Ra (Ranidae)

Ra nos Llagos de Silva, en Salave (Tapia) (21/8/2021).

Condo os que fixemos a EXB estudiábamos en Ciencias Naturales a metamorfosis, a ra era a protagonista das esplicacióis. D’este xeito entendíamos cómo aquelos ovos tresparentes envoltos núa especie de babaya que víamos nas poceiras acababan sendo ras despóis de pasar pola etapa de cuyarapos.  Dende que salían del ovo con un rabín hasta que chegaban á feitura das ras, primeiro tían que sufrir, entre outras tresformacióis, a metamorfosis dos sous órganos internos: pasaban de ter branquias a ter pulmóis. Esplicábannos que tamén cambiaban as súas estremidades: sumíaseyes el rabo y iban salíndoyes as patas traseiras (as famosas zancas de ra) y despóis as delanteiras. Era d’esas veces na escola en que che falaban de cousas que conocías, del tou alredor. Nas nosas espedicióis nel brao a os Llagos de Silva ben que se sentían cantar as ras hasta enxordecer a ún. Era chegar ás veiras y axina todas as que taban al pé pegaban un bon brinco y chumbaban nel augua.

As ras son anfibios del orde Anura, da familia Ranidae. Hai úas poucas especies d’esta familia en Asturias, pro a máis común na nosa terra é Pelophylax perezi, a ra verde. Trátase d’úa raza endémica da península ibérica y del sur de Francia.

El nome en galego-asturiano de ra é úa evolución perfectamente normal dende el latín rana, cua perda esperable del -n- intervocálico, como pasa en mazá, ventá, campá, irmá ou mañá. Nun sei qué pasa con esta clas de palabras col sufixo latín –ana, que tán mui acasteyanadas. D’ei que muita xente hoi diga rana. Así y todo, a forma patrimonial ra ta constatada de sobro en ben fontes escritas: dende el vocabulario d’Acevedo y Fernández publicao en 1932 hasta el estudio de Celso Muñiz sobre a fala d’Ayande, pasando polos vocabularios de Mántaras, A Roda, El Franco, Bual y Eilao. Tamén teño datos inéditos d’esa forma apuntaos nel Valín y Vilarín (Castripol) y en Mourentán y Santolín (Ibias).

El vocabulario del galego-asturiano local qu’incluye el libro Castaedo y Monón en poucas palabras recoye a palabra ra, anque la usan pra referirse a un coleóptero, un esgarabeyo, Timarcha tenebricosa, sobre el qu’hai muita tradición popular de que provoca úa enfermedá nel gao se lo come al pacer: el mal da ra. Jesús Suárez López recoye nel sou Fórmulas mágicas de la tradición oral asturiana ensalmos que se dicían nel occidente asturiano (incluíndo da nosa zona lingüística os conceyos de Navia, Villayón, Eilao, Ayande y Ibias) pra mirar de curar ese mal. Apunta a hipótesis de dalgús estudiosos de qu’el nome vénye pola traza del tumor que ye sal al gao debaxo da lingua, aparecido á panza d’úa ra. Por certo, nun ta de máis esplicar qu’ese mal nun é por causa del bichín, claro. Dende el punto vista lingüístico, anque nesos sitos s’use ra pra chamar a outra realidá, el que nos importa é qu’a orixe é a mesma: rana > ra. Ademáis, deuse un fenómeno interesante y é que nesos lugares ayandeses, al quedar esa palabra ra pral coleóptero, pral noso anfibio botaron mao d’outro nome, ropa. Evidentemente, nun ten miga que ver cua roupa, senón que se trata d’un diminutivo de ra. El paso intermedio témolo non mui lonxe, en Ponticella (Villayón), unde ás ras yes chaman raopas. Ese sufixo –opa/-opo ben podía ser el mesmo qu’hai en gallopoDigitalis purpurea’ ou en casopa ‘casía pequena’ y, en asturiano, col sou equivalente diptongao -uepu/uepa, en lladruepu, -a ‘ladrón de pouca entidá’. Así que raopa > ropa ben puideron usarse primeiro pra chamar ás fases previas á etapa adulta del anfibio y despóis, por esas reacomodacióis que se dan muitas veces nos campos léxicos, acabaron usándose pra chamar al adulto.

Ra flotando nel Río de Penarronda (Castripol) (1/8/2007).

Hai úa palabra relacionada cua ra que recoyen dalgús vocabularios del estremo occidental asturiano y qu’é un casteyanismo chegao da mao del culto católico nel Xoves Santo: cantalarrana. Chámanye asina a úa carraca de madera que ten un mango con úa roda dentada nel pico unde vai pegando úa lingüeta al darye voltas.

Nun conozo muita máis variedá nas denominacióis en galego-asturiano da ra, anque tamén se nos abre outro campo interesante nel vocabulario pra chamar ás fases anteriores da metamorfosis del anfibio. Esa feitura que ten al principio, condo namáis é cabeza y rabo, deu pé a que se comparara con úa cuyar, anque amecéndoye diminutivos: por eso ye chaman cuyarín (Acevedo, Bual), cuyaría (Acevedo, Mántaras, A Roda, El Franco, Ponticella) ou cuyarapo (Mántaras, Castaedo y Monón, Bual, Eilao, Ponticella). Eu recoyín tamén a forma feminina, cuyarapa, en Villalmarzo (El Franco) y resultaos con consonantismo de tipo galego, cullarapo, na Ovellariza (Vilanova d’Ozcos) y en Caldevila, na parroquia ibiana de Santolín, unde apuntéi a variante collarapo. Aparte, el vocabulario de Castaedo y Monón recoye a forma renacuayo, denominación esta qu’é máis común en asturiano. Ten tamén úa acepción figurada aplicada pral neno pequeno.

En galego tamén se diz ra, pro, igual que na zona máis occidental de Galicia dicen irmán ou mazán, alí tamén dicen ran. Aparte, amañáronse variantes como arrá/arrán. A os cuyarapos chámanyes con denominacióis como culler, cullarapo, cullareto, cágado, cabezolo, cabezudo, cagacho, cagulo, cagote…

En asturiano al anfibio adulto chámanye rana ou xaronca (ademáis d’outros xeitos menos estendidos como saltonasapa ou sapaguera), pro hai muita variedá pra chamar a os individuos que tán nas fases previas: cuyarapa ou cuyarina (tamén cucharapa, cucharina), rencuayu, rancuayu, renacuayu, ranacuayu… Hai que destacar outras denominacióis pra os cuyarapos formadas amecéndoye a rana un diminutivo: raneta, ragüeta, ranuecu. Trátase d’un mecanismo irmao del que se debéu dar nas denominacióis en galego-asturiano de raopa y ropa.

Oliveira (Olea europaea)

Oliveira cultivada en flor. Mántaras (Tapia) (26/3/2013).

Mía bola recitábame con voz sentencieira, como dicindo «éche búa verdá», úa cuarteta que sempre me gustóu, quizabes pola comparanza botánica y el sou aire amable: «Oliveira ben prantada sempre parece oliveira. A muyer del bon marido sempre parece solteira». Nun sei se será escesivo fer úa interpretación d’estos versos populares como un canto pioneiro al respeto nas relacióis de parexa ou se daquén ye verá detrás máis ben úa actitú paternalista, pro, al cabo, nun tán tan mal nun cancioneiro sempre chen de letras denigrantes pras muyeres qu’hoi rínchannos nos ougüidos.

Anque é un árbol raro nas nosas latitudes atlánticas, el autor ou autora popular que discurríu ou axeitóu a cuarteta decidíu botar mao da figura da oliveira (Oliva europaea) pra rimar con solteira. Sicasí, noutras partes d’Asturias unde nun se dá ese diptongo –ei– nas terminacióis femininas, a cuarteta cántase con arboleda, pra que rime con soltera.

É verdá qu’a oliveira é un árbol escaso nel occidente asturiano, pro en muitos sitos era tradición prantala al pé da casa, pra levar nas procesióis os sous ramayos bendicidos el día de Ramos. Nun hai qu’esqueicer el papel simbólico que sempre tuvo esta especie na cultura occidental: dende a canía d’oliveira que tría nel pico a palomba que Noé mandara fóra del arca despóis del diluvio hasta a súa presencia na mitoloxía grecorromana. Pra min a oliveira é familiar, porque na mía casa de Mántaras sempre conocín úa. A primeira taba prantada arrentes del payar y, condo chegaba Semana Santa, a xente vía a ela a cortar us ramayos. Condo aprovetamos parte da edificación pra fer úa casa, el árbol tuvo que tumbarse, anque úa troza del couz da oliveira veya usóuse muito tempo como picadeiro y einda anda por ei. Así y todo, meu padre, quizabes como desagravio pra manter a tradición, prantóu úa canía al pé da ventá da cocía da casa veya. D’eso hai xa treinta y cinco anos y alí sigue medrando.

