Prádano (Acer pseudoplatanus)

Árbol novo de pradairo. Penanes (Morcín) (25/4/2016).

Condo andas pol monte presta saber cómo se chaman as prantas y os árboles que se ven al pasar. Iba ser guapo que nas escolas nenos y nenas aprendesen a poñer el nome autóctono a todo el medio natural que los arrodía. Qué miyor xeito de querer y apreciar a terra y el patrimonio cultural propios. Pra eso precísase nel profesorao úa mínima formación botánica y un labor previo de recoyida de vocabulario entre a xente máis veya. Pral primeiro sempre se ta a tempo, pro pral segundo xa tamos chegando tarde. D’ei el interés por xuntar agora toda el información posible que se poda atopar. Neso tamos.

D’esta volta falo d’un árbol que, anque é abondo común, nun é dos máis conocidos entre a xente. Trátase del prádano (Acer pseudoplatanus). Quizabes se houbera aprecio y respeto polos árboles nun pasaba el que pasóu en Rozadas (Bual) nel ano 2014 con un exemplar centenario d’esa especie. Un vecín quixo tumbalo porque ye estorbaba y, a pesar da movilización popular encabezada pol alcalde de barrio, Félix González, puido felo col aprobación del Conceyo de Bual. Al árbol chamábanye popularmente El Carbayón, pinta que porque naquel sito houbera un carbayo mui veyo, pro ser era un prádano.

É úa especie propia de sitos húmedos, como al pé dos ríos. As foyas, das veiras serradas ou dentadas, tein cinco lóbulos acabaos en pico y tamén os ángulos entre elos son picudos, anque el máis chamadeiro é el color del rabo da foya, encarnao. É cuase el primeiro árbol que bota foyas na primavera, así que ta bon de reconocer entre os valaos y montes encoiros del inverno. Nel oriente d’Asturias, as foyas de prádano usábanse muito pra envolver nelas pan de meiz y metelo a cocer entre el remole da lareira. Tamén s’envolven con elas os famosos queixos de Cabrales. A foya prototípica del xénero Acer é a que se ve de xeito estilizao na bandeira del Canadá.

Nel noso prádano hai máis cousas chamadeiras. Por poñer un caso, os frutos, que pola súa feitura tan particular tien un nome específico en botánica: sámaras. As sámaras amañan recimos grandes y, condo secan, cain levadas pol vento como se foran helicópteros. As sámaras van emparexadas de dúas en dúas, cuas alas amañando un ángulo agudo.

El prádano é dos primeiros árboles que botan foya, d’úa feitura pentalobulada búa de reconocer. Tamén destacan os rabos encarnaos das foyas. Penanes (Morcín) (25/4/2016).

Hai outra raza del mesmo xénero, Acer campestre, común na península pro menos en Asturias, porque os especialistas localizaron aquí mui poucos exemplares. Aveza a ter menos valume qu’Acer pseudoplatanus y as foyas son das puntas y ángulos arredondiaos.

Ese epíteto del nome científico del prádano (pseudoplatanus ‘prádano falso’) recórdanos a confusión xa de veyo entre esta especie del xénero Acer y outros árboles del xénero Platanus, tamén das foyas con cinco lóbulos picudos. Úa variedá híbrida d’especies d’este segundo xénero é mui usada en parques y xardíos, Platanus x hispanica, tamén chamao Platanus x hybrida polos especialistas que nun aceptan a súa orixe na península ibérica. É el que chaman en casteyano plátano de sombra. Destaca a paraza d’este árbol porque escazpola toda y estrémanse ben as marcas máis claras das partes que saltaron. Vexo a frada terrible d’estos prádanos cada ano nel Campo de San Antonio de Mántaras, que yes deixan cuasemente us tocóis por canas. É avezo de muitos xardineiros municipales fradar nellos de xeito inmisericorde, pro se se deixan medrar libres poden chegar a ter un valume impresionante, como se pode comprobar nos exemplares centenarios del Campo de San Francisco en Uvieo.

Escoyín como nome xeneral en galego-asturiano pr’Acer psudoplatanus el de prádano, qu’é a forma que se pode constatar dende a marina hasta ben dentro del Navia-Eo, como se ve nos vocabularios de Mántaras (Tapia), El Couz (Villayón) y Monón y Castaedo (Ayande). Tamén lo rexistréi nel Valín, da parroquia castripoleña de Piñeira, en Andés (Navia), Poxos (Villayón) y, según datos recoyidos nas encuestas del ETLÉN, en Navedo (Eilao). Úa variante con úa pronunciación seguramente máis moderna y influída pol peso da fonética casteyana é a de pládano, que me deron nas Campas (Castripol) y Villarín (Ibias). Aparte, recoyín as formas prádamo en Vivedro (Cuaña) y prágano en Fonduvila (Ibias), con ese -g- propio dos resultaos del asturiano, lingua na qu’é común a variante pláganu al pé de pládanu.

