
Exemplar d’aveyaneira nel medio d’un prao en Rebolón (La Ribera). 26/5/2015.
A imaxe das aveyaneiras vendendo nas festas xa namáis queda nel recordo dos máis veyos y en dalgúa descripción literaria del pasao. Pro houbo un tempo en que rañar núas aveyanas turradas mentres se miraba prá música ou se daba úa volta pol prao da festa formaba parte das actividades típicas d’ese día. Y tamén levaryes a os que nun foran un paquetín d’elas, os perdóis. Del aveyaneira (Corylus avellana), el árbol que dá el fruto, non das muyeres que lo vendían, é del que vou falar agora.
Pra os que somos da marina, unde pouco monte autóctono queda, trátase d’un árbol escaso. En toda a contornada de Mántaras (Tapia), namáis atopéi us exemplares al pé dos Llagos de Silva. Nun se ven esas prantacióis nas veiras dos praos que se poden encontrar por muitos sitos d’Asturias. Quizabes por eso as publicacióis sobre galego-asturiano nun recoyen muito vocabulario relacionao cua especie y as súas razas. Si se constata el nome que se ye dá al acción d’ir coyer as aveyanas, que comparte cua da recoyida das castañas: ir al soutexo. Namáis el libro Castaedo y Monón en poucas palabras, de Marcelino Lozano, núa zona unde si é máis abondante, recoye as denominacióis en galego-asturiano pral envoltura vexetal tan característica que tein os peteiríos d’aveyanas: caceyo ou concho (anque neste segundo caso xa é palabra máis común como sinónimo de casca). É el garrapiellu, garapiellu, carrapiellu ou carapiellu asturiano, palabra que ten en galego-asturiano el equivalente garapelo ou garapello, pro con outro significao: ‘feixe pequeno d’herba, trigo, lin’, ben sei que núa ampliación semántica a partir da idea de xuntoiro das aveyanas nel caceyo.
El que si son ben conocidas son as aplicacióis da súa madera. As varas del aveyaneira son ben al xeito pra fer goxos porque dobran ben y son resistentes. Y tamén pras aguiyadas, que salen ben deretías.

Dentro dos caceyos van amañándose as aveyanas, einda verdes. Sontolaya (Morcín) (26/6/2015).
Á especie en asturiano chámanye ablanar ou ablanal, y tamén ablaneru (ablaneiru na parte máis occidental); en galego, as formas máis xenerales son abeleira ou abraira; en portugués, aveleira, avelaneira ou avelãzeira; en casteyano, avellano. Chaman el atención as diferencias ortográficas na reiz da palabra entre úas linguas y outras. ¿Cómo escribilo en galego-asturiano, con -v- ou con -b-? Nun se trata d’un problema de pronunciación, que xa se sabe qu’as dúas letras se pronuncían igual, senón de decisióis na ortografía. El galego, que nesta cuestión ten úa normativa etimoloxicista, escríbelo con -b-. Sicasí, el portugués, como se ve, failo con –v-. Ta claro que foi el peso da tradición escrita casteyana el que levóu a que todas as fontes de vocabulario dialectal de galego-asturiano escriban a palabra con -v-.
El étimo d’aveyaneira ta nel nome del fruto del árbol en latín: abellana nux ‘noz d’Abella’. Avella, na provincia italiana d’Avellino, é el nome actual del qu’en tempos del imperio romano era Abella, úa ciudá famosa daquela polas muitas aveyaneiras qu’había nas súas terras. D’ese abellana, máis el sufixo latín –aria que tantas denominacióis de prantas dá en galego-asturiano (abruñeira, bidureira, ameixeira, espieira, figueira, folgueira…), vén el noso aveyaneira.
El nome d’aveyana en galego-asturiano ten que ser úa forma relativamente moderna. Se miramos prá evolución á forma galega, abelá, atopamos úa simplificación del -ll- dobre y a perda del -n- del étimo latín abellana. A evolución en asturiano foi distinta: a simplificación del –ll– dobre latín (que se pronunciaba máis ou menos como a-bel-la-na) veu despóis d’úa perda temprana da vocal pretónica, el que quitóu de que palatalizara: abellana > ab’lana. Eso foi el que pasóu en galego-asturiano, unde nun tempo a palabra pra chamar al fruto tuvo que ser *abrá, irmá del asturiano ablana, anque nel noso caso con perda del -n- intervocálico y paso de -bl- a -br-. A partir d’esa reiz, amecéndoye sufixos como –edo ou –eira, creáronse abondativos dos que son recordo hoi dalgús topónimos como el cuañés Abredo (< abraedo < abranedo), el tapiego Abreiras ou el taramundés Abraído (Taramunde). Tamén tán os lugares d’Abraira (A Veiga) y El Vilar da Abraira (Santalla d’Ozcos), neste caso cua evolución posterior de –eira > –aira.