Todo el mundo conoce as oliveiras, anque máis ben polas razas cultivadas noutras latitudes prá producción d’aceitunas (ou olivas, se escoyemos el nome d’orixe latín y non el d’orixe árabe) y aceite. As oliveiras bravas son menos conocidas, pro son autóctonas en Asturias: danse miyor nos sitos de tarrén calizo y ben asoleyaos, como na costa centrooriental ou dalgúas partes abrigadas del interior. Considéranse seis subespecies d’Oliva europaea, mui aparecidas y con distribucióis xeográficas estremadas en zonas d’Europa, África y Asia. Dentro da subespecie Oliva europaea subsp. europaea hai dúas variedades: var. sativa, qu’é a cultivada, y var. sylvestris, qu’é a brava y que se conoce en casteyano como acebuche y en portugués como zambujo. Cos cruces entre elas por selección artificial al largo dos anos, amañáronse os centos de variedades labradas qu’hoi se conocen.

Oliveira en Mántaras (Tapia) (15/7/2019).

Como se dixo, é especie escasa en Asturias, pro a súa presencia na toponimia fálanos da súa antigüidá: dende el barrio d’Olivares en Uvieo ou outros como Olivar (Villaviciosa) ou La Oliva (Salas, Villaviciosa), hasta topónimos menores ben cerquía, en Tapia, como el d’úa pedra qu’hai nel mar, na punta del Toxal, que se chama Oliveira. Nun sei se tería nun tempo campo nel pico que puidera esplicar el nome por nacer alí úa oliveira ventureira, anque, botando a engalar a imaxinación, tamén pode ser un caso d’etimoloxía popular dende outra orixe. Hai un artículo de Fernando Álvarez-Balbuena que fala das muitas pedras na costa occidental que levan nel nome a palabra oliu ou ulio, referido quizáis a un ave del mar. ¿Puido ser a pedra tapiega el pousadoiro d’aves conocidas noutro tempo como olios ou ulios y recibir por eso el nome (*olieira  > oliveira), igual qu’outros topónimos costeiros como El Corveiro ou El Gavioteiro?

Pro, volvendo al árbol, tamén é un señal da súa difusión que se recoya a palabra patrimonial oliveira en muitos vocabularios da nosa zona: Acevedo y Fernández, Mántaras, A Roda, A Veiga, El Franco, Bual y Ponticella. Outros datos d’esta mesma denominación déronmos en Cachafol (Eilao), Sanzo (Pezós) y Carbueiro (Ibias). El nome en galego-asturiano é tresparente: á reiz oliva, fruto del árbol, améceseye un sufixo típico del galegoportugués pr’amañar nomes d’especies vexetales: –eira. Esa é precisamente a denominación común tanto en galego como en portugués. Por certo, el vocabulario del Franco recoye amáis a variante masculina, oliveiro, y esplica qu’el árbol nun dá fruto, y é verdá qu’á nosa oliveira de Mántaras nun ye vin nunca úa olivía, por pequena que fora. Cousas del noso clima costeiro, húmedo y fresco. En conto al asturiano, os datos rexistraos sobre el sou nome popular son oliva y olivar, en feminino as dúas. En Ca Calvario d’Andés (Navia) hai úa oliveira que dicen que ten 140 anos y na casa sempre ye chamaron oliva, así qu’aquí temos outra denominación da parte máis oriental del galego-asturiano.

Palomba (Columba livia)

Bando de palombas nun prao del Cristo (Uvieo) (13/9/2020).

Nel primeiro libro da Biblia, el Xénesis, cúntase cómo, desque acabóu el castigo divino del diluvio, Noé ceibóu úa palomba del arca y al cabo de sete días volvéu pral nío con úa canía d’oliveira nel pico. Ese símbolo de reconciliación de Dios cua humanidá dibuxóulo despóis Picasso y chegóu a convertíuse nun emblema da paz. É verdá qu’a palomba (Columba livia) é un ave que leva miles d’anos acompañando al ser humano. Inda se ven nos palacios rurales del noso occidente bus exemplos de palombares, construccióis circulares solas que son ben chamadeiras, al xeito d’úa torre, ás veces coronadas d’almenas. Muitos tán desdeixaos, esbarrumbaos ou chíos d’hedra, pro noutro tempo guardaban un feixe de níos nos sous fornelos das paredes interiores. El palombar era un símbolo de riqueza, un privilexo del amo, qu’aprovetaba a carne dos palombos y tamén el cuito.

A colombofilia, el gusto por criar palombas, deu pé al largo del tempo a razas domesticadas de grandura y plumaxe mui variao. Tamén a especie s’usóu como ave mensaxeira aprovetando a capacidá d’orientación que ten, que ye fai volver al nío anque s’atope a muitos quilómetros. A raza brava mezcróuse tanto cua domesticada que tán ruíos d’atopar exemplares claros da primeira. Pra encima, el proceso deu a volta y as palombas domésticas acabaron asilvestrándose: son as que podemos ver en bandos en vilas y ciudades, picotiando nas cayes ou pousadas nos augüeiros dos edificios y nas soleiras das ventás. Convertíronse nun problema prá conservacióin dos monumentos polas súas deposicióis y son un quebradeiro de cabeza pras autoridades municipales que tentan de controlaryes a reproducción.

A denominación en galego-asturiano, palomba, vén del latín vulgar palumba (y el sou masculino palumbus), anque hai qu’aclarar que nesta lingua designaba outra raza aparecida, Columba palumbus, mentres qu’a Columba livia chamábanye columba. Dalgúas linguas románicas si tein continuadores d’este nome latín pra chamar á nosa palomba, como el catalán (colom), el francés (colombe), el occitano (colomba), el italiano (colomba) ou el sardo (columbu). Anque en galego-asturiano nun se conservóu pral ave, chegóu a nosoutros el nome de persona Colomba, en topónimos como Santa Colomba (Ayande, Castripol) ou Santa Comba (Ibias), neste caso cua perda del -l- intervocálico.

Recoyen a forma palomba os vocabularios de Mántaras, A Roda, A Veiga, Bual, Eilao, Castaedo y Monón, y Ponticella, ademáis del histórico d’Acevedo y Fernández. El da Veiga incluye ademáis el casteyanismo palòma. Nel sou estudio sobre a fala del Franco, publicao en 1983, José García recoye palomba citando a Acevedo y Fernández, pro atesa que «hoy no se oye, sustituida por el castellanismo palòma». Pol peso da lingua oficial é verdá qu’a denominación popular ta reculando, pro inda se conoce de sobra a forma patrimonial. Se non, nun iba constatala eu anos despóis d’esa fecha en sitos como Ortigueira y Cartavio (Cuaña), Matafoyada y Serantes (Tapia), El Valín (Castripol), Molexón y Penzol (A Veiga), Busdemouros (Vilanova), Penafonte, Castro y Grandas (Grandas), Sanzo (Pezós) ou Cachafol y Navedo (Eilao). Nun recoyín datos de pomba, pro, anque pese muito el casteyanismo paloma, seguro que se pode sentir nas zonas máis occidentales unde se perde el -l-: San Tiso, Taramunde, as parroquias veigueñas d’Abres y Guiar, y Os Coutos (Ibias).

Úa palomba picotiando nun parque d’Uvieo (18/11/2020).

Nel resultao palomba del galego-asturiano pódense destacar dous fenómenos evolutivos: ún d’elos é común a os dominios galegoportugués y asturlionés (a conservación del grupo –mb– del latín) y el outro namáis coincide col asturlionés (a conservación del -l- intervocálico), porque tanto en galego como en portugués dicen pomba, mentres qu’en asturiano é palomba. En casteyano, el -l- tamén se mantuvo, pro el grupo –mb– reducíuse: paloma. Así y todo, hai dalgún dato de palomba en galego y asina se recoye en diccionarios veyos d’esta lingua. Nel Bierzo, qu’en tantas cousas s’asomeña al Navia-Eo na súa transición lingüística entre os dous dominios, tamén se diz palomba. Aparte, en asturiano tamén ta recoyida a denominación de palombu corréu, en referencia al papel del ave como mensaxeira.

Na toponimia costeira de Tapia atopamos el nome da nosa ave, como nas prayas da Palomba, na desembocadura del Río d’Esteiro, y A Palombía, na Reburdia, ou na Palombeira, ribeirín entre Mántaras y Salave. Ás palombas gústanyes as arribadas y cortadas verticales pr’aniar y, anque haxa quen dude de qu’un ave poda dar nome a un accidente xeográfico, nun sería el primeiro caso de topónimo basao na presencia avezada de dalgúa raza volátil (A Falcueira, A Bruiteira, A Charliqueira, A Pedra dos Patos…). Quizáis a partir d’esas dudas, dalgús estudiosos tein falao de qu’esos nomes xeográficos basaos na palomba poden ser en realidá reinterpretacióis dos falantes, el que se chama etimoloxía popular, querse dicir, a tresformación d’un topónimo que yes resulta escuro achegándolo a outra palabra conocida por elos (como el topónimo actual La Maletería, que primeiro foi La Malatería). Por eso propóin qu’en realidá as palombas nun tán detrás da motivación d’esos nomes, senón que pode tratarse d’úa reiz prerromana pal-, pala– ‘ladeira lisa y cuase vertical’, qu’é verdá que concuaya muito ben cos topónimos costeiros qu’acabo de citar. Así y todo, ás veces é miyor quedar cua interpretación máis fácil, sin falta de ter qu’ir a esas hipótesis y a étimos tan lonxe nel tempo.

