
Flor de Trifolium pratense, Llatores (Uvieo) (8/9/2014).
¿Quén nun buscóu dacondo un trebe de cuatro foyas? Sempre nos dixeron que tría búa sorte, pro eu, alomenos, nun atopéi el primeiro. De nenos, como a paciencia duraba pouco, axina discurríamos d’arrincar úa foya y poñela a outro trebe de xeito que pintase ter cuatro, pro todos sabíamos da xangada.
Anque pra entendéremonos falemos de tres foyas, hai qu’aclarar que, técnicamente, trátase en realidá d’úa foya composta de tres foliolos. D’esas tres foyas aparentes vén precisamente el nome científico del xénero: Trifolium ‘con tres foyas’, qu’engloba un feixe d’especies aparecidas y que pertenece a úa familia desadorme de grande: a das fabáceas ou leguminosas.
Se falamos coloquialmente de tres foyas, tamén é un uso pouco técnico usar a palabra flor pra referíremonos al trebe. El que chamamos flores son en realidá inflorescencias arredondiadas formadas por muitas florías pequenas. Se se mira de cerca, vese que cada floría ten xeito d’un tubín alargao. Acórdome de neno d’arrincar esos tubíos y chuparches a gotía que tein embaxo. É cuasemente nada, pro deixa un sabor dulce. Precisamente por ese avezo infantil, en casteyano, ademáis de trébol, chámanye en muitos sitos chupamieles, chupetes, chupadores ou chupones.
Del xénero Trifolium, as dúas especies máis comúis y reconocibles na nosa terra son Trifolium pratense, das flores rosa ou moradas, y Trifolium repens, das flores abrancazadas. El epíteto pratense del nome científico indica claramente qu’é el herba típica das pradeirías. Y en conto al epíteto repens, descríbela como úa especie rastreira, por nun erguer tanto como T. pratense. Así y todo, as dúas son búas pra forraxe.
Hai outras especies del xénero, máis escasas, que tamén se poden atopar na zona occidental. Col cambeo económico nos caseiríos al gao de leite y el aumento das estensióis dedicadas al herba, tamén chegóu a gra d’especies y variedades comerciales del xénero Trifolium, qu’agora ás veces nacen ventureiras. Compróbase en dalgús sitos que foi nel siglo pasao condo se popularizóu el cultivo del trebe pra forraxe. Por exemplo, na encuesta feita en 1931 en Busmente (Villayón) pral Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI), á pergunta de cómo chamaban al trebe responderon que nun ye conocían nome tradicional porque a especie chegara había pouco. Esto pode esplicar dalgúas indefinicióis y posibles empréstamos na denominación popular qu’imos a ver agora.

Pradeiría pra forraxe con trebe (Trifolium pratense) y corriola (Plantago laceolata). Mántaras (Tapia) (15/7/2012).
Como as máis das veces, hai poucos datos claros en galego-asturiano sobre este xénero y muito menos sobre as especies T. pratense y T. repens. Namáis ta recoyida a denominación xeneral de trebe nel vocabulario de Mántaras, anque tamén ma deron en tres puntos del Franco: Valdepares, San Xuyán y Villar. El ALPI, que, como se dixo, perguntóu por cómo dicían ‘trébol’, dá resultaos variaos nos puntos encuestaos na nosa zona. Namáis nas Campas (Castripol) recoye a forma trebe. As respostas de pé de páxaro en Freal (Navia) y de pé de paxarín en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos) nun encaxan mui ben cua feitura arredondiada dos foliolos das dúas especies que tamos tratando. É verdá qu’hai dalgúa especie como Trifolium squamosum, rara en Asturias, que podía asomeñarse á pisada d’un páxaro porque ten os foliolos alargaos y mui separaos (en portugués chámanye trevo-de-pé-de-pássaro), pro tamén sabemos qu’esta clas de denominación úsase popularmente na península pra outras especies con foyas que recordan miyor esa realidá. Eu mesmo recoyín pé de páxaro en Mántaras pra chamar a Potentilla reptans. Así y todo, tían ou non referíndose a outras especies, ei tán os datos, que son veyos, de 1947, condo Lorenzo Rodríguez-Castellano encuestóu esos dous puntos occidentales.
