Binteiro (Sambucus nigra)

Flor de binteiro. El Pumarín, Sontolaya (Morcín) (4/6/2015).

A sociedá tradicional vivía mui apegada a crencias y mitos qu’hoi, nestos tempos modernos, tán esqueicéndose. Dalgús d’elos, como os asociaos al binteiro (Sambucus nigra) y á noite de San Xuan, son ben guapos. A pena é qu’este tipo de tradicióis, ademáis d’esqueicerse, cambíanse dacondo por outras novas ás que xa nun yes vexo tanta gracia. Cualquera trangayada discurrida hai dous días acaba popularizándose y convertíndose en tradición gracias al poder multiplicador dos medios de comunicación, conceyalías y festas escolares. Al cabo, el que pousara na memoria colectiva despóis d’un proceso lento de centos y centos d’anos múdase d’un día pra outro por cualquera fenómeno viral. Por poñer un caso, de saltar a fogueira de San Xuan pasóuse, nesos actos organizaos y con dispositivo de Bombeiros y Protección Civil, a tirar nela papelíos con deseos, úa moda qu’empecéi a ver nas ciudades hai dez ou quince anos.

Renémbraseme todo esto al falar del binteiro, ese árbol de paraza abrancazada y engurriada que condo chegan as fechas de San Xuan destaca polas flores brancas que bota. Y é qu’é un árbol asociao en muitos sitos ás tradicióis d’esa noite máxica. Na nosa terra, cuas flores d’él aseñalábanse as fontes unde xa se piyara a flor del augua y tamén esa noite s’aporondaban das paredes das casas pra qu’al erguerse el sol al ameicer las vise asina engalanadas.

D’esta volta, pra falar del binteiro xa nos fexo cuase todo el trabayo Dámaso Alonso, que publicóu un artículo interesantísimo sobre él en 1946 («El saúco entre Galicia y Asturias»). Este filólogo y poeta, con orixe familiar nos Ozcos, foi dos primeiros en investigar el galego-asturiano y precisamente foi quen discurríu esta etiqueta pra chamar á nosa lingua. Pr’afondar na cuestión del binteiro anduvo pescudando y recoyendo nomes y tradicióis nas dúas veiras del Eo, ademáis de na bibliografía qu’había daquela tanto en Asturias y Galicia como en toda a Romania.

Alonso recoye el nome de binteiro nos conceyos de Castripol, A Veiga, Bual, Santalla, Samartín y en Pradias (Ibias), d’unde tamén apuntóu as variantes baiteiro y baíto. Como forma eonaviega máis oriental dá os datos de beneito recoyidos en Navia, Villayón y Folgueiras (Cuaña), sito unde ye deron amáis a variante beneiteiro. Como datos da bibliografía cita el binteiro del vocabulario d’Acevedo y Fernández, y el baiteiro recoyido por Aurelio de Llano en Vilamayor (Ibias).

D’entoncias pr’acó dispoñemos de máis datos bibliográficos, porque tamén recoyen a forma binteiro os vocabularios actuales de Mántaras, A Roda, Bual (cua variante benteiro), El Franco, Castaedo y Monón, y A Veiga. El vocabulario veigueño tamén apunta úa forma máis occidental en Abres, bieiteiro. En conto al de Ponticella (Villayón), recoye a forma beneito. Xoan Babarro dá datos de baíto y baiteiro en Peliciera (Ibias) y benteiro en Millarado (Santalla).

Os datos personales qu’eu podo amecer a estos vein confirmar ou estender máis os resultaos xa apuntaos: binteiro en Corondeño (Ayande), Zreixido (A Veiga), El Valín, Os Niseiros y Obanza (Castripol), Armal (Bual), San Xuyán (El Franco), Bustapena (Vilanova d’Ozcos) y A Viñola (Grandas), cua variante benteiro recoyida en Pezós, Castro (Grandas) y Santalla; baíto en Santolín (Ibias); bieiteiro no Chao (San Tiso d’Abres); beneito en Vivedro (Cuaña), Anlleo (Navia) y Poxos (Villayón), lugar este unde tamén recoyín a variante beneiteiro.

Polo tanto, resumindo todo este panorama de formas, temos nel estremo occidental a forma bieiteiro; al sur, en Ibias, temos baíto y a variante col sufixo –eiro: baiteiro; nel máis del territorio eonaviego, en toda a zona central, atopamos binteiro (cua variante benteiro); y pral oriente encontramos a forma beneito y a variante correspondente col sufixo –eiro: beneiteiro.