En conto a topónimos menores del tipo El Palombar, qu’atopamos cerca de palacios, é evidente que nos falan das construccióis pra criar palombas. Outros nomes como A Paloma son casteyanismos evidentes, como pasa col barrio de Mántaras, chamao asina pola fundación alí en 1867 d’úa capiya particular dedicada pol amo, Fernando Pérez Casariego, á patrona popular de Madrid, a virxe da Palomba, evidentemente, col nome casteyano de La Paloma. D’este xeito, y al costiar tamén úa festa todos os anos, a xente acabóu chamando asina al campo que ten delantre, El Campo da Paloma, qu’einda muitos recordan col nome veyo: El Campo de Verés. Así y todo, condo recoyín a toponimia da parroquia de Tapia a últimos dos anos 80, dalgús vecíos nonaxenarios chamábaye El Campo da Palomba. Ta claro qu’el peso da denominación patrimonial que ye daban al ave levóulos a traducir inconscientemente aquel nome forasteiro prá virxe.

Ferreiro (Phoenicurus ochruros)

Ferreiro macho pousao núa cana nun parque da Florida (Uvieo) (22/11/2020). Pódese ver a coloración máis clara pola parte d’embaxo.

Se pasiades por un porto de mar del occidente asturiano, de seguro qu’ides a ver dalgún ferreiro (Phoenicurus ochruros). É un paxarín pequeno qu’aveza a pousarse nas barandas dos muelles y qu’anda muito polas arribadas, engalando mentres busca insectos que comer. El máis chamadeiro d’esta especie é el sou rabo da color del ferro ferruyento. El corpo é escuro: nos machos é mouro con úa pintía branca nas alas y nas femas y exemplares inmaduros é entre cardoxo y apardazao. Condo el ferreiro ta pousao, fai movementos nerviosos agachándose y erguéndose y sempre ta axenegando el rabo. Quizábes por ese comportamento aparentemente atolarao, en Tapia y alredores chámanye a tola.

Trátase d’un páxaro migrador que chega cua primavera y marcha alredor del outono, pro muitos exemplares viven aquí todo el ano, sobre todo os da costa. Gústanye as paredes, tanto dá que sían d’úa arribada, d’úa canteira, d’un penedo ou d’un edificio. É nesos sitos precisamente unde anía.

Exemplar inmaduro nel pico d’úa pedra na praya del Sareyo, en Serantes (Tapia) (20/8/2021).

Pr’atopar datos de cómo se chama en galego-asturiano, ben deitamos de qu’esta especie fora úa das encuestadas pral Atlas léxico marinero de Asturias, d’Emilio Barriuso, como páxaro habitual na veira del mar. Se non, cua pouca sorte que temos na recoyida d’ornitonimia nos nosos vocabularios locales, íbamos ter mui pouca información. Hai muitos anos, tuven a sorte d’acompañar al autor del capítulo d’este atlas dedicao á fauna volátil, Fernando Álvarez-Balbuena, filólogo y ornitólogo, nas súas entrevistas a marineiros nos portos del estremo occidental asturiano. Pasméi da súa facilidá pra describir perfectamente con un par de frases ou xestos a feitura y os avezos de cada especie pra qu’os entrevistaos puideran identificalas. Pois ben, según os datos recoyidos daquela, chámanye ferreiro da cova nas Figueiras, tizón y tola en Tapia, ferreiro nel Porto y paxaría del mar en Ortigueira.

En conto a os vocabularios locales, el da Veiga recoye el nome de mauriza, mentres que nel de Mántaras (Tapia) rexistréi as denominacióis de tola y de ferreiro. Escoyín este último como nome principal pral ave porque tamén mo deron noutros puntos del occidente y, dentro da variedá de denominacióis qu’hai, é el xeito de chamarye a esta especie que máis se repite y en máis conceyos. En Penarronda (Castripol) apuntéi ferreiro da cova, mentres que ferreiro a secas dixéronmo en Piñeira (Castripol), El Viso (Tapia), Valdepares (El Franco) y Navia. En Salave (Tapia) recoyín el nome de ribeiro; en Casarego, nel mesmo conceyo, tola; y en Zreixido (A Veiga), mourizo. Pra rematar este recorrido terminolóxico, nel punto máis al leste del estremo occidental asturiano unde teño datos, en Sante (Navia), a denominación popular que me deron foi rabirrubio. É chamadeiro este dato islao tan oriental porque é el nome estándar que se propón en galego, polo que supoño que será el máis estendido en Galicia.

Ferreiro macho pousao nun poste da baranda del muelle de Tapia, al pé d’Entrasislas (22/8/2021).

Resulta evidente en dalgúas das denominacióis qu’acabo d’espoñer qu’a motivación pral nome ta na color del paxarín, ben del rabo ou ben del corpo. El nome naviego de rabirrubio é irmao en estructura del nome de paporrubio que se ye dá en búa parte del occidente asturiano a outra especie da mesma familia, Erithacus rubecula: sustantivo da parte del corpo + adxetivo cua color que ten, anque neste caso el qu’é rubio é el rabo y non el papo.

En conto a os nomes veigueños de mauriza y mourizo, vein d’amecer a mouro el sufixo –izo, col valor de ‘tirante a’. Cua mesma idea de destacar a color amourazada del corpo sería a denominación de tizón que se recoye nel atlas de Barriuso como variante tapiega. Pode ser úa influencia del nome casteyano estándar, colirrojo tizón, máis se reparamos en que convive nesa contornada cos sin duda autóctonos de tola y ferreiro. Así y todo, tizón ‘garabuyo a medio queimar’ é palabra patrimonial y concuaya muito ben cua traza moura del paxarín. Quizáis tamén ten úa motivación cromática el nome de ferreiro. Xa me referín á cuestión al falar del charchar (Saxicola rubicola) y del paporrubio (Erithacus rubecula) porque hai sitos unde yes chaman a estas especies ferreiro ou ferreirín. Elucubraba eu se a razón sería pola color, qu’asomeña el ferruyo, ou sería pol canto, porque puidera, botándoye muita imaxinación, arromendar el golpe del martelo na incra. Precisamente recordaba qu’esta última é a esplicación que ye dan al nome casteyano d’outro páxaro, el herrerillo (Cyanistes caeruleus). Anque hai ornitólogos que describen dalgúa parte pequena del canto del ferreiro como un chirlar metálico, nun me parece que sía tan chamadeiro como pra caracterizalo. ¡Pro quén sabe!

Neste ferreiro macho pousao al pé del ribeiro de Represas (Tapia) pódese ver ben cómo as alas rectrices del rabo son escuras, mentres qu’as das veiras tein a color característica del ferruyo. (11/9/2021).

Como nun podía ser d’outro xeito, tamén atopamos esas motivacióis nos nomes galegos da especie. En conto ás cromáticas, según datos del proyecto A Chave, con recursos léxicos en galego pra todos os ámbitos dos seres vivos, úsanse nomes como rabirrubio, qu’escoyen como principal, negreira, páxaro carbón y carboeiro. Y basaos nos sous movementos ou nos sitos unde avezan a vivir, tán as denominacióis de tremerrabos, chincoparedes y pedreiro.

En asturiano pasa outro tanto. En conto á color, tán nomes como el de carbonera ou carboneru (cua variante cagoneru), el de rabu coloráu y el de raitán moru, denominación que tamén eu recoyín en Priañes (Uvieo), ademáis da de moro a secas en Lladines, nel mesmo conceyo. É evidente a contraposición que se dá neste caso col paporrubio ou raitán (Erithacus rubecula), páxaro da mesma familia y aparecido de dalgún xeito al ferreiro, máis se lo comparamos con outra especie del mesmo xénero, Phoenicurus phoenicurus, que ten el papo colorao como el paporrubio. Outro tanto pasa cua denominación que recoyín en Santuyano (Mieres) pra chamarye al ferreiro: raitana. Pro hai máis posibilidades: a partir da observación del sou avezo de mover tanto el rabo, creóuse el nome popular de temblarrabos, como el tremerrabos galego.

Outro exemplar macho de ferreiro al pé del ribeiro de Represas, en Tapia (11/9/2021).

