Herba abeyeira (Melissa officinalis)

Prantas d’herba abeyeira en Sontolaya (Morcín) (21/4/2013).

Nun conozo olor máis rico qu’el del herba abeyeira (Melissa officinalis). Ten a frescura da menta y el toque xusto d’acidez del limón. Nun m’estraña que yes guste tanto ás abeyas y por eso os abeyeiros usan a pranta pra refregar os trobos por dentro y qu’os enxames entren nelos. Anque el herba abeyeira é úa especie que vén del Mediterráneo, naturalizóuse por toda a Europa trempada y pódese atopar undequera por Asturias. Por exemplo, avezaba a prantarse nos hortos y cerca dos colmiales. Tampouco nun é que tía búa de reconocer, qu’ademáis pódese confundir núa primeira oyuada cuas ortigas, se nun fora por cómo brillan as foyas y el ben qu’arrecenden.

Del nome popular que ye damos pouco hai que dicir, porque é tresparente de todo. El nome científico fálanos tamén d’abeyas, porque eso significa mélissa en grego clásico. En conto a officinalis, xa sabemos que ten que ver con herbas melecieiras, y é qu’el herba abeyeira é un calmante conocido tomao en infusión.

El nome d’herba abeyeira ta recoyido nos vocabularios de Mántaras, A Roda, Bual, Eilao y A Veiga. Ás veces os autores parten el nome composto d’outro xeito al escribilo (herba beyeira), pro aquí nun se tuveron en conta esas variantes d’escritura. Eu tamén recoyín a forma herba abeyeira na Barrosa (Tapia), Navedo (Eilao) y Anlleo (Navia).

Outra posibilidá de denominación é qu’os falantes recorten el nome y deixen namáis el segundo elemento. Por exemplo, nel libro de José García sobre a fala del Franco, a forma que se recoye é abeyeira, a secas. Outro nome aparecido a herba abeyeira é el que rexistra el vocabulario de Castaedo y Monón (Ayande): herba das abeyas.

Queda por referíremonos a outra variación fonética posible, porque na parte máis occidental y sureña del Navia-Eo, unde dicen agulla, traballar, aguillón, muller, etc., ben sei que dirán herba abelleira, qu’é como pronuncían en galego el nome da pranta. Tamén hai outras variantes en Galicia sobre el mesmo tema apícola, como abelleira, belleira, abellariza ou herba abella. Outras denominacióis galegas son cidreira, herba cidreira, cobo y toronxil ou tronxil.

En asturiano as variantes son todas fónicas sobre a mesma palabra: ademáis d’abeyera y beyera, tamén hai, según as zonas dialectales, abiera y abechera (y bechera). El nome composto dáse máis ben al occidente, en continuidá col galego-asturiano: en Tox (Navia) dicen yerba abiera y en Tinéu, yerba l’abiera.

En conto ás formas casteyanas, as máis usadas son melisa y toronjil, anque tamén ye chaman cidronela ou hoja de limón.

Advertisement

5 opinións sobre “Herba abeyeira (Melissa officinalis)

  1. Andrea González

    Que guapo el artículo. Encantóume. En Vilarín tamén se chama herba abeyeira y, como ben dices, temosla prantada nel horto y cerca dos colmiales. Dase mui ben, por eso y pol sou olor recomendola a todos pra prantar nel horto ou nel xardín como guapísima herba aromática qu’é.
    Muitas gracias y un abrazo

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Andrea. Xa incluín este dato tou na sección Fitonimia. A mía pretensión precisamente é esa: qu’a xente nos diga cómo chaman a cada herba na súa terra ou nos sitos que conoce, pra que se podan atopar todos esos datos xuntos.
      Aprovetéi pra poñer un par de datos máis que recoyera eu y qu’esqueicera meter.

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s