Binteiro florido en Güeñu (La Ribera) (26/5/2015).

Se botamos un oyo á etimoloxía d’estas formas, ta claro que todas remiten al latín benedictu, como ben esplica Dámaso Alonso nel artículo xa dito. Pro pol camín, como se ve, chegóuse a solucióis distintas en cada sito. Ese –d– intervocálico del cultismo benedictu pérdese nel paso á lingua romance, col que se chega á nosa forma oriental beneito que, amecéndoye ese sufixo –eiro que tantos nomes de prantas dá, deriva en beneiteiro. Como nel galegoportugués pérdese el –n– intervocálico, pasóu tamén eso cua palabra beneito en cuase toda a zona: despóis d’úa fase de nasalidá (*beẽito), chegóuse a beeito y, d’ei, a bieito. Amecéndoye el sufixo –eiro xa temos el noso bieiteiro.

Pro outra posibilidá, típica en muitas zonas del galego-portugués, foi que, despóis de perder el –n– en beẽito, esa nasalidá amañóu outro –n– novo: de beẽito chegamos a bento (como pasóu, por exemplo cua palabra cinza, que vén del latín cinisia). Nun queda máis qu’amecerye el sufixo –eiro pra téremos benteiro; ese –e-, al tar en posición pretónica, zarra: xa temos binteiro.

Alonso esplica tamén a terceira posibilidá: de benedictu, despóis de perder el –d-, pasóuse a benito, que, cua perda galegoportuguesa del –n– intervocálico, deu beíto y, d’ei, el noso baíto ibiano. Amecéndoye el sufixo –eiro chegamos tamén á variante baiteiro.

En galego rexístranse variantes como bieiteiro, biaiteiro, biuiteiro, biauteirobiouteiro, biateirobirouteiro, baiteiro, beleiteiro, bieito… A forma binteiro en Galicia ta rexistrada al pé da nosa zona, en sitos como Burón y Navia de Suarna; máis pral sur de Lugo, nas Nogais, é bianteiro. En conto al asturiano, os derivaos de benedictu pra chamar al Sambucus nigra son formas como benitu, benitón y beneitu (ésta nel occidente, testando cos datos orientales eonaviegos de beneito).

Pro, pra chamar al binteiro, as nosas linguas vecías tamén tein derivaos populares d’outro étimo, el nome latín da pranta, sambucus, que se conserva nel nome científico da especie: al través del latín vulgar sabucus chegamos al sabugo y sabugueiro portugués y galego; al sabugu, sabugueiru, xabugu, sabucu, xabucu, xaugu, xabú… del asturiano; y al sabugo, sabuco ou saúco casteyano… Y tamén a topónimos como Jabugo, irmao etimolóxico del lugar de Sabugo de Castripol, qu’é un señal d’outros tempos en qu’al árbol se ye chamóu asina na nosa zona. Y é qu’hai sitos, como nel Navia-Eo, unde a palabra sabugo xa nun s’usa pra chamar al árbol, pro si pra chamar a miola que tein dentro tanto as canas del binteiro como os cornos das vacas (eu aparte sentín a variante sabuco, que tamén ta constatada en puntos del estremo oriental de Lugo y Ourense). Esa acepción da palabra haila tamén en portugués, galego y asturiano. Dalgún veyo s’acordará de condo os nenos cortaban un palo de binteiro, baleiraban ese sabugo y amañaban pra xugar taqueiras ou tiratacos, úa versión artesana das escopetas d’aire comprimido.

Pro volvemos al outro étimo. ¿Por qué se partíu de benedictu pra chamar al noso árbol? Alonso destaca as virtudes melecieiras que se ye atribuían al binteiro. Recoye el sou uso nos Ozcos pra os males dos oyos y del peleyo, ou cómo en Andés se colgaban ramos da flor nas cortes pra defender el gao de dalgús males. En Villayón era nos poleiros das pitas; en Eilao, nos pés das medas, pra que nun se meteran as colobras. En Serantes, cunta que s’usaban sete ramíos de binteiro pras vacas que tían problemas col parto. Tamén recorda outros usos noutras partes del estremo occidental asturiano que recoyeron estudiosos como Cabal ou Aurelio de Llano. Pro al qu’él ye dá importancia pra esplicar ese nome de benedictu é al asociación da pranta cuas supersticióis del solsticio de brao da noite de San Xuan, que, como xa se ten dito ben veces, son en realidá cristianizacióis de crencias anteriores. Atópanse datos en todo el noroeste peninsular, anque as crencias nas propiedades máxicas del binteiro en cualquera parte del ano esténdense por toda Europa.

