Gancela (Erica spp., Calluna vulgaris, Daboecia cantabrica)

Gancela da especie Erica cinerea. Mántaras (Tapia) (14/8/2017).

Un monte chen de gancela en flor, cuas súas florías moradas, de tonos que van dende el máis rosao al máis tirante a escuro. Esa é úa estampa típica da nosa terra que se pode ver undequera: nos cordales, na veira del mar, al pé dos camíos… Nel occidente asturiano interior, unde a deforestación é histórica, quilómetros y quilómetros de montes rasos de gancela dan al paisaxe úa personalidá especial. Pasar el porto del Palo, El Garabocho, El Counio, A Garganta, Penouta… é meterse dafeito nas terras da gancela. Estos mantos vexetales son el paraíso das abeyas, que se pousan de flor en flor pra chupar el néctar col que fain ese mel escuro tan característico.

Costa caro poñerye xeito ás denominacióis populares da familia Ericaceae porque os datos dos vocabularios nun avezan a dar a identificación de qué especie concreta é. En parte é pola falta de formación específica en botánica dos que recoyemos vocabulario, pro tamén porque ás veces nun s’atopa esa diferenciación: a xente, como xa se víu noutros casos, nun estrema nomes diferentes pras muitas especies y englóbalas debaxo da mesma denominación popular. Y, se puido ser que nun tempo los houbera, eso esqueicéuse y muitos falantes acabaron usando esos nomes indistintamente pra úas y outras especies. Hai, eso si, úa diferenciación intuitiva entre as ericáceas que se mantén entre os falantes: por un lao, as especies que chegan a ter altura y amañar arbustos curiosos, y por outro, as razas máis rapeñas, que medran arrentes del tarrén y nun erguen muito. As primeiras, as uces (Erica arborea y Erica australis), deixámolas pra outra volta. Del qu’imos falar agora é das rapeñas, as que se conocen en xeneral como gancela, pro tamén con outros nomes máis.

As especies baxas del xénero Erica que podemos atopar na nosa terra son Erica cinerea (a máis común), E. ciliaris, E. mackaiana, E. tetralix, E. umbellata y E. vagans. Por eso nel título del artículo puxemos Erica spp. Trátase d’arbustos leñosos, axeitaos a terras probes, ácidas: especialmente, como se dixo, sitos deforestaos ou que queimaron. Tein foyas y flores (con tonalidades de máis moradas a máis rosadas) un pouco diferentes entre elas, así que podemos estremar cada especie se poñemos un pouco d’asenso, anque, evidentemente, todas tein úa traza asomeñada que leva a qu’a xente avece a denominalas igual.

As flores de Daboecia cantabrica son máis grandes qu’as outras ericáceas rapeñas y ademáis aporondan. Mántaras (Tapia) (2/7/2018).

Col nome de gancela tamén chamamos dúas especies que, anque son da familia Ericaceae, pertenecen a outros xéneros: Calluna vulgaris y Daboecia cantabrica. A primeira ten flores mui pequenías y diferentes das demáis ericáceas, con petalíos rosa claro qu’abren (y non tubulares ou con xeito de campá ou globín como as outras). A segunda, Daboecia cantabrica, ten flores diferentes das outras ericáceas: tamén son globosas y alargadas, pro colgan soltas y son máis grandes qu’as das demáis da familia.

Imos agora cos nomes en galego-asturiano. Hei a parar dacondo en dalgún nome específico pra dalgúa das especies citadas, pro as denominacióis populares que nun dan máis detalles identificámolas en xeneral cua etiqueta del título: Erica spp., Calluna vulgaris, Daboecia cantabrica.

A denominación máis propia da nosa lingua é a de gancela ou gancella. A forma namáis entra un pouco en terras de Lugo, según se ve polos datos qu’hai publicaos, que son de conceyos fronteirizos como Ribadeo ou A Ribeira de Piquín. Pol leste, entra tamén nel asturiano occidental máis achegao al galego-asturiano: en L.landelfornu (Villayón) chámanye ganciel.la.

A forma gancela recóyela el vocabulario de Mántaras, cuas variantes gancela molar ‘gancela pequena y mole que comen as vacas’ y gancelón ‘gancela grande’. Tamén el estudioso galego Aníbal Otero, en 1953, dá el dato de gancela en Tapia, que define como ‘uz pequena’. Pro hai datos máis veyos: xa la menciona en 1818, definida como ‘brezo fino’, el veigueño Ramón Fernández Reguero nas súas Lecciones de Agricultura.

