Limueiro (Citrus x limon)

Limueiro nel espigo del sur núa casa de Mántaras (Tapia) (12/7/2016).

Os árboles frutales acompañaron y deron alimento al ser humano nel sou paso de nómadas a sedentarios. Primeiro pañóu a fruta das razas bravas y despóis, con inxertos y máis inxertos al largo de muitas xeneracióis, chegóu a ter os frutales que vemos nos nosos hortos y cortías. El limueiro (Citrus x limon) é úa d’esas razas amansadas. Con úas flores brancas mui guapas das qu’han a salir máis tarde os limóis, el limueiro ten fruta cuasemente todo el ano y podemos dispoñer d’ela sin ter qu’ir á tenda porque vai botando limóis novos mentres outros xa madureceron.

Orixinario d’Asia, foron os árabes os que trouxeron el limueiro á península ibérica. Tamén esta especie aprende ben nel noso occidente, por mui al norte que tíamos, al pé das casas, defendida del vento y nas paredes del sur. Ese viaxe continental vese precisamente na etimoloxía da palabra limón, que chegóu a nosoutros da mao del árabe laimún ‘limón’ (y éste del persa limu ou limun).

El símbolo de multiplicación (x) nel nome científico, que xa salíu condo falamos dos amorodos (Fragaria vesca) al referíremonos ás fresas labradas (Fragaria x ananassa), significa que tamos delantre d’un híbrido lograo pol ser humano, que cruzóu outras especies aparecidas pra chegar a ter el que buscaba, neste caso, a fruta del tamaño y sabor al xeito. Hai discusióis sobre cuáles foron as especies que se cruzaron pra ter el limueiro qu’hoi conocemos, anque todos coinciden en qu’úa d’elas foi Citrus medica, el árbol das cidras, qu’é un fruto que s’usa na reposteiría.

Os limueiros que se vén al pé de dalgúas casas recórdannos el uso que se ye dá al limón xa d’antigo nas cocías pr’aromatizar postres. A súa paraza bótabase, y bótase, ás papas d’arroz (ou arroz con lleite), ás roscas (ou rosquiyas), a os cereixolos (ou fereixolos, ou fiyolos) y a outros postres tradicionales máis esqueicidos como el deventre, que se fía na vexiga d’un cocho. Normalmente, agá pras papas d’arroz, a paraza rílase pra qu’el sabor a limón teña máis presencia. Tamén se mezcra el sou zume con augua y azucre, despóis d’estrumar ou estruñar us contos limóis, pra téremos úa bebida refrescante qu’agora chamamos limonada pro qu’en galego-asturiano eu sempre sentín chamarye, sin máis, augua con limón (ou llimón).

Limueiro ou llimueiro (neste caso, na zona oriental de resultaos palatales, unde dicen llume, lleite, aquella) son os nomes que ye dan en galego-asturiano al noso arbolín. A forma con l- inicial recóyenla os vocabularios de Mántaras y A Veiga y a que leva ll- ta nos da Roda y El Franco. Acevedo y Fernández recoyen os dous resultaos: lim– y llim-. Tamén apuntéi llimueiro en Rozadas (Bual) y llimoeiro nel Monte (Navia). El vocabulario de Bual recoye a forma limoneiro, y eso que cuase todo el conceyo, quitando os lugares da Baxada y Brañavara, é de resultaos en ll-. A verdá é qu’el nome d’este árbol híbrido sufre un proceso de casteyanización que leva a hibridismos lingüísticos como este, unde nin se perde el -n- nin, na zona unde lo fai, palataliza el l-. A mesma situación dáse en galego col caso del –n-, porque, ademáis da forma patrimonial limoeiro, recóyese tamén limoneiro. Outro tanto pasa en asturiano: é común sentir limonal ou limoneiru, nel sito dos autóctonos palatalizaos llimonal, l.limoneiru ou llimoneiru.

Flores de limueiro. Mántaras (Tapia) (12/7/2016).

El nome del árbol en galego-asturiano vén d’amecer a limón (ou llimón) el sufixo –eiro, típico na nosa fitonimia (pesegueiro bravo, espieiro, acebreiro, binteiro…). A evolución propia da zona implicóu a cayida del -n- y, posteriormente, deuse el zarramento del –o-, col paso d’hiato (mo-ei > mu-ei) a triptongo (-muei-), col que chegamos a úa palabra trisílaba: li-muei-ro.

Acevedo y Fernández dan nel sou vocabulario as formas cuatrisílabas limoeiro y llimoeiro (quizabes por eso el libro sobre a fala del Franco, mui atento al obra publicada en 1932 por aquelos dous estudiosos, tamén apunta esta variante). Nun podo evitar pensar que pódamos tar delantre d’úa reconstrucción etimoloxicista porque a pronunciación habitual nel galego-asturiano del centro y norte del Navia-Eo (y precisamente el vocabulario d’Acevedo y Fernández ta recoyido sobre todo en Bual y El Franco) é con triptongo, querse dicir, trisílaba: li-muei-ro (ou lli-muei-ro).

É chamadeiro el proceso de zarramento vocálico que se dá nesa zona central y norte nas palabras unde se perdéu el -n-. Por exemplo, a vocal tónica precedente tendéu a zarrar: chea > chía, cadea > cadía, grandoa > grandúa… Outro tanto pasóu cua vocal átona condo precedía al –n-, que tamén zarróu: cear > ciar (vese igual na toponimia: Siares, A Siara…). Ás veces ese zarramento vocálico levóu a qu’el hiato pasara a ferse triptongo, como nel caso de limueiro (ou en palabras como almetrueiro, carbueiro, lacueiro, lambueiro, formadas a partir d’almetrón, carbón, lacón ou lambón + -eiro). Puido pasar tamén qu’a secuencia vocálica se reducise: caeiro > queiro, chaeira > cheira. Pois ben, esos resultaos tan evolucionaos nel vocalismo nun los atopamos todo alredor d’esa zona xa dita: nin na veira máis occidental del Navia-Eo, nin nel sur, nin noutra tiría estreta al oriente, xa pegando col asturiano, en Navia y Villayón. Pode interpretarse qu’el foco innovador en conto á esa evolución tuvo na marina y que foi irradiando esa influencia hasta chegar a ter a estensión que ten agora, sin atanguer as veiras occidental y oriental nin el sur del Navia-Eo. Nun chama el atención el caso da veira occidental y sur porque ta en continuidá col comportamento vocálico del resto del galegoportugués, pro ¿por qué nesa tiría oriental de poucos quilómetros al pé del asturiano nun se deu a evolución zarradora? Pode verse nel caso del dato cuatrisílabo que recoyín nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo (lli-mo-ei-ro), irmao d’outros exemplos con perda de –n– que tamén apuntéi allí (a-tor-bo-a-o, mon-to-a-da; y non *a-tor-bua-o ou *mon-tua-da). ¿Poderá ser que nesa franxía fronteiriza a perda del -n- nun fora tan veya como máis al occidente y que polo tanto nun sufrira a evolución nel vocalismo que si sufríu el resto da parte centro-septentrional? Ten toda a traza, máis vendo os saltos y mezcras de características del galegoportugués y del asturlionés qu’atopamos en poucos quilómetros en sitos de Navia y Villayón. Dependendo dos fenómenos, pinta como se se puxera úa toira de galegoportugués por derriba d’outra toira d’asturlionés, ou al rovés. En tempos máis modernos ben puido moverse us quilómetros al leste a fronteira da cayida del -n-. Ei temos topónimos como Val.lías ou La L.lagoa, en Villayón, unde vemos na mesma palabra a palatalización en –l.l- del asturlionés y a perda del –n– del galegoportugués.

Empecéi falando de limueiros y limóis y acabéi, como sempre, metido nos carricovos da dialectoloxía. Nun hai romedio.