¿Y qué diz el Atlas de Barriuso nos portos da zona del asturiano? Recoyéronse poucos datos: en Veiga (Navia), reicha; en Cuideiru, ferreiru; y en Candás, salvachiro. Na denominación naviega pode qu’haxa el cruce xa comentao cuas denominacióis populares d’Erithacus rubecula (que nel lugar veigueño da Mundiña chaman reicha), ou de Saxicola rubicola, especie conocida en puntos achegaos del conceyo de Valdés como richarte. É chamadeiro el nome que ye dan en Cuideiru, porque empata cua denominación del galego-asturiano.

Despóis de toda esta información, xa nun hai escusa condo véxamos ese paxarín mouro que nun para d’abalar el sou rabo ferruyento. Temos nomes de sobra pra boutizalo.

Loureira (Prunus laurocerasus)

Inflorescencias d’úa loureira nun parque d’Uvieo (22/3/2021).

A esplicación de cómo chamamos as especies de seres vivos que nos arrodían é variada. Ás veces, a denominación vén da evolución del nome que tían en latín; outras veces, a orixe resúltanos máis escura y hai que buscar a etimoloxía en palabras de linguas que se falaban antias da que Roma trouxera el latín al territorio. A esplicación tamén pode tar en dalgúa característica da pranta ou del animal (color, feitura, sabor, olor) que resultaba chamadeira y qu’acabóu sendo definitoria pra os falantes: paporrubio, herba brancal, farinento, herba sedeña, estoupóis, furafole, herba salada… Outra posibilidá é qu’atoparan úa asomeñanza con outras realidades: son casos como pouta loba, panqueixa… Y úa modalidá particular d’este xeito de denominación foi botar mao del nome d’outra especie aparecida, anque, pra diferenciala d’esta, amecéronye un sufixo ou un adxetivo. Os casos de parexas d’esta mena en galego-asturiano son muitos: malva/malvela, cocho/cochín, folgueira/folgueirón, xungo/xunga, largata/largato arnal, roseira/roseira brava, pesegueiro/pesegueiro bravo, ortiga/ortiga mansa, nabo/nabo bravo, paxaría/paxaría de Dios… Ás veces, esa vía aplicóuse pra especies alóctonas, que veron de fóra, y entoncias el máis fácil foi piyar como referencia el nome da autóctona máis asomeñada. É el caso da loureira (Prunus laurocerasus), que, anque nun ten miga que ver col loureiro (Laurus nobilis), é, como él, úa especie das foyas perennes, duras, alargadas, sempre cua color verde escura, ademáis de dar us frutos pequenos y mouros condo madurecen. Á especie forasteira tocóuye el sufixo feminino pra estremala da autóctona, que ten el sufixo masculino.

A loureira procede d’Asia Menor y chegóu á Europa pra poñerse como árbol ornamental en parques y xardíos. Medra axina y úsase muito como zarramento y pra ferye formas fradándola. El sou fruto é aparecido a úa lorbaga de loureiro ou a úa cereixa (precisamente, a loureira é del xénero Prunus, como as cereixeiras). Anque en Asturias sía úa especie cultivada, a semente chegóu a os montes y naceron exemplares ventureiros. Por eso podemos atopar dacondo dalgún exemplar nel medio d’un souto, destacando verde nel inverno entre os troncos encoiros dos castañeiros.

Tanto as foyas como a pebida del fruto tein un composto qu’al reaccionar col augua crea ácido cianhídrico. Se se degruma úa foya entre as maos, cheira a almendras amargas. Anque este árbol clasifícase como especie velenosa, cuntáronme en Vilanova d’Ozcos que de nenos comían as súas lorbagas. Debe ser qu’a pebida nun chegaba a desferse na dixestión, claro, porque se non pode ser mortal. Na Ovellariza, nese conceyo, al árbol chámanye lorbagueira, que tamén recoyen como denominación en galego-asturiano pra esta especie Bertu Ordiales y Guillermo César Ruiz na súa Guía de los árboles d’Asturies. É úa pena que nun citen a procedencia concreta dos datos. Tamén dan os nomes de loureira y lloureira. Eu rexistréi loureira en Batribán (Vilanova d’Ozcos), Vilarín (Castripol) y Penafonte (Grandas), y nel vocabulario de Mántaras (Tapia) recoyín a forma loureiro castellano.

Dúas loureiras que naceron ventureiras nun castañeiral en Santuyano (Mieres), camín de Brañanoceo (24/2/2018).

Hai outra especie autóctona del mesmo xénero, Prunus lusitanica, qu’é aparecida a Prunus laurocerasus y que tamén s’usa en xardíos. Anque é mui mui escasa y ta pouco documentada en Asturias, quizáis puido ser a primeira que recibíu ese nome feminino pra estremala del loureiro, denominación que, por asomeñanza, heredóu a especie alóctona al ferse máis conocida y estendida. Nun conozo datos sobre el nome popular en galego-asturiano de Prunus lusitanica. En galego chámase acereiro, azoreiro ou loureiro de Portugal.

Na zona xeográfica del galego-asturiano unde se dan resultaos palatales laterales, nun atopéi datos de lloureira. Os que xuntéi pra chamar a Prunus laurocerasus son sempre cua estructura lloureiro + adxetivo: lloureiro real na Roda (Tapia), lloureiro manso en Sarandías (Bual) y lloureiro casteyano (ou castiyano) en Cartavio (Cuaña) y en San Xuyán, Llobredo y Villar (El Franco). Todas as denominacióis contrapóin el lloureiro autóctono (Laurus nobilis) cua especie forasteira y descríbenla nos adxetivos como cultivada y vida de fóra d’Asturias. El calificativo de real aplícase ás veces a especies que pintan de máis distinción qu’outras aparecidas, como neste caso a del país.

Tamén en galego ye chaman así á loureira en dalgús sitos: loureiro real. Pro ademáis úsanse loureira, loureiro romano y loureiro castellano, nome éste recoyido na fronteira con Asturias, na Ribeira de Piquín (Lugo). En asturiano, a denominación máis común é a de llorera ou llaurela, porque muita xente considérala a fema del loureiro. Ordiales y Ruiz, nel libro xa dito, recoyen ademáis outros nomes como llorea reina, lloral montés, lloréu bravu, lloréu montés ou llorezal. Según estos datos, agá nel caso de llorea reina, as denominacióis con adxetivo, en contra del que se podía esperar, deixan el matiz bravo prá especie alóctona y non pral autóctona.

En conto al casteyano, el nome estándar é laurel cerezo, anque tamén se manexan outras denominacióis como laurel liso, laurel real, lauro real, laurel romano, loro y nomes d’orixe culta como lauroceraso.

Lorbagas maduras núa loureira nel xardín del hospital de Xarrio (Cuaña) (29/8/2021).

Seguro qu’haberá quen ye resulte chamadeiro el adxetivo casteyano, con -y-. A pronunciación que sentín nos lugares del Franco unde recoyín el nome del árbol foi claramente esa y ademáis en falantes non yeístas, qu’estremaban claramente -ll- de -y-. Tamén se pode sentir ese adxetivo en arcuños de casas da zona, como A Casa da Castiyanía, en Serantes (Tapia) (que vén d’un arcuño anterior, el Casteyano) y a da Castiyana en Lludeiros (El Franco).

Pra entender este resultao con -y- en galego-asturiano hai que reparar primeiro nel que pasa en asturiano. Como ben esplica García Arias, nesta lingua déronse dous resultaos autóctonos a partir del latín castellum: castiellu y castiyu > castíu (neste segundo caso, al poñerye outro sufixo diminutivo: –ículum). Outro tanto pasóu col nome del territorio, del que tamén se recoyen denominacióis en asturiano como Castiya, Castía (-y– > Ø) y Casticha (nas zonas unde –y– deu -ch-, como vieyu/viechu, muyer/mucher). Pasóu igual col xentilicio, porque hai datos orales de casteyanu y casteyana. Polo tanto, eso mesmo debéu pasar en galego-asturiano, alomenos nas zonas del norte y del oriente de resultaos con -y- (veyo, muyer, etc.). Así y todo, del topónimo namáis sentín a pronunciación Castilla. A esplicación pode tar nel peso del prestixo da pronunciación á casteyana: el dato mantarego de loureiro castellano, pronunciao con -ll-, debe ser un exemplo d’esto. Pro nun é descartable qu’en galego-asturiano haxa personas non yeístas que digan *Castiya, igual que se diz casteyano ou castiyano.

En conto al -i-, pode ser por analoxía col topónimo (de Castiyacastiyano) ou miyor, ben sei, por un zarramento al tar en posición átona (casteyano > castiyano). En casteyano el topónimo é Castilla, resultao normal del sufixo –ella: Castella > Castiella > Castilla. El xentilicio (y el glotónimo, claro) é con -e-, castellano, como evolución da vocal breve latina, que nun diptonga. Tamén é autóctono d’acordo cua evolución da súa lingua el resultao catalán: Castella, castellà. Así y todo, noutras linguas usan formas partindo del topónimo casteyano y d’ei amañaron el xentilicio, como en francés (Castille, castillan), italiano (Castiglia, castigliano) ou inglés (Castile, castilian). En portugués, anque botan mao del etimolóxico Castela, el xentilicio qu’usan é el de castelhano, porque el patrimonial castelão é un arcaísmo documental qu’hoi déixase pra referirse al amo d’un castelo.

