Xunga (Cyperus longus)

Terra chen de xungas en Serantes (Tapia) (12/7/2012).

Nas veiras de regueiros, nos praos moyaos, é búa de ver a xunga (Cyperus longus) relumando condo ye dá el sol y axenegando as súas espiguías acastañadas condo la aneina el vento. Tanto a xunga como el xungo (Juncus spp.) son prantas propias de terras húmedas y podemos atopalas nos mesmos sitos, pro a pesar del sou nome aparecido son especies búas d’estremar. El xungo nace máis teso y a xunga dobra y fai un arco, pro el que los diferencía ben fácil é qu’a sección del primeiro é redonda y a da xunga é triangular. Ademáis, el rabo da xunga ábrese na punta en varias foyas (son en realidá brácteas, as foyas qu’envolven a flor) y é d’esa parte d’unde salen as inflorescencias, úas espiguías mui características.

As xungas son resistentes y antano con elas amañábanse atadeiros trincando úas con outras. Tamén s’avezaba a usar brazaos d’elas pra tapar as morenas d’herba seca y defendelas asina del augua por se chovía. En Mántaras iban ás xungas a Os Llagos de Silva. Nun acaba ei a súa utilidá, anque xa lonxe da nosa terra: al parecer, a reiz da xunga é mui olorosa y úsase, ou usóuse, pra fer perfumes. D’ei que tamén se ye chame en casteyano juncia aromática.

Inflorescencia d’úa xunga. Penarronda (Castripol) (1/8/2015).

Como noutros casos, a pesar de tar tan presente nel noso paisaxe, a xunga nun tuvo sorte nos vocabularios de galego-asturiano: namáis ta constatada nel de Mántaras. Os poucos datos orales que teño apuntaos son xunga en Mourentán (na parroquia ibiana de Seroiro) y xunca en Zreixido (A Veiga). A falta de máis información, é evidente qu’el reparto xeográfico dos resultaos con -c- ou con -g- será igual qu’el que se daba nel caso de xungo/xunco, ás veces con convivencia de resultaos nun mesmo punto.

En galego chámaseye xunca, xunga y xunza. En asturiano, xuncia y, anque nun ta mui clara a identificación nos vocabularios, pola súa forma en feminino pinta que tamén se refiren a Cyperus longus as formas xunca, xungla y xúngala. En casteyano a palabra máis usada é a de juncia ou juncia loca, ademáis de junca. Como se pode ver, todas estas formas provéin del latín iuncus, y non de kypeiros, nome grego da pranta d’unde provén el nome del xénero. El parecido das prantas y del sou hábitat habitual levóu a estremar el nome namáis pol xénero: xungo pra úa espacie y xunga pral outra.

8 opinións sobre “Xunga (Cyperus longus)

  1. Emma Méndez

    Insistín col asunto y agora sí diferenciaron “a xunga”, qu’é esta de tayo triangular, del “xungo” qu’é el redondo y más abundante.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Xa me pintaba raro que nun se diferenciasen as dúas especies. Así y todo, nun é descartable que condo a xente vai perdendo conocementos sobre el vocabulario tradicional acabe chamando d’un mesmo xeito al que nun tempo tuvo nomes distintos. Al cabo, son dúas especies aparecidas que se dan nos mesmos tipos de terra. Apunto os datos. Gracias pola información cuañesa. 😉

      Gústame

      Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      É un dato interesante este porque nos dá un resultao del tipo galego que nun tíamos constatao nel occidente asturiano. El punto máis occidental del que tía información era el de xunca en Zreixido. Queda rexistrao el dato. Muitas gracias, Aurora. 😉

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario