Bidureira (Betula pubescens)

Bidureiral en San Andrés (Trubia, Uvieo) (31/10/2016).

Ún dos primeiros poemas qu’escribín en galego-asturiano titulábase «Bidureiras d’inverno» y foi tamén el nome qu’uséi pral primeiro poemario que publiquéi. Daquela, vivindo fora del occidente asturiano, el recordo da paraza branca das bidureiras, chamadeira sempre nos montes espidos del inverno, era úa imaxe que se me renembraba y que me levaba mentalmente al paisaxe da mía terra. Á señardá, qu’é tan escoyida ela, crisábame cua clarencia del arna y fíame esqueicer esos montes chíos d’ocalitos que cubren búa parte da marina…, pro tanto dá. El caso é qu’a bidureira sempre significóu pra min algo especial y, evidentemente, é el árbol máis guapo que poda haber.

A bidureira (Betula pubescens) chama el atención primeiro de nada pola paraza branca, con gretas horizontales nos exemplares máis veyos y qu’esfola mui fácil, como se fora papel. As foyas son de xeito romboidal y aserradas nas veiras. É como se pingaran del árbol: condo hai sol y yes dá el vento, pintan esas lámparas de cristalíos dos teatros y salóis. Tamén son chamadeiros os frutos, que salen amañando úa especie de recimos qu’aporondan y que tein un feixe de semente nelos condo madurecen. A bidureira é dos primeiros árboles que salen nos sitos que se volveron monte ou que queimaron y tamén é dos primeiros caducifolios que botan foya na primavera. A súa madera sempre s’usóu nel medio rural pra un feixe de cousas. Úa das máis características eran as galochas, qu’é mui al xeito pra eso. Pro tamén as tiras enroscadas da paraza s’usaban muito pr’alumar. Chámanyes en asturiano occidental yérgulas, y en galego, candiolas, anque nun sei se el galego-asturiano ten dalgún xeito particular de chamaryes.

Del nome popular de Betula pubescens en galego-asturiano temos ben datos nos vocabularios y ademáis déixannos ver qu’é normal a convivencia nun mesmo sito de máis d’úa denominación: bidureira na Veiga, Mántaras, A Roda, Bual y Ponticella; bidrueira y biduleira en Eilao; bidur (en feminino) na Veiga, Bual y Ponticella; abidur, na Veiga y Bual; bidueira, na Veiga; biduro en Mántaras y na Roda, unde esplican qu’esta forma ta especializada tamén pra referirse á madera (por exemplo, Tumbéi úa bidureira pra fer galochas, pro Estas galochas tán feitas de madera de biduro). Finalmente, Acevedo y Fernández recoyen a forma masculina bidureiro, y tamén lo fai el libro de José García sobre a fala del Franco, mui deudor del obra d’aquelos dous estudiosos.

Bidureira nova al pé del camín en Casielles (Les Caldes, Uvieo) (2/4/2017).

Xuntando estos datos publicaos cos que fun recoyendo inéditos, pinta qu’a forma bidureira é a máis estendida xeográficamente nel occidente eonaviego, aparte de qu’é propia namáis del galego-asturiano. Apuntéila en Arancedo y San Xuyán (El Franco), Montavaro (da parroquia de Balmonte, Castripol), Rozadas (Bual) y Corondeño (Ayande). Tamén nel ETLÉN recoyéuse esta forma nel Pato (Bual). Polo tanto, a súa estensión chega, alomenos, dende A Veiga hasta Villayón y dende el mar hasta a serra d’Ayande.

Dentro d’esta zona tán as variantes xa ditas de bidur, qu’eu tamén sentín na Grandela (Balmonte, Castripol), y biduro, qu’apuntéi en Montavaro y San Xuyán (neste lugar franquín, como nel caso da Roda que xa se dixo, úsase máis ben referido á madera del árbol).  Tamén nel ETLÉN se recoyéu a forma feminina bidul en San Salvador (Ayande).

Máis al occidente y al sur dibúxase outra zona, a de bidueira (ou bidrueira), á que podo amecer os datos de bidueira recoyidos na Veiga (Tremiado y Zreixido) y en Pezós. Tamén oriental y sureña é úa gran zona de budueira, forma qu’apuntéi no Chao (San Tiso d’Abres), Bustapena (Vilanova d’Ozcos), El Mazonovo (Santalla d’Ozcos), Castro (Grandas) y Os Coutos (Ibias), cua variante budieira, que me deron da Ovellariza (Vilanova d’Ozcos).

A todas estas formas hai que xuntar abedul, en feminino (úas abedules pequenas), que recoyín en Mourentán (Ibias), y abeduleira, sentido nel Monte, na parroquia naviega d’Anlleo. Nel ETLÉN recoyéuse el abidul en Villamayor, na parroquia ibiana de Cecos.

Tamén hai ben vocabulario pra chamar al monte de bidureiras, que depende del nome que ye dan na zona al árbol: bidureiral, bidueiral, budueiral, budieiralbudual… Os lugares d’El Bidural en Bual y Villayón remiten a un colectivo formao a partir de bidur ou biduro. Y topónimos menores como A Biduleira, en Pezós, pintan ser testimonio d’un xeito antigo de referirse al monte dos árboles qu’hoi alí chaman bidueiras.

Detalle del arna d’úa bidureira. Mántaras (Tapia) (3/7/2014).

Todas as nosas variantes del nome del árbol vein d’úa latinización d’úa palabra céltica anterior, *betullos. Esplica Coromines qu’é na súa variante feminina, betulla, como pasóu al latín. Pinta que detrás d’esa palabra ta úa reiz indoeuropea guet– ‘pez’, d’unde vén tamén a palabra bitú, porque cocendo a pez da bidureira amañaban os galos úa especie de galipote.

