra que ten tamén que ver tamén col estoupido da flor. Alonso esplica qu’estrincar significa alí ‘fer ruido mazcando cousas duras’. El sustantivo estrincón úsase en asturiano col sentido de ‘secudiyón, tirón’, igual qu’en Cantabria, anque en galego-asturiano, a pesar del dato samartiego, os vocabularios namáis recoyen a palabra estracón, y con ese significao de ‘secudiyón’.

As varas chías de flores dos estoupóis destacan nos ribóis y veiras dos montes. Santuyano (Mieres) (9/6/2012).

En conto a os datos inéditos que podo apuntar, tamén yes chaman estoupóis nel Valín (Castripol), A Antigua (San Tiso d’Abres) y Tormaleo (Ibias). Se sumamos el dato publicao de Ponticella (Villayón) y el de Samartín d’Ozcos, vendo a estensión que ten el nome, d’oriente a occidente y de norte a sur, escoyín esa forma, estoupóis, pral título. Seguindo cos estoupidos, apuntéi el nome d’estallos en Villar (El Franco). En Vilanova d’Ozcos, nos lugares de Batribán y Salcedo, déronme a denominación d’estrincóis, col que s’enancha xeográficamente os datos samartiegos d’Aníbal Otero y Dámaso Alonso. Nel Franco, en Villalmarzo, dixéronme campanías. En conto á forma balloco, recoyínla nas Mestas (Cuaña), El Chao das Trabas y Llobredo (El Franco). A forma caracoles apuntéila en Trigo, na parroquia castripoleña de Presno, y tamén na de Balmonte, en Obanza, Os Niseiros y Brañatruiye. Como se ten dito al falar del Umbilicus rupestris, os nomes de balloco y de caracoles úsanse tamén noutros sitos, ás veces nun mesmo sito dependendo de quén cho diga, pra referirse al couxelo.

En galego hai úa chía de xeitos de chamar a pranta. Ademáis del conocido estoupón (estoupallo, estroupallón), tán denominacióis como estalote, baboca, abelloca, abeluria (abeloira, abeloura, abrula…), alconoz, borleta, boto (botexo), dedaleira, porreta y un feixe de variantes a partir da súa relación con San Xuan: sanxoáns, xoane, seoane, soane, soandes… Outra retafila de formas, a máis grande, é a que ten que ver col onomatopeya del suar da choca ou da campá, cos cruces correspondentes col idea d’estalar ou d’escrocar: croques, alcroque, alicroque, cocalos, cocos, crocas, croches, cróquele, herba dos troques, belicroque, belitroques, bilincroques, melicroque, melitroque, farricoques, riquilicroques, estráqueles, estroleques, estraleques, estraloque, estralotes, estralantes, palitroques, quiquiricallos, tróqueles… Tamén en galego usan el nome de baloco y os datos publicaos fálannos sempre de puntos da provincia de Lugo.

En asturiano, a Digitalis purpurea tamén se chama con nomes que tein que ver col estalar, sobre todo nos conceyos del centrooccidente: estoupón, estalleta, estallón, restal.lón… Outras denominacióis fálannos da forma das flores (calza de raposu, campanón, capuchinos) y outras recordan a súa relación máxica con San Xuan (sanxuán, sanxuaniegu).

En casteyano chámanye, entre outros nomes, dedalera, dedales, dediles (denominacióis que tein que ver col asomeñanza cos dedales: ei ta el xenérico de Digitalis), villoria, trompetilla, campanilla, san juan, guantes de la virgen, calzones de zorro, manguitos de cuco, vueltaperra

Flores d’estoupóis na veira d’un camín en Valdepares (El Franco) (11/7/2015).

Da relación fónica da nosa denominación caracol con outras formas galegas como cróqueles xa se falóu al referirse al couxelo, pro quedóu por darye úa voltía al outro término popular que comparten Umbilicus rupestris y Digitalis purpura: balloco. Precátome de que na zona eonaviega de resultaos con –l– (lume, alindar) nun recoyín datos de baloco pra chamar á Digitalis purpurea y que toda el información qu’atopéi foi de balloco, na zona de –ll-. Así y todo, sabendo qu’en Lugo si se constata el uso de baloco prá pranta, de seguro qu’é un problema de falta d’abondos datos de campo.