En Cachafol (Eilao) y nas Figueiras y Vilarín (Castripol) déronme esa denominación, que nel último lugar comparten cua variante ganceleira. El vocabulario de Ponticella (Villayón) dá a forma gancella, que tamén recoye Xoán Babarro en Llandequintá, nel mesmo conceyo. El vocabulario da Roda rexistra a palabra gancellón, definida como ‘árgoma grande’, anque as dúas formas aumentativas tapiegas (a da Roda y a que se dixo de Mántaras) tou na fe de que se tán referindo a exemplares grandes de gancela, máis qu’a especies distintas. Marcelino Fernández, nel sou El Franco y su concejo (1898), tamén identifica a gancella cuas ericáceas baxas, dato que constatéi na Barrosa, na parroquia da Roda. El vocabulario d’Eilao recoye a forma gancela (ou gancella, porque nese conceyo hai úa parte con resultaos en –l– y outra de –ll-), pro con dous adxetivos calificándola: rubiela y moural, que s’estreman pola tonalidá máis escura das flores da segunda.

Como se víu, a gancela, pequena y mole, pácela el gao, pro tamén se coyía tradicionalmente pra estrar as cortes, ademáis d’usarse pra mulir as camas das cabanas nel monte. Al segarse pra estrume y mezcrarse tamén con outras especies como el toxo (Ulex spp.), en muitos sitos gancela ou gancella acabóu piyando ese sentido xeneral y esqueicéu el acepción orixinal da palabra pra referirse ás ericáceas baxas: por exemplo, os vocabularios de Bual y A Roda definen gancella como ‘estrume, rozo pra estrar’. Por outra parte, os d’El Franco (gancella) y A Veiga (gancela) defínenlo en casteyano como ‘aulaga, árgoma’, dato pouco clarificador porque en casteyano aulaga é ‘toxo’ y árgoma pode ser ‘toxo’, pro tamén ‘gancela’. El da Veiga amece úa descripción dicindo que ten espías y flores marelas, col que ta clara a identificación da palabra col toxo. Pode qu’a confusión veña por seguir a Acevedo y Fernández (1932), que tamén definen gancella ou gancela como ‘árgoma o aulaga’. Así y todo, el autor del vocabulario da Veiga, Fernández Vior, nel sou libro Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga, estrema claramente el toxo das ericáceas, ás que chama gancela, uces ou queirotas. Anque nel vocabulario poda tratarse d’un error a partir da polisemia casteyana da forma árgoma, a realidá é que, como se dá esa estensión del uso de gancela pra referirse al rozo en xeneral, nun sería raro qu’a palabra acabara aplicándose tamén pra chamar al toxo baxo.

As flores de Calluna vulgaris son búas d’estremar das outras ericáceas porque tein pétalos. Vilarín (Castripol) (16/8/2018).

Con estas evolucióis y cambeos nel xeito de describir a realidá das ericáceas, danse reaxustes nel vocabulario: por exemplo, en Vilarín (Castripol), esplicáronme que gancela úsase máis pra chamar al estrume xa segao, porque pra referírense á pranta viva queren miyor a palabra ganceleira. Al cabo, col sufixo –eira a palabra vén a significar eso: pranta que dá gancela. Tamén el vocabulario de Bual dá a forma gancelleira, palabra qu’eu recoyín nel Chao das Trabas (El Franco), anque aplicada concretamente a Daboecia cantabrica.

A forma gancela, col diminutivo –ela (ou –ella), é un derivao de ganza, nome mui usao en asturiano pras ericáceas que se dá en galego-asturiano alomenos na veira máis oriental, como constatéi en Villouril (Navia). Tamén ten el acepción xeneral de ‘estrume, rozo pra estrar’. Asina se recoye nos vocabularios de Ponticella (ganza), Bual, Monón y Castaedo (ganza, ganzo) y Eilao (ganzo). Habería qu’amecer a estos datos as variantes ganzo y gancel que dá el vocabulario da Veiga y que remiten al significao de gancela como ‘toxo’, y ganza, qu’Acevedo y Fernandez definen como ‘árgoma o aulaga’. Pra ganza déronme el significao xeneral de ‘rozo’ nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo. Esa debe ser el acepción que ten a palabra nun dito mui chocante que me cuntaba mía bola de Rozadas (Bual): as pitas, condo cacarexan, dicen (ler con voz de galía cararexando): «Puer, puer, puer y andar descaaaaalza. Puxen un ovo na gaaaaanza». A palabra ganzo, -a viría d’úa reiz prerromana *ganskio- ‘cana d’árbol’, que deu pé tamén al casteyano gancho.

