Corriola (Plantago lanceolata, Calystegia sepium, Convolvulus arvensis)

Prao al pé del Cortaficio (Mántaras) chen de corriola en flor (3/4/2015).

É chamadeiro el caso da palabra corriola en galego-asturiano: úsase en dúas zonas distintas y en cada úa dá nome a prantas mui diferentes (ben Plantago lanceolata, ben Convolvulus arvensisCalystegia sepium). Pra detrás, na parte unde chaman corriola a estas convolvuláceas hai alomenos trés zonas con denominacióis populares diferentes pra Plantago lanceolata. Pro imos miyor pouco a pouco.

Nel metá occidental del Navia-Eo, corriola é el nome que ye damos a úa herbácea mui común, Plantago lanceolata. É el herba típica dos praos, que sal en peteiros, con úas foyas alargadas en forma de punta de lanza (d’ei el epíteto de lanceolata) recorridas por us nervios. Tamén son características na primavera as inflorescencias, úas espiguías unde destacan na base as anteras brancas ou amareladas dos estames. Ademáis salen nel pico d’us rabos el dobre de largos qu’as foyas.

Na marina noroccidental, condo pasamos pral metá oriental del galego-asturiano unde os resultaos son col ll- (llimueiro, llabaza, llin…), el nome que ye dan xa nun é corriola: chámanye llanzola ou llanzoleta. Así y todo, na parte del conceyo de Tapia que fala col ll- constatéi el uso de corriola en puntos fronteirizos, polo qu’haberá de seguro máis sitos al sur unde esta denominación entre nel lao oriental da fronteira l- / ll-. Tampouco nun sería descartable que pase al rovés, qu’usen lanzola en puntos al occidente d’esa fronteira, pro de momento nun teño ningún dato bibliográfico ou de campo pra confirmalo.

A denominación de corriola ta recoyida nel vocabulario de Mántaras, mentres qu’os da Veiga, A Roda y Eilao recoyen a forma cua vocal átona máis zarrada: curriola. Eu tamén teño datos inéditos, as máis das veces con esta realización curr-, da Barrosa y Salave (Tapia), El Valín, As Campas, Montavaro y Vilarín (Castripol). El estudioso galego Xoán Babarro, que perguntóu pol reparto d’esta palabra nel sou estudio Galego de Asturias, recoye estas mesmas formas en Campos y A Grandela (Tapia).

A palabra corriola procede del latín corrigia ‘mayolo, corda pr’atar el calzao’, con un diminutivo feminino –ola amecido á reiz (hai que recordar que con ese sufixo, pro el masculino, temos nomes de prantas como amorolo, curuxolo, arbanzolo…). Nun sei a comparanza con qué parte da pranta é, se cuas foyas chías de nervios ou cos rabos das espigas que bota. El caso é que la boutizaron asina. Pois ben, na veira máis occidental del galego-asturiano atopamos variantes de corriola unde se perdéu el –l– intervocálico nel sufixo, anque sía en sitos unde hoi mantéin en xeneral ese -l- (molín, xelar, fiyola…). Por exemplo, en Zreixido (A Veiga) dixéronme curriá. En Busdemouros (Vilanova d’Ozcos) apuntéi herba de corrá, mentres que Xoán Babarro recoyéu nel mesmo punto corrá, a secas, igual qu’en Piantón (A Veiga). Xa en zona de perda xeneral de -l-, en Goxe (San Tiso d’Abres), a forma que me dixeron foi corroá, variante que Babarro tamén recoye en Abres (A Veiga) y Abraído (Taramunde).

Outro estudioso galego, Paulo Martínez Lema, analizóu topónimos que presentan continuadores del sufixo –ola en fases diferentes d’evolución. En todo el territorio de lingua galegoportuguesa temos exemplos d’esa variedá de resultaos: dende el noso Figueirola, pasando por Figueiroa, hasta chegar a Figueiroá. Pro hai topónimos nel sur de Lugo, como Maciñeirá ou Pereirá, unde, despóis da perda del –l– y el desprazamento posterior del acento, deuse a perda da vocal velar. Ta claro qu’algo aparecido tuvo que pasar cuas variantes máis occidentales da nosa herba: corriola > corrioa > corrioá , y d’ei corroá, curriá ou corrá. Ademáis, según esplica Martínez Lema, pola fecha dos datos documentales dos topónimos xa ditos, estos pasos da evolución final son dos últimos douscentos anos (Maciñeirá aparece escrito nel Castastro d’Ensenada, de mediaos del XVIII, como Maciñeiroa).