Pode tentarse de buscar dalgúa esplicación non solo á etimoloxía da palabra baloco ou balloco, senón tamén a por qué se comparten as denominacióis pras dúas especies. En conto á orixe, Coromines fala da reiz fitonímica prerromana ball– (que taría detrás d’outros nomes hispanos de prantas como ballico ou ballueca). Así y todo, se buscamos outras acepcióis da palabra baloco ou balloco, pode atoparse dalgúa pista máis. En galego-asturiano tamén é ‘lanco, barroco de terra ou neve’ y ‘grolo, laragoto’. Nel estremo oriental de Lugo, na Ribeira de Piquín, recóyese baloco cua primeira d’esas acepcióis; cua segunda acepción, a forma que se documenta é boloco, con –o– na reiz (variante tamén recoyida en Mántaras). Aníbal Otero, al falar d’esta palabra, apunta un étimo latín claro: bulla ‘bola’, ‘pompa’. A verdá é qu’el étimo concuaya tanto pra baloco como pra boloco (con ese sufixo diminutivo –oco, –oca que vemos en barroco, mazaroca, moca ou faxoca). Puido darse úa asimilación dende baloco a boloco ou úa disimilación dende boloco a baloco, ou ben cruces ente palabras que son semántica y fonéticamente aparecidas. ¿Quizabes un cruce de boloco ‘grolo’ y barroco ‘lanco, bola de terra ou neve’?  En conto á relación cua pranta, podemos seguir mantendo a idea del estoupido, de daqué arredondiao que s’estracuña: a relación semántica é esplicable se pensamos en laragotos que se desfáin ou nel ruido d’un balocazo.

Outra pergunta que tamén podemos tentar de responder é a de por qué s’aplica baloco ou balloco á Digitalis purpurea y al Umbilicus rupestris. Resulta qu’a palabra baloco ten úa acepción máis na provincia de Lugo, a de ‘garrote, cachiporra’ (y seguimos cua idea de golpe, de ruido). Precisamente, el padre Sarmiento apuntaba qu’en Lugo chámanye baloco al tronco da Digitalis purpurea; na Ribeira de Piquín chámanye asina al Verbascum, pranta que tamén bota pra riba úa vara larga d’unde salen as flores apegadas a ela. ¿Poderá haber entoncias úa comparanza del palo pra pegar golpes col rabo que botan tanto a pranta dos estoupóis como a del couxelo, todo chen de florías al largo d’él?

17 opinións sobre “Estoupóis (Digitalis purpurea)

  1. José Manuel Méndez

    Si queredes ver estoupois blancos ,despòs del puente romano en dirección Brul a mao metendote us veinte metros nese camín hay duas ou tres plantas. A os estoupóis mía madre y meu bolo, da Roda, chámanyes “caracoles”.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Si, os estoupóis brancos son úa variedá de Digitalis purpurea. Gracias pol dato da Roda, qu’enancha a zona de caracoles un pouco pral nordés.

      Gústame

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Este dato que nos das vén ampliar a zona ayandesa unde s’usa este nome, col que xa temos datos de trés parroquias: Llago, Berducedo y Santa Colomba.

      Gústame

      Resposta
  2. Tarrelo

    Nosoutros pra esta especie atopamos os siguientes nomes:
    Campana (Viyadún), Foxas (Pontenova), Estoupóis (Samartín y Canedo), Cucos (Vinxoi) Calzóis del cuco (Castañeirúa),Calzóis do cuco (Taramundi) Caracolas (Abres), Dedaleras (A Veiga) Calzóis del cuco (El Candal, Castripol) Cucos (Vinxoi)

