Cigarra (Tettigoniidae)

 

Macho de Tettigonia viridissima en Brañanoceo (Mieres) (14/7/2018).

Nel brao, nas nosas andanzas polos praos, os saltóis (Caelifera) eran compañeiros habituales y obxetivo ás veces da nosa caza. Pro, ademáis de saltóis, que nun paraban quietos y costaba caro piyalos, de ralo en ralo atopábamos us máis grandes, d’un color verde claro intenso, máis pasmaos y torpóis y, polo tanto, máis bus de coyer, se é que nos atrevíamos y nun nos daba noxo sentilos buligar na nosa mao zarrada. En Mántaras chamámoyes cigarras, insectos famosos por cantar, por emitir ese son monótono y característico dos días de brao, condo máis pega el sol. En realidá, esas cigarras nun son úa especie namáis, senón qu’hai miles d’úa traza aparecida por todo el mundo y que se clasifican na familia Tettigoniidae, del suborde Ensifera, que se clasifica nel orde Orthoptera igual qu’os saltóis, anque estos son del suborde Caelifera. Todos os ortópteros son insectos mazcadores con dous pares d’alas: el par de fóra (tegmen) é duro y el de debaxo, membranoso. Pro el que caracteriza el suborde Ensifera al que pertenecen as cigarras é que tein úas antenas larguísimas, ás veces máis qu’el sou propio corpo, non como os saltóis, que tein as antenas curtias. Condo os machos das cigarras razpían un tegmen col outro amañan el sou cantar repetitivo, que yes val ás femas pra decidir cuál é el que ten máis aptitudes. 

Xa dixen qu’hai miles d’especies da familia Tettigoniidae, pro tres mui características y muito búas d’atopar en Asturias son Tettigonia viridissima, Ruspolia nitidula y Ephippiger ephippiger. As dúas primeiras son máis aparecidas. Tettigonia viridissima é grande: pode chegar a ter máis de cuatro centímetros. Anque hai exemplares apardazaos, normalmente son verdes, pro sempre tein úa lista marrón porriba da cabeza y el lombo. A segunda especie é máis pequena, normalmente verde, y é da cabeza cónica, aguzada. A terceira, Ephippiger ephippiger, é aparecida a un grilo, del corpo curtio y máis regordeto qu’as outras cigarras. É verde, anque tamén pode ser apardazada, y nesta especie cantan tanto machos como femas. Todas estas cigarras vense nel estao d’adulto en pleno brao, despóis de pasar pol estao de ninfa. Outra cousa mui chamadeira d’elas é el órgano col qu’as femas poin os ovos, el ovipositor, qu’é mui largo y prá xente pinta como se fora un aguiyón.

Macho de Tettigonia viridissima nel cristal d’un coche (14/7/2018). Brañanoceo (Mieres).

Anque eu sempre las conocín como cigarras, máis tarde souben qu’en Castilla as cigarras son outros insectos dos que quizáis úa das especies máis representativas seña Cicada orni. Son da familia Cicadidae, que nun pertenece al orde Orthoptera, senón a Hemiptera. Simplificando muito, os hemípteros son chupadores y non mazcadores como os ortópteros. Eso si, son tamén cantadores, pro son bichos máis pequenos y con alas tresparentes, polo que son máis aparecidos a úa moscúa qu’a un saltón. Tamos falando d’insectos de sitos calentes, así que nel territorio occidental asturiano danse namáis nas terras máis al sur. Como en casteyano a palabra cigarra os naturalistas xa la tein ocupada pra os cicádidos, ás nosas cigarras chámanyes en casteyano estándar saltamontes verdes ou langostas verdes. Pro pra complicar a cousa aquí entra outra palabra d’uso común nesa lingua: chicharra. Nel diccionario da Real Academia Española aparece como sinónimo de cigarra y polo tanto defínela igual, como cicádido. Sicasí, como estudióu Cándido Santiago Álvarez nun artículo ben interesante, as dúas palabras tein etimoloxías emparentadas, anque con diferencias, y ademáis os primeiros testimonios bibliográficos de cada úa son d’etapas cronolóxicas distintas, máis modernos os de chicharra. Xa especialistas nestos insectos deixaron claro hai máis de cen anos qu’a denominación de cigarra en casteyano referíase a os cicádidos y chicharra a os tetigónidos. El asomeñanza fónica entre as palabras y el feito de qu’as dúas foran especies cantadoras favorecéu un equivoco que se foi repetindo entre úas publicacióis y outras hasta cuayar nel presente. A pesar del diccionario académico, nel casteyano dialectal hai muitos sitos unde estreman esas dúas denominacióis pra cada familia d’insectos, anque ás veces é al rovés del que propóin os especialistas. Pro qu’a definición como cicádido tanto de cigarra como de chicharra é insuficiente resulta claro: nun hai máis que ver as ilustracióis en libros en casteyano da fábula da cigarra y a forniga unde pintan a cigarra con traza de tetigónido y non de cicádido. 

Volvo á nosa dialectoloxía. Os únicos vocabularios locales de galego-asturiano que recoyen cigarra son os de Mántaras y El Franco, anque neste segundo caso nun define de qué familia se trata. Eu teño rexistraos datos da palabra pra referirse a os tetigónidos na Veiga, El Valín y Vilarín (Castripol), Valdepares (El Franco), Vivedro y Cartavio (Cuaña), El Monte y Sante (Navia), Bustapena (Vilanova d’Ozcos), Brañavella, Pousadoiro, Quintela y Santalla (Santalla d’Ozcos), Castro y Grandas, y Cachafol (Eilao).