A pranta de Calluna vulgaris, das flores tan claras que ten, pode pintar branca de lonxe, y ademáis ergue abondo. Vilarín (Castripol) (16/8/2018).

Outra denominación pras ericáceas baxas é a de queirota. Recóyenla os vocabularios de Bual y de Mántaras, y el xa dito Notas etnolingüísticas da Veiga. Tamén teño datos de Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres) y d’Ouria (Taramunde), ademáis d’atoparse a palabra nos versos d’Alberto Calvín, el escritor taramundés de Pardiñas. En Tapia, queirota convive con gancela como sinónimo, como me dixeron na Barrosa y en Mántaras. Aquí inda se chamaba botar ás queirotas al feito de levar a pacer as vacas por grandas, suqueiros y veiras de camíos, sitos unde sal a miudo esta clas de prantas. Nos vocabularios de Mántaras y de Monón y Castaedo tamén se recoye a variante cua inicial sonorizada, gueirota, forma que constatéi ademáis nel Monte (Navia). Aparte, nos dous lugares ayandeses dáse tamén úa forma con outro sufixo: gueireña. Este tipo de denominación úsase muito nel asturiano occidental, con formas como queirueta, cairueta, gueirueta, guirueta, gairueta, gaireña… En galego, ademáis da forma queirota, propia pa parte máis oriental de Lugo (Riotorto, A Ribeira de Piquín, Trabada…), predominan variantes como queiroa, queiroga ou queiruga. Dentro da confusión y variedá d’identificacióis que tamén se dá en Galicia, el estudioso Gonzalo Navaza estrema un significao xeneral da palabra aplicada a cualquera ericácea y outro máis específico pra Calluna vulgaris, que coincide col portugués, unde chaman queiró ou queiroga a esta especie. Señala qu’os étimos máis comúnmente aceptaos polos estudiosos son formas como carioca ou *cariola, qu’esplicarían esas evolucióis en galego a –oga y –oa. Así y todo, García Arias pensa que se trata de continuadores da palabra careum (que designaba en latín outra pranta distinta, Carum carvi) incrementaos cos sufixos diminutivos –otta (queirota) ou –uca (queiruga). Na bibliografía casteyana usan a forma quiruela pra referirse a Erica umbellata, anque sempre costa caro saber se é un dato de campo real de zonas casteyanofalantes ou máis ben coyido pral casteyano de zonas de Lión ou Zamora de sustrato asturlionés ou galegoportugués.

Máis pral interior del Navia-Eo úsase muito a denominación carpanza. Foi un nome qu’apuntéi en Corondeño (Ayande) y en Santolín y Mourentán (Ibias). Tamén me dixeron que s’usa nos Ozcos y en Grandas. Polos datos que dá el perito agrícola Fernández Lamuño nun informe de 1958 sobre Ibias y Degaña, chaman carpaza (sin -n-) á Calluna vulgaris, pro en sitos del primeiro conceyo como Ouría chámanyo a outra especie diferente, pode qu’a carqueixa (Pterospartum tridentatum). Trátase d’úa palabra mui estendida en Galicia (carpaza, carpazo, cuas variantes con -n- prá parte máis oriental de Lugo), referida tanto ás ericáceas como a outras especies del xénero Cistus das flores brancas y marelas.

