Palombo bravo (Columba palumbus)

Palombo nun xardín nel Cristo (Uvieo) (1/05/2023).

Hai un obra de teatro de Manuel García-Galano estrenada en Tapia en 1982 que se publicóu en multicopia pra vender y axudar nas festas del Carme, y que despóis formóu parte del libro Mareaxes tapiegos. Chámase Dous páxaros d’un tiro y acaba precisamente cua frase del título. El protagonista, Marcelo, dizla contento al ver que, despóis de todas as peripecias, él salíu alcalde y ademáis casóu a fiya. Matamos dous páxaros d’un tiro, diz. Sempre que leo ou sinto esa espresión, acórdome d’outra aparecida que temos en galego-asturiano que me pinta máis diferencial: matar dous palombos. Anque falábamos y escribíamonos muito pra comentar cuestióis lingüísticas, como gran conocedor del vocabulario tapiego qu’era el Galano, nunca ye saquéi a relucir este ditame noso de matar dous palombos… É verdá que pra titular el obra era máis tresparente y conocida el outra espresión referida a os páxaros en xeneral, pro el asunto da frase ten os sous veres.

Eso de matar dous palombos, anque nun aparece nos vocabularios d’asturiano, tamén s’usa nesta lingua, alomenos nas variantes occidentales, qu’eu téñolo sentido a naturales del conceyo de Salas. Tamén en galego debe dicirse, porque s’atopan usos literarios da espresión matar dous pombos (ou dúas pombas). En italiano dicen prendere due piccioni con una fava ‘piyar dúas palombas con úa faba’. En portugués cambían el animal y el xeito da morte: dicen matar dois coelhos de (ou com) uma cajadada ‘matar dous conexos d’úa cotapada’. En inglés usan kill two birds with one stone ‘matar dous páxaros d’úa pedrada’ y en francés dicen faire d’une pierre deux coups ‘sacar d’úa pedra dous golpes’. Noutras linguas como el holandés ou el alemán, as víctimas son moscas, que matan d’un soprido os primeiros y con un matamoscas os segundos, mentres qu’en ruso son lebres y morren d’un tiro. Como se ve con estos poucos exemplos, é universal a idea de despachar un asunto aprovetando que se fai outro y muitas linguas botan mao de comparanzas aparecidas.

Toda esta introducción lévanos al ave, al polombo, qu’é el qu’al cabo interesa aquí. En galego-asturiano, un palombo pode ser el macho ou a cría d’úa palomba (Columba livia), pro tamén ye chamamos asina a outra especie del mesmo xénero: Columba palombus. Pr’aforrar confusióis, pra titular escoyín úa denominación con adxetivo que tamén ta mui estendida xeográficamente na nosa lingua: palombo bravo. Al tratar da palomba, esplicóuse qu’el nome procedía del latín vulgar palumba (col sou masculino palumbus), pro qu’en realidá nesta lingua a palabra usábase pra chamar outra especie, Columba palumbus, porque a Columba livia chamábanye columba. Estas variacióis nas posibilidades de denominación a partir d’un étimo y d’outro tamén chegan a dalgúas linguas románicas. Por exemplo, en italiano, al palombo bravo chámanye colombaccio, palombaccio ou palombo. En francés, unde chaman pigeon á palomba (del latín pipione ‘páxaro novo piador’, ‘pichón’), al palombo poinye un adxetivo, pigeon ramier ‘palomba das canas’, anque nel suroeste de Francia tamén ye chaman palombe.

Palombo pousao nun espieiro veyo núa arribada da praya del Recosto, en Serantes (Tapia) (26/07/2020).

A especie Columba palumbus é máis grande que Columba livia y búa d’estremar polas pintas brancas que ten a entrambos laos del pescozo. Condo engala, son chamadeiras as rayas brancas das alas, del xeito d’úa media lúa. A cabeza é pequena en comparanza col corpo, qu’é agrisao, apardazao pol lombo y acolorazao pol peto. Anía nos árboles, unde amaña un nío con canías. É especie sedentaria na nosa terra, anque nel outono chegan tamén bandos a invernar dende el centro y norte d’Europa.

Al palombo chámanye en casteyano paloma torcaz ou torcaza, anque tamén se recoye a variante torcada. Ese adxetivo vén de sufixar el sustantivo latín torques ‘adorno que se pon alredor del pescozo’ y fai referencia ás pintías brancas que ten el ave nesa parte del corpo. El nome máis común en Galicia é pombo a secas, anque tamén ye chaman pombo torcaztorcaza ou turcacia. Como s’ha a ver, en galego-asturiano dáse esa adxetivación a partir del étimo latín, anque con outras variantes. En asturiano, palombu é a denominación máis estendida, anque ás veces amécenye tamén adxetivos como bravutorcaz, turcu, rullón ou montés.

En conto al galego-asturiano, nun s’atopa muita variación, agá nel adxetivo qu’acompañe a palombo, y ademáis esas variacióis tán estragayadas por todo el territorio, incluso convivindo en dalgús puntos. Recóyese palombo nos vocabularios da Roda, Eilao, Bual y Ponticella. Nel da Veiga, palombo bravo. En Mántaras, palombo bravo palomba turcaza ou turcaza sin máis. Eu recoyín a denominación de palombo en Matafoyada (Tapia), Llobredo, San Xuyán y Villarín (El Franco), Cachafol (Eilao), Quintela (Santalla d’Ozcos) y Santolín (Ibias). Col adxetivo bravo, rexistréilo na Ovellariza y Penacova (Vilanova d’Ozcos), Molexón y A Mundiña (A Veiga), Balmonte, A Bouza, El Valín y Presa (Castripol), Penadecabras (Tapia), El Chao das Trabas y Villar (El Franco), Cartavio y Ortigueira (Cuaña) y Navedo (Eilao). En Mourentán (Ibias) dixéronme palombo turcaz; en Cachafol (Eilao), déronme a variante palombo turco; y nel Valín (Castripol) recoyín ademáis el nome a secas de turcaza. Nos adxetivos turcaz y turcaza é evidente el cruce, por etimoloxía popular, col adxetivo turco, favorecido ademáis pola posición átona da primeira vocal, que fai que tire a zarrarse a un u.

Deixa un comentario