
Marcuriales floridos na veira d’un meizal en Mántaras (Tapia) (15/7/2012).
El marcurial (Mercurialis annua) atópase ben fácil nas veiras das terras y nos hortos. Como muitas das que se tein tratao neste blog, é un herba ruderal, querse dicir, que sal ventureira nos sitos alteriaos pol ser humano. Cada pranta de marcurial bota namáis un rabo del que van salindo ramas con pares de foyas opostas. É úa especie dioica: úas prantas botan flores masculinas y outras bótanlas femininas. As masculinas son us cimóis con gorbicíos marelos mui chamadeiros.
Anque os labradores lo consideren maleza, antano sacábaseye dalgún proveto na marina occidental asturiana: usábase pra barrer el forno. Despóis d’arroxar con ben leña y amañar remole, estendíase pra que caltrira a calor nas paredes y retirábase contra a boca del forno. Antias de meter as fogazas cua peira, había que limpar ben a cinza del chao del forno, pra qu’el piso dos pais nun salira chen de carbunzos. Pra eso amañábase un bazcayo, baxaxe ou barredoiro amarrando na punta d’un palo un ramayo verde y moyado. Ei entraban en acción os nosos marcuriales, anque tamén se botaba mao d’outras especies como folgueiras ou loureiro. Téñome referido al uso d’estas prantas nun artículo sobre el pan nel estremo occidental d’Asturias publicao na revista Cultures y tamén fala d’eso Fernández Vior nas súas Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga.

Prantas de marcurial na veira d’úa terra en Mántaras (Tapia) (8/7/2012).
El nome de marcurial é el máis usao en galego-asturiano pra chamar a Mercurialis annua, con esa abridura del -e- etimolóxico, porque al parecer el nome da pranta vén del dios Mercurio, que foi quen, según a lenda, deu a conocer as propiedades melecieiras da especie. Y é qu’el marcurial ten sido usao como purgante.
Anque a palabra marcurial recóyese nos vocabularios da Veiga, Mántaras, A Roda y El Franco, nel veigueño tamén s’apunta a variante mercurial y nel franquín fálase de qu’a pronunciación pode ser marcorial, pro esto último xa son cuestióis fonéticas de menos importancia. Tamén me dixeron el nome de marcurial nel lugar del Franco (El Franco), y en Obanza y Brañatruiye (Castripol), mentres que nas Campas, nel mesmo conceyo, dixéronme mercurial.
En Galicia, ademáis d’usaren os nomes de mercurial, marcuriao, marguriao ou melucho, chámanye tamén varredoiro y vasallo. Precisamente, d’este último xeito é como ye chaman en Taramunde al bazcayo. Anque nun din atopao datos sobre el uso dos marcuriales en Galicia pra barrer el forno, esas denominacióis populares galegas tein que vir de que nun tempo deberon usarse pra eso.
En casteyano, a denominación máis común é mercurial, anque tamén se conoce como malcoraje. Y en asturiano nun sei del nome popular: é chamadeiro, pro nun se recoye nos vocabularios, anque sía úa especie que se dá en toda a xeografía d’Asturias, agá nos picos máis altos.
D’esta especie nosoutros encontramos:
Marcurial (Abres, Taramunde) Cristolos (Samartín) Mercuriales (Castañeirúa y Piñeira)
GústameLiked by 1 person
Mui interesante ese nome de cristolos. Nun se m’ocurre a relación que poda ter con Cristo, porque pinta ser un diminutivo d’esa palabra (cristo + olo), del xeito d’outros nomes de prantas que xa vimos (amorolo, erbanzolo, coruxolo…). ¿Nun haberá daquén d’esa zona de Samartín que nos poda dar un pouco de luz, por se hai dalgún dato etnográfico sobre a pranta que deixe atopar úa esplicación?
GústameGústame
Informante de San Tiso dice que “marcurial”.
GústameGústame
Esto si qu’é información dialectal quilómetro a quilómetro: núa mesma parroquia, datos da vila de Tapia, del Viso y de Mántaras. Xa podíamos ter úa rede de corresponsales asina de mesta por todos os conceyos…
GústameGústame
Nel Viso “marcurial” y había que desherbalo a mao porque aparecía nos hortos y eiros y cubría enseguida.
GústameGústame
En Tapia nosoutros tamén “marcorial”.
GústameGústame