Espieiro (Crataegus monogyna)

Flores d’espieiro na veira del camín a Brañanoceo, en Santuyano (Mieres) (15/5/2016).

Condo el brao xa ta ás portas, as veiras dos camíos énchense de branco cuas flores que botan os espieiros (Crataegus monogyna). Son bus de reconocer de lonxe porque as florías salen por todas as canas del árbol y vénse as ramas chías de branco como se foran gadeyas nevadas. Das flores han a salir despóis us frutíos coloraos ben chamadeiros. El espieiro é un arbusto que se ten usao muito pra zarramentos y vese estragayao polos valaos alí unde einda quedan. Pode chegar a fer un arbolín curioso y nos portos vense exemplares ben guapos unde se mete el gao a moscar á súa solombra. Ten úa madera dura y por eso avezaba a usarse pra fer mangos prá ferramenta.

Das canas del espieiro salen outras pequenías acabadas en pincho. Nun son espías como as que poda ter el arto, pro tein a mesma función disuasoria que tein noutros árboles. Da palabra espía precisamente ye vén el nome. Os vocabularios da zona brindan as formas espieiro (Bual) y espín (Mántaras), sinónimos os dous que recoyen tamén nel da Roda. Nel da Veiga estrémase el espín (anque nun pon el nome científico, pola definición trátase del noso árbol) del espieiro ou escambrón (Prunus spinosa). Nel vocabulario d’Acevedo y Fernández aparecen espieira y espín, que tán marcaos como recoyidos el primeiro pol bualés Acevedo y el segundo pol franquín Fernández. El franquín diz qu’hai espín coraleiro y espín d’inxertar, anque nun esplica máis nada. El vocabulario de Monón y Castaedo (Ayande) recoye a forma espieiro, árbol del que diz qu’é bon pra inxertar nél as pereiras. Esa é úa característica pola qu’é conocida a especie, así que xa temos a esplicación d’esa raza d’espín d’inxertar que recoye Fernández. El que nun sei é qué será eso d’espín coraleiro, se úa variedá del árbol ou un sinónimo sin máis. Ta claro que coraleiro ten que ter que ver cos frutos coloraos que dá, aparecidos a os corales.

El nome d’espín, como se víu, úsase na veira máis al norte del Navia-Eo: é nome que recoyín en Zreixido (A Veiga) y O Chao (San Tiso d’Abres), lugar este unde tamén me dixeron el sinónimo d’escambrón. Precisamente, en Montavaro, na parroquia de Balmonte (Castripol), apuntéi ese nome d’escambrón pra Crataegus monogyna. Na mesma parroquia, en Brañatruiye, dixéronme espín y escambrón. En todo el resto del noso occidente recoyín sempre espieiro, nome que sentín en Bustapena (Vilanova), Os Niseiros (Castripol), Castro (Grandas), Pezós, Doiras (Bual), San Xuyán (El Franco), Vivedro (Cuaña) y El Monte (Navia). En Poxos (Villayón), tamén apuntéi a forma espĩeiro, con úa nasalidá mui pronunciada nel primeiro -i-. É esta úa característica da fala d’allí que tamén teño escuitao a falantes del Franco.

Os frutos del espieiro poden quedar nel árbol ben tempo despóis de que perdera as foyas, como neste al pé da Campa Utriel (Riosa), en pleno outono (29/11/2015).

Dispoñemos de máis datos sobre el nome d’este arbolín gracias al ETLÉN, un proyecto da Universidá d’Uvieo nel que participo que busca medir a transición entre os dominios lingüísticos galegoportugués y asturlionés na zona que vai del Navia al Eo. Pra fer esta medición fixemos encuestas por alí perguntando miles de palabras y frases cuas que buscar fenómenos fonéticos y morfosintácticos, y entre os exemplos que se manexaban coincidíu qu’había nomes de prantas. Dalgús dos datos que vin dando sobre nomes populares d’especies vexetales saquéilos dos sitos que me tocóu encuestar, tanto da propia encuesta como de perguntas feitas desque acababa, porque era xente d’edá que sabía muito y, se había vagar, aprovetéi pra perguntaryes cousas de vocabulario. Cos datos das encuestas feitas polos meus compañeiros del ETLÉN tamén podo amecer máis información sobre el nome popular de Crataegus monogyna (igualo en –o as formas recoyidas, qu’ás veces apuntáronse con –u): espiñeiro, col resultao á galega, en Valdeferreiros (nos Coutos, Ibias) y A Garda (Taramunde); y espieiro en Villamayor y Fanduvila (Ibias), El Pato y Navedo (Eilao), Labiaróu (Samartín d’Ozcos), Teixeira (Santalla) y San Salvador (Ayande).