É típico que se prante as aveyaneiras nos valaos al pé del camín. Penanes (Morcín) (30/5/2015).
Un topónimo menor como El Abredeira, un monte agora amansao cerca dos Llagos de Silva en Salave (Tapia), leva el sufixo –eira amecido a outro, –edo; hasta ye deu tempo a sufrir otros cambeos por etimoloxía popular y acabóu sendo pra dalgús A Llabradeira (< El Abradeira < El Abredeira). Outro topónimo, tamén menor, d’un prao en Pezós que se chama Abreiral, fai pensar en que tamén a palabra abreira s’usóu antano pra chamar al árbol; amecéndoye despóis el sufixo –al significaría ‘sito chen d’abreiras ou aveyaneiras’. En todos estos exemplos, as fusióis vocálicas cua tónica (ae > e), posteriores á perda del -n-, son un señal del antigüidá del resultao.
Hai outros topónimos nas zonas máis orientales achegadas al asturiano que pintan amostrar resultaos máis modernos: perdéuse el -n-, pro nun se deu esa fusión vocálica posterior. Nel caso del lugar da parroquia d’Arbón (Villayón) conocido como El Abreidal, volvemos atopar úa sufixación dobre, neste caso con –edo y –al. Quizabes é el resultao da perda del -n- a partir d’úa forma Abranedal (y non de *Abredal, xa con fusión vocálica). D’ei a evolución del diptongo átono: Abraedal > Abraidal > Abreidal. Nel topónimo Os Abraeiros, us praos en Bustalfoyao (Villayón), vese un exemplo de perda del -n- unde nun deu tempo a qu’ese hiato –ae– se fusionara na vocal tónica (*Abreiros). Outro topónimo d’Argoleyas (Villayón), A Fonte el Abrao, amóstranos un resultao sin sufixo. Tamos nun conceyo de transición col asturiano occidental unde se pode barruntar que dalgúas das isoglosas ou fronteiras lingüísticas, neste caso a perda del -n- intervocálico, movéronse nun hai tanto piyando zonas unde antano si se mantía.
En resume, muitos d’estos topónimos quedaron como testigos de periodos anteriores da evolución lingüística que nun deixaron nel vocabulario d’uso habitual en galego-asturiano a esperable forma *abrá pra chamar al árbol, agá un caso del que s’ha a falar máis alantre: ablaira, recoyido na Garda (Taramunde). Y é que dende os primeiros vocabularios na nosa lingua, que son das primeiras décadas del siglo pasao, os datos amostran resultaos que van por outra vía evolutiva.

As foyas del aveyaneira son búas de reconocer: grandes, arredondiadas, cuas veiras aserradas y acabadas nun piquín. Güeñu (La Ribera) (26/5/2015).
Efectivamente, Acevedo y Fernández recoyen nel sou vocabulario as formas aveyao y aviyao pral referirse al árbol y aviyaa pral fruto. Nos tres casos dáse a perda del -n- intervocálico, pro debían ser xa arcaísmos daquela, porque nin os estudios posteriores nin os datos actuales conocidos recoyen resultaos d’esta clas: todos rexistran formas con -n-, del tipo aveyaneira y aveyana. Na zona norte y oriente del Navia-Eo, unde a evolución dos grupos llatinos lj, c’l, g’l, t’l deu –y– (muyer, abeya, reya, veyo), dizse con –y-. El vocabulario da Veiga recoye aveyaneira y aveyana y el da Roda (Tapia), aveyaneiro, aveyaneira, aveyano y aveyana. Tamén me dixeron aveyaneira nel Valín (Castripol), Zreixido (A Veiga), Vivedro (Cuaña), Pezós y Corondeño (Ayande). É a mesma pronunciación que sentín en Castro (Grandas), anque el informante era yeísta núa zona teóricamente de resultaos en –ll-. Úa forma con zarramento da vocal átona déronma en San Xuyán (El Franco): aviyaneira. En Armal (Bual) recoyín aveyaneiro. Todas estas palabras apuntéilas al encuestar pral atlas del ETLEN, polo que se pode sumar el dato d’aveyaneira recoyido polos meus compañeiros n’outros puntos: Os Niseiros (Castripol) y San Salvador (Ayande); nel Pato (Eilao), aviyaneira.
Pra esplicar este resultao palatal -y-, García Arias propón un étimo hipotético con –llj– (*abelliana). É a mesma evolución que se dá en alliu > ayo. Esto deixaría esplicar os resultaos galegos con –ll– da parte máis oriental (avellaneira) non como casteyanismo sin máis, senón como úa vía evolutiva palatalizadora distinta da xeneral que simplificóu el -ll- dobre latín. A pesar del sufixo autóctono –eira, que manteña el -n- é un dato que fai pensar nun casteyanismo, máis condo convive ás veces con formas que reflexan úa evolución patrimonial: nas encuestas del ETLEN feitas en puntos del oriente de Lugo al pé da fronteira con Asturias, como Negueira, O Pando (A Fonsagrada), Murias do Camín (Navia de Suarna) ou Neipín (A Pontenova), recoyéuse abellaneira, pro, nestos dous últimos sitos, convivindo con ablaira ou abraira.
Evidentemente, na zona sur y nos estremos máis occidentales del Navia-Eo, unde el resultao patrimonial é –ll– (muller, abella, rella, vello), a palabra dizse con –ll-: avellaneira. Así lo recoye el vocabulario da Veiga nas parroquias d’Abres y Guiar y asina mo dixeron na Penacova (Vilanova d’Ozcos), O Chao (San Tiso d’Abres) y Mourentán (Ibias), lugar este unde tamén usan a forma masculina: avellaneiro. Nas encuestas del ETLEN recoyéuse avellaneira en Labiaróu (Samartín d’Ozcos), Teixeira (Santalla d’Ozcos) y en Vilamayor y Fandovila (Ibias). En Valdeferreiros (Ibias), avellano.

Nel inverno, cuas canas espidas, vese ben a feitura das aveyaneiras, con un feixe de xotas nel couz del árbol. Prantación al pé del camín en Penanes (Morcín) (19/12/2015).
El qu’interesa destacar é qu’a pronunciación con –y– nun é un caso del yeísmo actual que pronuncía igual –ll– y –y-. Non, son pronunciacióis escuitadas a falantes non yeístas, qu’estreman perfectamente os dous fonemas. Ben é verdá qu’ás veces, nesta mesma zona xeográfica, por influencia da forma casteyana, hai quen se corrixe y pronuncía a palabra con -ll-, dicindo avellaneira ou avellana. Eso esplica as formas recoyidas nos vocabularios de Mántaras (avellaneiro, avellano), El Franco (avellaneiro), Bual (avellaneira), Castaedo y Monón (avellaneira) y a que sentín en Poxos (Villayón): avillaneira. Tamén nas encuestas del ETLEN se recoyéu avellaneira en zonas de resultaos xenerales con –y-, como Navedo (Eilao) y San Salvador (Ayande), neste caso xunta a forma con –y-: aveyaneira.
Como se dixo, en galego as máis das denominacióis del árbol básanse na simplificación del –ll– dobre latín (abelao, abelán), sobre todo con sufixación en –eira, pral occidente, ou en –aira, pral oriente (abeleira, abeleiro, abelaira, abelairo); tamén en –eda (abeleda, abelenda). Pro, aparte, danse nomes unde, anque se simplificóu el –ll-, manténse el –n-: abelaneira, abelaneiro, abelanoira. Xa nel s. XIII el trovador galego Airas Nunes cantaba «Bailemos nós ja todas tres, ai amigas, so aquestas avelaneiras frolidas». Tampouco nun hai qu’esqueicer a forma portuguesa avelaneira al pé del resultao sin -n-: aveleira. Noutras denominacióis, como nel norte d’Ourense, mantéinse -ll- y -n-: abellanal, abellaneira. Ademáis, como xa s’apuntóu, na veira oriental de Galicia danse resultaos del tipo abraira, querse dicir, pártese da reiz *abrá y non d’abelá. El único dato d’esta clas que conocemos en Asturias, ablaira, como denominación viva pral árbol, é de Taramunde, recoyido nel punto d’encuestación del ETLEN da Garda.