El acabo en -ano, -ana del adxetivo en galego-asturiano fai evidente que se trata d’un resultao non patrimonial, d’úa palabra que chegóu á lingua nun época posterior á de condo operaba a cayida del -n- intervocálico (germanu > irmao, planu > chao, plana > cha). Ese -n- manténse en cultismos, como mediano ou plano, ou en empréstamos d’outras linguas: temos en galego-asturiano xentilicios como asturiano, americano ou outras palabras como anano, caramocano, chalano, rociano, paisano, ufano, ventano...

Nel galego escrito usóuse castillano y castellano muito tempo, d’acordo cua realidá da lingua oral, al pé de formas arcaicas como castelán y castelao, hasta que s’escoyéu como nome normativo prá lingua el de castelán.

Esquilo (Sciurus vulgaris)

Un esquilo nel parque d’Isabel a Católica, núa postura mui característica d’elos. Xixón (7/10/2021).

De rapacín sempre yes chamaba ardillas. Así era como nos referíamos a elas condo nel brao íbamos a os pinales de Mirayos, en Mántaras, cua escopeta de perdigóis. Ben deitaron os probes animalíos da nosa falta de punteiría. Conformábamonos con atopar, como indios das películas, os señales da súa presencia: as piñas rañadas meticulosamente hasta deixaryes namáis el carozo. Foi máis adelantre, de mozo, al empezar a interesarme pol vocabulario del galego-asturiano y a perguntar en sitos da montaña, condo me deron un nome autóctono: esquilo. Tía ben cerca el lugar del Esquilo, al pé da Ría del Eo, pro a min, condo sentía ese nome, sempre se me renembraba a esquila del mar y nunca pensara nel roedor como esplicación pral topónimo castripoleño. Tamén col esquilo ten que ver el lugar taramundés dos Esquíos. Pro en todo eso reparéi muito despóis.

El esquilo (Sciurus vulgaris) é habitante habitual dos montes de coníferas, anque se ven tamén en soutos de castañeiros y d’outras especies caducifolias. Na marina estremooccidental d’Asturias foi desaparecendo axina el monte autóctono, sustituído polos pinales (y últimamente polos ocalitales), así que nelos pódese reparar ben na presencia dos esquilos al atopar nel tarrén as piñas rañadas. Perguntando pola denominación d’este animal en San Xuyán (El Franco), pasóume un caso mui chocante que ten que ver col sou hábitat. A resposta que me deron, anque se basaba núa crencia que nun tía fundamento na realidá, levaba úa carga simbólica interesante y que me pintóu mui poética. Nun libro da Xunta Xeneral editao pra festexar a Semana das Letras Asturianas del 2010, cuntéi el anécdota. Foi nun microrrelato que tituléi «Sciuridae», a familia de roedores unde se clasifican os esquilos:

«Miréi se quedaban pilas á grabadora y perguntéiye a Milia el última palabra, úa que nas terras da marina sempre me dicían en casteyano.

—Cómo ye chaman aquí a us animales qu’andan saltando entre os pinos, que son roxos, del rabo llargo…

—Ai, esas son as ardillas —dixo ella segura. Taba avezao ás decepcióis léxicas, así que seguín intentándolo.

—¿Y nunca sentíu outro xeito de chamaryes? ¿Esquil… os?

—Ai, si, esquilos. Pro… esos nun ch’andan entre os pinos. Esos andan entre os castañeiros. Y tein el rabo así un pouco diferente y el llombo máis apegarao…

Díxolo Milia de San Xuyán y eu créoyo. A mía llingua sigue viva entre os castañeiros».

Outro esquilo dos muitos que se poden ver nel parque xixonés.

Quizabes porque na marina a palabra ta mui perdida y precisamente son d’esa parte os máis dos estudios lexicográficos, nun hai muitos datos publicaos sobre a denominación en galego-asturiano de Sciurus vulgaris: recoyen esquilo os vocabularios de Ponticella (Villayón) y de Castaedo y Monón (Ayande), mentres que, según datos de Manuel Menéndez y Rodríguez-Castellano, en Ibias dicen esquivo. En conto á información inédita qu’eu fun xuntando, dixéronme esquilo en Sanzo (Pezós), Cachafol y Navedo (Eilao), Vilarín (Castripol) y San Xuyán (El Franco). Col resultao velar sonorizao en –g-, esguilo, dixéronmo en Tormaleo (Ibias), mentres qu’as demáis variantes que rexistréi presentan resultaos sin -l-, ou con -v-. Apuntéi esquío na Ovellariza y Cimadevila (Vilanova d’Ozcos), Teixeira (Samartín d’Ozcos) y en Castro y Penafonte (Grandas), mentres qu’esquivo dixéronmo en Ibias, nos llugares de Santolín, Mourentán y Carbueiro.

Os vocabularios galegos recoyen as formas esquilo, esquío y esquivo, anque namáis atopéi referencias xeográficas das últimas dúas variantes, precisamente da zona apegada a Asturias, en Burón y Suarna. Rexístranse tamén resultaos sonorizaos na reiz, como esguiro y esguiriño, ademáis d’arda y ardela, formas éstas últimas que nun incluyen os diccionarios normativos actuales y qu’enlazarían col resultao estándar casteyano. Y é qu’ardilla é un diminutivo d’úa forma harda, d’orixe prerromana, qu’einda se diz, ás veces con aspiración inicial: jarda (y con equivalentes en valenciano, farda y fardeta). Con outros diminutivos, inda hoi ye chaman ardica en muitos sitos da península, y ardita en Latinoamérica. En conto a Portugal, a denominación estándar é esquilo. En asturiano chámanye esquil y esquilu, y tamén se dan resultaos sonorizaos: esguil y esguilu.

García Arias, al estudiar as formas asturianas, remítelas, dende el grego, al latín sciurus, a partir d’úa forma con metátesis *squirus. Por causa da facilidá propia del noso roedor pra gabiar polos árboles, del sou nome asturiano nacería el verbo esguilar ‘engarabitar, engatar’ y d’ei, por estensión, crearíase el acepción de ‘esbarar, esnidiar’. Ésta ta recoyida tamén en galego-asturiano, nel vocabulario de Monón y Castaedo (Esguilóu pola xelada y menuda culada que llevóu), anque al animal alí chámanye con -qu-: esquilo.

Hai máis linguas unde a partir da mesma reiz se conservan formas con resultao velar oclusivo xordo -k-: dende el francés écureuil ou el inglés squirrel hasta el aragonés esquiruelo, pro de seguro qu’úa ben conocida nel ámbito hispánico é a forma del catalán: esquirol. Todas vein d’úa denominación vulgar latina con diminutivo, scuriolus. A palabra esquirol empezóu a usarse en Cataluña nel s. XIX, nel contexto das folgas nas fábricas, pra chamar a os que rompían el paro y iban trabayar. Se nos puxéramos en plan etimolóxico, hoi sería como chamaryes esquilíos.

Largato arnal (Lacerta schreiberi, Timon lepidus)

Santuyano 1

Un exemplar macho de Lacerta schreiberi asoleyándose núa parede. Santuyano (Mieres) (17/7/2021).

Ta ruin de determinar el nome popular de muitas especies, por conocidas que sían, y máis núa lingua como el galego-asturiano, tan falta de datos de fitonimia y zoonimia. Un exemplo é a denominación que ye damos ás dúas razas de largatos grandes que se poden ver na zona máis occidental d’Asturias: Lacerta schreiberi y Timon lepidus. Como se vai comprobar máis adelantre, chamámosyes largatos, largatóis y largatos arnales (cuas variantes palatalizadas na zona unde é característico ese fenómeno: llargato, llargatón, llargato arnal).

A primeira especie, Lacerta schreiberi, é a máis común en todo el territorio, mentres qu’a segunda, Timon lepidus, según os mapas de distribución actuales, é escasa y atópase sobre todo na montaña, en Grandas, Ibias y Ayande. A esplicación ta en que son sitos con un clima aparecido al mediterráneo, ecosistema propio d’esta especie.

Timon lepidus é meirande que Lacerta schreiberi. Pode chegar a ter hasta 90 cm de largura dende a cabeza hasta el pico del rabo. A súa color é entre averdosada y amarelada, con puntíos mouros, anque el elemento máis diferenciador ta nos machos, que lucen us redondelíos azules mui característicos nos laos del corpo. Esa é a motivación prá denominación estándar en casteyano: lagarto ocelado. El outra especie, Lacerta schreiberi, é máis pequena, d’hasta 40 cm. Tamén é averdosada, con pintías mouras, pro el máis chamadeiro é el pescozo azul del macho condo ta en celo. Así y todo, en casteyano chámanye lagarto verdinegro.

Como yes pasa ás largatas ou largatixas, os largatóis poden ceibar el rabo como técnica de supervivencia: déixanlo nas poutas del sou depredador y asina aprovetan pra poder fuxir. A pesar da súa traza, son inofensivos pral ser humano, anque é verdá que traban pra defenderse. Así y todo, normalmente escapan condo ven xente. Comen arañas, saltóis y outros insectos; tamén largatixas, ovos y frutas. Timon lepidus hasta pode cazar mamíferos pequenos, como ratos.

Del largato cuntábase que cua súa presencia avisaba á xente de qu’había colobras cerca. Berto Álvarez Peña escribíu un artículo pequeno sobre el reptil na revista Entrambasauguas recoyendo esta y outras tradicióis, como el uso del sou unto con fines melecieiros. Chámaye largato arnal, identificándolo como Timon lepidus, anque nas descripcióis que cita d’informantes del conceyo del Franco estos destacan qu’é azul, así que pode que se tían referindo al macho de Lacerta schreiberi. Nel caso da bibliografía galega, as denominacióis populares del largato que levan el adxetivo arnal identifícanlas normalmente con Timon lepidus, pro a verdá é que nun dispoño de datos definitivos pral caso del galego-asturiano porque tampouco os vocabularios son claros. A mía impresión, a falta d’outras informacióis, é qu’el término largato arnal (y variantes) úsase indistintamente pras dúas especies, máis se reparamos en que muitos datos d’esa denominación son de zonas unde nun ta constatada a presencia de Timon lepidus.

Santuyano 2

El mesmo largato, medio á solombra.

Entrando xa nos datos, hai que señalar qu’el nome máis común en galego-asturiano é el de largato ou largatón (llargato y llargatón na zona dialectal correspondente). Con ese acabo en masculino, os falantes estrémanlo das especies pequenas, as largatas, anque tamén hai unde a estas yes chaman largatos (ou llargatos). Pra desfer esa confusión, en muitos sitos bótase mao del aumentativo (largatón, llargatón), pro tamén ye poden amecer el adxetivo arnal.

El vocabulario da Veiga recoye largato y el de Bual, llargato, mentres qu’os d’Eilao, Ponticella y Monón y Castaedo rexistran llargatón (cua variante largatón na zona d’Eilao unde dicen lume, leite, lobo…). Hai qu’apuntar qu’el vocabulario de Bual tamén recoye a forma llagarto. Sin estremar entre as dúas especies xa ditas, eu recoyín largato nel Valín (Castripol), Vilela de Baixo (San Tiso d’Abres) y Penafonte (Grandas); llargato, na Roda (Tapia); largatón, en Cachafol (Eilao) y en Mourentán, Santolín y Fandovila (Ibias); y llargatón, nel Monte (Navia). A estos datos hai qu’amecer el llargato del que fala un informante de Romeye (El Franco) nel artículo xa citao d’Álvarez Peña.

Na palabra largato dáse un cruce con largo, porque a forma etimolóxica sería lagarto, sin esa metátesis del -r-. El resultao lagarto (>largato) procede de *lacartus, variante da denominación qu’el reptil tía en latín clásico: lacertus. A palabra largato (y llargato) ten outra acepción en galego-asturiano, a de ‘tumor que sal nas pezuñas das vacas’. Tamén en galego se constata lagarto pra chamar a bultos nel peleyo dos animales. Nun sei a razón d’esta amplación semántica da palabra, agá que teña que ver cua tradición qu’hai en Galicia de pensar qu’os largatos botaban un veleno pol tarrén qu’al pisalo provocaba afeccióis cutáneas. Outro aspecto qu’hai que ter en conta é el uso tradicional del unto del largato pra curar problemas dermatolóxicos nos pés, así que por ei tamén pode vir úa esplicación. Aparte, chámanye lagarto en galego al corveyón da vaca y a úa parte dos lacóis del cocho, así que nun sei se por un fenómeno de metonimia esa parte da pata puido dar nome al mal nas pezuñas ou se foi al rovés, ou se poderá haber dalgúa asomeñanza entre el reptil y a forma d’esa parte del corpo.

Campiello

Dous largatos macho (Lacerta schreiberi) amarrándose. Anque a foto ta un pouco desenfocada, ten interés pol momento que se captóu. Campiello (Uvieo) (28/4/2019).

El outra clas de denominación en galego-asturiano, a composta del sustantivo máis el adxetivo, ta recoyida en dalgús vocabularios, anque cua variante asnal, de seguro qu’un cruce con asno: Acevedo y Fernández y El Franco, llargato asnal; Mántaras, largato asnal. Tamén eu rexistréi esta denominación nel Valín (Castripol) y en Bustapena (Vilanova d’Ozcos). Os demáis datos que recoyín son cua variante arnal: largato arnal na Veiga dos Molíos y Vilarín (Castripol), na Ovellariza (Vilanova d’Ozcos) y en Santalla; llargato arnal en Ortigueira y Lloza (Cuaña) y en Villar (El Franco); a esto habería que sumar a mesma denominación dada por un informante de Miudeira (El Franco) nel artículo d’Álvarez Peña. Acevedo Huelves recoye ademáis el nome de llargatón arnal.

En galego, chámanye lagarto arnal, asnal ou arnao, normalmente referido a Timon lepidus. Outra denominación é sardón, nel sur de Pontevedra, en continuidá col portugués sardão. As formas con metátesis, larg-, en galego tán recoyidas namáis na veira máis oriental de Lugo, en continuidá cos resultaos del galego-asturiano. Tamén en galego debe haber cruces nas identificacióis: el nome de lagarto ferreño aplícase a Lacerta schreiberi, pro tamén a Timon lepidus. El adxetivo arnal (arnao, asnal, arnaz, arnás) ten un uso limitao en galego porque namáis se conoce combinao con us poucos sustantivos referidos a especies: á folgueira, al toxo y al largato. Polo tanto, a definición que dán os vocabularios d’arnal é a de ‘grande, bravo, del monte’. Tamén s’aplica ás espías que salen nel peleyo, quizáis porque poden ser grandes y dolorosas. É el qu’eu conozo en galego-asturiano como espía carnal, qu’antias interpretaba como un xeito d’estremala da espía vexetal, pro qu’agora dudo se nun será un caso d’etimoloxía popular a partir d’un hipotético *espía arnal. El adxetivo arnal ben sei que vén del sustantivo arna ‘paraza del árbol’, palabra d’orixe prerromana.

Pega (Pica pica

IMG_1859 El Cristo

Pega nun prao del Cristo (Uvieo) (6/1/2021).

«Era úa pega que tía el nío nel pico d’un acebreiro. Y despós tía tres peguíos. Y despós vía a raposa todos os días, que ye tirase un peguín, y dicíaye que, se nun ye tiraba un peguín, que la comía a ella y a os peguíos. Y despós tirábaye ún. Y despós al outro día volvía. Díxoye a raposa:

—Tírame un peguín agora, se non cómote a ti y a os peguíos.

Y despós tirábaye outro. Y despós xa nun ye quedaba más qu’ún. Y foise chorando y encontróu un corvo y despós díxoye el corvo á pega:

—¿Pos por qué choras, cómo tas tan desconsolada?

Díxoye ella:

—É que vén a raposa todos os días que ye tire un peguín, que se non que tumba el acebreiro y que me come a min y a os peguíos.

Y despós díxoye el corvo:

—Pos condo volva a raposa dícesye que pra qu’el sou rabo tumbe el acebreiro que ten que llevallo al ferreiro.

Y despós veu al outro día a raposa y díxoye á pega:

—Tira un peguín agora, se non cómote a ti y a os peguíos.

Díceye a pega:

—Pra qu’el tou rabo corte el acebreiro teis que llevallo al ferreiro.

A raposa enroscóu el rabo así nel acebreiro y empezóu:

—Corta, rabo, corta. Corta, rabo, corta.

Y despós nun cortóu y acabóuse. Xa sabía qu’el ferreiro nun lo amañaba…».

Nun recoyera un conto con úa pega de protagonista hasta que me cuntaron éste en 1997 en Villarín, na parroquia franquía da Braña. Y mira qu’a pega (Pica pica) ten fama de páxaro listo, que se dedica a roubar cousas douradas, aniyos y alaxas, pro neste caso é el corvo el que ye dá úa solución al acoso da raposa.

A pega é un ave grandía, da feitura das da súa familia, os córvidos. Chama el atención polo pinta qu’é: el peto y el empezo y el final das alas son brancos, mentres qu’el pescozo, a cabeza y el pico, ademáis das patas y el rabo, son mouros; aparte, a color moura fai visos tirantes a azul nas alas y a verde nel rabo. A largura das plumas del rabo tamén ye dá nome á especie en dalgúas linguas.