Dámaso Alonso recoye a tradición de colgar esa noite flores de binteiro nas portas y paredes das casas en Bual, Folgueiras (Cuaña), Ponticella (Villayón), Eilao, Grandas, A Fonsagrada, Burela…  El resume é qu’esa noite el binteiro quedaba bendito (benedictu) por San Xuan. Ei ta el poema «A noite tradicional», escrito en 1907 pol poeta tapiego Carlos Pérez Méndez, unde recorda el augua que se deixaba fora nesas tinas y caldeiros «que chíos de flores tan / á bendición espostos de San Xuan». As tradicióis recoyidas por Dámaso Alonso naquelos anos corenta poden suar mui atrás nel tempo, pro tamén mas cuntaron nel Franco nos anos noventa del siglo pasao. Por se daquén ta interesao, d’esta tradición y d’outras alredor de San Xuan nese conceyo escribín hai ben anos un articulín na revista Entrambasauguas.

Esplico alí que condo ye perguntéi a úa muyer se esas tradicióis nun tarían xa perdidas, reconocéume qu’ela einda avezaba a poñer ese día un ramín de binteiro nel espeyo retrovisor del coche. Sei que nun vai cambiar miga da nosa sorte se na noite víspora de San Xuan adornamos portas y ventás da nosa casa cuas flores del Sambucus nigra, pro naide me vai negar qu’é úa tradición del país ben guapa. Eu hei a cortar us mañuzos y poñelos.

Advertisements

19 thoughts on “Binteiro (Sambucus nigra)

  1. Aurora García Rivas

    O BIAITEIRO

    Todo vai pasando na vida. Muitas cousas deixan ás veces un rastro como de limaco. Pra librarse d’estes recordos nun hai mellor que volver ó tempo aquél do verde da primavera y as flores do biaiteiro. Habíos en calquera lado que tuvera augua ou humedá.
    O cheirume do seu florecer sentíase de lonxe; chegaba ós fuciños co seu tufo de menciña, é verdá. Pro a mín importábame pouco abondo que miña abola fixera xarabes prá tose ou cataplasmas prós pulmóis cando chifraban polo mor d’un enfriamento. Pra mín, nena con pouco sentido prás cousas qu’os vellos nos contaban, pra que as fóramos aprendendo, era abondo pensar en escaparme con meu irmao pra cortar una cana de biaiteiro e facer un chifre. Había que saber escoller ben, non todas valían. Tiña que ser tenra, pro non demáis; había que ter bon ollo pra eso y eu non o tiña. Eu miraba o que facía meu irmao, esperto “chifreiro” de canas de biaiteiro, d’amieiro e de calquera cana que tuvera savia nova pra que lle salira ben a paraza en un apedrar o chifre.
    Meu irmao era máis mañoso ca mín, xahora, para eso era un neno. Collía a cana, cortaba o pedazo mellor e baleiraba do seu corazón branco e mole, o xusto pra deixarle un pedacín no cabo sin furar. Despóis facía a boquilla do chifre, con muito tento, porque se non igual se lle iba al carajo o invento. O furadín pró aire, a pipeta prá boquilla, coa súa abertura… y a chifrar… Eu seguía coa miña cana… nunca chifraron os meus chifres pro acórdome ben de cómo chifraban os dos máis.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Condo se trata del comentario d’úa escritora tan búa como tu, cualquer apunte que fagas pasa da etnobotánica á literatura. Quén me dera ter esa facilidá pra dicir as cousas tan ben y tan guapo. Gracias, Aurora.

      Gústame

      Resposta
  2. Marian

    En Andés teño sentío falar del beneito, a meu bolo, supoño. Pero nun m’acordo you de que dixera que se puía nas cortes pa feye ben al ganao. Ta ben sabelo. 🙂

    Gústame

    Resposta
      1. Moncho

        Perguntar nun perguntei muito non (ou os informantes eran novos de máis. A mía sogra, qu’é de Nogueira (Taramunde) dice qu’é un biouteiro.

