
Al altura de setembre, os conchos unde tán as noces xa empezan a arregañar. Penanes (Morcín) (8/9/2015).
A noceira (Juglans regia) é un árbol qu’el ser humano pranta dende el Antigüidá pra pañarye el fruto y, anque pinta ser orixinaria d’úa zona que coye dende os Balcáis hasta China, naturalizóuse despóis en búa parte d’Europa. Así que, técnicamente, ser é un árbol alóctono na nosa terra, pro ta entre nosoutros dende hai muitos centos d’anos.
Ei camín d’agosto, a noceira xa bota el fruto, con úa paraza verde que vai arregañando da que vai madurecendo y que deixa ver, asomando, a noz. É alredor d’outubre condo as noces xa tán a punto pra coyer. Esa paraza verde, qu’hai que quitar pra chegar a elas, chámase concho en galego-asturiano, anque recibe outros nomes menos específicos como paraza, casca, cáscara ou cascarón. Dalgúas d’estas denominacióis, y outras, tamén s’usan pra referirse al outro recubrimento duro que ta debaxo y que guarda a carne da noz: casca, cáscara, casco, cosco… A parte comestible pódese chamar de muitos xeitos descriptivos como carne, pupio, corazón…, anque hai nomes concretos pra esos lóbulos que salen al cascar a noz: carneiro, dente, pata ou perna, palabras que tamén s’aplican dalgúas d’elas pra referíremonos a os gayos dos cítricos. Seguindo con comparanzas anatómicas, hai que recordar que chamamos noz ademáis á parte que sobresal da larinxe nel pescozo.
En búa parte d’Asturias son tradicionales les casadielles, conocidas máis al occidente como bollinas, postre a base de noces molidas con azucre y anís. Anque é evidente qu’el árbol querse muito pol fruto, tamén na cultura rural se valoraba pola súa madera: búa de trabayar, resistente y d’úa color y úa veta ben guapas. Aparte, a noceira tía aplicacióis melecieiras. Por poñer un caso, en Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga, Fernández Vior recoye el uso tradicional de cocementos das súas foyas pra sanar a disipela usando aquela augua pra lavar el peleyo. Outra tradición ben estendida é a qu’atesa que nun se pode botar a sesta á solombra d’úa noceira, que senta mal, qu’alouría a ún. Dicen qu’esa crencia popular ten que ver con úa sustancia que bota el árbol, igual que fain outras especies, pra tornar competidores vexetales al sou alredor. Pro, pasando a avezos tradicionales máis chocantes, tamén se pode recordar que con media cáscara d’úa noz faise un xuguete, a pitarronsoña. Tápase con úa badana y méteseye úa crina ou un breimante pol medio pra qu’al ferye dar voltas rumbe como se fora un abeyón.
Núa colección inédita d’adivianzas recoyidas pol escritor Alejandro Sela, atópase esta: «Altos como a iglesia, baxos como a mesa, amargos como fel y saben como mel». A solución á cousilía é a noceira y as noces. Sela, como era de Vilavedeye (Castripol), pon nogueira, qu’así é como ye chaman alí. Qué miyor qu’aprovetar este dato pra entráremos en farina cuas denominacióis de Juglans regia en galego-asturiano.

Noceira al pé del camín en Calambre (Tapia) (27/7/2022).
É muita a información da que dispoñemos, entre publicada y inédita, anque non tan dafeito como quixera pra poder trazar en detalle el mapa de distribución dos nomes que ye dan. Empezo pol acabo, porque pode alouriarnos el feixe de datos (y non a solombra del árbol) y quitarnos de ver el conxunto: dibúxanse nel territorio tres zonas con cadasúa clas de denominación, sobre todo en feminino, anque tamén se recoyen as correspondentes en masculino.
El primeiro nome é noceira, que podemos considerar el máis característico del galego-asturiano. El territorio unde s’usa pinta meterse como úa cuña dende el norte: coye dende Cuaña hasta Tapia y vai estretando hasta chegar a Pezós, abracando os conceyos del Franco, Bual y Eilao. Así y todo, pode qu’a zona sía máis grande: hai datos islaos de noceira en conceyos como A Veiga ou Ibias (y hasta en Negueira, ese conceyo galego que s’enxerta entre Grandas y Ibias). Anque estas referencias pintan tar xebradas del triángulo embrocao que describín, ben poder ser por causa de que faltan datos dos territorios que quedan entremedias.