Na encuesta del ETLÉN buscábase namáis a palabra derivada d’espía, polo que non sempre quedóu claro a qué especie ou especies se referían. É seguro que se trata del noso árbol… anque non solo. El feito de qu’outras razas bravas con espías como Prunus spinosa s’usaran pra inxertar nelas frutales fexo que se confundan ás veces os nomes y que tamén ye chamen espieiro, ou, al rovés, que chamen con nomes habituales pra esta especie, como escambrón, al noso Crataegus monogyna. Hasta entra neste xareo a peruyeira (Pyrus pyraster), raza brava que tamén s’usa pra inxertar y que ten pinchos, polo que tamén ye dan dacondo el nome d’espieiro.

Espieiro na veira da subida á Malena (Morcín) (20/5/2016).

Espieiro na veira da subida á Malena (Morcín) (20/5/2016).

Se buscábamos a palabra espieiro ou espiñeiro era porque nos interesaba el comportamento da cayida del –n– intervocálico, propia del galegoportugués, nese tipo de derivaos. A forma espieiro nun é máis qu’a reiz espía ou espín con un sufixo –eiro que xa se víu ben veces pra chamar outros árboles y prantas (binteiro, acebreiro, pesegueiro bravo…). A palabra espieiro viría a ser ‘árbol das espías’. Como se comentóu nel espĩeiro de Poxos, a perda del -n- intervocálico deixóu un rastro de nasalidá na vocal precedente que, nel caso del galego y del portugués derivóu nel sonido nasal palatar [ɲ], grafiao –ñ– ou –nh-, respectivamente, nas súas normativas escritas: espiñeiro ou espinheiro. Nel caso del galego-asturiano, agá en sitos como Poxos, esa nasalidá desaparecéu na palabra: espieiro. Son chocantes as formas d’esta clas unde ta pol medio a perda del -n- porque dan resultaos mui variaos en galego-asturiano dependendo del sufixo, da palabra y da zona. Por poñer dalgún caso, en Tapia os qu’andan al mar son marineiros, pro en Barres ou nas Figueiras (Castripol) son mariñeiros. En Zreixido (A Veiga) cain de focíos, pro enfociñan; van a os molíos, pro mol el moliñeiro, condo en Tapia dicimos molieiro. Tamén en Tapia dicimos farina, pro en Castro (Grandas) dicen faría, anque ás cousas que tein a traza da faría chámanyes alí farinentas… y ás muyeres que subían a vender xardías chamábanyes xardieiras. Son cousas ben guapas da nosa riqueza dialectal.

En conto a os nomes populares en galego de Crataegus monogyna, hai ben d’elos ademáis del d’espiñeiro: espiño, estripo, estripeiro, escaramiñeiro, escambrón, pirliteiro…. El asunto é que, como se dixo, tamén se poden aplicar dacondo ás outras especies xa vistas. En asturiano, a forma máis estendida é sin duda espinera, en feminino, anque tamén se dan espineru, espín y espina. Nas denominacióis populares en asturiano confúndese tamén dacondo con Prunus spinosa y por eso tamén ye chaman pruneral. En casteyano os nomes máis comúis son espino albar, espino blanco ou majuelo.

Advertisements

16 thoughts on “Espieiro (Crataegus monogyna)

  1. Dubris

    Vexo qu’el meu comentario sobre Benito Rodríguez de Espieira a lo menos sirvíu pa envizcar a Miguel de Viladefondo, qu’é quen de verdá sabe das cousas de Grandas. Hai que dicir que nesto, como en tantas cousas, Dubris nun chega nin al nivel d’usuario. Podíamos dicir qu’anda nel de cronista oficial ou por aí.

    Gústame

    Resposta
  2. Miguel de Viladefondo

    Vas ben Xosé Miguel, pero eo son de Grandas, meo abolo foe de Viladefondo, caseiros de Benito Rodríguez Espieira, que comentóu Dubris. En realidá tían que pertecer a parroquia de Negueira, como el resto da rodeada, pero non sei como amoñóu Benito col cura, que enterran en Penafonte, parroquia de Grandas de Salime. Gracias pola aportación del perulleiro.