Condo bota el fruto, el prádano amaña recimos de sámaras, qu’al secar cain al tarrén engalando como helicópteros. Sontolaya (Morcín) (19/6/2016).

El étimo de prádano ta nel nome latín del árbol, plátanus. Pinta tratarse d’úa adaptación semiculta, como indica ese grupo pr– (que nun palatalizóu como pasóu noutros resultaos patrimoniales: planu > chao, plantare > chantar). A sonorización del -t- en –d– tamén é a esperable. Hasta é esplicable ese -n- intervocálico que nun cayéu: xa se ten visto cómo noutras esdrúxulas en galego-asturiano ás veces manténse (comentóuse al falar del ourego, tamén ourégano). Así y todo, hai sitos unde se perdéu el -n- na palabra y poden convivir os dous resultaos: en Mántaras, ademáis de prádano, tamén se diz prado, amañando úa homofonía col sustantivo prado ou prao referido al tarrén con herba. Aparte, pral árbol recoyín a denominación de prado na Roda y Casarego (Tapia), Valdepares (El Franco) y Pezós. Quizabes pra desfer a confusión cos praos d’herba cuayóu a forma feminina prada, que constatéi en Vivedro (Cuaña), San Xuyán (El Franco) y Corondeño (Ayande).

Partindo del mesmo étimo, anque incrementao con ese sufixo latín –ariu que xa se víu tantas veces en nomes d’árboles, amáñase outra familia de variantes da qu’a forma pradairo é a máis estendida: platanariu > pradaairo > pradairo. Ese resultao en –airo y non col paso posterior a –eiro é propio del galego oriental y entra pol occidente mui dentro del territorio eonaviego. Recoyen pradairo os vocabularios da Veiga y Bual, y tamén aparece el dato na toponimia da parroquia dos Coutos (Ibias) recoyida por Jesús Fernández Pacios. Eu apuntéi esa forma en Zreixido (A Veiga), Os Niseiros (Castripol), Bustapena (Vilanova), El Mazonovo (Santalla) y Fonduvila (Ibias). Tamén se recoyéu en Villamayor (Ibias) nas encuestas del ETLÉN. A forma pladairo, con ese resultao pl– que se comentóu, déronma en Villarín (Ibias). Na encuesta del ETLÉN en Teixeira (Santalla), recoyéuse pladeiro, xa col sufixo xeneral en –eiro.

Pro inda hai máis variantes sobre este resultao. Pode darse úa metátesis del -r-, como el nome que me deron en Grandas, padrairo (precisamente d’ese conceyo é el lugar de Padraira, que ten que ser úa forma feminina del nome del árbol). Y tamén puido darse un cruce con outras palabras, como pedra, na variante que recoyín no Chao (San Tiso d’Abres), pedraira.

El prádano pode medrar muito, con guías mui ben altas qu’amañan úa redoma curiosa. Penanes (Morcín) (25/4/2016).

Volvo col recordo del prádano de Rozadas porque, pra nun esqueicelo, os vecíos puxeron úa placa unde esplican qu’El Carbayón era en realidá un pradaino ou xipreira. Entendo entoncias qu’esas son as denominacióis del árbol propias d’ese lugar bualés. A primeira é esplicable como un cruce de pradairo (que xa se víu que recoye el vocabulario de Bual) col sufixo –aino, máis común na fala local que –airo (como en pantaino, anque en feminino é máis habitual: rondaina, espadaina, morondaina, predicanzaina…). En conto á denominación de xipreira, tamén ma deron a poucos quilómetros d’alí, en Vilarín (Castripol). Vén del uso que se fía das canas máis dalgadas del prádano pr’amañar xipros.

As denominacióis en galego básanse as máis d’elas na forma sufixada en –airo (pradairo, pladairo, padrairo, pedrairo, pendrairo), anque tamén se dan resultaos en –eiro (pradeiro, padreiro) y en –uiro (praduiro, padruiro, pandruiro). Aparte, recóyese a forma sin esa sufixación (prádano) y variantes con perda del –n-, como pradia y pradio.

En asturiano, como xa se dixo, el máis común son as denominacióis de pláganu y pládanu, con variantes resultao de fenómenos fonéticos propios da zona central (planu, pléanu, pléganu). Tamén se dá prádanu na parte occidental.

Na literatura científica en casteyano chámanye falso plátano ou arce blanco, neste caso pra estremalo d’outras especies del xénero Acer qu’hai na península, y tamén se ye dá el nome de sicómoro, anque é úa denominación que s’usa así mesmo pra máis árboles (Ficus sycomorus y Platanus spp.). Aparte, hai que destacar qu’a forma prádano tamén se constata nel casteyano de provincias como Burgos y Palencia.

Advertisement

Unha opinión sobre “Prádano (Acer pseudoplatanus)

  1. Benxa Méndez

    Prádano, arbol ornamental, prantáo en paseos (Jardinillos de Navia, p. ex.) y beiras carreteras dende fái dalgo máis dun siglo…

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s