Maceiro (Malus domestica)

Flores de maceiro. Mántaras (Tapia) (2/5/2015).

Sempre me cuntaron historias de rapacíos qu’entraban nos hortos a roubar fruta y hasta d’amos escorréndolos armaos d’escopeta. Einda se poden ver cercas rematadas con cachos de cristales pra que nun entraran ladróis a os frutales. Eran outros tempos y costa caro figurarse qu’úas contas mazás verdes chamaran tanto daquela como pra merecer el peligro que se corría ben veces. El Galano, nel sou libro Parzamiques, ten un relato mui chocante titulao «A falcatrúa» unde cunta úa aventura d’esas: «[…] y un pouco máis embaxo taba aquel maceirín pequeno, inxertado de pouco, que daba a primeira anada d’úas mazás coloradas que yes fóramos vendo grumar y medrar, pero qu’agora eran úa tentación pra nosoutros que nos fía babar. Xa nun tarían alí si nun fora el medo que ye tíamos al Respingo. ¿Quén s’atrevía a tocalas sabendo el mal xenio que tía el padre de Pepín? […] Pero aquela tarde atorbuada calentóunos a seseira porque inda ben Antonín nun acabóu de dicir “¿vámosye ás mazás al padre d’este”, todos á vez dixemos que si. Hasta Pepín».

El que si é verdá é qu’esos incidentes cua fruta poden darnos úa idea da súa valía como lambisque pol que devecía el máis d’úa población que vivía cua privación y a escasez como compañeiros de cadaldía. A mazá era entre toda a fruta a máis común y nun era raro qu’houbera nos hortos dalgún maceiro (Malus domestica). A mazá, como xa se dixo, supoñía úa lambuada en cru, pro tamén se podía asar, fer compota ou dulce. Y fer sidra con ela. Anque é conocida de sobro a tradición y a afición sidreira da zona centroriental d’Asturias, tamén nel Navia-Eo houbo lagares de sidra pra consumo familiar. Máis aló dos tópicos y dos estereotipos culturales, é úa realidá que nas zonas unde a producción de viño tía menos peso sempre se buscaron outros xeitos de producir bebidas alcohólicas.

Col despoblamento del medio rural y a perda del patrimonio cultural asociao a él, tamén se perdéu muita información sobre el mundo da mazá y del feixe de razas que foron amañándose despóis de centos d’anos de labranza y inxertos. Porque el epíteto doméstica del nome científico fálanos de que tamos delantre d’úa especie cultivada pola mao del ser humano a partir d’outras razas del xénero Malum, entre elas el maceiro bravo que naz nel monte (Malus sylvestris). En asturiano chámase carozal y a mazá brava, caruezu. D’ei pode vir el topónimo del Franco El Caroceiro, anque en galego-asturiano chamamos carozo al corazón da mazá ou da pera, y tamén al da espiga de meiz.

Os estudios sobre el galego-asturiano nun apurren muitos datos sobre variedades de mazá. Condo fixen el vocabulario de Mántaras esforcéime en recopilar nomes de razas, pro pouco máis puiden fer qu’apuntar a descripción curtia que me deron d’elas, anque nun las vin nin muito menos las retratéi (eran outros tempos). Faláronme da mazá carbayega ou de carbayo, da rosada, d’aceituna, de rabo de can, de Ramonín, de repinaldo branco, de repinaldo de mingán, de san Xuan, del Carme, raxada… Nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo, cuntáronme da de mollarín, de focico de cocho, de Santiago... El vocabulario d’Acevedo y Fernández cita tamén as de Ramonín y as de repinaldo, y outras razas máis: raneta, moural, de picón, reinales. Son denominacióis referidas al sou xeito y color, al tempo en que salen y hasta pode qu’al nome del sou cultivador. É este das razas de mazá un tema, dende un punto de vista botánico, pro tamén lingüístico, ben interesante pra pescudar nél y pral que, como cuase todo neste campo, chegamos un pouco tarde.

El Serida, organismo público asturiano encargao da investigación y desenvolvemento agroalimentario, que ten entre os sous antecedentes a Estación Pomolóxica de Villaviciosa, fai un gran labor cos maceiros. Nas súas instalacióis guardan un banco de xermoplasma con centos de razas d’este árbol: entre elas, 540 variedades asturianas tanto de sidra como de mesa. Entre os anos 1995 y 1997 recorreron as hortas asturianas, unde muitos d’esos árboles iban xa mui veyos, y recoyeron y inxertaron despóis 425 razas. Anque muitas rexistráronse col nome, outras nun imos saber cómo yes chamaban os sous cultivadores.