Destacan os estames amarelaos nas inflorescencias da corriola. Mántaras (3/4/2015).

Imos agora cuas formas orientales en galego-asturiano pra Plantago lanceolata. Como xa s’esplicóu, é común el nome de llanzola, tamén col sufixo –ola, anque d’esta volta el étimo latín témolo en lanceola ‘lanza pequena’, pola comparanza col xeito das foyas. Nel estudio de José García sobre a fala del Franco recóyese llanzola y tamén lo fai Xoán Babarro en Sarandías (Bual). A min déronme ese nome en Valdepares, Carbexe, El Chao das Trabas, San Xuyán, Llobredo, Miudes, Villar y Godella, todos nel conceyo del Franco. Tamén lo apuntéi nas Mestas, Vivedro y Cartavio (Cuaña), Rozadas y Armal (Bual), y Llamabúa (Navia). Vén a complicar a cousa el dato que recoye Acevedo nel sou vocabulario, porque define llanzola como ‘herba viciosa que naz entre el meiz’ y esa nun pode ser a nosa herba. Nel sur de Lugo ta rexistrada a forma lanzoa, con perda del -l- intervocálico, sin máis datos (‘herba que naz nos praos’), anque os especialistas galegos identifícanla como Ranunculus flammula, especie con flor marela como a poutaloba (Ranunculus repens), pro das foyas alargadas y con nervios como a corriola; así y todo, esta especie tampouco nun concuaya cua definición d’Acevedo. Costa caro saber se será un apunte mal tomao pol estudioso bualés, pro chama el atención que nun recoya el acepción eonaviega tan común de llanzola como ‘Plantago lanceolata’.

Nel vocabulario de Ponticella (Villayón) y nel de Monón y Castaedo (Ayande) recóyese a variante llanzoleta, con outro sufixo amecido máis (-eta), de carácter entre diminutivo y despectivo. É palabra que me deron tamén nel Monte (Navia), anque cua pronunciación yeísta (yanzoleta). Tamén neste conceyo, pro xa en zona d’asturiano occidental, recoyese l.lanzoleta nel vocabulario de Santa Marina y Vigu, y nel de Tox; en realidá é resultao xeneral en toda úa franxa norte-sur que vai de Valdés a Cangas, pasando por Tinéu y Ayande. Pol centro d’Asturias tamén se constata a forma llanzuela, que sería el resultao en asturiano equivalente al noso llanzola. Por certo, mía bola de Rozadas (Bual), que chamaba á pranta llanzola, usaba llanzoleta como adxetivo apricao a úa cara larga y dalgada: Era úa nena da cara llanzoleta.

Einda nun rematamos el recorrido polas denominacióis na zona oriental del Navia-Eo, porque se avanzamos escontra el sur atópase outro xeito de chamarye que debe piyar un bon territorio. En Sanzo (Pezós) dixéronme lingua d’oveya, sin identificala, pro de seguro qu’é a nosa herba, porque en Santolín (Ibias), unde apuntéi lingua d’ovella, col resultao consonántico palatal propio d’alí, identificáronma claramente. Tamén en Navedo (Eilao), unde recoyín a forma llingua d’ouveya. Babarro constatóu a forma lengua de ovella en dous puntos da Fonsagrada (Lugo) y é palabra qu’aparece nos diccionarios galegos como úa variante máis pra chamar á nosa herba. Nun hai qu’esqueicer qu’é tamén el nome común qu’usan en portugués: lingua de ovelha. Esta denominación pode compartirse dacondo, tanto en galego como en galego-asturiano, con outra especie del mesmo xénero da que xa temos falao: el chantaxe (Plantago major).

Pr’acabar, en Godella (El Franco), ademáis de llanzola tamén ye chaman herba de grillo. Y é verdá qu’era el herba que buscábamos pra daryes a os grilos condo los piyábamos.

As denominacióis en galego son variadas, ben d’elas orixinadas noutro étimo: na reiz del nome del xénero (plant-): chantá, chantán, chantasia, chantaxe y tantaxe. Como se ve, outra vez se volve confundir con Plantago major.  Pro tamén s’usa corriola y variantes: correola, curriola, corroa, corruá, porroá… Outras denominacióis son lingua de ovella, herba leiteira, sete costas…  En portugués, aparte del xa dito língua de ovelha, úsanse formas continuadoras del latín corregiola: carrojó, carrijó, corrió

En asturiano tamén hai variantes a partir de plant– pra chamar a Plantago lanceolata. Por exemplo, llantén, denominación que comparte nesta lingua con Plantago major. Outras mui comúis son formas como llantaina (ou l.lantaina na zona máis occidental y nel centro-sur) y cruces cos resultaos de lanceolata: l.lanzaina. Aparte, pol centro d’Asturias tamén ye chaman panizu y paniciera.