Tamén me deron a variante chicharra na Veiga, mentres que noutros sitos nun ye conocían un nome diferente dos saltóis y chamábanyes a todos igual. Fago aquí úa pousa pra esplicar un asunto que complica el panorama da denominación d’estos insectos. En asturiano, d’oriente a occidente, ta constatao el uso da palabra grillu non solo pral insecto mouro que vive en covías nel tarrén, del suborde Ensifera como as nosas cigarras, senón tamén pra referirse a os saltóis. Al cabo, todos son ortópteros. Ás veces, a diferenciación entre us y outros faise col xénero da palabra y aplícase grilla a os saltóis y grillu al outro insecto…, pro tamén se recoye grilla pra referirse ás cigarras: por exemplo, en Tox (Vil.lapedre), na parte de Navia de fala asturiana, unde yes chaman gril.las. Pois ben, en Cartavio (Cuaña) dixéronme que chamaban grilla ás cigarras máis pequenas y cigarra ás máis grandes, y qu’a cigarras como Ephippiger ephippiger conocíanlas os nenos como grillos pinchóis por causa dos ovipositores tan impresionantes que tein as femas. Esta especie, condo nun ye chaman cigarra, descríbenma na Veiga y en Barres (Castripol) como grilo verde sin máis. Y nas Figueiras esplicáronme que chamaban saltapayales ás cigarras y que nun era raro sentir chamar grilos a os saltóis. Hai que recordar que saltapayales é úa das denominacióis dos saltóis en galego-asturiano. Pode dar úa idea da complicación nestas denominacióis qu’en Andés (Navia) dixéronme qu’a cigarras y saltóis chamábanyes saltapraos, pro tamén houbo alí quen me deu el dato de qu’ás cigarras chamábanyes grillos.

Exemplar de Ruspolia nitidula. Estrémase a cabeza aguzada característica d’esta especie. Mántaras (Tapia) (13/8/2018).

Na Ovellariza (Vilanova d’Ozcos) dixéronme qu’alí chamábanyes cigalas. Axina m’acordéi d’un pico en Güeria (Quirós), que se chama La Cigal.la. Según recoye Julio Concepción, nese conceyo chaman cigal.las a os grilos, a os que fain covas y cantan de noite. ¡Outra vez os cruces entre grilo y cigarra! É chamadeiro el dato vilanovés, porque cigala é el nome que ye dan en catalán a os cicádidos, ademáis d’al crustáceo tan apreciao na gastronomía Nephrops norvegicus. Y é que tanto cigarra como cigala vein del latín vulgar cicala, variante de cicada, nome col que chamaban nesa lingua a os insectos cantadores. Pol asomeñanza, entendo que máis cos tetigónidos que cos cicádidos, el nome de cicala aplicóuseye tamén al crustáceo y d’ei el actual cigala. Teño lido comentarios escépticos de dalgún estudioso sobre el pouco parecido da cigarra cua cigala, pro supoño que será porque tán pensando nel hemíptero y non nel ortóptero, na nosa cigarra. Se pensamos nela, ta máis búa de ver el asomeñanza. Cuntáronme úa anécdota d’úa boda hai muitas décadas, condo empezóu a popularizarse poñer marisco nel menú. Dicía úa muyer de Salas con muita gracia mentres esbiyaba núa gamba: «A mi estas gril.las nun me chocan muito». El marisco era úa realidá nova pra ela y axina ye salíu a comparanza con outros bichos que conocía ben y que se daban un aire, anque foran máis pequenos. Outro dato: según el Atlas Lingüístico Marinero de Barriuso, en Tapia á cría da lagosta chámanye grilo. Y, seguindo cos cruces entre denominacióis de mar y terra, tampouco nun hai qu’esqueicer qu’el latín locusta referíuse tanto a os saltóis como a os crustáceos, d’ei qu’en casteyano se chame langosta al crustáceo, si, pro tamén a os saltóis condo chegan en enxames y acaban con todo.

Xa se falóu dos datos del asturiano grilla, pro outros xeitos de chamar á cigarra nesta lingua, ademáis de cigarra, claro, son chicharra y cantariella, ou, sin máis, saltapraos, col mesmo nome que yes dan a os saltóis.

Sobre a orixe da palabra chicharra, aveza a dicirse que vén tamén del latín cicala, anque con un compoñente onomatopéyico chich-. Tuvo úa variante masculina qu’é a que pinta que deu a palabra cigarro, por comparanza cua forma alargada da cigarra. Nel artículo referido de Santiago Álvarez fálase da palabra mozárabe chicarro ou chicarra pra referirse ás cigarras como orixe del actual chicharra en casteyano. García Arias pensa que chicharra, qu’en asturiano tamén s’aplica a un páxaro, Locustella naevia, é un nome onomatopéyico, igual que se chama charchar  a outra ave, Saxicola rubicola. El sufixo –arra sería posterior, romance, y parece un diminutivo que se pon á onomatopeya chich-.

3 opinións sobre “Cigarra (Tettigoniidae)

  1. Andrea

    ¡Qué interesante!, muitas gracias, sempre penséi que el nome de cigarras facía referencia al mesmo animal tanto na nosa língua como en castellano, en parte, como ben dices, polas ilustracioís da fábula da cigarra y da formiga.

    Gústame

    Resposta
    1. Mónica

      !Y eu, Andrea! Así que condo el meu informante (en Viyamil, Serantes) me dixo qu’era úa cigarra, penséi qu’a foto que ye mandaba era mui mala…

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario