Ortiga (Urtica dioica)

Ortigas en flor na Ferraúra, en Santuyano (Mieres) (9/6/2012).

Tía que tocarye a vez al ortiga (Urtica dioica), esa pranta conocida humorísticamente como el herba dos cegos, que nos chafóu tantas espedicióis infantiles en calzóis curtios y sandalias. Ta tan presente y é tan conocido el sou picor que temos un verbo dedicao a condo razpías cua pranta: ortigarse. Namáis outra especie vexetal, el arto, comparte esa circunstancia en galego-asturiano, col verbo enartarse. Os romedios dos que dispoñíamos pras ronchas, aparte de dar brincos y asoprar, era botar cuspio ou buscar un cosco pra untar cua baba a parte ortigada. ¿Qué fer condo un ortigal s’interpoñía na nosa correiría infantil? Pois pasar correndo sin respirar. A solución xa ta demostrao que nun val pra miga, pro fíamolo con toda a fiúnza. Os pelíos cuase microscópicos da pranta tein sustancias urticantes que namáis con achegarse rompen y quedan espetadas nel peleyo. El adxetivo urticante, qu’é un cultismo, vén del sou nome latín, urtica.

A pesar del respeto que dá a súa picadura, ten muitas aplicacióis melecieiras y tradicionalmente usábanse as fregas con ortigas pra miyorar dos dolores musculares ou del reuma, como nos cuntan Fernández Vior nel sou Notas etnolingüísticas del conceyo da Veiga y María Teresa López, de Bual, nel sou Cousas d’entointe pa pasado mañá.

Se atopades úa cabana pol monte ou muros de casas cayidas, ides a ver ortigas alredor. Eso é porque a pranta dáse ben nas terras con muito compoñente orgánico, mui nitrificadas, por exemplo unde hai cuito. Unde tuveron os humanos (y el sou gao), ei tán as ortigas. Por algo se diz de daquén que morréu hai tempo que xa ta dando ortigas.

Hai ben pouco que cuntar del sou nome popular en galego-asturiano porque en toda a zona occidental d’Asturias dizse ortiga, qu’é a evolución del latín urtica (con esa sonorización de –c-, como pasóu en sabugo < sabucu ou en lagosta < locusta). Recoyen a forma ortiga os vocabularios da Veiga, Mántaras, El Franco y Ponticella. Pode escuitarse ese o– inicial máis ou menos zarrao, pro nun hai máis variantes agá esa. Si las hai en galego, unde tamén hai as formas estruga y entruga; y en asturiano, unde pral centro-oriente dicen ortigua y, máis pral oriente, h.ortiga, con ese hache aspirao propio da zona, asimilándolo a outros resultaos de f- latín (h.aba, h.umu, h.acer, etc.).

D’ortiga vén el topónimo cuañés Ortigueira, ben sei que pra describir úa terra unde se daban muito as ortigas. Reparo agora en qu’os vocabularios nosos nun recoyen a palabra ortigal ‘sito chen d’ortigas’, pro úsase ben condo hai que describir un sito abandonao: Ta feito un ortigal.

8 opinións sobre “Ortiga (Urtica dioica)

    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Marcelino, polas informacióis que tas dando. Interésame este dato especialmente. ¿Poderías aclarar máis sobre esas ortigas mourales y brancales? ¿Sabes de dalgúa diferencia aparte del color?

      Gústame

      Resposta
      1. Marcelino

        Las blancales se utilizaban para dar friegas para bajar la fiebre, porque son mas suaves, la foto que pusiste es blancal. se diferencia por el color del trocho, la flor y las hojas.

        Gústame

  1. Manuel Amago

    Hai que decir a favor da ortiga, que se usa de varias formas en tratamientos antiparasitarios
    ecológicos. Por exemplo pro pulgón, poñendo a macerar en auga varios días, e despóis mezclando o líquido con auga, e pulverizando a planta con plaga.

    Gústame

    Resposta
  2. Poutaloba Autor/a do artigo

    Anque nun día muito xogo dialectal, dálo etnográfico. Gracias polos comentarios (así y todo, amezo os datos d’ortiga de Valdepares y As Campas, que se sobreentenden). 😉

    Gústame

    Resposta
  3. Arturo

    Namás refrendar el uso gastronómico da ortiga. Por exemplo en Malleza, nel conceyo de Salas, hai un chigrín unde preparan un sorprendente pastel d’ortigas. Tamén apuntar el sou uso como herbicida por os cultivadores ecolóxicos. As ortigas maceran durante us días en augua y el líquido resultante pode usarse como herbicida.

    Gústame

    Resposta
  4. Conchita Á. Lebredo

    Agora tan mui de moda porque parece ser que tein propiedades “detox” y, ademáis, úsanse muito na nova cocía. De feito, eu tomo unha infusión que contéin ortigas entre outras cousas; peró, a verdá, é que me sigue dando un pouco de aquel tomalas, como se me fose ortigar por dentro, jaja… Acórdome que sempre nos dicían qu’as ronchas y el dolor se quitaban refregando foyas de menta, peró, qué queredes que vos diga, a min nunca me funcionóu…

    Gústame

    Resposta
  5. Luisa Méndez Fdez

    As ortigas medraban abondo detrás da casa de ua vecía. Recordo decir que un neno, quedara mal de una meningitis, cayéu entre as ortigas, as ronchas eran terribles, berraba que nun podía parar. !Probe Pepe! Escribín un relato unde falo de él, con outro nombre, claro.

    Gústame

    Resposta

Deixa un comentario