Hai úa segunda denominación, nogueira, de distribución xeográfica occidental: dende Castripol hasta Grandas, pasando pola Veiga, San Tiso, Taramunde y os tres Ozcos, incluíndo dalgún punto d’Ibias. Falaba de qu’a denominación de noceira pintaba úa cuña que se metía nel territorio y é que todo apunta a que se superpuxo y ganóu tarrén á zona de nogueira, como se comproba na parte occidental y sur de Tapia, nel sur de Cuaña y nos conceyos de Bual, Eilao y Pezós, unde se recoyeron as dúas denominacióis, nogueira y noceira. Ademáis, en dalgún caso sabemos qu’é máis veyo el dato del primeiro nome. Tamén a toponimia é úa pista, como hei a comentar máis alantre.
El terceiro xeito de chamarye al árbol é nogal, palabra de distribución oriental y sureña nel noso territorio: Navia, Villayón, Ayande y Ibias, con dalgún conceyo como Cuaña ou Bual unde se constata tamén en puntos fronteirizos. Ademáis trátase d’un nome ás máis das veces feminino: a nogal. A pena é que dalgús datos nun dicen el xénero, así que, en caso de nun figurar, considerámolo masculino. Quen teña a tentación de velo como un casteyanismo puntual, pode reparar na continuidá territorial d’este resultao de norte a sur y ademáis en feminino. Tampouco nun se poden poñer perós ás respostas masculinas porque a variación de xénero dase tamén na denominación asturiana: dizse tanto la nozal como el nozal. El nome de nogal recóyese en puntos del occidente de fala asturiana, pro debéu considerarse casteyanismo porque nun s’aceptóu nel diccionario normativo del Academia da Llingua agá pra referirse á madera, avezo este que tamén se dá en galego-asturiano. Tou na fe de qu’é un uso enfático del casteyano pra darye máis importancia, fenómeno ben conocido: al árbol poden chamarye castañeiro ou noceira, pro el houcha dicen qu’é de castaño y el almario, de nogal. Na veira oriental de Lugo ta constada a denominación de nogal pral árbol, y en muitos puntos da provincia da Coruña tamén, pro, así y todo, nun se considera variante patrimonial nos diccionarios galegos.

Noceiras cargadas de noces en Calambre (Tapia) (27/7/2022).
Imos agora al detalle dos datos. Como avezo a fer, as variantes recoyidas con -u- por causa de tar en posición átona (nuceira, nugueira…) regularízolas en -o-. El nome de noceira ta recoyido nos vocabularios d’Acevedo y Fernández, Mántaras, A Roda, El Franco, A Veiga, Eilao y Bual, mentres que noceiro rexístranlo os d’Acevedo y Fernández y El Franco. Esta variante masculina dixéronma nas Figueiras, Mántaras y Ortigueira, pro é da forma feminina da que teño máis datos inéditos, dalgús d’elos recoyidos da que fía as encuestas pral ETLEN. Constatéi a palabra noceira nos conceyos de Tapia (Serantes, Casarego, El Viso, Tapia, Salave), El Franco (Valdepares, Arancedo, San Xuyán), Cuaña (Cartavio, Mouguías, Ortigueira), Bual (Armal), Eilao (Cimadevila), Pezós (Sanzo) y Ibias (El Chao da Abelleira).