Outro nome que nos dá el ALPI é herba del pano, recoyido na vila de Bual, único punto del Navia-Eo encuestao en 1931. Concuaya col dato que brinda d’ese conceyo el vocabulario d’Acevedo y Fernández: herba del pano, col sinónimo d’herba da nubre. Eu tamén recoyín en Villalmarzo y Villarín (El Franco) el nome d’herba el pano, anque alí déronmo concretamente pra Trifolium repens, el das flores brancas. A escuesta del ALPI en Cuantas (Ibias) dá herba da desfeita, y nas notas del encuestador pon que s’usa pra sanar úa nubre branca ou desfeita que sal nel oyo. Xa na zona del asturiano occidental, el ALPI recoye en Navelgas (Tinéu) el nome de yerba la nube, que casa col dato bualés.
Este tipo de denominacióis ben sei que ta recordando, quizabes, un uso del herba como romedio pra curar males nos oyos, pode que queratitis ou conxuntivitis (as descripcióis que se fain popularmente d’estas maluras falan, ou ben d’úa nubre branca, ou ben d’úa telaxa que sal nos oyos). Con esa acepción, en galego úsase a palabra pano, significao que tamén pode ter el casteyano paño. Ademáis del dato de desfeita xa dito d’Ibias (forma que tamén se dá en asturiano occidental y que nel centro-oriental chámanye desfecha), prá enfermedá dixéronme esfreita en Llobredo y San Xuyán (El Franco). Esa hipótesis del uso melecieiro pra os oyos refórzase con dalgúas denominacióis populares de Trifolium pratense qu’hai en casteyano (hierba de las cataratas) y en catalán (herba de la desfeta).

Flores del herba del pano (Trifolium repens). Mántaras (Tapia) (6/5/2017).
Nel conceyo del Franco apuntéi outros xeitos de chamar a Trifolium repens, neste caso amecendo un adxetivo á denominación común: trebe rampiñín (San Xuyán) y trebe bravo (Villar), en contraposición a Trifolium pratense, especies ás que chamaban trebe sin máis. Nel primeiro caso debe ser úa variante del adxetivo rapeño ‘rastreiro, qu’ergue pouco (úa pranta)’, con sufixo diminutivo, que concuaya cua denominación casteyana de trébol rastrero ou cua portuguesa de trevo-rasteiro. A segunda denominación fálanos de clasificacióis veyas na percepción dos falantes xa comentadas noutros casos. Pasaba igual col folgueirón (Polypodium spp.). Tanto él como as folgueiras son especies bravas, del monte, pro hai sitos unde estreman a folgueira del folgueirón chamando a esta segunda folgueira mansa, folgueira brava ou folgueira montesa. Pra esplicar ese trebe bravo hai que pensar qu’en dalgún momento a especie das flores moradas túvose por mansa (por popularizarse pra forraxe, por chegar nova al lugar…) y, pra estremar el trebe das flores brancas, calificáronlo de bravo. Nun é miga raro: en Llangreo tamén ta recoyida a denominación de trébole montés pra Trifolium repens.
Hai máis xéneros de fabáceas con foyas aparecidas al trebe y d’ei qu’ás veces os datos dos vocabularios nos falen d’outras especies. Por exemplo, en Mántaras cuntáronme que tamén chamaban trebe a úa raza d’herba que bota babuyos y que se semaba entre el trigo pra forraxe. Na encuesta del ALPI en Navelgas (Tinéu), como sinónimo de yerba la nube dan tamén yerba la desfeita, denominación qu’eu constatéi en Cadavéu (Valdés), pro referida a Oxalis latifolia, a famosa herba da maldición que chegóu hai muitos anos á nosa zona y sigue hoi infestando as terras. Nun é rara esta confusión de nomes, porque el herba da maldición tamén ten as foyas como un trebe, anque máis grandes, y a súa irmá autóctona, Oxalis acetosella, tenlas pequenías como el trebe.