Advertisements

13 thoughts on “Limueiro (Citrus x limon)

  1. Iván de Cazarón

    En Serantes (Tapia), llugar d’unde foi mía madre, dase el resultao esperao allí. “Limueiro” é a palabra de sou pra nomar a este frutal, anque é certo qu’hoi día, el más das veces déixoye ouguido formas híbridas como “limoneiro”. Pasa igual en Valdepares, unde a forma tradicional “llimueiro” sustítuyese lamar de veces pol híbrido castellanizao “limoneiro”.

    Gústame

    Resposta
  2. Iván Iglesias Fernández

    Eu en Valdepares, lo certo é que namás deixo escuito “limoneiro”, inda condo -como ben dices- pinta qu’el resultao axeitao coa variante diatópica debera ser “llimueiro”. Sí qu’é verdá qu’a muita xente ye deixo ouguido dicir “llimón”. Ben sei haberá xente mayor que diga “llimueiro”.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Pois apunto limoneiro, anque sépamos qu’a forma sía un híbrido y qu’a tradicional debe ser outra, pro como nun lo perguntache… 😉

      Gústame

      Resposta
  3. Poutaloba Autor/a do artigo

    Apunto el dato naviego. En conto al postre, é verdá que ten muitos nomes. Ademáis da variante doventre, de Villayón y Navia deben ser os sinónimos perico y neno.

    Gústame

    Resposta
  4. Alberto

    En Navia teño sentido “llimonerio y limoneiro”, polo que cúmplese el fenómeno del que falas nel artículo. É úa pena que nun topáramos ún nas salidas que fiamos en Villayón, pa ver como dicen por riba. Si que teño apuntao el postre al que fías referencia, “deventre” al que tamén chaman “chanfaina” nalgún pueblo y que preparan muito pal antroido.

    Gústame

    Resposta
  5. Emma Méndez

    Llimueiro, llimoneiro ou llimonar en Cartavio y alredores, pode que por influencia del sito de procedencia del falante ou da familia

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      É interesante el dato de llimonar, Emma, porque a fronteira oriental del uso del sufixo á asturiana pra os frutales empeza pra dalgúas especies nel conceyo de Cuaña. Esa variedá de resultaos nun ten por qué ser necesariamente por causa da procedencia del falante. Pode convivir máis d’un resultao en zonas de fronteira de fenómenos. Así y todo, se podes matizar máis el dato, agradézocho, porque, pra ben ser, os fitónimos tein que ser de falantes locales y non de fora.
      El que me choca é esa terminación en –ar y non en –al. Se podes fer dalgúa averiguación máis sobre a cuestión del llimonar

      Gústame

      Resposta
  6. Andrea González González

    Muitas gracias por seguir contándonos cousías tan interesantes. Vilarín ta alto, nun temos limueiros, ¡xa nos gustaría!

    Gústame

    Resposta
  7. Miguel de Viladefondo

    Penso que en Grandas é limoneiro, (naranxeira y limoneiro), pro nun podo aseguralo fixo. De fito que eu sepa hai dous, un na ourela del embalse, en Vistalegre, y outro en Santa María, pequeno y pegado a ua casa, aunque penso que é doutra raza, por Santa María ta muy alto. Aiquí a xente dice que os limoneiros son muy delicaos e non levan coa xelada, de feito en Salime ou en Villarpedre nun hai, naranxeiras sí. Muita xente quixo logralos por aiquí, pro peime que non hai xeito.

    Gústame

    Resposta
      1. Miguel de Viladefondo

        Anduven preguntando, y a mayoría dicen limoeiro, e incluso muitos, limonero, como en castellano.
        Tamén quería faer ua aclaración, eu escribín naranxeira, y é más pra zona de influencia de Negueira de Muñiz y esos sitos apegados al embalse, onde has hai, pero nel concello de Grandas y de Allande, dicen naranjeira y nun naranxeira como dixen de primeiras.
        Un saludo, y ánimo con este blog, que é ua maravilla.

        Gústame

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s