Maceiros na cortía d’úa casa. Mántaras (Tapia) (11/7/2012).

É a de maceiro a denominación máis común en galego-asturiano pral árbol, cua estructura típica dos nomes de frutales: el nome da fruta na reiz (mac-) seguido del sufixo –eiro. Nun é como en casteyano, que quer miyor el uso del sufixo masculino -o pra estremar el árbol da fruta: manzano / manzana. Condo se falóu da figueira (Ficus carica), víuse cómo nel estremo oriental y nel metá sur del Navia-Eo ta presente a sufixación propia del asturlionés (figal). Nun pasa esto nel caso del maceiro, que sempre se rexistra con este sufixo propio del galegoportugués pra os frutales. Outro asunto é a reiz á que s’amece el sufixo, qu’ás veces na nosa zona nun é mazá senón ma(n)zana, y d’ei a palabra híbrida mazaneiro ou manzaneiro. Ten que tratarse d’un casteyanismo, é evidente, pro é ben chamadeiro que núa fruta tan común s’acabara impoñendo en muitas partes esa forma. Anque por influencia del casteyano s’ouzca muito manzá, nel sito de mazá, ta claro qu’esta segunda é a forma patrimonial (mesmamente, en casteyano antigo dicíase maçana).

En latín, a mazá chamábase malum, anque despóis tamén ye chamaron poma, a partir del sustantivo pomum ‘fruta’. Úa raza de mazás (mala mattiana), adxetivada asina recordando a un tratadista d’agricultura, Caius Mat(t)ius, acabóu dando nome ás mazás en xeneral. D’ese adxetivo proceden a palabra mazá, cua perda del –n– intervocálico propia del galegoportugués (mattiana > mazáa > mazá), y, como derivao, el nome del árbol: mattianariu > mazaeiro > maceiro.

A forma maceiro ta recoyida nos vocabularios de Mántaras, El Franco, Bual, Eilao y Acevedo y Fernández. A palabra mazaneiro aparece nos da Veiga y A Roda. Os del Franco, A Roda y Bual tamén constatan a variante manzaneiro. Outra forma a medio camín é el manzaeiro que recoye el vocabulario de Ponticella (Viyallón). El llibro sobre Monón y Castaedo (Ayande) de Marcelino Lozano dá como propio del primeiro lugar a forma mazaeiro y como resultao del segundo, maceiro. En Mántaras úsase ademáis outra forma, mazueiro, que tamén me dixeron nel Valín, na parroquia castripoleña de Piñeira. É un resultao unde houbo úa confusión de vocales favorecida pola analoxía con outros sufixos aparecidos: nel caso de Mántaras recorda a outras denominacióis locales de frutales que tamén constatéi alí como fatueiro y ameixueira. Tamén recorda ese -u- outro sufixo propio del galego-asturiano en palabras como cachuada, patuada, oyuada… Máis pral sur, nel conceyo d’Ibias, Xoán Babarro recoye as denominacióis mazagüeiro, en Liares (Santolín), y mazaqueiro, en Boiro (Cecos).

Teño máis datos propios pra enriquecer este panorama de formas. En Ibias dixéronme mazaqueiro (Marentes) y mazagüeiro (Santolín). A forma maceiro apuntéila en San Xuyán (El Franco), Vivedro (Cuaña), Armal (Bual), Pezós, Castro (Grandas), Corondeño (Ayande), Poxos (Villayón) y Santolín (Ibias). A forma mazaneiro déronma en Bustapena y A Ovellariza (Vilanova d’Ozcos), Os Niseiros y El Valín (Castripol), y en Zreixido (A Veiga). Nel Monte (Navia) recoyín manzaneiro. No Chao (San Tiso d’Abres), Poxos y El Couz (Villayón) dixéronme mazaeiro.

A del nome popular de Malus domestica foi tamén úa das perguntas que fixemos nel ETLÉN (Estudio da Transición Lingüística del Eo-Navia), polo que se pode completar einda máis este reportorio de variantes. En Ibias rexistróuse mazagüeiro (Villamayor, Fanduvila) y mazaqueiro (Fanduvila). A forma mazaeiro recoyéuse na Garda (Taramunde) y Navedo (Eilao); mazaneira y mazaneiro, en Labiaróu (Samartín d’Ozcos) y Teixeira (Santalla d’Ozcos); maceiro, en San Salvador (Ayande); y manzaneiro nel Pato (Bual). Na punta máis occidental d’Ibias, en Valdeferreiros, recoyéuse úa denominación típica del asturiano: pumar, forma que se constatóu nos puntos d’escuestación vecíos de Galicia, no Pando (A Fonsagrada) y Murias (Navia de Suarna). No Pando tamén se recoyéu a variante mazueiro, qu’haberá que relacionar col resultao ibiano xa dito de mazagüeiro. A consonante -g- funciona como antihiática despóis da perda del -n- (mazaeiro > *mazagueiro > mazagüeiro), anque el aparición posterior d’ese –u– pode ser analóxica con outras terminacióis (augueiro, augüeiro). Tamén el -u- de mazueiro pode ser anterior á presencia del -g- antihiático, como se demostra nos datos de mazueiro da marina tapiega y castripoleña. Pral outra variante ibiana, mazaqueiro, pódese pensar núa analoxía con outros sufixos a partir d’un hipotético primeiro *mazagueiro.

El espectáculo da floración na primavera dos maceiros nun ten miga qu’envidiar a outros que son fonte de recursos turísticos noutros sitos. Les Bolíes (Morcín) (13/4/2015).

Se tresladamos todos estos datos a un mapa del Navia-Eo pódense dibuxar úas contas zonas. A forma maceiro coye el territorio máis grande, núa franxa de norte a sur, dende Tapia hasta Ibias, contra el leste. Aquí tamén conviven ás veces formas con –n– (mazaneiro, manzaneiro). Pral oeste, núa tira que piya Castripol, A Veiga y os tres Ozcos, a forma que se recoye é mazaneiro. D’a cabalo d’estas dúas zonas ta a parte pequena na costa unde tamén dicen mazueiro. Pra os estremos del Navia-Eo, tanto nel occidental (Taramunde y San Tiso d’Abres) como nel oriental máis aló del río Navia (Villayón, Eilao y Ayande), dáse a forma mazaeiro. Nel esquino máis norooriental (Navia) recóyese manzaneiro, mentres qu’en Villayón esta forma convive cos resultaos con cayida de -n- (maceiro, mazaeiro, manzaeiro). Nos datos ibianos predominan as variantes mazagüeiro y mazaqueiro, con úa zona pequena, na parroquia dos Coutos, que ten continuidá nas terras luguesas vecías, unde dicen pumar.

Na veira oriental, as formas con -n- como mazaneiro ou manzaneiro al pé das que perderon el -n- y mantéin el hiato (mazaeiro) pódense esplicar pola cercanía del asturiano y ben sei que son mostra d’influencias nún y noutro sentido da fronteira lingüística na zona entre galegoportugués y asturlionés al largo dos últimos tempos. Tamén é chamadeira a franxa curiosa de mazaneiro al oeste da zona de maceiro pra pasar despóis outra vez a mazaeiro na punta máis occidental pegando con Lugo, qu’é resultao que se dá pr’aló da fronteira con Galicia. É evidente que nel Navia-Eo funcionaron focos d’influencia lingüística innovadora qu’introduciron esas formas con -n-: mazan-, manzan-. Pro tuvo que ser un fenómeno abondo veyo como pra que, así y todo, el sufixo seguise sendo –eiro (y non –ero, como noutros casteyanismos máis de pouco como minero, camarero, fontanero…). Ocúrreseme pensar na influencia lingüística que tuveron que ter sobre a súa contornada vilas como A Veiga ou Castripol, capital esta del partido xudicial. Xa hai tempo que lo suxerimos nun artículo al esplicar cómo pintóu avanzar el resultao unha contra el leste eonaviego por derriba da forma xeneral úa. Tamén se pode relacionar este fenómeno da presencia grande de ma(n)zaneiro con outras palabras que s’oin con -n- nesa mesma franxa occidental, como gana(d)o, menudo, amontonar… nel sito dos esperables ga(d)o, miudo y amontuar que si s’oin na zona vecía máis al leste, unde dicen, claro, maceiro.

En galego a forma máis común é en feminino: maceira, cua variante mazaira (xa se víu qu’en galego-asturiano nun temos máis qu’un par de datos nos Ozcos de resultaos d’ese xénero: mazaneira). Hai tamén variantes galegas unde entran en xogo evolucióis a partir da perda del –n-, con asimilacióis y disimilacióis posteriores (macieiro, maciñeira) y hasta con consonante antihiática (anque s’escriba en galego con –i-) na parte de Lugo fronteiriza con Ibias: mazaieiro, mazaieira.

En asturiano occidental, en continuidá cos resultaos del galego-asturiano, úsanse as denominacióis mazaneiru, manzaneiru, ás veces convivindo con formas como el ma(n)zanal, la ma(n)zanal, que se dan muito na zona centro-oriental. É aquí unde máis se da a forma pumar, que pode ser masculina ou feminina. D’ei vén el término asturiano pumarada, pra referirse á prantación de maceiros. En galego a forma correspondente é pomar. Nel Navia-Eo, pra este concepto úsase a palabra horta, que normalmente aplícase a úa prantación de frutales grande y zarrada con cerca y portalada. Pola marina chámanye muito col casteyanismo güerta ou buerta. Así y todo, como se víu, hai úa parte pequena en Ibias unde chaman pumar al árbol y na nosa toponimia hai mostras de que foi palabra viva, como Pumares (Santalla d’Ozcos) ou Pumarín (A Veiga, Cuaña), y que deu pé a derivaos como A Pumarega (A Veiga, Castripol), que se referiría a úa terra unde se daban ben os maceiros.

Hai vocabulario en galego-asturiano relacionao cua mazá y os maceiros, anque ás máis das veces tamén é común col referido a outras frutas aparecidas. Condo se fai a coyeta da mazá, pódese pañar del tarrén ou coyer del árbol, unde sale en peteiros ou piñolos. Como os maceiros son veceiros, un ano dan máis qu’el outro. Se deixache sin úa mazá el árbol, depenáchelo (trátase d’un uso metafórico del sentido recto del verbo depenar, qu’é quitar as plumas a un ave). As máis ruías que quedaron nel tarrén y nel árbol son el restroyo. Condo nun levas miga pra guardalas, pódeslas meter entre el corpo y a camisa y levar entoncias úa folecada de mazás. A mazá pode ter muita augua, pro tamén tar farinenta (fariñenta, farienta, según as zonas). Se as mazás tán mui verdes y son úa verdiayada, pódense meter nun madureiro, entre paya, pra que vayan madurecendo. Xa se falóu del carozo, a parte central que deixamos condo comemos úa mazá, que tamén se pode chamar cazouto. Pr’acabar, tamén hai úa outra acepción propia del galego-asturiano da palabra mazá, qu’é a de ‘óso dos que sobresalen nos cadriles da vaca’ y que ben sei qu’é un uso metafórico pol xeito arredondiao del óso. Condo s’escadrila a vaca, dizse que s’esmazuóu. Outra vez un resultao patrimonial con perda del -n- (en asturiano occidental é esmazanase).

Advertisements

9 opinións sobre “Maceiro (Malus domestica)

  1. Manuel

    ¡Nun subas os mazaeiros que tan podres! Frase típica de meu pai despois de que lle rompera unha cana a él.
    Mazá e o nombre do fruto en San Tiso.

    Gústame

    Resposta
  2. Alberto

    En Navia villa é manzaneiro y el fruto, manzá. You tamén soi del pensamento de que las roubadas nas fincas d’outros, tenen daqué especial. Será la excitación de que nun che pañen colas maos na masa.

    Gústame

    Resposta
  3. Andrea

    Al ler lo que ye pasóu a Luisa tamén m’acordéi d’un mazaneiro que había na mía casa que daba úas mazás ruinísimas, pequenas y de mal comer. Condo tía tres ou cuatro anos coyíalas na mao y parecíanme grandísimas, xa que ma ocupaban toda. Faime gracia acordarme de como nos engañan as veces os recordos da nenez.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      É ben máis fácil que coincidamos nos datos dialectales (como así é vendo el que cuntas y os datos que tía) que coincidan cua realidá os recordos de condo nenos. A señardá éche dulce, pro mui mentirosa. Pro tanto dá. 😉

      Gústame

      Resposta
  4. Andrea

    Bus días. En Vilarín decímos mazaneiro y mazá, anque se ta impoñendo manzaneiro y manzá. Manzaneiro tamén lo ouguín nos Ozcos y en Tarmunde Mazaeiro.

    Gústame

    Resposta
  5. Luisa Méndez

    Al ver as manzás acordéime de condo era pequena. En Mérnes, a casa de Bruno tían dúas hortas gandes, úa pegada a casa y outra separábala un camín estrecho. Éu vía del catecismo, finquéi os brazos na portella veya pechada con un gancho de nada. Aquellas manzás era úa tentación. Despacín empuxéi a porta y, condo tía a mau casi tocando a manzá, úa voz déume el alto. Qué susto. Velaban dende úa garita que tían na finca d`arriba. Quieta, cerra esa portella, Luisía, dixeron. Nunca tanta vergonza paséi.
    Era eso más o menos lo que che decía nel que se perdéo
    Saludos

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s