A forma máis estendida en galego-asturiano, bidureira, é un derivao a partir da reiz bidur (> *betule > betulla) amecéndoye el sufixo –eira. Houbo resultaos diferentes na consonante final líquida, –l ou –r (bidul, bidur), el qu’esplicaría a forma bidueira, que viría da perda del -l- intervocálico (biduleira > bidueira). Nun ten que chamarnos el atención atopar palabras con perda de -l- en zonas unde hoi nun se perde. Ben poden ser empréstamos de sitos vecíos ou quizáis máis ben testigos d’etapas anteriores unde a fala local tía esa característica. Tamén pasa con palabras como pao (‘palo’), que s’usa en sitos unde, sicasí, hoi dicen filo, calente, molín, doler

A forma biduro pode ser el resultao esperable a partir d’úa forma hipotética *betulo ou ben úa masculinización posterior a partir del feminino bidur. Ese baile de vocales que se dá noutras variantes, con asimilacióis (budueira < bidueira) ou con metátesis (budieira < bidueira), é perfectamente normal.

En conto ás formas col a- protético que se recoyen en galego-asturiano (abedul, abidur, abeduleira), tamén remiten á mesma orixe.

En galego as formas máis estendidas son en masculino: bido y bidueiro (con outras variantes como bidro y brido), mentres que nel oriente de Galicia predominan bidul y bidulo. Pro tán recoyidas nos vocabularios muitas máis variantes, con a- (abidueira, abidueiro, abedoira, abedugo, abedulo, abeduzo, abidul…) y sin él (bidueira, bedreiro, bedolo, bedugo, bedul, bedulo, betuxo, bidul, bídalo, bideiro, bidouro…). Topónimos galegos mui estendidos como A Bidueira pintan ter valor colectivo y non individual (igual que castiñeira en galego é ‘sito poblao de castañeiros’), como xa s’apuntóu pral caso d’A Biduleira de Pezós.

En asturiano predominan as formas con a-: abeduriu (con variantes como abeduliu), abidul (con variantes como abidur, abedul, bidul, bedul), abedugu y abedulu. De todo este feixe de variantes, el diccionario normativo del asturiano escoyéu namáis dúas: abeduriu y bidul (ésta feminina).

Advertisements

12 thoughts on “Bidureira (Betula pubescens)

  1. Mª Ángeles

    En Andés (Navia), hoi, que you sepa, decimos abedul. Peró pode que se dixera d’outro xeito noutro tempo, visto el dato d’Anlleo: abeduleira. Nun sei se ten que ver, peró en Navia, aunque xa na Polaveya, hai un llugar que se chama El Vidural, que polo qu’acabo de ler, n’asturiano é El Bidulare.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Ta malo de saber se se trata d’un casteyanismo. A traza tenla, en comparanza cuas zonas vecías tanto al leste como al oeste, y posiblemente pesara a forma casteyana. Así y todo, hai que ter en conta qu’en galego el xénero d’este árbol é masculino, y tamén ta ese dato d’Ibias d’abidul masculino… Entendo qu’en Andés tamén é masculino, ¿ou? ¿Dicides, por exemplo, muitos abedules ou muitas abedules?
      El caso d’El Bidular é típico de cómo el peso da capital del conceyo fai qu’acabe predominando na documentación úa forma que nun se corresponde cua pronunciación del lugar. Oficialmente é El Vidural (tanto nos dá neste caso a escritura con V- ou B-), col resultao propio del galego-asturiano. Pro a xente d’alí, que fala asturiano occidental, diz El Bidular (ou El Bidulare), forma típica d’esa lingua.

      Gústame

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Si, foi un encontro chocante. Ver a un home agachao nun prao entre flores con úa cámara fotográfica nun pode ser outra cousa qu’un tolo da botánica ;-).
      Tuven mirando el tou blog y ten úas fotos espectaculares y, sobre todo, con muito gusto na composición. Un gran labor divulgativo, Alberto.

      Gústame

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Ta ben confirmar el dato que tía no Chao con este que me das de Vilela. 😉
      Ás veces nun se recoye nome porque s’esqueicéu na zona y a xente dizche sin máis “monte de bidureiras (ou budueiras, vaya)”.

      Gústame

      Resposta
  2. Poutaloba Autor/a do artigo

    Gracias, Luisa, Andrea y Emma, polas vosas aportacióis. Xa las rexistréi en “Fitonimia del Navia-Eo”. Nel caso d’Andrea, como anduven polos sous dominios, muitas veces xa teño el dato de Balmonte, pro tamén s’agradecen os comentarios máis subxetivos. 😉

    Gústame

    Resposta
  3. Andrea

    En Vilarín chamamos bidureira y na comarca Ozcos-Eo tamén se ye chama budueira, bidueira, bodueira y budieira.
    Un día núa escola dos Ozcos os nenos protestaron condo dixen bidureira y aclararónme qu’alí se yes chamaban budueiras.
    Según me contóu a xente usábase pra fer galochas, eixes de carro, concos, cuyares, etc. Agora creo que fain da bidureira paliyos y útiles pra cocía. É úa madeira mui guapa a da bidureira.
    Condo máis me gusta é condo bota a foya, ese verde tan guapín, pro tamén teín un color ben guapa xusto antes de brotar condo tan case como a flor da ganceleira. Como ben dices son dos primeiros árboles que botan foya y tamén dos primeiros en perdelas anunciando qu’el outono xa ta cerquía.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s