As pegas son búas de ver cerca d’unde vive el ser humano, en praos y terras labradas. Tamén s’axeitaron muito ben á vida nas ciudades, sobre todo en parques y praos segaos unde poden andar picotiando buscando comida, que proban de todo, hasta carroña. Avezan a amañar bandos mui ruidosos cos sous grayidos. Anque nun tein un canto que preste ouguir, en cautividá poden chegar a aprender a arromendar a voz humana.

Vega

Pega pousada núa cana nel parque de Vega (Uvieo) (29/10/2020).

A coloración apintarada da pega deu pé a dous adxetivos: apegarao y pégaro. Se estas palabras primeiro deberon referirse al branco con pintas mouras y al rovés, por estensión tamén acabaron aplicándose ás cousas axabaradas, de muitas clases de color: úa pita pégara, un vestido apegarao… En Tapia cuntáronme que chamaban os pégaros a os vehículos militares con pintura de camuflaxe que pasaban dende Galicia camín d’Uvieo condo a guerra civil.

Hai un enredo infantil, úa especie de trabalinguas d’aguantar el alento, que recoyen Adelina Fernández y Susina Pérez nel sou libro Cousas de Boal. Trátase de ver quén chega máis lonxe na retafila dicindo esto sin respirar: «Úa pega apegarada puxo un ovo núa llarada; puxo ún, pegaróu; puxo dous, pegaróu; puxo tres, pegaróu; puxo cuatro, pegaróu; puxo cinco, pegaróu…». Xa Acevedo y Fernández rexistran nel sou vocabulario publicao en 1932 el dito «Úa pega pegarada puxo un ovo núa arada; puxo ún, apegaróu; puxo dous, apegaróu; puxo… y acabóu», con us puntos suspensivos y un final qu’entendo que resumen a retafila. Hai máis variantes. En Cartavio (Cuaña) dicíase: «Pega pegarada, pon el ovo na corrada [ou nel arada, ou na llarada]; puxo ún y apegaróu, etc.». En Mántaras tamén recordaban el dito, anque con úa pita de protagonista y non con úa pega, pro nun me souperon dicir a mecánica del xogo. Dicían: «A mía pita apegarada puxo un ovo na larada. Puxo ún y pegaróu. Puxo dous y pegaróu… ¿Quén chos quita y quén chos pon? A muyer de Pexigón».

Hai máis ditames en galego-asturiano relacionaos cua pega. Ún d’elos, Nun hai pega sin mancha negra, úsase pra dar a entender qu’hai qu’asumir as cousas como son, cuas súas tachas y imperfeccióis. Ten úa segunda parte pra remachar a idea: Se nun la tuvera, nun fora pega. Tamén hai úa comparanza col rabo d’esta ave pra referirse á xente xarola y de pouco xeito: Ter menos xuicio qu’a pega nel rabo. Outra tradición que conozo en Tapia é qu’el canto da pega al pé d’ún ou da casa d’ún anunciábache que ch’iba chegar carta ou visita de quen taba fóra. D’éi sal a espresión cantarye [a daquén] a pega pra referirse a quen recibíu úa nova búa ou tuvo un golpe de sorte: Mialma, a ese cantóuye a pega. Hai úa espresión mui chocante en asturiano pra negarse a qu’a ún lo tomen por fato: ¿Tu pienses que cayí d’un ñeru pega?

IMG_1797 Uvieo Olivares

El xeito d’andar da pega é mui chamadeiro, con úas pasuadas largas. Ésta taba con outras nun prao d’Olivares (Uvieo) (28/11/2020).

A forma pega, que vén da evolución fonética del xeito de chamar al ave en latín, pica, é a máis común en galego-asturiano. Asina lo recoyen os vocabularios de Mántaras, El Franco, Bual, Monón y Castaedo, Ponticella y A Veiga. Neste último conceyo tamén se recoye a denominación de marica, que vén del nome tradicional que se yes daba ás Marías: Marica. Eso de chamar con un nome de persona a dalgús animales nun é miga raro; por poñer un caso, tamén ye chaman marica á raposa. Precisamente d’un nome de muyer vén el nome máis común da pega en casteyano: urraca.

Outros datos de pega que teño apuntaos nas mías pezquizas son de Batribán y Penacova (Vilanova d’Ozcos), Zreixido (A Veiga), El Valín (Castripol), A Roda (Tapia), San Xuyán y el xa dito de Villarín (El Franco), Vivedro y el xa dito de Cartavio (Cuaña), El Monte (Navia), Armal y Rozadas (Bual), Pezós, Castro (Grandas), Corondeño (Ayande) y Santolín (Ibias).

En galego predomina tamén a denominación de pega, anque avezan a poñerye outros adxetivos identificadores pra nun confundila con outras especies da familia Corvidae. Ademáis de marica, nos vocabularios galegos figuran nomes como pega rabuda, pega veiga, pega carracheira, pega carrachenta, pega porca, pigarexa, rabuda, picacrega y rabolongo. A denominación estándar en portugués é pega-rabuda ou pega-rabilonga. En conto al asturiano, tamén ye chaman pega y marica, ademáis das variantes pegarata y pegaratu. Nas zonas de Lión de fala asturlionesa tán constatadas formas como pegaza, pigarcia, pegaraza ou rabipega. En casteyano, ademáis d’urraca, avezan a citarse os sinónimos pega, marica, picaza y picaraza. A forma pega, por exemplo, ta recoyida en sitos d’Estremadura y en Palencia, unde ademáis úsase el nome de pigaza. Aquí volvemos atoparnos col problema de muitas denominacióis que figuran na bibliografía como propias del casteyano pro que costa caro saber se nun serán empréstamos das linguas vecías. Por exemplo, ún dos nomes da nosa ave en aragonés é picaraza, anque tamén ye chaman garza, como en catalán, qu’é garsa.

Malvela (Glechoma hederacea)

Glechoma hederacea 2 Uvieo

Florías de malvela nun ribón del parque del Monte Altu d’Uvieo (13/4/2017).

Condo fixen as encuestas pral vocabulario de Mántaras (Tapia) aló por 1987, faláronme d’úa herba conocida como malvela que s’usaba antano como romedio pra os dolores menstruales, pras inritacióis y pra dar ás vacas que daban pouco leite. Como daquela nun la din identificao, asina la definín nel libro. Tampouco dicía muito más sobre esta palabra el vocabulario da Roda, del mesmo conceyo anque xa en zona dialectal de -ll-, que define malvella sin máis como ‘herba melecieira’. Anos despóis, tirando del filo, puiden identificala claramente como Glechoma hederacea.

Trátase d’un herba rastreira que sal en sitos avesíos y pode ingrir muita superficie. Quizáis por eso ye chaman en casteyano hiedra terrestre. As foyas son arredondiadas y as flores, aromáticas, tein a color malva que ye dá el nome que recibe en galego-asturiano esta especie. Son flores mui chamadeiras, con un labio enriba de tres lóbulos y outro embaxo, máis largo, con dous.

Conócense ben os usos melecieiros d’esta pranta nas sociedades tradicionales, con aferventaos pras inflamacióis y catarros da xente, pro tamén pral gao. Martin de Villar recoyéu en Tol y nas Campas (Castripol) el avezo de cocer a malvela, colar el augua y darya ás vacas pr’axudaryes a librarse, querse dicir, botar fóra as libraduras despóis de parir. Nel sou libro Curandeiros, compostores y outros sanadores constata en Matafoyada (Tapia) y en Salgueiras (Vilanova d’Ozcos) aquelos usos da pranta pra os dolores menstruales qu’eu recoyera en Mántaras. No Castro (San Tiso d’Abres), según ye cuntaron, dábanya cocida en leite ás muyeres que pariran de pouco pr’aliviar as inritaduras; tamén pras afeccióis qu’eran por causa d’un soliazo. Un home do Teixo (Taramunde) conocido como o Albeitre de López cantaba esta copra: Si supieran las mujeres / lo que hace la malvela, / la pacerían ellas / igual que las vacas hierba. Como dixen, é úa tradición conocida. Xa a mediaos del s. XVIII un gran estudioso das prantas en Galicia como el padre Sarmiento escribe al falar da malvela: «Oí que era buena para enfermedades de mujeres». Recoye el nome de malvela, que se rexistra hoi, anque outros vocabularios galegos dan denominacióis como herba de reste, herba dos bolos ou herba redonda. En casteyano, ademáis de hiedra terrestre, tamén ye chaman rompepiedras porque se ten usao el herba pra tratar os cálculos renales. En asturiano namáis se recoyen nas publicacióis os nomes de mantarrota y de caneros, quizáis ésta úa variante de carneros, comparanza col animal que s’aplica a outras especies.