    Gústame

    Resposta
  3. Miguel de Viladefondo

    En Grandas, como xa se dice ahí, decimos espieiro, pero teño ua duda, eo sempre penséi que el perulleiro y el espieiro era lo mismo. Teño collido perullos nel monte, y sempre sentin chamarlle espieiro, lo que nunca i meginéi é que era un espieiro inxertado dua pereira, e más, penséi que eran pereiras bravas. Aiquí cos perullos faían empanadas, con tal de quitar a fame, calquer cousa íballe ben al pan.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Miguel, pol dato. Como firmas de Viladefondo, entendo qu’es da parroquia grandalesa de Negueira, ¿ou? Dígolo porque se viche a sección Fitonimia del Navia-Eo, asigno os datos a parroquia del sito.
      El que comento nel artículo é que, al usárense as razas del monte pra inxertar nelas os frutales y al teren todas espías, hai un baile de nomes entre úas especies y outras. Os peruyos que coyías del monte supoño que serían da especie Pyrus pyraster, a pereira brava ou peruyeira (na Negueira de Lugo chámanye pirulleiro ou espieiro). El que s’inxertaba nelos, tanto na peruyeira como nel espeiro (Crataegus monogyna), era a pereira (Pyrus communis), a das hortas al pé das casas.

      Gústame

      Resposta
  4. Dubris

    De Viladefondo (Grandas) foi Benito Rodríguez de ESPIEIRA, que morréu sin descendencia nos anos 30. Persona ilustrada e amiga de escribir, deixou a os caseiros, amáis das súas propiedades, as libretas nas que apuntaba cómo iba a producción anual. Escritos en casteyano, puiden ver algúas foyas de 1904, 5, 6 …

    Gústame

    Resposta
  5. conchitaalvarezlebredo

    En Tapia chámase “espín”, peró tamén muita xente ye chamaba “espín de mayo”, supoño que pola época en que tá florido, peró tamén porque as muyeres iban buscalo pra fer os ‘altares de mayo’, qu’eran unhos altares que se poñían dentro das casas nel mes de mayo chíos de flores. Esos altares eran algo asomañaos aos del Corpus, peró os de Corpus fíanse na caye y estos ‘altares de mayo’ eran dentro das casas y cua figura da Virgen: arrodiábase a imaxe con prantas verdes y a os pés poñíanse flores distintas. Xa se fían a finales d’abril y, ás veces, nun era tan fácil topar flores nesa altura del ano; por eso as del espín eran das máis usadas. Supoño qu’el color tería tamén algunha importancia, quero dicir, algún valor simbólico que lo feiría axeitado pra este uso relixioso.
    Mía madre contóume muitas veces qu’en Rapalcuarto había muitísimo y as muyeres novas quedaban pra ir coyelo a finales d’abril pra ir preparando os altares.
    Por outra parte, se reparamos na toponimia, tanto da zona occidental d’Asturias (El Espín), como da zona oriental de Lugo (“A Espiñeira”) vese que debía ser abundante y representativa da flora local.
    Un saludo y muitas gracias pola túa información y as impresionantes fotografías.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      É úa información mui interesante, Conchita (y mui guapo el sinónimo d’espín de mayo). Nun sabía miga d’esta tradición en Tapia. Relacionao con mayo, si sentira falar das mayolas ou amayolas, us altares que llevaban os nenos polas casas y iban cantando y pedindo . Cuntáronmo en dúas vilas: na Veiga (“Aí vén el mayo detrás da Penela, póñame as castañas señora Bernabela”) y en Navia (“Mayolas a mayo, que se han derrotado, qu’aquí viene Xuan, qu’aquí viene Pedro, colas súas mayolas, que las trai nel medio. Se la mula rincha, tíraye del freno, qu’asi dixo Xuan condo veu d’Uviedo…”).

      Gústame

      Resposta
      1. Alberto

        Tía intención de pedir opinión, sobre úa posible relación entre el árbol y el topónimo “El Espín” en Cuaña, peró xa me dou por contestao, col comentario de Conchita :).

        P:D: Inda s’acorda meu padre de las Mayolas por Navia condo era neno.

        Gústame

  6. Andrea González González

    Bus dias. Gracias outra vez por enseñarnos tantas cousas da nosa lingua y de xeito tan guapo.
    En Vilarin decimos espieiro, lo mesmo que nos Ozcos, en Santalla distinguen entre espieiro branco y espieiro mouro y en Taramunde ten el nome de espiñeiro.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Andrea, polos datos. Evidentemente, ese espieiro mouro correspóndese con Prunus spinosa y el branco é el protagonista d’esta entrada.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s