Pra detrás, os nomes autóctonos tán sendo sustituídos nel medio rural pol casteyano trébol, denominación con muito peso pola mor del sou uso comercial. A minorización social da nosa lingua en xeneral é conocida de sobro y nun fai falta esplicar muito máis. Por eso costa caro xuntar datos. Por exemplo, en Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres) un labrador recordábame el nome de trebo, coincidente cua forma en galego, pro xa como algo que tía ougüido dicir antano a os máis veyos del lugar.

Pradeiría de Trifolium repens cuas flores xa un pouco esmortanxadas. Sotorréi (La Ribera) (26/5/2012).
Tampouco nun hai muitos datos claros nas linguas vecías sobre a denominación das dúas especies máis conocidas del xénero Trifolium. Na literatura botánica en casteyano chaman a T. pratense con nomes como trébol rojo, trébol violeta, trébol de los prados ou trébol común, pro en galego, como se dixo, el nome máis común pra todas as variedades é trevo y en asturiano, trébole, forma esta que tamén se dá en casteyano.
A palabra trébol, según Coromines, chegóu al casteyano dende el catalán trévol (que tamén ten a variante tréfola). As denominacióis románicas irmás virían d’úa forma latina vulgar *trífulu, porque a forma clásica trifolium sería un calco erudito da palabra grega, tríphfyllon (se vise del latín clásico, en galego-asturiano, por exemplo, daría *treboyo y en casteyano, *trebojo). Pra esplicar a forma galegoportuguesa trevo habería que pensar tamén noutras variantes latinas vulgares como *trífolu ou *trífole. Despóis da perda del -l- propia del galegoportugués chegaríamos á forma trevo.
¿Y trebe? ¿A forma del galego-asturiano é entoncias un caso de perda de -l- intervocálico? Podía pensarse nun empréstamo islao, como pasa col exemplo tantas veces repetido de pao, que se dá en zonas del galego-asturiano unde nel demáis vocabulario mantéin el -l-: mola, calente, xelo… Así y todo, se fora un empréstamo na veira asturiana, chama el atención que na zona luguesa fronteiriza con Asturias nun se recoya a forma trebe (ou treve, se lo escribimos á galega). Sicasí, se miramos os datos del asturiano occidental, atopamos trebe en Tinéu, anque referido al alfalfa (Medicago sativa), outra fabácea das foyas un pouco aparecidas á nosa pranta. Neste caso si se pode pensar nun empréstamo del galego-asturiano, porque é fronteirizo con toda a zona unde s’usa a palabra, pro seguimos sin esplicar esa perda aparente del -l- núa zona unde nun é propio da súa lingua. ¿Y se nun é úa perda del -l-? Se miramos á forma francesa, trèfle, podemos atopar úa pista. Y hasta nun precisamos ir tan aló: en Burgos, por exemplo, constátase el nome de teble, y en aragonés chámanye tefla. Podería propoñerse entoncias qu’el noso trebe sía un caso de síncopa da vocal postónica con úa disimilación consonántica posterior: trébole > treb’le > trebre > trebe.
En Taramundi, o ‘pé de paxarín’ é a ‘fumaria officinalis’
GústameGústame
¡Mialma se ten acepcióis ben distintas esa denominación! Pois en Tapia a esa especie chamámoye sin máis meruxa. Apunto pra condo fale d’ela. ¿Y este dato taramundés é de dalgún sito del conceyo concretamente?
GústameGústame
No mismo pueblo de Taramundi, no barrio do Loureiro.’ Moruxa’ usábamolo pra nombrar en general as herbas lixeiras que medran entre os cultivos, entre ellas a ‘gorga’ que pensó é a ‘Spergula arvensis’
GústameGústame
Si, gorga é palabra que me dixeron dalgúa vez, pro nun ma dixeron al pé da pranta, col que nun puiden identificala. ¿Esa suposición túa é porque reconoces a especie?
GústameGústame