En casteyano a forma máis xeneral é llantén ou llantén menor, pra estremalo del llantén mayor (Plantago major). Hai un feixe máis de formas na bibliografía fitonímica, pro, como xa teño apuntao máis d’úa vez, costa caro saber se son casteyanizacióis dos estudiosos de formas das linguas vecías ou variantes usadas en territorios fronteirizos con elas.

Exemplar de Convolvulus arvensis estendéndose pola terra, cuas súas flores brancas tirantes a rosa. Mántaras, Tapia (5/7/2015).

Toca falar agora das outras prantas qu’entran en xogo pra disputar el nome popular de corriola: Convolvulus arvensis y Calystegia sepium. Son dúas especies da familia das Convolvulaceae mui aparecidas, das foyas y as flores máis grandes a segunda. Salen nos hortos y entre el meiz, con foyas da feitura da punta d’úa frecha y úas flores con xeito de campá y de color branco (ou tamén tirante a rosa nel caso de Convolvulus arvensis). Ingre muito, pode ir rastreira ou engarabitar por outras prantas y é malísima de descastar. A comparanza cuas correas é búa d’entender. Hai que recordar qu’é del metá oriental del Navia-Eo d’unde hai datos de corriola pra chamar esta especie, porque, como xa se víu, pra Plantago lanceolata usan outros nomes. Ta recoyida nel vocabulario de Ponticella (Villayón) como curriola, mentres que nel de Monón y Castaedo (Ayande) recoyen dúas formas: corriola y correyola (con -y- antihiático). Tamén eu apuntéi curriola nel Monte (Navia) y en Navedo (Eilao).

¿Y cuál é a denominación popular de Convolvulus arvensis y Calystegia sepium nel meta occidental del Navia-Eo, alí unde el nome de corriola xa ta ocupao pra chamar a Plantago laceolata? Os vocabularios locales nun dan datos y as veces que perguntéi déronme el casteyanismo enredadera. En galego chámase corriola, corregola, corregota y corroá, qu’é el dato bibliográfico máis achegao al occidente del Navia-Eo qu’atopéi, en Riotorto, nel sur de Lugo. El que ta claro é qu’a palabra sempre s’usará en zonas unde ese nome nun lo usen xa pra chamarye a Plantago lanceolata. Outras denominacióis galegas son capelo, rubideira ou herba roqueira, de roca ‘instrumento unde se colga a rocada de la pra filala’, por comparanza cos avezos engarabitadores da pranta, ben sei.

A zona de corriola en galego-asturiano pras convolvuláceas ten continuidá territorial nel asturiano, col resultao diptongao correspondente nesta lingua: corrigüela. Hai outras variantes dependendo da consonante antihiática, del mayor ou menor zarramento das vocales átonas y hasta del aparición d’úa nasal por cruce con outras palabras derivadas de correr: corriyuela, curruyuela, curruduela, corribuela, curruela, curringüela, correnduela… Pol xeito d’estenderse aparecido al hedra (Hedera helix), tamén se constata el nome d’hedrera. Aparte, en asturiano corrigüela tamén pode significar ‘cagaleira’ y usarse como adxetivo col acepción de ‘ralo, brando’. Corrigüelu é el andiocheiro, el que nun para na casa y ye gusta salir.

En casteyano a pranta chámase correhuela, anque tamén s’usan outras variantes como corregüela, correruela, correyuela, corriduela, correvuela… As formas vulgares estándar pras dúas especies, Convolvulus arvensis y Calystegia sepium son, respectivamente, correhuela menor y correhuela mayor, pola diferencia de tamaño xa comentada antias.

Pro einda nun acaba aquí el tema da corriola. Hai úa terceira especie, anque nun é pranta senón ouca, que se chama corriola en galego-asturiano (y tamén en galego): Himanthalia elongata. É úa raza d’ouca con foyas aparecidas a correas, col qu’a xustificación del nome é tresparente. Precisamente, el franquín Marcelino Fernández recoye nel sou vocabulario a palabra curriolas con esta acepción y non cua de cualquera das dúas especies de prantas das que se falóu. Nel Atlas Léxico Marinero de Asturias, d’Emilio Barriuso, constátase el sou uso nos portos d’Ortigueira y El Porto. Nas Figueiras y Tapia el nome que ye dan é correa, y d’ei topónimos da costa mantarega como El Corrial.