        Gústame

  3. Alberto

    Úa entrada ben guapa, en Navia sempre houbo muita tradición de fogueiras pa San Xuan, de nenos, íbamos polos barrios pa ver como las prendían: San Roque, La Estación. .. era ben raro el barrio que nun tía cuatro maderos pa queimar y úa mesa na que zampar freixolos. Despós, condo Amancio empezo a fer la fogueira grande nel Prao, centralizóuse todo nesta, y foron perdendo las de los barrios. Hoi día faise nas Pistas, con gaitas y inda hai úa folixa en condicióis.

    Confirmo el dato del beneito en Navia, que penso ye oín a meu padre chamallo asina. El caso é qu’el sou uso máxico debe tar mui enreizadao por Europa, mésmamente, é chamadeiro que na saga Harry Potter, muitas de las varitas qu’usan los magos, tán feitas con madera d’este árbol, féndose referencia esplícita ello.

    Y xa que sale el tema de los estoupóis, en Busmente el outro día que salimos de caminata pa pechar el curso, topamos con ellos, chámanyes estoupos.

    Bua noite.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias polos datos, Alberto. É verdá que se foron perdendo as tradicióis das fogueiras nos barrios con esto de fer fogueiras municipales.
      Tamos adelantando información d’outra especie, pro ¿eso de estoupos dixéroncho os nenos ou a xente de Busmente, ou é de máis sitos del conceyo?

      Gústame

      Resposta
      1. Alberto

        Confírmoche beneito, que temos ún plantao.
        Lo d’estoupos foron los nenos, tamén me dixo outro de Busmente col que tuven ayer, qu’iba fer lo de la clara na ventá, que sempre lo fain na casa, peró que las pitas nun tuveran pol llabor. Inda nun ta todo perdido.

        Gústame

  4. conchitaalvarezlebredo

    Mui guapa esta entrada y mui interesante, y tamén el artículo en “Entrambasauguas”. A min tamén me dá muita rabia cómo a xente copia os costumbres de fóra y deixa perder os sous, pero qué se ye vai fer… Mía madre recorda esas tradicióis de San Xuan das que falas, aínda que ela y as súas hirmás xa nun las practicaban en Tapia, peró súa madre contábayes lo que fían antiguamente: el binteiro nas ventás, el augua de San Xuan cua que se lavaban pa pintar más novas y guapas… Tamén outro costumbre de Tapia, que supoño que tamén se feiría noutros lugares da contornada, era poñer unha clara d’ovo na ventá na noite de San Xuan y á mañá aparecía un barco. Mía bola decía concretamente que se convertia nunha “carabela”. Esto tamén se fai noutros lugares d’España, sobre todo nel oeste, peró en Tapia nun sei de naide que lo siga fendo. Nun sei se probar eu este ano 😉

    Préstame muito ese costumbre sincrético que comenta Andrea de Vilarín: a cruz y as herbas máxicas. Paganismo y cristianismo xuntos y revoltos, como sempre. Encántame.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Mira tu, que tamén mía madre me recordóu a tradición da clara d’ovo. Son máis ou menos d’un tempo, ¿ou?
      Pois falando del sincretismo, Carmiña, úa amiga luguesa, mándame úa foto da parede de súa casa en Torés (As Nogais), unde se ve un ramo con flores de xesta, tróqueles (el que chamamos campanías en Mántaras y Andrea chama en Vilarín estoupóis) y bianteiro. Ela ta trabayando en Canarias, pro esta noite ten alí na casa un xarro con tróqueles, por se as meigas van visitala.

      Liked by 1 person

      Resposta
  5. Poutaloba Autor/a do artigo

    Mui guapo ese dato etnobotánico de Vilarín, Andrea. Nel voso lugar cubríades todas as posibilidades contra as bruxas, por se acaso: binteiro y estoupóis. 😉 Haberá que falar dacondo dos estoupóis. Tuven deixándoyes pasar porque einda nun teño úa foto guapa de detalle da flor, pro, en conto la saque, ei vai.

    Gústame

    Resposta
  6. Andrea

    Bus dias,
    En Vilarin chámase binteiro. Na noite de San Xuan poñemos úa cruz en todas as portas con un ramín florido de binteiro y outro d’estoupois. A fogueira tampouco pode faltar.
    Parece ser que el binteiro ademáis de ter propiedades máxicas y medicinales tamén e un bon insecticida y repele as moscas. Os franceses aprecian muito a mermelada que se fai col sou fruto, anque teño que decir que sabe meyor a de moras. Tamén probéi un viño que se fai coa sua flor que sabe mui ben.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s