Nun teño muitas máis denominacióis en galego-asturiano agá a que me deron en Cartavio (Cuaña), malvía, con un sufixo diminutivo que concuaya col qu’hai en malvela y malvella. A diferencia é que –ela, –ella xa nun funciona como diminutivo vivo na actualidá (dizse que nun é un sufixo productivo) y –ín, –ía si. É sabido qu’ún dos xeitos que tein as linguas pra crear palabras novas é por derivación, querse dicir, a partir d’úa reiz á que se ye amecen outros sufixos. Col diminutivo –ellum, –ellam chegaron al actualidá palabras novas como buchelo (a partir de buche), capelo (de capa), codelo (de coda), fornelo (de forno), mantela (de manta), paxarela (de páxara), trapela (de trapa), etc. Pro agora cualquera falante de galego-asturiano que quira fer un diminutivo d’úa palabra como manta, por poñer un caso, nun ye amece –ela, senón –ía (-iña en San Tiso d’Abres y Taramunde, nas parroquias d’Abres y Guiar na Veiga, y Os Coutos en Ibias). Así qu’ese malvía de Cuaña pode ser úa forma máis nova qu’el esperable malvella. Sía como sía, guarda a mesma idea de qu’a nosa pranta é como úa malva (Malva sylvestris) en pequeno, anque muito nun s’asomeñen, agá na color das flores y nas propiedades melecieiras.

Pr’acabar, é chamadeiro el nome que me deron en Carbueiro (Ibias), unde el herba tamén s’usaba pra sanar catarros y mancaduras. Chámanye malvarrosa, con esa reiz común ás outras denominacióis en galego-asturiano, pro con un segundo elemento –rosa. A malvarrosa en casteyano é úa pranta de xardín (Alcea rosea) alta y das flores grandes que nun tein miga que ver cua florías da malvela. As denominacióis populares tein estas voltas y quén sabe cómo chegóu el nome a Ibias.

Fraire (Rhagonycha fulva

Fraire IMG_9898 (2)

Dous fraires copulando derriba d’úa umbelífera. Vilarín (Castripol) (16/8/2018).

É evidente que nun temos un nome popular pra todos os seres vivos que nos arrodían. A variedá natural é tanta que pra eso se discurríu a denominación binomial, el nome científico: pra saber de xeito inequívoco de qué especie en concreto tamos falando. Xa se dixo aquí máis veces qu’a xente aveza a chamar con un mesmo nome a especies que ye pintan aparecidas y, condo nun sabe cómo chamaryes, bota mao d’un xenérico herba, bicho ou papón. Muitas das denominacióis que podemos atopar nos libros son en realidá denominacióis de despacho, creadas polos biólogos al nun baxaren tan al detalle os falantes. Precisamente, del insecto del qu’agora vou falar, Rhangonycha fulva, nun atopéi ningún dato identificao col nome científico de cómo se chama popularmente nin en galego nin en asturiano; evidentemente, tampouco en galego-asturiano.

El papón que dá pé a estas renguileiras é un insecto da familia Cantharidae, formada por coleópteros del corpo brando. El fraire, qu’asina ye chamábamos en Mántaras, ten úa color entre marrón y naranxa, anque os oyos, antenas y puntas das alas son mouros. Son bichos pequeníos, d’alredor del centímetro, pro son bus d’estremar condo tán pousaos derriba das flores, normalmente umbelíferas (as que tein xeito de parauguas). Empezan a verse na primavera y sobre todo atópanse muito nel brao, ben veces copulando derriba d’elas. De nenos andábamos a os fraires y, con esa inocencia infantil que pode ser tan inclemente, xebrábamos as parexas tirando d’elas y vendo cómo rompían aquelos corpíos. Máis aló d’estas matanzas ocasionales resultao del noso interés diseccionador, el paponcín nun fai mal a naide. Einda máis: é un gran eliminador de pulgóis y outras larvas d’insectos. Esa color que ten entre colorada y anaranxada pode qu’esplique el sou nome casteyano d’escarabajo soldado ou escarabajo coracero, pola color chamadeira da roupa militar d’outros tempos, y de seguro que tamén esplica el nome de fraire, polos sous hábitos (que cadaquén interprete como quira el acepción da palabra).

Fraire IMG_8957 A Lama

As umbelíferas son as preferidas pra os fraires. Serantes (Tapia) (8/8/2017).

Nos poucos datos que xuntéi sobre a denominación en galego-asturiano, al ser os máis d’elos de nun hai muito, pesa a fonética acasteyanada. En Vilarín (Castripol) déronme as variantes flaire y fraire; na Roda (Tapia), fraile; y en Cartavio (Cuaña), flaire. Nas encuestas que fixen en Mántaras hai 35 anos a xente que daquela tía máis de 80 anos, era muito máis bon d’escuitar fraire con normalidá. Agora de seguro qu’haberá dalguén que diga: «Eso nunca se dixo aquí» ou «Eu nunca lo ougüín; xa tades inventando…».

A palabra fraire vén del latín frater, fratris ‘irmao’, pro, como ben esplica Coromines, pinta que chegóu á península ibérica en tempos medievales al través d’un occitanismo, fraire, trido dende Francia cua reforma cluniaciense das ordes relixosas. El resultao patrimonial tía que ser frade (dende fradre < fratre), como en galegoportugués. É verdá que nos quedan continuadores d’este xeito d’evolución en sustantivos como confradeiría ‘asociación con fines relixosos ou profesionales’ ou nel verbo fradar ‘cortar as canas ou as puntas das canas d’un árbol, d’un arbusto’, qu’en casteyano é frailar. Neste segundo caso, tamos delantre d’úa creación a partir da idea del corte de pelo tan característico que levaban os fraires, cua corona rapada. En asturiano, pral nembro d’úa orde relixosa tamén s’impuxo el resultao occitano, anque axeitao en flaire. A disimilación ou diferenciación das dúas consonantes líquidas (-l-/-r-) deuse tamén en casteyano, anque na segunda sílaba: fraile.

Como xa apuntéi, en galego-asturiano, y tamén en asturiano, el peso da lingua oficial foi fendo recular ás formas veyas. Nel noso caso xuntóuse ademáis a casteyanización progresiva que sufren os chamaos grupos consonánticos semicultos (br-, cr-, gr-, pr-, fr-), que fai qu’a xente deixe de dicir brusa, cravo, igresia, prato ou froxo pra dicir blusa, clavo, iglesia, plato ou flojo. Ben sei que nel caso de fraire tamén pesóu ese fenómeno, como xa se víu al falar del sou uso pra chamar al insecto. Anque muitos vocabularios de galego-asturiano recoyen a forma fraire ‘nembro d’úa orde relixosa’ (Acevedo y Fernández, Bual, Mántaras, A Roda, Ponticella), outros recoyen a variante flaire (A Veiga, El Franco, A Roda), condo non directamente fraile ‘laragoto das papas’ (Castaedo y Monón).

Fraire IMG_9709

Fraire alimentándose derriba d’úa flor. Brañanoceo (Mieres) (22/7/2018).

Hai máis denominacióis pral noso insecto na mesma zona da marina estremooccidental. Y volve mandar a fonética casteyana porque resulta que tamén ye chaman ángel (Serantes, Tapia), angelín (Barres, Castripol; A Roda, Tapia) y hasta angelito (Barres, Castripol; Valdepares, El Franco). Anque os nomes d’Ánxel y d’Anxela téñolos constataos de sobra en galego-asturiano, por razóis sociolingüísticas xa esplicadas outras veces, prá esos seres sobrenaturales tan ligaos á relixón, acabóu impoñéndose a traza casteyana, por muito que yes chamen angelíos, col noso diminutivo. Pasóu aparecido con Xan y Xuan, que condo s’usan pra chamar al santo, acaban en Juan. A esplicación del diminutivo angelito pral insecto tamén debe tar nel matiz de prestixo qu’esa forma casteyana ten implícitamente pral falante, como recurso pra darye einda máis énfasis. El que desconozo é a razón da denominación, anque xa sabemos qu’outro coleóptero, Coccinella septempunctata, recibe en galego-asturiano muitos nomes con matiz sagrao (amecéndoye de Dios al nome: carrachín de Dios, paxaría de Dios, reinía de Dios, rinchía de Dios) y mesmamente en Meiro (Cuaña) ta recoyido el nome d’angelín. Precisamente, os poucos datos que xuntéi del asturiano, todos inéditos y del conceyo de Siero, dicen que ye chaman flaire, sanxuanín ou sanxuanín de Dios. Gracias a esto, pódese identificar con muita seguranza el dato recoyido en Ayer de sanxuanín como ‘insecto d’alas coloradas’, qu’el Diccionario del Academia da Lingua Asturiana define sin máis como ‘insecto de color anaranxada que sal por San Xuan’.

Outra denominación que me deron en Cartavio, que ten traza de ser úa descripción dos nenos, é a de cheirón, porque, condo lo piyaban, el insecto mexábayes un líquido que cheiraba. Tamén recoyín como dato de Lois (As Figueiras) el nome de papón de san Pedro, de seguro que porque nesas fechas d’últimos de xunio é condo se ven muitos.