 

Advertisements

9 thoughts on “Corriola (Plantago lanceolata, Calystegia sepium, Convolvulus arvensis)

  1. Luis

    Primero, una precisión de poca monta: la foto nun ye de Convolvulus arvensis sinon de la so prima la Calystegia sepium (habitante de les sebes por antonomasia). Lo que nun sé ye si los paisanos les estremen o la botánica nun-yos aduz… Y agora, una batallita non más importante: van años, en Trabáu, describiéronme una planta que se daba ente’l centén, qu’esguilaba peles payes y daba la grana per una “caxía”. Decíen-y “negricha”, y onque con esi nome lo normal ye que fuera Agrostemma githago, la descripción féxome pensar nel Convolvulus. A ver si consigo que dacuando me la muestren y saco la dulda… Guapísimu el blog.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Luis. Non, nun é de pouca monta. Hei a cambiallo en conto poda. ;-). Agradézoche a precisión. Efectivamente, seguro qu’os llabradores chaman a todo igual porque as dúas especies son mui mui aparecidas pra os profanos. Por exemplo, as denominacióis populares del gallego son iguales pras dúas.

      Gústame

      Resposta
      1. Luis

        Nun hai nada qu’agradecer, nun siendo yo a ti por tolo que me faes deprender. La foto d’agora del Convolvulus yá ye indiscutible. Verdá ye que nun m’estraña que los llabradores les tracamundien, y eso qu’a güeyos de botánicu trátase de coses enforma distintes. Sí que son males d’estremar, por exemplu, les dos especies de Calystegia, la sepium de tola vida y la silvatica, que dende qu’empecipió a vese van unos añinos ha desaniciar la primera de les zones perirubanes del centro d’Asturies.

        Por nun abandonar la temática del post, Corrigiola ye’l nome científicu linneanu d’un xéneru de cariofilácees con dos especies europees, les dos presentes na Asturies “lusófona”. Nun pienso que tengan nome popular, onque una d’elles (Corrigiola litoralis) ye a pesar del nome científicu una planta común nes tierres de pan que, nun siendo polo ruina, podría resulta-yos familiar a los paisanos. Lo de Corrigiola y derivaos parez ser que na Romania aplícase cásique indistintamente a les Corrigiola fetén, a Convolvulus arvensis y a Polygonum de la triba del aviculare, plantes qu’en botaniqués diríamos “humifuses” (apegaes al terrén) y “segetales” (de les tierres paniegues). Linneo escoyó, arbitrariamente si se quier, asigna-yos el nome a les cariofilácees, y de magar esi día nun queda otro qu’acatalo, al menos no que se refier a nomenclatura científica.

        Desculpái que nun escriba gallego asturiano y que vos “esbabable”, pero les coses o se faen medianamente bien o val más nun les facer, y tratándose de lo que se trata nun me peta tirar de castellano.

        Gústame

  2. Emma Méndez

    Hola.
    En Cartavio chámaseye llanzola á Plantago lanceolata, tal como recoyes. Y como curiosidá direiche qu’al especie d’ ouca que mencionas chamámosye “gamayo”.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Mira a ver se lo podes comprobar ben, porque en Mántaras (y, según os datos del Atlas Marinero de Barriuso, tamén en Tapia y As Figueiras) el gamayo é outra especie, Laminaria hyperborea. A corriola ou correa nun ten máis d’un dido d’ancho y os gamayos terán ben sei dous ou tres d’ancho. Ademáis, fai como un árbol: el canouco col que s’agarra á pedra sería el gamayo propiamente dito y os brazos que salen ramificándose chamámoyes cinchóis, porque son como cinchos. Y esto cuntóumo xente qu’andaba al ouca. Os nenos tíanyes medo porque parecían brazos d’homes afogaos, dicían. 🙂

      Gústame

      Resposta
  3. Andrea

    Bus días,
    En Vilarín a Corriola é a Plantago lanceolata, como ben recoyes. É un dos poucos nomes de prantas nos que nun teño dubida ningúa, hai muita y é mui conocida. Debe ser sabrosa y nutritiva porque gusta muito a todo el gado.

    Gústame

    Resposta
    1. Poutaloba Autor/a do artigo

      Gracias, Andrea. Si, eso me cuntaran a min, pro sentín un comentario contradictorio, que me dixo que nun la tían por herba de calidá os labradores, y por eso nun m’atrevín a afirmar as súas bondades. Eso si, nun penso comprobar se ta búa. 🙂

      Gústame

      Resposta

Deixa un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s