Herba sedeña (Brachypodium pinnatum)

Suqueiro en Salave (Tapia) chen d’herba sedeña (13/7/2012).

El xénero Brachypodium ten úas contas especies en Asturias, anque as máis comúis na nosa zona son Brachypodium pinnatum y Brachypodium sylvaticum. A segunda especie, como deixa ver el sou epíteto, é un herba máis ben propia de montes y sitos avesíos, y aveza a ter as foyas máis verdes y anchas qu’a primeira, aparte d’outras diferencias pequenas que s’escapan a os que nun tamos adoitos na materia. Polas descripcióis y, nel caso dos datos propios, polos sitos unde taba el herba pola que se perguntóu, os nomes populares que se recoyen aquí refírense máis ben al Brachypodium pinnatum.

El herba sedeña, qu’é ún dos nomes que ye damos en galego-asturiano, é úa especie que medra entre as penas, é a que nace nos noiros, nos valaos, a que sal nel monte ou nos praos que nun se segan. É un herba búa de reconocer porque as foyas son planas y chegan a ser abondo anchas y largas y, se se pasa el dido polas veiras, cortan. É dura, amaña chanteiras grandes y cómela mal el gao, así que se rozaba pra mulir as cortes. Tamén me cuntóu úa amiga serantega qu’antano cubríanse os payeiros con ela y que tamén s’usaba pra enrestrar as cebolas, anque había que deixala secar primeiro, que quedaba máis mole y asina nun cortaba as maos. Entre os nenos, el herba sedeña é mui al xeito pra chifrar poñendo úa freba de canto entre os dous didos gordos, atesándola y asoprando nesa regandixa que queda.

É un herba que ten úa chía de sinónimos en galego-asturiano. El nome d’herba sedeña ta recoyido nel vocabulario de Mántaras (Tapia), pro sei que tamén s’usa en Serantes, nel mesmo conceyo, en Valdepares (El Franco) y nel Gumio, cerca de Rozadas (Bual). El asunto complícase porque ás veces hai sustantivos que tein tamén un uso máis xeneral, pra chamar a cualquera herba brava ou veya. Por poñer un caso, pral Brachypodium pinnatum dixéronme en Villalmarzo (El Franco) el nome d’harbazón, anque en ben sitos esa palabra, máis ben cua forma herbazón, úsase (como recoyen os vocabularios de Mántaras, A Roda y Bual) pra chamar el herba qu’enveyecéu nos praos porque nun se segóu en tempo ou el herba brava que botan os sitos secos.

Eso de sedeña podía interpretarse como un adxetivo derivao de seda ‘pelo gordo d’un animal’ qu’acompaña al sustantivo herba (pola comparanza cua dureza das sedas, cuas que se fían sogas). A palabra tamén recorda el verbo sedar ‘criar gretas nel peleyo’ y podía ter xeito se reparamos nel muito que cortan as herbas, pro pode qu’el mesmo verbo veña del sustantivo seda, porque as sedas usábanse muito na melecía tradicional pra curar graos atándolos pra que secaran. Quizabes herba sedeña sía máis ben un nome composto amañao por dous sustantivos. Y é qu’en galego sedeña é úa soga ou corda, y en asturiano sedeña ou sereña é úa tanza pra pescar feita de sedas da crina del cabalo. Polo tanto, el nome noso pode ser como dicir ‘herba-corda’, ‘herba-soga’.

Pódense estremar os pinchíos nas veiras das foyas del Brachypodium pinnatum.

Hai máis variantes sobre esa reiz sed– pra chamar a especie, pro xa nun son nomes compostos: sedón, que recoye el vocabulario da Veiga y que tamén me dixeron en Vilarín (Castripol); ou sedeñón, como dicen nas Campas y nel Valín (Castripol), y en Llobredo (El Franco). Ta claro que son aumentativos de sustantivos que xa nun tán vivos en galego-asturiano (sedo, sedeño), pro que deberon nacer d’un uso metafórico comparando as herbas cuas sedas dos animales ou ben de palabras que xa debían significar ‘corda’, como einda se conserva en galego y en asturiano (ademáis, ei tán os usos tradicionales del herba pra usala pra enrestrar con ela).

Un nome aparecido a herba sedeña é el de herba serreña, úa reinterpretación por etimoloxía popular que la relaciona cua serra, col monte, ou col instrumento pra serrar. Recoyín esa denominación nel conceyo del Franco: en Valdepares y tamén en Villar, na parroquia de Miudes. Cruces entre os dous nomes son el de serreñón, qu’apuntéi en Arancedo, y sereñón, que me dixeron en Llobredo, os dous lugares tamén del Franco.

Pol xeito en que nace el herba, en peteiros grandes, chámanye herba da chanteira en Busdemouros (Vilanova d’Ozcos). Máis chocante é el nome que me deron en Miudes (El Franco), quizáis tamén pra esplicar a forma da chanteira, como se el peteiro fora por causa de qu’os animales nun lo pacen por noxo: mexadeira de can. Pola traza d’herba veya y ruía debe vir el nome d’herba payeirúa qu’apuntéi en San Xuyán (El Franco).

El outro nome máis estendido pol estremo occidental asturiano pra chamar al Brachypodium pinnatum é el de panazcón ou panascón. Sentín as dúas variantes en Bargaz y Llobredo (El Franco), panazcón en Miudes y panascón en Valdepares y Mántaras. A forma con -s- é a que recoyen os vocabularios de Bual. A esta palabra volve pasarye el que se dixo máis enriba: en dalgús sitos chámanyo a cualquera herba del monte ou de praos sin cuidar (como recoyen os vocabularios de Mántaras y A Roda, ou como me cuntaron de Vilarín) y tein outro nome, entre os que s’apuntaron aquí, prá especie da que tamos falando. Noutros sitos el qu’atopéi é que conviven dous sinónimos y hasta pode haber quen ch’esplica, por exemplo, qu’ún úsanlo pra chamar al herba del monte y outro pra referírense á dos valaos, pro é verdá qu’este tipo d’especializacióis terminolóxicas nun mas dixeron sempre. Tamén s’encontra a forma sin aumentivo: panasco, como me cuntaron en Castro (Grandas), ou panazco, como dicen nel Gumio (Bual).

Queda outra variante, penascón, con –e-, que me deu xente da vila de Bual. Podía pensarse núa reinterpretación dos falantes, que lo cruzan con pena, porque entre penedos aveza a nacer esta herba. Pro tamén puido ser al rovés. Hai que reparar en qu’en Castaedo y Monón (Ayande) panasco, panasqueiro y panasquedo é un sito de muita pedra y pouca terra, pouco productivo. Este tipo de palabras tamén se dan en asturiano occidental y pra García Arias serían derivadas del latín pinna (‘pluma’, ‘almena’ y d’ei, metafóricamente, ‘pena d’úa serra’), que deu en asturiano peña y el derivao peñascu ‘penedo, pena pequena’ (pena y penascu nel occidente): ese –a– primeiro (pan-) sería resultao d’úa asimilación á vocal tónica de penascu.

Casualmente, el epíteto del nome científico da especie recórdanos máis posibilidades interpretativas: pinnatum é ‘con alas’ (úa comparanza cuas barbas das plumas que s’usa en botánica pra describir a disposición das foyas). Ese significao de ‘ala’ pode supoñerse en galego-asturiano en verbos como depenar ‘quitar as plumas a un ave’. ¿Puido ter que ver a idea de ‘pluma’ nel nome popular de panasco prá nosa herba?

El Brachypodium pinnatum aveza a nacer entre as penas, como nesta parede de Sontolaya (Morcín) (25/2/2015).

Despóis de todo el que se dixo, nun ha a costar caro relacionar col Brachypodium pinnatum os nomes que s’encontran nos vocabularios galegos. Anque nun los identifiquen con ningúa especie en concreto, polas descripcióis ben poden corresponderse cua nosa. Al pé d’Asturias, na Ribeira de Piquín (Lugo), chámanye penasco ou panascón al herba brava dos praos secos. Noutros sitos de Galicia fálase d’herba de panasco, y tamén s’usa a palabra en galego pra chamar al tarrón d’herba ou el sito unde nace espontáneamente: terá bon panasco a terra que bota ben herba. Outras denominacióis galegas como argana, arganeira ou herba arganeira deben referirse á nosa herba, ademáis de fananco, que ten relación con feno ‘herba seca’, anque tamén é chamadeiro ese mesmo acabo que pinta despectivo, como panasco.

En asturiano chámanye argaña (argana nel occidente) al Brachypodium pinnatum, y tamén en masculino: argañu (ou arganu). Outras denominacióis empatan cuas nosas, porque tamén ye chaman sedón ou segón, y en Valdés tán recoyidas denominacióis como yerba serrana y panascu, forma esta que tamén s’usa en Tinéu.

En casteyano os nomes máis estendidos pra esta especie, según se deduce da bibliografía, son os de lastón y rompebarrigas.

Advertisements

One thought on “Herba sedeña (Brachypodium pinnatum)

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s