En conto a nogueira, recóyenlo os vocabularios da Veiga, A Roda y Bual, ademáis de tar nel manuscrito d’Alejandro Sela que xa comentéi. Tamén se recoyéu na encuesta feita en Bual en 1931 pral Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI), y nas feitas en 1947 en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos) y As Campas (Castripol). Nel ETLEN, os meus compañeiros xuntaron datos d’esta forma nos puntos d’encuestación da Garda (Taramunde), Labiaróu (Samartín d’Ozcos), Teixeira (Santalla d’Ozcos), El Pato y Navedo (Eilao). En conto á forma masculina, nogueiro, ta rexistrada nun vocabulario inédito das Figueiras de Francisco Fidalgo Villaveirán, variante que me confirmaron oralmente alí, ademáis d’en Trelles (Cuaña). Pro volve ser da forma feminina da que xuntéi máis datos inéditos: nos conceyos de San Tiso d’Abres (O Chao), A Veiga (Zreixido), Castripol (As Figueiras, Berbesa, El Valín, Os Niseiros), Tapia (El Valle, Tapia), Taramunde (Nogueira, Ouria), Vilanova d’Ozcos (Bustapena), Santalla d’Ozcos (Santalla), Eilao (Cachafol), Pezós (Pezós), Grandas (Castro) y Ibias (Marentes).
Y queda detallar os datos de nogal. É palabra que recoyen os vocabularios de Ponticella (Villayón) y de Monón y Castaedo (Ayande), aparte das encuestas feitas pral ALPI en 1947 en Freal (Navia) y Cuantas (Ibias), anque namáis nel primeiro punto se señala qu’é feminina. Nas encuestas del ETLEN apuntóuse nogal, sin marca de xénero, en Valdeferreiros (Ibias) y, col xénero feminino, en Vilamayor y Fandovila (Ibias), y en San Salvador (Ayande). Eu teño datos, anque sin perguntar pol xénero (descuido imperdonable), d’Andés y El Monte (Navia), Vivedro y Ortigueira (Cuaña), y Corondeño (Ayande). Si me constan como femininos os datos que me deron de Castriyón (Bual) y Carbueiro (Ibias). Queda úa variante de nogal, a forma nogaleiro que me dixeron nas Figueiras. Trátase d’un derivao qu’amece el sufixo occidental característico pra os árboles (-eiro) á forma xa incrementada primeiro col sufixo oriental (-al).

Esta noceira nacéu ventureira nel suqueiro d’úa terra al pé del Camín Veyo en Mántaras (Tapia) (7/7/2021).
Estas tres zonas que s’apuntaron tein continuación a entrambos laos, nel galego y nel asturiano vecíos, como se comproba nas encuestas del ETLEN. Nel primeiro caso, recoyéuse o nogal no Rato (Ribadeo), nogueira na Vilapena (Trabada) y Neipín (A Pontenova), noceira en Negueira, nogal y nogueira no Pando (A Fonsagrada), y o nogal, a nogal y nogueira en Murias (Navia de Suarna). Aparte d’estos datos de nogal, xa comentéi que se constataba noutros puntos de Galicia, sobre todo na provincia da Coruña. Dos vocabularios galegos sácase que nogueira é a denominación máis estendida, anque el nome de noceira tamén se rexistra en dalgús puntos estragayaos: na parte máis oriental de Lugo, como Crecente ou Pedrafita, y outros nel sur da Coruña y norte de Pontevedra. A forma noceda, usada tamén como colectivo d’estos árboles, ta recoyida nos diccionarios referida al exemplar individual, pro nun se cita ningún punto xeográfico concreto. Outras denominacióis galegas, relacionadas col nome da paraza verde del fruto, son as de coucheira, concheiro, concheira, caroleira, carroleira, carroleiro, que se dán núa zona del sureste de Lugo que s’alarga contra el sur pola provincia d’Ourense y qu’entra nel Bierzo con nome de conchal, con ese sufixo pra nomes d’árboles propio del asturlionés. Esa clas de denominación sigue pol suroccidente asturiano, na Estierna (Ibias), y nel norte de Lión, en Babia y L.laciana, como conxal. Nel suroccidente del Bierzo recóyese tamén a denominación de nogueiro.
