Herba brancal (Holcus lanatus)

Prao en Mántaras (Tapia) chen d’herba brancal (9/7/2013).

Chamamos herba ás especies vexetales que tein el rabo tenro y verde, sin partes de madera. Chamámosyo al herba sedeña (Brachipodium pinnatum), al herba da maldición (Oxalis latifolia), al chantaxe (Plantago major), al herba salada (Rumex acetosa), al herba abeyeira (Melissa officinalis), al tarrelo (Taraxacum officinale) y hasta al arbanzolo (Centaura nigra). Pro agora quería referirme a esas herbas que normalmente salen nos praos, que valen de forraxe al gao y que condo medran tein úa espiga nel pico da pranta; esas que podemos arrincar a payía y levala na boca mentres pasiamos núa tarde de primavera, vaya. Hai muitas especies, que reconocemos intuitivamente pol tipo d’espiga que tein: alargada, de bolías, embrocada pra baxo, máis gorda, máis dalgada… Así y todo, son poucos os datos lexicográficos qu’hai en galego-asturiano pra chamar a este tipo de prantas: ou é qu’os labradores nun precisaban estremar con un nome cada úa d’elas ou, ben sei, é que nun se fexo un labor sistemático de recoyida. Por desgracia, agora vai tar máis malo de saber esos nomes: todo s’esqueice y cua perda del idioma tradicional tamén se perden os xeitos de chamar esa realidá vexetal que nos arrodía.

Úa d’esas especies herbáceas búa de reconocer y da que conocemos el nome popular en galego-asturiano é el herba brancal (Holcus lanatus). Trátase d’un herba que bota úa paya pra riba que pode chegar al metro. Ten úa traza gorda polas foyas anchas que la envolven, é un pouco peluda (d’ei el epíteto de lanatus ‘lanudo’) y d’un color verde abrancazao, ás veces hasta azulao. Esa traza carnosa que ten toda a pranta vaiye ben col feito de qu’é  bon forraxe y que la come ben el gao. As espigas tein muita gra, y van dende el color branco típico a os tonos máis acolorazaos. Condo as espigas tán abertas y as flores que la forman tán maduras, tein úa traza ben diferente, pro a especie é búa de reconocer igual.

Pódense ver as inflorescencias zarradas y abertas del herba brancal. Praya de Xagón, en Gozón (17/6/2012).

Nun repararon miga nesta especie os nosos vocabularios. Namáis el de Mántaras recoye el nome que ye dan alí al Holcus lanatus: herba branca. Pro, pol que sei, é nome máis estendido el d’herba brancal, qu’é el que recoyín nel Chao das Trabas, Villarín, Villar y Llobredo (El Franco), y en Anlleo (Navia). Eso de brancal é un adxetivo mui noso qu’aplicamos, contraposto a moural, pra estremar especies vexetales como as uces, os toxos ou as cereixeiras. Se miramos os vocabularios galegos y asturianos, vemos que brancal ou blancal, ademáis de nel galego-asturiano, úsase nel galego oriental y nos puntos máis occidentales del asturiano en Navia, Villayón y Ayande. Igual convén recordar qu’esto del -r- en palabras como branco, cravo, fraque, igresia ou prato é úa característica típica del galegoportugués (dáse dacondo en dalgúas palabras del asturiano como brusa ou prazoleta). É un fenómeno que, como outros muitos característicos da nosa lingua, ta reculando ás carreiras pola presión da fonética máis acasteyanada, pro, así y todo, a normativa ortográfica, con bon criterio, manténlo.

En casteyano a forma máis estendida é úa forma irmá da nosa herba brancal: heno blanco. Hai outros xeitos de chamarye como holco, hierba macerguera, cañota, hierba triguera… Tamén se ye chama pasto cervuno, nun sei se referido al color acolorazao da espiga ou a que poda ser tido na tradición popular casteyana como un forraxe pra os venaos.

Os vocabularios galegos recoyen feo branco, denominación que nun sei se é popular ou non, y herba triga ou herba trigueira, supoño que polas espigas grandes que ten, aparecidas de dalgún xeito ás del cereal. En portugués chámanye erva lanar, erva molar ou erva mansa, nomes todos referidos ás súas características, ben de ser lanuda ou ben de ser bon forraxe. En asturiano tamén hai a denominación popular referida al color, patablanca, pro outros nomes como gallopita, peñerines y vitola tein outras esplicacióis, dalgúas quizabes referidas a xogos infantiles feitos cua espiga da pranta.

Advertisements

7 thoughts on “Herba brancal (Holcus lanatus)

  1. Poutaloba Autor/a do artigo

    A falta de máis datos de sitos achegaos, ten pinta de seren términos modernos, empréstamos del casteyano. Eso de lanera xa deixa claro que nun é un calificativo autóctono y a verdá é que nun hai datos del uso de lanudo pra denominacióis populares de prantas nin en asturiano nin en galego (hai recoyido nun sito de Lugo un alco lanudo que ta claro qu’é úa deformación da forma culta holco lanudo), así qu’imos deixalo en cuarentena de momento. 😉
    Así y todo, gracias pola información, porque na investigación en nomes populares de prantas tamén imos toparnos con un feixe de casteyanismos y formas híbridas.

    Gústame

    Resposta
  2. Marian

    Dícenme que ‘peñerina’ n´asturiano é un páxaro (‘cernícalo’ nel casteyano). Supuemos que nun ten que ver colo de chamaye ‘peñerines’ al herba brancal, aunque verdá é que páxaro ya herba tein color algo parecío. ¿Sábese únde ye chaman ‘peñerines’ al herba brancal?.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Si, a peñerina (Falco tinnunculus) é el que nosoutros chamamos peneireiro ou peneirego. É palabra recoyida en Veguín (Uvieo). Nun sei cuál pode ser a relación entre el herba y el animal. Nun creo que sía pola color, que tampouco é un detalle significativo, qu’ademáis comparte con muitos máis animales. ¿Terá que ver col movemento de peneirar que podan fer as herbas movidas pol vento (qu’é a metáfora na que se basa el nome del animal, que para nel aire axenegando as alas como se tuvera peneirando) ou quizabes terá que ver con peneirar el grao, qu’as espigas del herba brancal tein muito? Son todo elucubracióis. A ver se daquén nos ilumina. 🙂

      Gústame

      Resposta
      1. Marian

        Nun sei cómo se chama ou chamaba el herba brancal en Andés, peró valíume esta entrada no blog pa acordame del peneireiro ya de lo de qu´este animal peneira nel aire, que lo tía you esqueicío, fai tempo que yes chamo gazapos a todos estos páxaros. Falando de peneirar el grao, sí me dixeron qu’en Andés antes peneirábase la farina, pa deixala llimpa despós de molela na casa. Lo de las elucubracióis, préstanos felas, sí. 😉

        Gústame

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s