Mapola (Papaver roheas)

Mapola nel alto da Praya dos Campos (Tapia).

Mapolas nel alto da Praya dos Campos (Tapia), 15/8/2016.

Nun se m’ocurren muitas especies vexetales autóctonas del estremo occidental asturiano que teñan as flores encarnadas (as de xardín, claro, nun cuntan). A mapola (Papaver rhoeas) é chamadeira por eso, polas súas flores coloradas relumando nos meses del brao entre el herba seca. Vense poucas pola nosa terra. Víanse máis antias, alomenos na marina, condo había trigales, porque é úa especie mui asociada a este tipo de cereales y que s’axeita al sou ciclo. Polas rectas de Castiya si que se poden ver praos chíos amañando alfombras encarnadas espectaculares que cubren todo el horizonte.

Nel meu tempo había muito mito xuvenil cos poderes alucinóxenos da mapola. Así y todo, a realidá é qu’a que ten droga de verdá é a súa parente Papaver somniferum, el adormideira ou pranta del opio; os alcaloides que ten a mapola producen namáis un efecto sedante lixeiro.

Nun é úa especie que chamara muito el atención dos estudiosos del vocabulario en galego-asturiano. Namáis recoyen a forma mapola Acevedo y Huelves y a monografía de Mántaras. Núa primeira oyuada, a palabra pinta úa aferesis (perda del fonema inicial) d’amapola favorecida nel noso caso al interpretar ese a- inicial como un artículo feminino: a mapola, as mapolas.

En galego, ademáis de mapola, tamén se recoyen as formas mapoula y papoula (esta última tamén diptongada en portugués, anque col sou diptongo peculiar: papoila). En asturiano dizse amapola y mapola, anque se recoyen datos de papola y de formas diptongadas como papuela y, nel suroccidente, papoula y mapoula. Na Seabra zamorana que fala asturlionés dicen papoya. Como se pode ver, nas dúas linguas dáse esa vacilación de bilabiales entre p- y m-.

Según ten estudiao Coromines, amapola viría d’habapaura, úa forma del árabe vulgar hispano que sería un cruce del latín papaver ’mapola’ col árabe habba ’gra del cereal’. Palabras como hamapola ou hamapol (que daquela pronunciaríanse con hache aspirao) documéntanse nos siglos XV y XVI en casteyano. Nesta mesma lingua einda hoi conviven nél as formas amapola y amapol. A forma sin a-, que tamén se dá nel casteyano actual, sería el caso xa dito d’aféresis que viría a desfer a prótesis primeira (col adición d’un fonema inicial) y que desandaría el camín evolutivo pr’achegar a palabra romance al étimo latín, a forma plural papávera, que nun tía ese a-. Por disimilación das consonantes bilabiales, esos -p-p- mudaron a -m-p-. Sicasí, nel árabe da península ibérica os dous -p- romances tamén poderon sonorizar y, como continuadores d’úa forma hababaur, atopamos resultaos actuales como ababol ou babol núa franxa oriental norte-sur que deixa máis al oriente os resultaos cataláis rosella ou roella.

As formas de tipo galegoportugués papoula, mapoula poden considerarse continuadores del étimo latín a través d’úa forma contracta *papaura del latín vulgar, cua evolución d’ese diptongo –au– a –ou-. Dá que pensar a convivencia en zonas de diptongación decrecente como Galicia ou el Asturias occidental de resultaos con diptongación (papoula, mapoula) y con monoptongación (papola, mapola), qu’esto último é propio del Asturias centro-oriental y del casteyano. Ana Cano, nel sou estudio sobre a fala de Somiedu, esplica a forma mapola como úa aféresis del casteyanismo, y García Arias, nun artículo unde trata da evolución del vocalismo en Asturias, tamén apunta á posibilidá de qu’as formas monoptongadas sían casteyanismos. Así y todo, papola é difícil consideralo un casteyanismo condo nun hai formas con p- en casteyano. Menos einda a forma seabresa papoya (y non *papouya, como s’esperaría nesa zona unde dicen cousa, toupa, ouveiya).

Un estudioso alemán, Heinz Jurguen Wolf, nun artículo específico sobre os derivaos de papaver, estudia as variacióis de resultaos na Romania y busca a esplicación noutras evolucióis vulgares da palabra latina clásica. Por eso, comparando col caso del galegoportugués poulo ‘terra de vaco’, que vén del latín pábulum ‘pasto’, propón pra papoula un étimo *pappávula (que viría de pappávera), con un –pp– xeminao que quitaría de que sonorizara en –b– (como si pasóu en ababol). Pro tamén ve úa relación (en conto á evolución del grupo –vl-/-bl-) entre el caso de pola (del latín pópula > pobla > pola) y de papola.  É chamadeiro, y ten relación con esa convivencia de resultaos asturianos papoula/papola/papuela, el feito de que tamén convivan nel asturiano occidental formas monoptongadas como La Pola y diptongadas como La Puela.

Advertisements

9 thoughts on “Mapola (Papaver roheas)

  1. F.

    Anque nun tenga que ver con la mapola, como fales del galegoportugués “poulo”, en Degaña hai munchos topónimos como La Poula, El Poulón, etc,

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Si, se algo se comproba nos apuntes que fago sobre as variantes gallegoportuguesas y asturlionesas é qu’a zona é sito d’encontro de trazas d’ún y d’outro dominio llingüístico. É normal qu’en Degaña haxa topónimos d’ese tipo.

      Gústame

      Resposta
  2. migueltxaves

    Qué alegría encontrarme un rincón tan belo! E ademáis en asturiano! Dende hoxe contarame vostede como fiel seguidor. Por certo, en galego dicimos “mapoula”, e para min é unha das máis belas flores.

    Un saúdo, amigo.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Miguel, por chufar este blog. 🙂
      Namáis ch’aclaro que nun ta escrito en asturiano. Ta en galego-asturiano, a variedá lingüística del galegoportugués que se fala nel estremo occidental d’Asturias.

      Gústame

      Resposta
      1. migueltxaves

        Sí! Xa me din conta. Mais a admiración que me causou o blog fíxome comentar nada máis entrar, e antes de ler os artigos. Non coñecía ata o de agora o galego-asturiano. Un pracer descobrilo.

        Gústame

  3. Manuel Amago

    En San Tiso chámamoslle amapola, e tamen mapola ( anque menos ). Ahora vese mui pouco por os campos; supoño que terà que ver con a asociación co trigo. Pra min e máis un recordo de cando era pequeno

    Gústame

    Resposta
  4. Miguel de Viladefondo

    En Grandas tamén é mapola. É curioso eso que falas de peique vense menos al haber baxado el cultivo del cereal, a verdá é q’as veces vense ocha d’elas e outras apenas rubielan nin nas cunetas. Acórdeme de sentirlle a os vellos decir que tían “droga” e que non se non oucurrise comelas, mea abola taba sempre co eso, el caso é que naceulle ua adormidera nel orto, e ela non sabía lo que era, pero como vota ese capullo con esa fror que chama a atención, púxelle un pao e todo. Non sei como é que veron os civiles e mandáronlle arráncala porque era “droga”, disgusto e vergüenza por partes iguales tuvo a muller.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s