Na veira del asturiano, el ETLEN rexistróu el nogal en Bárzana (Navia), la nogal en Riumayor (Outur), el nogal y la noceira en Oneta (Villayón), el nogal en Berbegueira (Villayón), nocéu en Prada (Ayande) y conxal nel Rebol.lal (Degaña). Nos vocabularios dialectales asturianos compróbase el uso de nogal, y en feminino, en Busmente (Villayón) y nos conceyos de Degaña y Candamu. Pol Bierzo oriental, de fala asturiana, tamén se dan estas formas. Aparte, hai datos de noceiru en Tox (Navia) y puntos de Valdés achegaos. A forma nocéu esténdese pol centro occidente dende Valdés, Ayande y Cangas hasta Les Regueres ou Quirós como conceyos máis orientales unde se constata, anque tamén se recoyéu en dalgún punto solto del centro d’Asturias. A denominación máis estendida en asturiano nel centro y nel oriente, pro tamén nel centro occidente, é nozal (ou ñozal), tanto en feminino como en masculino.
Muitas d’estas variacióis de nomes tamén se dan nel casteyano, dependendo das zonas, porque, ademáis de nogal, tamén se recoyen variantes como anogal, nogala ou noguera.
A etimoloxía das denominacióis qu’entran en xogo vai darnos pistas sobre el antigüidá de cada resultao. En latín, nux, nucis usábase pra chamar á noz, pro tamén a cualquera fruto con cáscara (nux abellana, nux castanea…). D’ese étimo vein tanto noz como nuez, cos resultaos vocálicos correspondentes dependendo da lingua. Anque en latín clásico nux tamén deu nome al árbol (en italiano, noce), máis tarde popularizáronse en latín outras denominacióis a partir del adxetivo nucalis ‘da grandura d’úa noz’, qu’é d’unde vén el resultao nogal. Outro adxetivo tardín, nucaria, aplicao al árbol, é el que deu pé a os resultaos nogueira ou noguera. Del latín nucetum ‘sito poblao de noceiras’ salíu el asturiano nocéu, anque referido a un exemplar namáis. En conto a nozal, pódese pensar que vén directamente del latín a partir del adxetivo nuceum ‘das noceiras’ col sufixo –alem. Outra posibilidá é que seña úa formación xa d’época romance a partir da palabra nuez máis el sufixo –al. Outro tanto se pode dicir de noceira: que veña d’ese adxetivo máis el sufixo -ariam ou que s’amañara en tempos posteriores dende a noz máis –eira. En favor da formación romance de noceira frente a máis veya nogueira, que viría directamente del latín, pode tar el argumento de qu’hai muitos topónimos de nogueira frente a ningún, que conózamos, de noceira. Hai toponimia d’entidades de población como Nogueira (Taramunde), Nogueiróu (Grandas), A Nogueira (El Franco), y tamén de paraxes, como As Nogueiras (Serantes), As Nogueirías (Pezós), El Río de Nogueiras (Pezós), As Nogueiriñas (Os Coutos), Nocedo (Campos y Salave), El Valle as Nogales (Villayón)…
Despóis de dito todo esto, por se nun quedóu abondo claro, volvo aló: altos como a igresia, baxos como a mesa, amargos como fel y saben como mel, ¿qué cousa cousilía é?
Faime muita gracia lo de quedar «alouriado» por deitarse á solombra da nogueira. Tía que ser quedar «anogueirado» ou «anoceirado», porque lo que alouría é el loureiro, que seique é mui tóxico tamén. Ha, ha. As linguas son marabiyosas. Muitísimas gracias por estas leccióis que nos regalas.
GústameGústame
Cala, cala, que nun vas tan desencamiada. García Arias, pral asturiano “alloriar” propón un deverbal de “lloréu”, qu’a partir das propiedades máxicas da pranta podía dar na idea de volverse tolo ou mariarse.
GústameGústame
Muito bon el trabayo. Por aportar algo, en Vil.lairán, parroquia de Vil.lapedre (Navia), decímosye el noceiro. Chocóume lo de nogal, porque papá ya de La Esperanza (parroquia de Andés, xunto a Freal), ya chámaye el nogal, ya you sempre pensara que yara castellanizao. Vaya casualidá topar esta xoia que publicas agora, xusto estos días saliu la guía de unas nuoces que plantéi este inverno de un noceiro que trouxera bolito de Outur nel 50, polo visto nun había muitos plantaos pola contornada, ya andaba ver si había algo escrito da zona.
GústameGústame
Gracias, Santiago. Si, condo te pois a poñer nun mapa os datos é condo llevad sorpresas. 🙂
GústameGústame