Outra denominación con un feixe de variantes é a formada a partir del color da flor das ericáceas, que nel interior del Navia-Eo defínese muitas veces como rubio (este adxetivo pode significar tanto ‘roxo, da color del ouro’ como ‘encarnao, da color del sangre’). A reiz ta nel latín rubeus ‘colorao’. Pra describir estos colores danse tamén en galego-asturiano derivaos del latín rubellus ‘acolorazao’: na Ovellariza (Vilanova d’Ozcos) sentín el verbo rubeliar ‘tirar a rubio’ y el adxetivo rubelín ‘rubio, roxo (el pelo)’. Son muitas as variantes que se poden ougüir pra chamar as nosas prantas a partir d’esa reiz: ben pola inestabilidá habitual das vocales átonas (ru-, ro-, ri-, re-, ra-) y pode que pol cruce con outras palabras, ou ben pola posibilidá de -l- ou -ll-, dependendo da zona lingüística. Nel vocabulario de Bual fálase del rubilón, de flores máis grandes qu’outra especie, a rubica de mayo, que florece primeiro. Tamén me falaron da palabra rubica como propia dos Ozcos pra úa ericácea rapeña que florece antias qu’as outras. Acevedo recoye a denominación rubión, que tamén m’apuntaron que se diz nos Ozcos y que rexistra el vocabulario de Monón y Castaedo, unde dan ademáis el sinónimo ribella. Eu sentín a variante rebella en Corondeño (Ayande) y Eirías (Eilao). Babarro recoye a forma rabeleira en Samartín d’Ozcos, mentres qu’eu teño datos orales de rebeleira en Cachafol (Eilao) y Labiaróu (Samartín d’Ozcos). Neste lugar samartiego estrémanla del rebelón, que florece primeiro y ten a flor máis grande. De Ferreirela de Riba (Santalla) é a variante robelón. Noutro informe de 1959 de Fernández Lamuño sobre Os Ozcos fálase da rubela ou rabela. Tamén se dán estas dúas formas en Grandas: rubela constatéila en Penafonte y rabela en Nogueiróu. Einda queda outra variante d’esta familia de denominacióis, rubiela, que me dixeron en Grandas y Pezós.

Erica ciliaris, cuas súas flores globosas unde asoma el pico das anteras. Vilarín (Castripol) (16/8/2018).

Vese qu’en dous casos os datos dan dous nomes diferentes dependendo del tamaño máis grande ou máis pequeno da flor ou da súa floración máis seroda ou máis temprana: rubilón vs. rubica de mayo y rebelón vs. rebeleira. As formas rubilón y rebelón tein que referirse entoncias a Daboecia cantabrica porque é esta a raza de gancela cuas flores claramente máis grandes. Máis difícil é el dato del tempo da floración, porque é un asunto que depende muito del altitú y da orografía del sito. Eso si, leva xeito qu’a pranta das flores grandes se chame con un aumentativo y, evidentemente, tamén é esplicable qu’as razas das flores pequenas leven nel nome esos sufixos diminutivos –ica, –ela ou –ella. A chía de formas pra estas ericáceas rapeñas, á luz dos datos qu’acabamos de señalar, fai pensar que nun tempo tuvo qu’haber nomes populares distintos pra dalgúas especies concretas, anque hoi os máis dos falantes usen esas formas indistintamente pra chamar a todas elas. Hai un artículo ben interesante de 1955 sobre el valle de Burón (Lugo) feito por un botánico da Fonsagrada, Ezequiel Carreira. Burón é úa zona xeográfica y lingüísticamente ben achegada al Navia-Eo y pode darnos pistas sobre a cuestión que tamos tratando: alí chámanye queirota a Erica umbellata y a E. cinerea, esta tamén chamada rubela. A E. ciliaris, E. tetralix y Calluna vulgaris chámanye carpanza. ¿Y a Daboecia cantabrica? El artículo pon que ye chaman cubilón, col qu’é evidente a relación col noso rubilón. Tamos outra vez delantre del uso da forma con aumentativo pra esta raza das flores máis grandes. Pode amecerse un dato máis nesta linia, neste caso del casteyano: en provincias como Burgos ou Palencia chaman urciona a Daboecia cantabrica. É un aumentativo d’urce ou urz, denominación máis ben usada pras uces altas, como nel caso del galego-asturiano, pro que tamén s’usa, col diminutivo, pras ericáceas rapeñas: urcina.

A proba da dificultá de determinar estas cuestióis pode dala úa información que m’apurríu el botánico Luis Carlón: un abeyeiro da Montaña (Eilao), estremóuye entre rubión, qu’identificóu nel monte con Erica cinerea, y rubia, que ye esplicóu que florece primeiro y que ten as flores mirando pra riba, polo que seguramente é Erica umbellata, especie que bota peteiros deretos de florías globosas. Pra Daboecia nun conocía nome. Vese qu’os datos nun concuayan cua hipótesis que s’apuntóu nel párrafo anterior, pro nun tein por qué invalidala: alomenos manténse a diferenciación entre especies botando mao del aumentativo (rubión/rubia), anque nun coincidan as razas receptoras d’esas etiquetas. Ta claro que nos falta úa comprobación en máis puntos pra chegar a úa conclusión máis definitiva. Sin un corpus grande de datos costa caro atoparye xeito á confusión aparente y poder ver el esquema xeneral sin qu’as variacióis ou escepcióis nos despisten.