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Son mui interesantes os datos que dades porque ese tipo de nomes relacionaos cos calzóis del cuco nun se recoyen nas fontes lexicográficas galegas nin asturianas pra chamar a esta especie. Polo que comentastes, levábades as prantas qu’identificábades, así qu’os vosos datos tein que ser fiables. Normalmente chámanyes asina a outras especies (Aquilegia vulgaris, Linaria triornithophora, etc.) tamén con flores moradas y de forma mui chamadeira. É verdá qu’en casteyano si se recoyen nomes asina prá Digitalis purpurea como calzones ou manguitos de cuco, anque nun sei realmente en qué zonas xeográficas. Eu mesmo tía un dato de calzóis de cuquelo de Santolín (Ibias) pra chamar a os estoupóis, pro, al nun ter outros datos aparecidos, tía medo que fora un error d’identificación (agora decidínme a incluílo na lista de Fitonimia). En realidá é mui común qu’haxa estos cruces de nomes entre especies, anque eu fora deixándolo pra úa veira por centrarme nas máis claras (igual que tamén son normales dalgús dos casteyanismos que recoyestes, como ese dedalera).
      Tamén é interesante ese foxas da Ponte (Lugo), tampouco documentao qu’eu sepa. Digo eu que se tratará d’úa comparanza da cavidá das flores con un furao, porque el étimo latín pinta seguro: fossa ‘furada’.

      Gústame

      Resposta
  3. Alberto

    Xa lo comentéi noutra entrada, en Busmente chamanyes tamén estoupos. E úa pena que nun teña más datos p’apurrir nin del resto de Villayón, nin de Navia.

    Gústame

    Resposta
    1. Marian

      Disculpa, Alberto, nun m´acordaba you d´esas aportacióis túas noutra entrada, gracias por puelo outra vez. Cu´esto tou parece que vei tendo pinta de que nesta veira del Navia-Eo chámaseye asina. You tía duda, la verdá. De piquinía supoño que lo tía claro, pero col tempo vas medrando ya poiste a falar d´outras cousas, ya vas esqueicendo. Ei a ver si topo a alguién más por Andés que sepa. Saludos ya gracias. 🙂

      Gústame

      Resposta
      1. Poutaloba Autor/a do artigo

        Adelantóuseme Alberto. Efectivamente, el dato de Busmente, amecido a os estoupóis de Ponticella, tamén de Villayón, fain abondo fiable el dato tou d’Andés. Así y todo, se perguntas a dalgún vecín (non a todos ;-)), axuda a confirmalo.

        Gústame

      2. Alberto

        ¡Nun tenes que pedir disculpa ningúa ho!

        Acordéime ayer de noite, qu’en Valdés temos la palabra estoupo núa montaña y tamén nún grupo de senderismo. Parez que la relación entre montaña y montañeiros é directa, si la ten col “noso” estoupo, xa é outro cantar.

        Gústame

  4. Marian

    En Andés pensamos que yes chamábamos estoupos pero nun tamos tampouco seguros del todo, parécese muito a estoupóis. Había que fer úa encuesta por todo el pueblo. 😉

    Gústame

    Resposta
  5. Conchita Á. Lebredo

    É curioso qu’en Tapia tamén chamaban ‘baloca’ a un tipo de pataca. Eran unhas patacas que vían de Galicia, pequenías y arredondiadas, que s’usaban pra semar. Digocho por se axuda a entender a etimoloxía da palabra “baloco”.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Si, eso de baloca rexístrase nos vocabularios galegos, en dalgún sito como sinónimo de pataca y noutros col significao de ‘castaña’. Al cabo, todo cousas arredondiadas, col qu’a relación con baloco y col étimo bulla leva abondo xeito (y asina lo aseñalan dalgús diccionarios).

      Liked by 1 person

      Resposta
  6. Poutaloba Autor/a do artigo

    El dato de Vilarín vén apoyar el que recoyera en Obanza. Os de Vilela supóin dúas denominacióis novas máis pr’amecer á lista. Y úa d’elas, dedaleira, mui interesante porque, anque sal muito nos diccionarios galegos, hai poucos datos del sou reparto xeográfico.
    Gracias a os dous pola rapidez apurrindo
    datos. 😉

    Gústame

    Resposta
  7. Andrea González González

    Bus dias,
    en Vilarín chamámosyes caracoles y en San Xuán poñemoslos nas portas xunto con flores de vinteiro y úa Cruz dibuxada.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario