Amentón (Mentha suaveolens)

Mentha suaveolens en Santuyano, Mieres (9/6/2012)

Mentha suaveolens en Santuyano, Mieres (9/6/2012)

El amentón (Mentha suaveolens) é úa pranta ben búa de reconocer nas veiras dos camíos ou al pé das paredes. Ten as foyas arredondiadas, mui engurriadas y chías de pelíos; nel rovés ás veces pinta cuasemente branca. As flores salen en espigas y son de color branco ou rosa.

Anque esto vai en gustos, nun ule mui ben, alomenos non con un olor tan fresco como outras especies del xénero Mentha, como a Mentha spicata (de foyas máis alargadas y sin pelos por derriba, conocida en casteyano como hierbabuena) ou a Mentha pulegium (aparecida al anterior, pro que medra menos y ten as foyas máis aserradas). El olor del amentón é máis apagao, d’ei el nome específico suaveolens ‘qu’ule suave’.

Amentón é como ye chaman en Mántaras á Mentha suaveolens (aproveto pra correxir el error d’identificación del meu vocabulario, que pon qu’é a Mentha pulegium) y tamén en San Xuyán (El Franco). Noutros sitos del Franco, como Villar ou Llobredo, apuntéi a forma mentón, palabra que tamén me dixeron en Brañatruiye (Castripol). Nun teño máis datos en galego-asturiano, agá a palabra amentón que trai el vocabulario da Roda y que pinta que ta mal definida, porque na mesma parroquia, na Barrosa, identificáronme el amentón como Mentha suaveolens.

El único que recoyen Acevedo y Fernandez nel sou vocabulario (1932) son as palabras amenta y herba buena como sinónimos y col significao en casteyano de ‘menta’. Esplican que s’usaba pra os dolores de barriga mezcrando as foyas con manteiga fresca y dando fregas. Tamén falan del sou uso como antitérmico. As mesmas dúas palabras recoye el libro sobre a fala del Franco, de José García, que tamén las define como ‘menta’. El vocabulario da Roda recoye amenta (‘menta’) y, como xa se dixo, amentón (defínelo como ‘toronjil silvestre’); esta última identificación debe tar errada, porque entoncias sería a Melittis melissophyllum (pranta abondo diferente y tamén conocida en casteyano como melisa bastarda).

Con estos poucos datos, pode supoñerse qu’el nome d’amenta aprícase en galego-asturiano a especies de Mentha que nun son a suaveolens. En conto a palabra herbabuena ou herba buena, ten traza de ser úa adaptación, nun sei se popular ou erudita, da forma casteyana.

Amentón en flor en Casarego (15/8/2014)

Amentón en flor en Casarego (15/8/2014)

En casteyano, el nome máis habitual da Mentha suaveolens na literatura divulgativa é el de mastranzo, anque tamén ye chaman matapulgas, hierba sapera, hierbabuena de burro, hortelana de perro, menta de caballo… El nome de matapulgas recorda el uso tradicional da pranta como repelente d’esos insectos (uso que tamén recorda el nome específico da especie Mentha pulegium, del latín pulex ‘pulga’). En conto a os outros tipos de denominacióis, sempre ye amecen al nome un complemento máis ben despectivo pra deixar claro qu’é úa variedá máis brava y que nun hai que confundila col nome tal que se ye dá a outras razas de Mentha.

Ese matiz despectivo pra chamar popularmente á Mentha suaveolens atopámolo tamén en galego-asturiano nel aumentativo amentón, que vén ser como dicir qu’hai el amenta, qu’é a búa, y hai el amentón, qu’é máis ordinario (como pasa cua diferencia entre herba y herbazón).

En asturiano chámanye hortolana, anque tamén hai quen yo chama a outras especies como a Mentha spicata. En galego é común el nome de mentrasto ou mentrastes (con outras variantes como melastro, meldrasco, ventrastes…) y úsase el de menta ou amenta, ademáis de nomes como cecimbre ou hortelá, pra chamar a outras variedades.

Todo este panorama que se ta resumindo é muito máis arrevesao porque el conocemento tradicional das herbas entre a xente é cada vez máis pequeno, nun hai denominacióis populares pra todas as especies, úsanse nomes xenéricos pra úas contas da mesma familia… y os vocabularios y os datos de campo ás veces tein confusióis, errores d’identificación ou falta de concreción nas definicióis.

6 opinións sobre “Amentón (Mentha suaveolens)

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      ¿Condo dices Cuaña ques dicir a parroquia ou el conceyo? Dígocho por se podes concretar máis a zona unde se ye chama amentón, qu’é miyor ir de parroquia en parroquia. 😉

      Gústame

      Resposta
  1. poutaloba Autor/a do artigo

    Este polego veigueño enlaza col resultao galego poego (con perda del -l- intervocálico propia d’esta lingua), que s’aprica aló á Mentha pulegium, anque tamén á Mentha suaveolens. Este tipo de cruces ou confusióis son mui habituales. As fotos del amentón son mui claras y dou por sentao qu’é a esta herba á que chamades polego (porque a M. pulegium ten as foyas brillantes y picudas, non peludas y arredondiadas como el amentón). Gracias, Belén, por este dato tan interesante.

    Liked by 1 person

    Resposta
  2. Fragaria Vesca

    Parece ser que “pulegium” y “pulex” nun tein que ver etimolóxicamente ún con outro. Ou eso é el que se deduce del diccionario etimolóxico d’Ernout y Meillet.

    Gústame

    Resposta
    1. poutaloba Autor/a do artigo

      Os comentaristas al botánico Dioscórides, que xa fala nel s. I da pranta pulegium, vein relacionando esta palabra col latín pulex ‘pulga’, polas propiedades repelentes que se ye atribuían contra estos insectos. Seguramente é un caso d’etimoloxía popular, peró dende entoncias todos os naturalistas vein repetíndolo. Agora, se Ernout y Meillet negan esa relación, punto redondo.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s