De momento, nel que ten que ver col apartao de Fitonimia del Navia-Eo, interpreto que se fala d’especies distintas namáis condo así lo señalan os datos. Nese caso, se é posible, asigno úa identificación específica (Daboecia cantabrica, Calluna vulgaris, Erica cinerea, Erica umbellata…) ou quito dalgúa especie da retafila da identificación xeneral.

Erica vagans, con ese rebite tan característico d’un morao escuro na boca da flor. Vilarín (Castripol) (16/8/2018).

Outro nome ben peculiar y recoyido en Ibias é el de subranda, que dá como propio d’Ouría el informe de 1958 de Fernández Lamuño y qu’identifica como Calluna vulgaris. Dixéronme qu’en Oumente (Ibias) dicen subrando, anque nun m’especificaron qué clas d’ericácea rapeña é.

Quedan despóis denominaciós máis descriptivas, ben sei que como resultao da indefinición y confusión entre os nomes da familia Ericaceae, como a que me deron na Ovellariza d’uz tarrela (tarrelo, -a ‘rapeño, de pouca altura’).

En conto a máis nomes específicos pra dalgúas das especies, hai qu’amecer outra denominación prá gancela Calluna vulgaris: dixéronme setembría en Vilarín (Castripol), forma que tamén se constatóu na Montaña (Eilao), cua variante híbrida acasteyanada setiembra. En Monón y Castaedo, Marcelino Lozano recoye úa pranta chamada setembría que pola descripción ten que tratarse d’esta especie. A esplicación del nome ta na floración tardía da pranta, condo ta acabando el brao, en comparanza con outras razas de gancela, que florecen xa dende a primavera.

Xa se foron comentando xeitos de chamarye ás ericáceas nas linguas vecías condo esas denominacióis tían relación etimolóxica cos nomes en galego-asturiano, pro, como se pode supoñer, a variedá terminolóxica é mui grande y tampouco ta búa d’aclarar a identificación. Por exemplo, en casteyano el nome máis estándar é brezo, pro hai muitas denominacióis dialectales como bércol, biércol, berezo, bruco, graspo… En galego, ademáis das formas xa ditas, tamén s’usan términos como barcia, braña, carrasco, carrasca, carroucha, fopa, foupa… Tamén en asturiano hai outras denominacióis como bericiu, berizu, gorbiz, gorbiza, gorbieza, gorbizu, burguizu, argaña…

Advertisement

8 opinións sobre “Gancela (Erica spp., Calluna vulgaris, Daboecia cantabrica)

  1. Trinidad

    En El Villar, parroquia de A Ronda (Boal), me hablaron de la “setembría”, que tiene la flor “blanquía” y da muy buena miel. También del “cubiyón”, que tiene la flor “rubia, granate” y que identificaban con el “brezo” del castellano. Y también de la “gancellía”, que salió en la conversación pero que no me describieron.
    No sé si todo esto será de alguna ayuda. Un saludo.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      É de muita axuda, Trinidad. Precisamente, gracias al dato bualés de “cubiyón” puiden correxir el texto da entrada, unde eu poñía que quizáis un dato galego de Burón, “cubilón”, sería úa errata por “rubilón”. Con esto que comentas é evidente que se dan esas formas con c- nel sito de con r-. Supoño que “cubiyón” será Daboecia cantabrica, que ten a flor grande y que noutros sitos chaman “rubión” (<*rubiyón), anque quén sabe, habendo como hai tanta confusión. A setembría ta claro qu'é Calluna vulgaris, que ten úa flor tan clara que pode pintar branca. A "gancellía" será cualquera das outras ericáceas baxas. Se teis oportunidá de fer dalgúa outra aportación al blog, imos a tar encantaos de recibilas. 🙂

      Gústame

      Resposta
  2. Andrea

    ¡Qué guapía esta entrada con tantas fotos de monte! y qu’interesante. Pol mel que sale das ganceleiras se conoce esta terra dentro y fora d’Asturias. É el máis apreciado de todos os meles na Cornisa Cantábrica.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s